Domingo, 4 Maio de 2025

Tui

Tui transforma a Corredoira nun Mercado Sustentable de Nadal

Unha coidada ambientación inspirada nos mercados que se celebran en Centroeuropa será a que luza dende este xoves no Mercado Sustentable de Nadal que se vai celebrar no Paseo da Corredoira de Tui. Este céntrico Paseo acollerá os preto de 40 postos de madeira con carpa tipo 'jaima' e iluminación nos que se ofrecerá unha ampla variedade de produtos vinculados ao Nadal.

«Camiñada Solidaria» de Andatui en favor de SOS Tomiño Baixo Miño

O vindeiro domingo, 22 de decembro, o club Andatui organiza unha nova edición da 'Camiñada solidaria' a favor de SOS Tomiño Baixo Miño, unha iniciativa que, neste 2019, acada xa a súa oitava edición. A saída está prevista para as 10 horas dende o palco da música sito na Corredoira de Tui.

Tui súmase aos actos do Día Mundial da SIDA

A casa do Concello de Tui iluminouse de vermello nesta pasada noita con motivo do Día Mundial da SIDA que se celebra este domingo 1 de decembro. O lema deste ano é 'As comunidades marcan a diferenza' co que se quere recoñecer o papel fundamental que as comunidades teñen desempeñado e continúan a desempeñar na resposta ao SIDA a nivel local, nacional e internacional.

Conmemoración do 97 aniversario dos «Sucesos de Sobredo»

Diversas entidades sociais concéntranse, este domingo 24 de novembro, en Sobredo, lugar da parroquia de Guillarei, no concello de Tui, para conmemorar os «Sucesos de Sobredo», no seu 97 aniversario. O obxectivo da convocatoria, segundo o Instituto de Estudios Agrarios Mártires de Sobredo (IEAMSO), organizadores do acto, é "manter vivo o significado do carácter social e reivindicativo duns feitos producidos, no 28 de novembro do ano 1922".

Esta semana rematan as reunión do Goberno de Tui coa veciñanza das parroquias

Esta semana rematan as reunións que o equipo de goberno de Tui está a manter coa veciñanza das distintas parroquias tudenses. O obxectivo destes encontros, que se celebraron xa Areas, Malvas, Baldráns, Rebordáns, Guillarei, Randufe e Pazos de Reis, é coñecer as necesidades de cada parroquia da man dos propios veciños e veciñas.

Tui inviste preto de 9.000 euros de baixas do Plan Concellos en material audiovisual e informático

O Concello de Tui vén de investir 8.742,25 € procedentes de baixas do Plan Concello 2017 na adquisición de material audiovisual e informático para distintos departamentos municipais. En concreto adquiríronse equipos audiovisuais e de televisión cos que se mellorarán os procesos das mesas de contratación, a exposición de proxectos,…

Tui acolle as xornadas do Colexio Profesional de Psicoloxía de Galicia sobre atención en catástrofes

'Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia Tui-Paramos' é o título das XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia que dende mañá xoves e até o sábado se van celebrar no Teatro Municipal, no edificio da Área Panorámica de Tui.

Charla coloquio «86 aniversario da amerizaxe de Lindbergh no río Miño en Caldelas/Friestras»

A Casa Cultural de Caldelas acolle este domingo, 17 de novembro, ás 12 h a charla coloquio 'Lindbergh en Caldelas', cando se cumpren 86 anos do amerizaxe do aviador norteamericano no río Miño. A charla correrá a cargo do historiador Rafael Sánchez Bargiela e do piloto e instrutor de voo, Jose Manuel do Souto Pereira Gomes.

Regades e Cabaleiro aseguran que “Tui tamén se xoga moito o 10N”

A capacidade de traballo conxunto e transversal coas diferentes Administracións e a preocupación pola creación de espazos de convivencia e servizos para a veciñanza centrou a visita do secretario xeral dos socialistas da provincia de Pontevedra a Tui, onde David Regades puido coñecer de primeira man o proxecto de humanización da Avenida de Portugal.

Tui inicia as reunións de planificación da «Aloiada 2020»

Onte martes, 5 de novembro, celebrouse na sala de concelleiros da Casa do Concello de Tui, a primeira das reunións de planificación do proxecto 'Aloiada 2020'. Nesta actividade organizada polos oitos colexios de Tui, en colaboración co Concello de Tui, ao longo de dous días, os rapaces e rapazas de 6º de Primaria de Tui, participan en diferentes actividades no medio natural

Tui inicia a redacción de proxectos por máis de 216.000 € con cargo ao remanente de tesourería

A redacción dun proxecto para a rehabilitación do Teatro Principal e outro para a adecuación do edificio de Cam-Fran na Avenida da Concordia para convertelo na sede nos Servizos Sociais Municipais e dun Centro de Día, son dúas das actuacións para as que se vén de habilitar crédito no Concello de Tui. O mércores en pleno aprobáronse sendos expedientes de modificación de créditos, con cargo ao remanente líquido de tesourería.

Tui inicia estuda a situación e usos do Mercado Municipal

O Concello de Tui vai realizar un Diagnóstico da Situación e Usos do Mercado Municipal co obxectivo de que no futuro a Praza de Abastos tudense poida ser recoñecida como mercado excelente. Este estudo, que será elaborado por unha empresa de consultoría especializada, determinará cales son as actuacións necesarias para lograr a finalidade perseguida.