Fai uns días anunciábase que o Concello de Mos investiría preto de medio millón de euros en asfaltados a acometer próximamente. Trátanse de obras en 6 viais entre o que se atopa o Camiño da Quiringosta, sobre o que se anunciaba que a administración local acababa de tramitar a solicitude de axuda autonómica para o asfaltado e mellora da seguridade viaria no devandito camiño.
A Concellería de Cultura e Festas e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) informan da ampliación do prazo para participar na “Batalla de Debuxantes Improvisdado”, convocada polo Concello do Porriño.
O Concello de Salceda de Caselas ven de facer efectivas as primeiras sancións por non recoller os excrementos das mascotas nas vías públicas. As sancións, por un importe de 300 € que se verá incrementado en caso de reincidencia, veñen a intentar solucionar un problema de ornato público que en determinados momentos resulta demasiado reiterado no casco urbano da vila, coas consecuentes molestias ao tráfico peonil.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Turismo mosense, Sara Cebreiro, informaron hoxe de que xa se atopa instalada a nova sinalización do Castro de Torroso que o Concello de Mos instalou nas proximidades do xacemento. Instalación que foi proxectada, supervisada e dirixida polo arqueólogo Alberte Reboreda xunto co arquitecto municipal.
Dende comezos do mes de xullo funciona xa o gabinete de atención psicolóxica de Salceda de Caselas, que xorde ante a necesidade de proporcionar apoio e asesoramento psicolóxico individual e familiar a todas as persoas que o precisen, sendo previamente derivadas dende os Servizos Sociais.
A catro días da cita coas urnas, o cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, afirmou hoxe en O Porriño que o vindeiro domingo hai que concentrar o voto das persoas que queren cambio en Galiza porque “canto máis BNG, menos PP”. Bará subliñou que lograr un tempo novo “está ao alcance da man” tendo en conta o ambiente e a ilusión que se está a notar na campaña electoral arredor da formación nacionalista.
A Casa da Cultura Castelao acolleu esta mañá a presentación do 'Verán Cultural' da man do concelleiro de Cultura Alex Rodríguez e a alcaldesa Loli Castiñeira, un programa que este ano, por mor da COVID19, redúcese a unha intensa semana na que se concentrarán unha ducia de actividades.
"Cun enorme pesar, temos que dar a noticia que non queriamos dar: o 'Festival Intercéltico O Son do Pazo 2020' cancélase". Así explicaba a comisión organizadora deste festival que, todos os anos, cita en Mos ao máis selecto do folk galego. Co cartel deste ano prácticamente pechado "un cartel de auténtico luxo", aseguraban, "optamos pola prudencia ante a crítica situación sanitaria que vivimos nos últimos meses, nunha decisión que non foi doada para nós".
A plataforma 'De barrio' bota a andar tamén no Concello de Salceda con 23 comercios inicialmente, que se prevé sexan máis nos vindeiros días. O Concello colabora deste xeito co sector do comercio, asumindo os custos das altas no servizo e de mantemento neste primeiro ano.
O Grupo Municipal de EU Son do Porriño–Son en Común pediu no Pleno do martes 30 de xuño, a dimisión da actual alcadesa ao considerar a formación asamblearia "que ten que asumir a súa responsabilidade na pésima xestión dos cartos públicos e das contratacións no Concello do Porriño".
"A homenaxe deste ano era obrigada para o grupo de Protección Civil" aseguraba a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira ao anunciar que a Agrupación de Voluntari@s de Protección Civil de Salceda sería o encargado para dar, este ano, o pistoletazo de saída no 'estourazo' que marca o inicio das Festas do Cristo que, como todo, estarán marcadas pola pandemia do coronarivus.
A candidatura do PSdeG-PSOE ás próximas Eleccións Autonómicas estivo en Salceda de Caselas para visitar as instalacións do Colexio de Infantil e Primaria Altamira, "un dos moitos exemplos do abandono do Partido Popular ás infraestruturas educativas básicas de Galicia", sinalaron as e os socialistas.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.