Domingo, 4 Maio de 2025

A Louriña

Loli Castiñeira, “Salceda é a capital dos callos por constancia e por traballo”

A Praza do Concello de Salceda de Caselas acolleu na mañá de hoxe a presentación dunha nova edición da Festa dos Callos, a vixésimo sétima, que converterá a Salceda, en palabras da súa alcaldesa, Loli Castiñeira, na capital galega dos callos "por constancia, por traballo e porque as diferentes persoas que lles tocou nas edicións anteriores traballaron arreo".

Mos, unánime na adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía

O Pleno do Concello de Mos aprobou onte, durante a sesión ordinaria do mes de agosto e por unanimidade dos seus membros, a adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, unha iniciativa impulsada hai máis dunha década a nivel europeo para implicar tamén ás administracións locais na loita contra o cambio climático.

O PP pedirá no Pleno do Porriño a inclusión do Concello no «Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía»

O grupo municipal do Partido Popular do Porriño pedirá ao Pleno que acorde solicitar a inclusión do municipio no «Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía» no que están xa implicados case que a metade dos concellos galegos e, segundo explican os populares porriñeses "O Porriño non é un deles".

Mos intensifica o control ante as verteduras incontroladas de residuos

O concelleiro de Medio Ambiente de Mos, Leo Costas, e o edil de Recollida de Residuos, Gonzalo Alonso alertaron hoxe públicamente do repunte de verteduras incontroladas dende finais da pasada primavera, situación ante a cal o Concello de Mos se atopa alerta, intensificando a vixilancia por parte tanto do propio departamento municipal de Medio Ambiente, dos concelleiros e da Policía Local.

A Deputación ultima as obras das novas instalacións de atletismo do Porriño

O concello do Porriño contará nas próximas semanas co novo e moderno equipamento deportivo para a práctica do atletismo, que financia ao cen por cen a Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Reequilibrio (800.000 euros) e o Plan Concellos (200.000 €).

O Porriño leva retirados preto dun cento de niños de velutinas dende xuño

No que vai de verán, retiraronse no Porriño perto dun centenar de niños de velutinas tanto no centro urbano como nas diferentes parroquias do termo municipal en coincidencia coa época estival.

Salceda solicitará a desafectación da aula de Revolta para destinala a usos socioculturais

O Equipo de Goberno de Salceda levará ao Pleno ordinario do mes de agosto a solicitude de desafectación da que foi a escola de Revolta, na parroquia de Parderrubias. O edificio permanece pechado dende que no ano 2015 a Xunta de Galicia o deixase sen actividade alegando falta de alumnado, e dende entón non se lle deu outra utilidade.

O Porriño estuda o traslado de Protección Civil ao Multiúsos de Torneiros

A alcaldesa accidental, Lourdes Moure, visitou nestes días diversas dependencias do Multiúsos de Torneiros para valorar sobre o terreo o posible traslado da base da Agrupación Local de Protección Civil de Porriño. Actualmente a base operativa da Agrupación atópase no polígono da Granxa onde teñen o seu almacén e todos os equipos de intervención.

O ‘Torneo de Xadrez Concello de Mos’ chega a súa cuarta edición

O Club Xadrez Mos organiza a IV edición do Torneo Concello de Mos que se realizará o próximo 7 de setembro. O venres presentábase no salón de sesións do Concello de Mos este evento incluído no Circuíto de Torneos (Circuito Galego da Promoción do Xadrez) prmovido pola Federación Galega.

O Porriño asegura que a empresa encargadas das rozas “realízanse axeitadamente”

O Goberno Municipal de Porriño asegurou hoxe que "dispón de informes técnicos" que acreditan que a empresa Ascan, concesionaria do servizo, "está a realizar axeitadamente as tarefas de rozados que o Concello contratou con esa firma". O Goberno local baséase nos informes –requiridos pola Alcaldía– de dous técnicos municipais, "o encargado de obras e o enxeñeiro".

Mos aspira a converterse nun municipio “pioneiro en igualdade”

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, veñen de reunirse en Santiago de Compostela coa secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, unha xuntanza incluída na rolda de visitas que a rexedora local iniciou hai uns días co goberno de Galicia.

A Xunta confirma ao Concello do Porriño a subvención para o obradoiro de emprego ‘Porriño Xove’

A Xunta de Galicia, a través de Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de confirmar ao Concello do Porriño a concesión dunha subvención de 180.021 € para a realización do obradoiro de emprego denominado 'Porriño Xove'.