Luns, 5 Maio de 2025

Salceda de Caselas

Fernández-Tapias e a alcaldesa de Salceda de Caselas acordan buscarlle encaixe urbanístico á ampliación do IES Pedras Rubias

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo unha reunión coa alcaldesa de Salceda, Dolores Castiñeira, para explicarlle o proxecto de ampliación do IES de Pedras Rubias no que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade investirá 1,5 millóns de euros.

Salceda de Caselas completará a humanización de Fernández Sestelo

O Concello de Salceda de Caselas levará a cabo o proxecto de reurbanización da Rúa Joaquín Fernández Sestelo, no seu tramo entre o entronque coa rúa Compostela e a Praza da Devesa, completando deste xeito o proceso de humanización de toda a rúa.

A Xunta confirma á dirección do IES Pedras Rubias de Salceda a ampliación do centro

A Xunta de Galicia ampliará o IES de Pedras Rubias de Salceda de Caselas no que realizará un investimento de 1,5 millóns de euros....

En exposición pública a numeración das parroquias de Salceda de Caselas

Ata o vindeiro xoves 27 de maio permanecerá en exposición pública a nova numeración das parroquias de Salceda de Caselas, para que as persoas afectadas poidan realizar alegacións se o consideran oportuno.

O Club Balonmán Caselas obtén una praza na “Final Four”

Despois de finalizar primeiros primeiros de grupo, o Club Balonmán Caselas tivo que enfrontarse a unha fase de grupos para poder alcanzar a súa meta final, participar na "Final Four".

Unanimidade en Salceda para pedir a reposición do Acueducto do Pontillón

O Pleno da Corporación Municipal de Salceda aprobou por unanimidade a moción presentada polos grupos de goberno (MS e PSOE) para a protección do patrimonio natural fluvial existente no río Caselas.

Desaparecen dous carballos da carballeira municipal do Souto

A Policía Local de Salceda de Caselas vén de realizar informe para a apertura do expediente de investigación da desaparición de dous carballos do espazo municipal denominado 'Carballeira do Souto', no barrio do Pomar de Suso. O equipo de Goberno ten constancia de que dúas árbores deste espazo municipal foron talladas recentemente, sen que se coñeza ata o de agora o autor ou autora.

A Xunta licita obras de mellora de firme nas estradas PO-510 e PO-400 do Porriño, Salceda, Salvaterra e As Neves

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de licitar as obras de mellora do firme nas estradas PO-510 e PO-400, ao seu paso polos concellos do Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves, cun investimento de 985.000 euros.

O Concello de Salceda iniciará accións xudiciais contra Telefónica

O Concello de Salceda de Caselas deu traslado ao seu departamento xurídico da situación do poste de teléfono da estrada Portela-Maceira no que recentemente se produciu un accidente de tráfico, para iniciar as accións xudiciais pertinentes conta Telefónica ante este caso.

O PSOE de Salceda cualifica de “irresponsable” a postura do PP local nun tema “tan serio” como o IBI

O Partido Socialista de Salceda vén de dar resposta ás distintas acusacións que o Partido Popular leva vertidas nas últimas semanas en relación coa postura do grupo socialista no procedemento simplificado do IBI. Verónica Tourón lémbralle ao PP que o PSOE, como parte do actual Goberno de Salceda, "manten a mesma posición e traxectoria dos últimos anos" polo que as acusacións sobre "cambios de posición, son totalmente infundadas".

A ORAL confírmalle ao Concello de Salceda que “dosificará” o cobro dos recibos dos últimos catro anos de catastro

A directora do ORAL, Inmaculada Viña, ven de confirmarlle ao Concello de Salceda de Caselas, logo de diversas consultas realizadas dende o equipo de Goberno, que o organismo de recadación está en disposición de emitir de xeito escalonado os recibos derivados da regularización catastral que está a levar o Ministerio de Facenda en Salceda e noutros municipios.

O Club Balonmán Caselas a piques de xogar a “Final Four”

Despois de finalizar primeiros de grupo na fase de equipos que loitaban contra o descenso, o Club Balonmán de Salceda disputará outra fase na que xogarán todos os primeiros equipos de cada grupo e o segundo mellor.