15.2 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiTui inviste preto de 9.000 euros de baixas do Plan Concellos en...

    Tui inviste preto de 9.000 euros de baixas do Plan Concellos en material audiovisual e informático

    O Concello de Tui vén de investir 8.742,25 € procedentes de baixas do Plan Concello 2017 na adquisición de material audiovisual e informático para distintos departamentos municipais. En concreto adquiríronse equipos audiovisuais e de televisión cos que se mellorarán os procesos das mesas de contratación, a exposición de proxectos,… tamén se mellorará o equipamento na sala de xuntas e reunións.

    Unha das pantallas adquiridas será colocada no vestíbulo da casa do concello. Na mesma proxectaranse anuncios de interese para a cidadanía, brindarase información das actividades culturais, deportivas ou doutra índole previstas no municipio, reproduciranse vídeos promocionais da cidade, e daranse a coñecer as obras previstas.

    Igualmente con outro dos monitores mellorarase a información achegada no vestíbulo do Teatro Municipal sobre os espectáculos a celebrar. Outro dos servizos beneficiarios do novo equipamento é o Conservatorio Profesional de Musica que contará con dous novos equipos de audio. Do mesmo xeito mellorou o equipamento que se emprega, por parte do Concello, na megafonía de distintos eventos ao longo do ano.

    A renovación de equipamento informático e monitores de ordenador para distintos departamentos municipios foron obxecto tamén deste investimento.

    Porén debido á demora na adxudicación doutros proxectos do Plan Concello 2017 o concello de Tui perdeu máis de 100 mil procedentes das baixas destas obras, xa que non daba tempo a investir este cartos antes do 30 de novembro.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.