Mércores, 2 Xullo de 2025

O Porriño

Os “Coidados porta a porta” chegan ao Porriño en maio

O Porriño recibirá os días 4, 5, 6 e 8 de maio, a visita da unidade móbil de “Coidados porta a porta”, a iniciativa da Xunta de Galicia para achegar aos maiores de 55 anos as consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.

Vandalismo na Capela de San Benito do Porriño

A Capela de San Benito foi obxecto esta noite dun roubo con forza e destrozos no mobiliario e imaxes.

O Consorcio Provincial axuda na extinción do incendio da nave do Porriño

O Consorcio Provincial Anti Incendios e de Salvamento adscrito á Deputación de Pontevedra está a colaborar activamente dende esta mañá na extinción do incendio declarado na nave da empresa Distribucións Pako no polígono da Granxa (O Porriño).

A Xunta activa o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia a causa dun incendio nunha nave industrial no Porriño

A Xunta activa o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) co fin de ofrecer unha resposta coordinada ante a situación creada polo incendio dunha nave industrial no Porriño.

O proxecto EcoYouth no Porriño colabora para a educación e a sustenibilidade

Os participantes no proxecto EcoYouth, coordinado polo Concello do Porriño e financiado con fondos da Unión Europea, foron recibidos onte na casa consistorial do Porriño pola alcalde, Alejandro Lorenzo, a concelleira de Educación, Carolina González, e a concelleira Lourdes Moure.

Budiño será o epicentro do ciclismo este domingo da man de AD Avanza

O Porriño volverá ser este domingo epicentro do ciclismo . Máis de 600 deportistas subiranse á bici para pedalear polos montes da parroquia de Budiño nas dúas probas organizadas pola AD Avanza: o V TROFEO MINI BTT CONCELLO DO PORRIÑO e o II XCO TROFEO CONCELLO DO PORRIÑO.

O Porriño celebra “do libro ás letras”

O club de lectura da Biblioteca Municipal do Porriño celebra este ano o Día do Libro e o Día das Letras Galegas dun xeito moi especial: con varias actividades en aberto que enlazarán as dúas festividades, a do 23 de abril e a do 17 de maio.

A Xunta estudará desenvolver unha aldea modelo no Porriño a solicitude deste concello

A Consellería do Medio Rural estudará a posibilidade de desenvolver un proxecto de aldea modelo dentro do termo municipal do Porriño.

O Porriño impulsa a reciclaxe de envases de vidrio entre a hostalería

O Concello do Porriño, coa colaboración de Ecovidrio, pon en marcha este mes de abril unha campaña para impulsar a reciclaxe de envases de vidro no sector hostaleiro da localidade.

45 nenos participan no campamento de Semana Santa do Concello do Porriño

45 nenos de entre 3 e 12 anos participaron hoxe na primeira xornada do Campamento de Semana Santa do Concello do Porriño.

200 ciclistas disputarán este domingo a III “Enduro Faro de Budiño”

Un total de 200 deportistas participarán este domingo, día 10 de abril, na terceira edición da “Enduro Faro de Budiño”. O evento deportivo, organizado pola Asociación Deportiva A Forna en colaboración co Concello do Porriño, foi presentada onte pola mañá.

Concello e Diócese de Tui-Vigo reúnense para abordar a reforma da capela do Cristo

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Patrimonio, Antía Carrera, mantiveron unha xuntanza con representantes da Diócese de Tui-Vigo para abordar a rehabilitación da capela do Cristo.