Domingo, 11 Maio de 2025

O Baixo Miño

Curso de iniciación ao debuxo botánico dentro do ciclo «Creando con» do Concello de Tomiño

Dentro do ciclo “Creando con” organizado polo Concello de Tomiño a través da Aula-Museo Antonio Fernández, impartirase o vindeiro fin de semana, un curso de iniciación ao debuxo botánico, a cargo da pintora viguesa afincada en Tomiño, Pilar Alonso.

A Guarda entrega os últimos Premios da Educación 2019

Claudia Gómez Lomba, de 4º da ESO e Olalla Fuentefría Jareño, do Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración e Finanzas, ámbalas dúas do IES A Sangriña recibiron do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, os dous últimos Premios de Educación 2019, nun acto que tivo lugar na Casa dos Alonsos, sede do concello guardés.

Tomiño pon en marcha unha campaña de verán de recollida de obxectos voluminosos

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Tomiño, que dirixe Ana Belén Casaleiro, vén de por en marcha unha campaña de verán de recollida de voluminosos, co obxectivo de reducir o número de vertedoiros incontrolados que, sobre todo, en verán, proliferan nas proximidades dos colectores de residuos sólidos e de recollida selectiva.

A Guarda incrementa o número de cursos ofertados pola Aula CeMIT

A Aula CeMIT da Guarda ven de ampliar a cantidade dos cursos ofertados cunha programación continua de actividades ao longo do ano, tanto para perfís básicos coma avanzados e para todas as idades. Curiosamente, no caso da Guarda, aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia.

Enrique Cabaleiro asegura que a oficina de Urbanismo de Paramos “funciona con total normalidade”

A Oficina de Urbanismo que está a xestionar os expedientes relacionados coa catástrofe de Paramos funciona con total normalidade. Ten concedido 12 licenzas de obras maior e 96 comunicacións previas. Así o informou esta mañá o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto á concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez.

O balonmán de alto nivel dáse cita no ‘XXI Trofeo Concello do Rosal’

A Casa do Concello do Rosal acolleu o acto de presentación do 'XXI Trofeo Concello do Rosal' no que se darán cita equipos de alto nivel como son o Frigoríficos do Morrado Cangas e o ABANCA Ademar de León da Liga Asobal –os leoneses remataron a tempada pasada en cuarta posición– o ADAI Maia ISMAI da liga Andebol 1 de Portugal e os anfitrións, o Acanor Atlético Novás da Primeira División Nacional.

A cultura urbana enche o porto da Guarda no ‘V Galifornia Beat’

A pasada fin de semana o Skate Park Atalaia do Porto da Guarda acolleu a V edición do Galifornia Beat, un evento congregou a unha gran cantidade de público cunha ampla variedade de actividades e disciplinas deportivas, conxugadas con arte urbano e outras manifestacións artísticas, o que lle da un atractivo singular e especial.

Oito persoas descobren en Tomiño os secretos do modelado da man do escultor Magín Picallo

Oito persoas celebran estes días de verán o seu primeiro encontro coa arte da escultura en Goián, unha das parroquias de Tomiño con maior concentración de artistas e sede da Aula Museo Antonio Fernández. A maioría dos aspirantes son principiantes, aínda que hai algún con estudos de Belas Artes.

Tui contratará a catro persoas desempregadas ao abeiro do programa ‘O teu primeiro emprego’ da Deputación

O Concello de Tui contratará nas próximas semanas a catro persoas desempregadas tituladas universitarios e de ciclos superiores de Formación Profesional sen experiencia laboral...

Rúa Concepción Arenal, A Guarda gaña espazos para a cidadanía e marca un cambio de modelo urbano

O Concello da Guarda estrea estes días a súa nova rúa Concepción Arenal tras as obras acometidas nos últimos meses nun proxecto cofinanciado pola Diputación de Pontevedra. Anteriormente esta rúa soportaba unha alta presión de tráfico rodado, e coa intervención acometida convertiuse nun espazo onde as guardesas e guardeses poden pasear, mercar ou tomar algo nos establecementos da zona.

Tui solicita á Xunta un segundo Plan Integrado de Emprego

O Concello de Tui vén de presentar ante a Consellería Economía, Emprego e Industria a solicitude dun segundo Programa Integrado de Emprego, PIE, tras a convocatoria realizada por este departamento da Xunta cuxas bases reguladoras se publicaron no DOGA o pasado 20 de xuño. O obxectivo de mellorar a empregabilidade de 100 persoas desempregadas empadroadas no municipio. A subvención solicitada polo Concello de Tui ascende a 250 mil euros.

Participantes no programa de maiores de Tomiño pechan outro ano de actividades cunha xornada en contacto coa natureza

As máis de 20 persoas que participan no programa de maiores organizado polo Concello de Tomiño, co apoio da Deputación Provincial, pecharon o curso 2019-2020, cunha xornada en contacto coa natureza, que compartiron ademais con usuarios e usuarias do Centro de Día.