Venres, 2 Maio de 2025

As Neves

As Neves avanza na necesaria ampliación do Centro de Saúde

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) contará dende Semana Santa con espazo para ampliar o Centro de Saúde das Neves unha vez que as cativas e cativos que ocupan a actual Escola Infantil da Galiña Azul vaian para a nova gardería, situada a carón do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, que estará rematadas nesas datas.

As Neves aposta polas actividades actividades sociais con «Alfabetización funcional» e «Compartir e Vivir»

O Concello de As Neves porá en marcha dende o vindeiro mércores, día 29 de xaneiro, e durante un período de 6 meses un 'Grupo de Alfabetización Funcional', aberto a veciñas e veciños maiores de 25 anos e menores de 65, que quieran mellorar as súas "habilidades de lecto-escritura", para poder entender unha factura, unha notificación do Concello ou unha comunicación do Servizo Galego de Saúde.

Arranca nas Neves o programa «Acompañados» contra a soidade

Tal e coma anunciara hai un mes o Goberno local das Neves que preside Xosé Manuel Rodríguez Méndez, este pasado martes, día 14 de xaneiro, comezou a andar o proxecto 'Acompañados', unha iniciativa pioneira en Galicia, que buscar eliminar a "sensación de soidade" que moitas veces teñen as veciñas e veciños que viven nun entorno rural.

O IES Pazo da Mercé das Neves acolle a mostra integradora da Deputación «Sorrisos Transformadores»

A Deputación de Pontevedra e a Asociación de Familias de Menores Trans* de Galicia (ARELAS) levan este xoves ás Neves a exposición 'Sorrisos Transformadores', o proxecto fotográfico para a visibilización do colectivo LGTBI. A exhibición, que pode visitarse no IES Pazo da Mercé, inaugurarase cunha visita guiada e unha charla de Cristina Palacios, presidenta de ARELAS.

Hoxe comezaron a aplicarse as novas medidas de seguridade nas obras da Escola Infantil das Neves

Dende este luns, e durante todos os días lectivos, ata o remate das obras da nova Escola Infantil de As Neves, as mesmas estarán paralizadas durante a entrada e saída dos estudantes do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé. Así o acordaron o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez e a concelleira de Educación, Pilar González Casas, co responsábel de seguridade desta obra e a directora da mesma.

«Rexas, mulleres baixo o terror franquista» chega ao IES Pazo da Mercé das Neves

A veciña das Neves, Cándida Castro é unha das 172 mulleres recollidas na exposición ‘Rexas, mulleres baixo o terror franquista’ da Deputación, do departamento de Memoria Histórica que dirixe María Ortega. A súa historia foi contada ao alumnado do IES Pazo da Mercé con motivo da inauguración da mostra nas súas dependencias, onde permanecerá toda a semana.

As Neves completa a renovación do alumeado público con lámpadas LED

O Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, vén de conceder ao Concello das Neves dúas subvencións por un importe total de 301.873,49 € para a renovación do alumeado exterior da vila. As achegas permitirán a a substitución de 749 luminarias e 24 dos 63 cadros de mando do actual sistema de alumeado municipal.

As Neves rematará este ano con 10.000 árbores autóctonas plantadas

As Neves terá este ano 10.000 árbores autóctonas máis, logo dunha nova xornada de plantación que se desenvolverá o vindeiro 17 de novembro a partir das 10 da mañá, nunha iniciativa impulsada polo Concello coa colaboración da empresa ONE OAK, as Comunidades de Montes e 'Voluntariado das Neves'.

As Neves adquire un novo vehículo para medio ambiente

O Concello de As Neves ven de adquirir un novo furgón e remolque para completar a renovación da flota municipal de vehículos. O novo vehículo, unha furgoneta destinada ao transporte das brigadas que traballan na xestión de medio ambiente, foi comprado grazas a unha subvención de compensación ambiental que cubriu o cen por cen do seu custo.

As Neves inviste máis de 31.000 euros na rehabilitación de catro ‘infravivendas’

As Neves vén de recibir do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) a concesión de subvencións, con cargo ao Plan Rehavita, para axudar á reparación de catro vivendas rabicadas nas distintas parroquias do concello.

As Neves pide á Xunta o cumprimento das normas de seguridade nas obras da Escola Infantil

Os traballos para que a nova Escola Infantil de As Neves sexa unha realidade seguen adiante, aínda que, segundo denuncia o Goberno local, "non coas garantías de seguridade necesarias e co ritmo para cumprir cos prazos comprometidos".

As Neves inviste preto de 255.000 euros na mellora de Rosalía de Castro e a súa contorma

O Concello de As Neves está a executar, dende hai varios días, o proxecto de mellora da mobilidade e seguranza viaria na rúa Rosalía de Castro e a súa contorna. As obras abranguen o ámbito da igrexa, a Praza de San Agustín e o aparcadoiro do Colexio.