A Concellería de Cultura e Festas e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) informan da ampliación do prazo para participar na “Batalla de Debuxantes Improvisdado”, convocada polo Concello do Porriño.
O prazo de presentación de propostas que comezou o 1 de maio, amplíase ata o 31 de agosto.
Lembramos que esta convocatoria está dirixida a debuxantes con idades comprendidas entre os 12 e os 45 anos, de nacionalidade española ou estranxeira. Terán que desenvolver de xeito profesional ou aficionado algunha das seguintes disciplinas artísticas relacionadas coa pintura: ilustración, graffiti, tatuaxe, banda deseñada ou outras técnicas de debuxo de man alzada.
A convocatoria lanzouse o 30 de marzo dende a Concellería de Cultura e a través da Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX), durante o pasado estado de alarma “como un estímulo para os creativos, para que puideran traballar dende as súas casas pese ao confinamento”.
Para facilitar a participación, pódense facer os debuxos na casa e ser enviados por vía telemática e ademais, a inscrición é de balde. Os debuxos deberán presentarse por vía electrónica en formato JPG ou PDF cunha resolución igual ou superior a 1.200 px por 1.200 px. Deberán enviarse escaneados ao correo info@vellaescola.com indicando como asunto: “InscriciónConcurso ImprovisDado”.
De entre todos os debuxos presentados serán seleccionados os artistas que concorrerán á final que sí será presencial, que está prevista para celebrarse o 19 de setembro. Terá unhas regras específicas e unha dotación económica en premios que se detallan nas bases da convocatoria que pódese consultar na web do Concello e na web do departamento de Cultura.