Xoves, 3 Xullo de 2025

O Porriño

Aberto o prazo de inscrición do campamento de Semana Santa do Porriño

O Concello do Porriño abre o prazo de inscrición do Campamento de Semana Santa 2022, dirixido ás nenas e nenos do municipio de entre 3 e 12 anos cumpridos. Desenvolverase en instalacións municipais os días 11, 12, 13 e 18 de abril en horario de mañá (9h-14h).

Novas achegas do Plan Concellos para Redondela, O Porriño e Salceda de Caselas

A Deputación revalida o seu compromiso cos municipios da provincia coa aprobación, na Xunta de Goberno, de 2.851.477 euros da liña 1 de Investimentos do Plan Concellos que chegarán a Silleda, Cambados, Pontecesures, Caldas de Reis, Portas, Barro, Moraña, Bueu, Redondela, O Porriño e Salceda de Caselas.

A Xunta licita a eliminación da ‘Fallopia japonica’ nas Gándaras de Budiño, no Porriño

A Xunta licitou por 73.724 euros o contrato de servizo para a eliminación da Fallopia japonica, unha especie exótica invasora, nas Gándaras de Budiño, no concello do Porriño.

120 deportistas disputan no Porriño a XXVI Liga Galega de Baloncesto Adaptado

O Porriño converteuse unha vez máis na capital do baloncesto adaptado. Once equipos que reuniron a 120 deportistas participaron onte na primeira xornada da XXVI Liga Galega de Baloncesto Adaptado que disputou no Polideportivo Municipal.

43 persoas comezaron hoxe a traballar no Concello do Porriño

43 traballadores incorporáronse hoxe ao cadro de persoal do Concello do Porriño, onde desenvolverán as súas funcións a xornada completa durante seis meses.

O Porriño celebrou o 70 aniversario do Almanaque agrícola ZZ

O Concello do Porriño sumouse onte á celebración do 70 aniversario do Almanaque agrícola ZZ. O alcalde, Alejandro Lorenzo, participou na mañá do luns no Centro Cultural do Porriño no acto de celebración organizado polo Foro Enrique Peinador en colaboración co Concello, a Xunta de Galicia e a multinacional farmacéutica Syngenta.

O Porriño pecha coa CMVMC de Torneiros a cesión dunha parcela para habilitar aparcamentos

O Concello do Porriño e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Torneiros asinaron esta semana o convenio de cesión que permitirá á administración local facer uso duns terreos situados fronte á Fase I do polígono residencial de Torneiros.

O Porriño facilita o volante de empadroamento por internet

O volante de empadroamento no Porriño xa pode obterse por vía dixital. As veciñas e veciños poden xestionar este documento a través da sede electrónica municipal.

Uns 30.000 quilos de alimentos, resultado do Zampakilos Solidario, a primeira Operación Quilo do ano

A Fundación Provincial Banco de Alimentos recadou uns 30.000 quilos de comida no Zampakilos Solidario, campaña impulsada polo grupo Vegalsa-Eroski e que supuxo a primeira Operación Quilo deste 2022.

A Xunta adxudica vivendas de promoción turística no Porriño

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, adxudicou esta mañá por sorteo seis vivendas de promoción pública nos municipios pontevedreses de Vilagarcía de Arousa, Ribadumia, O Porriño e Vila de Cruces.

O Porriño será este domingo a capital da danza urbana

O polideportivo municipal do Porriño será ese domingo epicentro da danza urbana. Uns 150 bailaríns e bailarinas chegados de toda a xeografía galega disputarán o I Trofeo Concello do Porriño de Hip-Hop, unha competición puntuable no ranking nacional da Federación Española de Baile Deportivo.

Comezan as obras de acondicionamento da Fonte de San Sebastián no Porriño

Onte deron comezo as obras de saneamento e acondicionamento da Fonte de San Sebastián, que permanece sen subministro tras detectarse contaminación na súa auga.