12.4 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalO balonmán de alto nivel dáse cita no 'XXI Trofeo Concello do...

    O balonmán de alto nivel dáse cita no ‘XXI Trofeo Concello do Rosal’

    A Casa do Concello do Rosal acolleu o acto de presentación do ‘XXI Trofeo Concello do Rosal’ no que se darán cita equipos de alto nivel como son o Frigoríficos do Morrado Cangas e o ABANCA Ademar de León da Liga Asobal –os leoneses remataron a tempada pasada en cuarta posición– o ADAI Maia ISMAI da liga Andebol 1 de Portugal e os anfitrións, o Acanor Atlético Novás da Primeira División Nacional.

    Tanto a alcaldesa do Rosa, Ánxela Fernández Callís, coma o presidente do Acanor Atlético Novás, Andrés Serra, chamaron a atención no acto de presentación, da “gran calidade do balonmán que se vivirá no Rosal con motivo deste torneo”.

    De feito, Fernández Callís subliñaba a importancia que ten “para un concello tan pequeno, de pouco máis de 6.000 habitantes, poder contar cun Torneo de tan alto nivel” e aproveitou a rexedora local para poñer en valor “o gran traballo que fai o club e a súa xente na xestión da canteira”.

    Ánxela Fernández deulle a benvida ás novas incorporacións do primeiro equipo e convidounos a coñecer O Rosal indicando que “tedes as portas abertas do Concello para o que precisedes”.

    O presidente do club, Andrés Serra, adiantou que os prezos do torneo “serán populares” e que se realizarán actividades paralelas como un clinic para adestradores –no que se anunciou a ponencia de Manolo Cadenas– e haberá actividades para os cativos.

    Seguidamente, coa presenza do patrocinador, Acanor, e a colaboración dos xogadores, pasouse a presentar as novas equipacións desta tempada, que levan unha clara identificación Rosaleira coas cores da bandeira do Concello.

    O plantel, baixo a dirección de Quique Domínguez, xa está traballando a pleno rendemento e, sen dúbida, aventúrase unha tempada apaixoante para todas e todos os Rosaileiros.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS