Martes, 8 Xullo de 2025

O Baixo Miño

A antiga vivenda dos mestres da escola da Poza en Camposancos recupérase para manter a súa utilidade social

O Concello da Guarda vén dar a coñecer a adxudicación das obras de rehabilitación da antiga vivenda de mestres da Escola da Poza en Camposancos empregada polo Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda. Unha vez rematadas as obras, a vivenda pasará a formar parte do programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia do que, o Concello da Guarda, é entidade adherida.

A Guarda inicia os preparativos para un Nadal cheo de actividades

O Concello da Guarda deu a coñecer onte, nunha reunión co sector do comercio do municipio, as principais novidades da Campaña de Nadal deste ano 2019. A concelleira de Desenvolvemento Local, Fátima Rodríguez, avanzou a programación aos comerciantes guardeses nunha reunión que se celebrou na Casa dos Alonso.

Tui inviste preto de 9.000 euros de baixas do Plan Concellos en material audiovisual e informático

O Concello de Tui vén de investir 8.742,25 € procedentes de baixas do Plan Concello 2017 na adquisición de material audiovisual e informático para distintos departamentos municipais. En concreto adquiríronse equipos audiovisuais e de televisión cos que se mellorarán os procesos das mesas de contratación, a exposición de proxectos,…

Tui acolle as xornadas do Colexio Profesional de Psicoloxía de Galicia sobre atención en catástrofes

'Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia Tui-Paramos' é o título das XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia que dende mañá xoves e até o sábado se van celebrar no Teatro Municipal, no edificio da Área Panorámica de Tui.

Charla coloquio «86 aniversario da amerizaxe de Lindbergh no río Miño en Caldelas/Friestras»

A Casa Cultural de Caldelas acolle este domingo, 17 de novembro, ás 12 h a charla coloquio 'Lindbergh en Caldelas', cando se cumpren 86 anos do amerizaxe do aviador norteamericano no río Miño. A charla correrá a cargo do historiador Rafael Sánchez Bargiela e do piloto e instrutor de voo, Jose Manuel do Souto Pereira Gomes.

O Museo do Mar da Guarda, na Rede de Espazos Museísticos Atlánticos

O Museo do Mar da Guarda, que forma parte da Rede Municipal de Museos xunto co MASAT (Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega) e o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz, é un dos once novos centros que xa forman parte da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA).

A Guarda acolle un curso de adestradores de fútbol de Nivel C UEFA

A Casa dos Alonsos, sede do Concello da Guarda, acolleu o pasado luns a presentación do 'Curso Curso de Adestradores Nacional C' que se desenvolverá a partir do vindeiro 25 de novembro nas aulas da antiga Casa do Concello guardés. O Curso desenvólvese a petición do Club Sporting Guardés e está aberto á participación da veciñanza de todos os concellos lítrofes.

Tomiño inviste máis de 70.000 euros na mellora de camiños municipais en varias parroquias

O Concello de Tomiño na súa procura de mellorar a rede municipal de estradas, reparando as pistas asfaltadas e pavimentando as que se atopan en terra, vanse arranxar catro camiños municipais nas parroquias de Santa Mª de Tebra, Tomiño, Amorín e Vilameán.

A Guarda convida a comercio e hostalería a participar nos actos do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O Concello da Guarda ultima os preparativos para as conmemoracións do Día Internacional contra a Violencia de Xénero 25N que, un ano máis, se coordina dende o Centro de Información á Muller da Guarda e a Concellería de Igualdade e servizos Sociais.

Charla informativa da Asociación Párkison Baixo Miño na Guarda

O vindeiro xoves día 14 de novembro ás 18:15 h da tarde celebrarase una charla informativa co título “Mejoremosjuntos la calidad de vida” no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda

Obradoiros de «Afectividade e outras formas de querer» no CPI Suárez Marquier do Rosal

O xoves 7 de novembro comezou a desenvolverse no CPI Suárez Marquier do Rosal, o 'Obradoiro de afectividade', unha iniciativa impartida pola educadora familiar do Concello do Rosal e dirixida aos tres grupos de 2º da ESO. A este obradoiro engadirase o de 'Outras formas de querer' no que participarán os grupos de 1º da ESO

A Guarda presenta a Campaña de Nadal 2019

O vindeiro martes día 12 de novembro ás 20:30 horas a Casa dos Alonso acolle unha charla informativa, dirixida aos comercios da Guarda, na que se exporán as actividades, enclaves e como se ten previsto organizar este ano a Campaña de Nadal.