Mércores, 2 Xullo de 2025

Mos

Concello de Mos e Xunta apoian ao VI Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo 2021’

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, reuniuse no Pazo de Mos cos membros da organización do VI Festival Intercéltico O Son do Pazo 2021, e coas representantes municipais Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, e Sara Cebreiro, concelleira de Cultura e Turismo mosense.

Mos renova e dota de máis material as súas principais instalacións deportivas

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Deportes, José Areal, visitaron onte pola tarde, acompañados de membros das directivas da Unión Deportiva Mos e do Club Louro Tameiga, varias instalacións deportivas municipais.

Os hostaleiros mosenses poden solicitar a bonificación da metade da taxa do lixo ata fin de mes

Os hostaleiros de Mos teñen ata o 30 deste mes para solicitar a bonificación do 50% da taxa do lixo. Trátase de dar continidade á medida municipal iniciada o ano pasado pero mellorada.

Mos repara o pavimento do Camiño de Santiago

O Concello de mos inicia a reparación do pavimento do Camiño de Santiago ao abeiro dunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia, destinada a axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago.

Mos ofrece novos cursos da man da Fundación Cibervoluntarios

Dende a Concellería de Promoción económica, Emprego e Novas tecnoloxías de Mos desenvólvense, a través da Axencia de Colocación, diversas acción formativas en colaboración coa Fundación Cibvervoluntarios.

O Concello de Mos organiza unha excursión á Mariña lucense

O concello de Mos retoma, tras o parón debido á COVID, as viaxes para os seus veciños e veciñas maiores de 55 anos. A primeira viaxe con destino á Mariña Lucense para maiores de 55 anos e residentes en Galicia realizarase os días 22, 23 e 24 do vindeiro mes de outubro.

Somos MoS, Obradoiro que formará a 20 persoas desempregadas para mellorar o paseo do Louro e muíños municipais

O Concello de Mos, ven de recibir unha axuda de 376.946 € para a posta en marcha do Obradoiro dual de Emprego “SOMOS MOS”, a través dunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Este Obradoiro vai a permitir que 20 mosenses poidan formarse nas especialidades de Atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio e albanelería, durante 9 meses.

Unha escultura de media tonelada de vidro reciclado, homenaxea en Mos a Óscar Pereiro

Ecovidrio, a entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España e o Concello de Mos renden homenaxe ao seu veciño natal Óscar Pereiro, exciclista e campión do Tour de Francia en 2006, pola súa traxectoria deportiva e o seu labor en defensa da sustentabilidade.

Xornada infantil de convivencia en Afouteza con motivo de La Vuelta en Mos

Máis de 100 nenos e nenas de Mos e Vigo de entre 4 e 12 anos de idade participaron entre esta semana nunha xornada de convivencia organizada polo RC Celta na Cidade Deportiva Afouteza en Pereiras, dentro do programa municipal de actividades con motivo da meta da etapa 20 de La Vuelta 21 en Mos.

A Xunta habilitará preto de medio millón de metros cadrados de solo industrial nos concellos de Mos e Redondela

A modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (PSOAEG) impulsada pola Xunta permitirá habilitar preto de medio millón de metros cadrados de solo industrial nos concellos de Mos e Redondela, que concentran unha gran actividade económica e empresarial e necesitan máis superficie preparada para acoller este tipo de usos.

Un accidente con dous coches implicados deixa catro feridos en Mos

Os catro feridos foron evacuados polos servizos sanitarios, dous ao Povisa de Vigo e os outros dous ao centro hospitalario Concheiro, tamén da cidade de Vigo.

350 persoas participaron, a unha semana da etapa 20 de La Vuelta, no ‘Mos sobre rodas’

350 persoas participaron, a unha semana da etapa 20 de La Vuelta, no ‘Mos sobre rodas’. Entre elas a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Camilo Augusto, o concelleiro de Deportes, José Areal, o edil de Medio Ambiente Sostible e Mocidade, Leo Costas, o concelleiro da parroquia de Cela, Gonzalo Alonso, a deputada autonómica, Feli Rodríguez; e usuarios e monitores de DisCamino.