13.1 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiTui solicita á Xunta un segundo Plan Integrado de Emprego

    Tui solicita á Xunta un segundo Plan Integrado de Emprego

    O Concello de Tui vén de presentar ante a Consellería Economía, Emprego e Industria a solicitude dun segundo Programa Integrado de Emprego, PIE, tras a convocatoria realizada por este departamento da Xunta cuxas bases reguladoras se publicaron no DOGA o pasado 20 de xuño. O obxectivo de mellorar a empregabilidade de 100 persoas desempregadas empadroadas no municipio. A subvención solicitada polo Concello de Tui ascende a 250 mil euros.

    Os requisitos para acceder a este PIE, amais de estar en situación de desemprego, será ser persoas con discapacidade, perceptores de RISGA, mulleres, menores de 30 anos de baixa cualificación, maiores de 45 anos ou vítimas de violencia de xénero. No seu momento, no caso de concesión deste programa, será a Oficina de Emprego de Tui a encargada de realizar a selección.

    O Programa Integrado de Emprego é unha actuación integral que combina atención individualizada e grupal de orientación, formación en novas tecnoloxías e/ou idiomas, coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea, habilidades sociolaborais, obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora e formación para o emprego.

    A duración prevista é de 12 meses, un tempo no que o persoal técnico do programa realiza prospección empresarial nas empresas da zona de influencia, así coma o emparellamento de ofertas de traballo coas persoas participantes coa finalidade de acadar a inserción laboral dun mínimo do 45% das persoas participantes.

    Convenios de Colaboración con Empresas

    Precisamente o Concello de Tui está a establecer convenios de colaboración con empresas da zona, que teñan previsión de creación de emprego, co obxectivo de poder ofertarlle a posibilidade de deseñar accións formativas acordes as súas necesidades. Deste xeito búscase que o programa de emprego poida converterse nunha vía máis de recrutamento de persoal, que previamente se formará nas necesidades reais que teñen as empresas. Ademais da formación teórica o programa tamén contempla a posibilidade de realizar practicas non laborais en empresas. Así as empresas poderán tamén validar a formación e cualidades dos participantes no programa no propio traballo a desempeñar. Búscase así dar respostas as necesidades reais do tecido empresarial e obter un retorno do investimento realizado, a través do emprego.

    A concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, confía que a Xunta conceda de novo a Tui un Programa Integrado de Emprego “para darlle continuidade ao traballo que iniciamos en colaboración co tecido empresarial de formar e insertar no mercado laboral as persoas desempregadas do noso municipio”.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS