Luns, 5 Maio de 2025

Salceda de Caselas

O pleno do Concello de Salceda completa o paquete de medidas para paliar os efectos da subida do IBI

O Pleno da Corporación Municipal de Salceda de Caselas ven de aprobar por unanimidade a proposta do goberno local de novas medidas fiscais encamiñadas a paliar os perxuizos económicos para a veciñanza derivados do proceso simplificado de valoración colectiva levado a cabo pola Dirección Xeral de Catastro no Concello.

Salceda estrea Marca Comercial

O Concello de Salceda de Caselas pon en marcha a súa propia Marca Comercial #ConSalceda a través dunha subvención da liña 2 do Plan concellos da Deputación de Pontevedra de 11.744,49 euros.

O Grupo Socialista solicita á Xunta a construción dun novo centro de primaria en Salceda

A vicevoceira do PSdeG, Paloma Castro, vén de rexistrar unha batería de iniciativas parlamentarias para solicitarlle á Xunta que dea resposta ás necesidades educativas na localidade pontevedresa de Salceda de Caselas.

O Consello Veciñal de Salceda contará coa representación de todos os sectores

Este xoves celebrouse a reunión de organización do Consello de Participación Veciñal de Salceda de Caselas, presidido pola alcaldesa Verónica Tourón.

Aberto o prazo para solicitar as axudas a hostalería e pequenas empresas do concello de Salceda

O Concello de Salceda de Caselas informa da apertura do prazo para a solicitude das axudas de aos sectores máis desfavorecidos da pandemia.

Salceda de Caselas lanza a campaña “Sen Clientes non Hai Explotación” contra a prostitución e a explotación sexual

A través da área de Igualdade que dirixe Loli Castiñeira, o Concello de Salceda ven de impulsar a Campaña “Sen Clientes non Hai Explotación”, unha acción de sensibilización cidadá contra a prostitución e a explotación sexual.

Salceda recibe unha subvención para a realización do obradoiro dual de emprego ‘Sustentable’ co Concello de Salvaterra

O Concello de Salceda de Caselas, xunto co de Salvaterra de Miño, ven de recibir unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade de 346.986 euros para a realización do proxecto dun obradoiro dual de emprego denominado 'Sustentable'.

O Servizo de Apoio Psicolóxico á veciñanza de Salceda de Caselas cumpre un ano co apoio da Deputación

O Gabinete de Atención Psicolóxica á veciñanza de Salceda de Caselas vén de cumprir un ano despois de ser creado polo Concello en xullo de 2020 co apoio económico da Deputación. O deputado Santos Héctor, acompañado da alcaldesa, Verónica Tourón, visitou hoxe as instalacións que o servizo estreou no Centro municipal de Servizos Sociais na rúa Coruña. Na visita participaron tamén a tenente de alcalde, Loli Castiñeira; a concelleira Gela Ledo e a psicóloga e a traballadora social do gabinete.

Salceda asina o contrato do Servizo de Axuda no Fogar cun importe que roza o 16 % do orzamento municipal

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, e o representante de Sociser Galicia S.L.U. firmaron o contrato de servicio de axuda no fogar no concello para os próximos catro anos. Trátase do contrato máis importante desta lexislatura ata o momento, tanto polo seu importe, que roza o 16 % do orzamento, como na duración do mesmo, tres anos con opción a un máis de prórroga.

Salceda mantén a súa aposta polas comunidades de augas destinando 30.000 euros en subvencións

O Concello de Salceda de Caselas ven de publicar no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) as bases das subvencións dirixidas ás comunidades de persoas usuarias de augas para o ano 2021, co obxectivo de que melloren as súas instalacións. Para este fin, o Goberno local destinou un orzamento de 30.000 euros.

Salceda celebra unha sesión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade para tratar o problema de orde público das últimas fins de semana

A subdelegada de goberno Maica Larriba e a alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, presidiron onte xoves a Xunta Local de Seguridade Extraordinaria, convocada de xeito urxente para tratar a problemática de orde público que sufre a vila nestes últimos fins de semana. En concreto, abordouse a situación que se está a producir debido ás aglomeracións de persoas na rúa Pontevedra, nas intermediacións da zona de ocio nocturno.

Salceda solicita un novo un programa integrado de emprego

O Concello de Salceda de Caselas ven de solicitar unha subvención de 250.000 € á Xunta de Galicia para poñer en práctica un novo Programa Integrado de Emprego que beneficiaría a 100 persoas desempregadas do municipio.