Venres, 2 Maio de 2025

Salceda de Caselas

Salceda regula a concesión de ‘Honores e Distincións’

O Boletín Oficial de Pontevedra publicou o pasado martes o inicio do período de exposición pública do que será o primeiro Regulamento de Honores e Distincións do do Concello de Salceda de Caselas, encargado de regulara concesión tanto das diversas distincións como o proceso de denominación de espazos públicos, rúas, edificios públicos, sendas ou prazas, entre outros.

Salceda contará, por primeira vez, cun Regulamento Orgánico Municipal

O Boletín Oficial de Pontevedra publicou onte luns o inicio do período de exposición pública do que será o primeiro Regulamento Orgánico Municipal (ROM) do Concello de Salceda de Caselas, que recolle diversos aspectos da organización municipal como a composición dos grupos políticos, o desenrolo das sesións plenarias ou o dereito de acceso á información por parte da Corporación, entre outras cuestións.

Despois dos callos, volve o Pincho Folk a Salceda

Tralo enorme éxito acadado os anos anteriores, vense de presentar en Salceda de Caselas a VII Ruta Pincho Folk, que se vai celebrar durante os venres e sábados do 6 ao 28 de setembro (ambos incluídos). Un total de 15 establecementos van participar na ruta, repartidos en duas rutas: venres e sábados. Nos locais serviranse pinchos ao prezo de 1,50 € en horario de 20:00 a 23:59.

Salceda compostará preto de 1.000 litros de lixo orgánico da Festa dos Callos

No só foi a primeira festa dos callos "en Igualdade" que sinalaba a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, na presentación do evento esta pasada semana, senón que a Festa dos Callos de Salceda nesta vixéximo oitava edición, foi tamén todo un exemplo de colaboración medioambiental que permitirá converter en compost, preto de 1.000 litros de lixo orgánico.

Os espazos públicos de Salceda contarán con wifi gratuíta

O Concello de Salceda comezou a instalación do sistema que dotará de wifi gratuíta aos espazos públicos e botará a andar esta fin de semana na que se esperan milleiros de persoas que achegaránse á vila para gozar da Festa dos Callos. Por iso, o Goberno local optou por un sistema que conta coas últimas tecnoloxías capaz de soportar un gran número de usuarios e usuarias sen que haxa descenso de rendemento.

Loli Castiñeira, “Salceda é a capital dos callos por constancia e por traballo”

A Praza do Concello de Salceda de Caselas acolleu na mañá de hoxe a presentación dunha nova edición da Festa dos Callos, a vixésimo sétima, que converterá a Salceda, en palabras da súa alcaldesa, Loli Castiñeira, na capital galega dos callos "por constancia, por traballo e porque as diferentes persoas que lles tocou nas edicións anteriores traballaron arreo".

Salceda solicitará a desafectación da aula de Revolta para destinala a usos socioculturais

O Equipo de Goberno de Salceda levará ao Pleno ordinario do mes de agosto a solicitude de desafectación da que foi a escola de Revolta, na parroquia de Parderrubias. O edificio permanece pechado dende que no ano 2015 a Xunta de Galicia o deixase sen actividade alegando falta de alumnado, e dende entón non se lle deu outra utilidade.

Salceda disporá dun Gabinete de Atención Temperá a partir de setembro

O Concello de Salceda botará a andar a partir do mes de setembro un gabinete de atención temperá para atención á poboación infantil de 0 a 6 anos co obxectivo de dar resposta canto antes ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

Salceda solicita á Xunta de Galicia un Plan de Emprego que beneficiará a 100 persoas desempregadas

O Concello de Salceda de Caselas ven de solicitar unha subvención de 250.000 € á Xunta de Galicia para poñer en práctica un Programa...

O novo Centro de Saúde de Salceda estará operativo no 2020

O equipo de goberno de Salceda visitou esta semana as obras de construcción do novo centro de saúde, na Rúa Mártires de Sobredo. O...

Salceda terá unha capela adicada ao Cristo das Angurias

A parroquia de Santa María contará a partires do vindeiro ano cunha capela adicada ao Cristo das Angurias, ubicada nun baixo da rúa Vigo,...

Salceda apela á responsabilidade veciñal para manter limpo o entorno

O Concello de Salceda de Caselas vén de lembrarlle á veciñanza que teñen a súa disposición un servizo semanal de recollida enseres voluminosos para...