Luns, 7 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O local Amazonas de Tui acolle, o sábado, a Festa do Orgullo

Este sabado 19, o local Amazona de Tui, celebra a Festa do Orgullo, cunha serie de actividades durante toda a fin de semana. As actividades comezarán xa ás 20:00 horas do sábado coa charla coloquio sobre Identidade Sexual que correrá a cargo de «Pvlse Vigo» moderada por Daniel Pregal e Daniela Ledo.

A Biblioteca de Tui acolle o contacontos «A música da auga» do Bardo Abelardo

A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle mañá xoves, 17 de outubro, ás 18 h o contacontos musical 'A música da auga' a cargo do Bardo Abelardo. Esta proposta vai dirixida a nenos e nenas de 3 a 11 anos. A entrada é de balde até completar a capacidade do local. Esta actividade forma parte do programa organizado para conmemorar o Día da Biblioteca.

Antonio Lomba: “En todo momento intentei manter e salvar o acordo de Goberno”

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, acompañado polos concelleiros e concelleiras do grupo municipal socialista, mantivo na mañá de hoxe un encontro cos medios de comunicación, na Casa dos Alonsos, para dar a coñecer a súa versión dos feitos que levaron á ruptura do pacto de Goberno asinado tan só catro meses antes.

O BNG abandona o Goberno da Guarda

O Grupo Municipal do BNG na Guarda fixo público un comunicado no que cualifican de “irresponsabilidade” a actitude do alcalde, o socialista Antonio Lomba, "tras seguir interferindo de forma clara nas áreas de competencia exclusiva dos nacionalistas".

Andatui organiza unha andaina pola «Ecovía do Vez»

O club Andatui vén de organizar, para o vindeiro domingo 3 de novembro, unha saída ata a freguesía de Sistelo, en Arcos de Valdevez, para realizar un tramo da Ecovia do río Vez. A ruta, de 22 quilómetros, partirá dende a freguesía de Sistelo ata Arcos de Valdevez.

Rematan os proxectos de mobilidade do IES A Sangriña da Guarda

O pasado mes de setembro concluían dous proxectos do IES A Sangriña, da Guarda –os denominados KA102 (Mobilidade de Estudantes e Persoal de FP) e KA103 (Mobilidade de Educación Superior)– que permitiron no primeiro dos casos, realizar prácticas formativs aos estudantes a períodos de observación aos docentes mentres que, no segundo caso, a alumna Daisy Fernández Busto realizaba a FCT de no días dos seus estudos do Ciclo Superior de Admnistración e Finanzas nunha multinacional con sé en Lisboa.

«Oia usté!» de María Meijide amosa a vida de Oia nun diario gráfico

Os arredores do mosteiro de Santa María de Oia ofrecen o marco idóneo para que hoxe venres, 11 de outubro ás 18 horas, María Meijide amose o seu proxecto 'Oia usté!', un auténtico diario gráfico de narrativa cromática e texto.

Os colexios de Tomiño e Cerveira piden unha solución legal para poder realizar máis actividades na fronteira

Directores e representantes dos centros educativos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira explicaron hoxe, durante a segunda xuntanza organizada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (no marco do programa europeo “B-Solutions), do que tamén á promotora a Eurocidade Cerveira-Tomiño), cada un dos numerosos obstáculos e trámites burocráticos que deben sortear para poder organizar actividades conxuntas.

Os concellos do Baixo Miño seguen reclamando unha cita co conselleiro de Sanidade

A comezos de xullo os alcaldes e alcaldesas do Baixo Miño mantiveron unha reunión para falar da situación da sanidade pública na comarca e, daquela acordaban solicitar unha reunión co Conselleiro de Sanidade. Desde entón, explican "seguimos á espera dunha resposta".

A Guarda amplía o horario da Oficina de Turismo

Dende este ano a Oficina de Turismo Municipal da Guarda forma parte da Rede de Oficinas Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra e unha das melloras foi a ampliación do horario de atención. Durante os meses de verán a oficina ampliou o seu horario e datas coa apertura de luns a domingo.

O sábado non haberá mercadillo semanal na Guarda

O Concello da Guarda vén de informar a interesados e interesadas que este sábado, día 12 de outubro, non se realizará o mercadillo semanal dos sábados no entorno da Alameda da Guarda, debido á festividade da Virxe do Pilar.

Tomiño e Cerveira afondan na mobilidade transfronteiriza de menores

Tomiño e Cerveira acollen esta semana a visita de José Manuel Sobrino, experto designado pola Comisión Europea e a Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa (ARFE) para analizar e estudar os problemas de mobilidade de menores de idade entre ambos municipios fronteirizos, no marco do programa europeo B-Solutions.