10.4 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoTomiño inviste máis de 70.000 euros na mellora de camiños municipais en...

    Tomiño inviste máis de 70.000 euros na mellora de camiños municipais en varias parroquias

    As obras, cun custe de 70.592,36 €, foron financiadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

    O Concello de Tomiño na súa procura de mellorar a rede municipal de estradas, reparando as pistas asfaltadas e pavimentando as que se atopan en terra, vanse arranxar catro camiños municipais nas parroquias de Santa Mª de Tebra, Tomiño, Amorín e Vilameán.

    As accións, financiadas por AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) con 58.340,79 €, máis 12.251,57 € de IVE, achegado polo Concello –total 70.592,36€–, encádranse dentro do Plan de Mellora de Camiños Municipais (Plan Marco) 2019-2020.

    Dada a ampla superficie do concello de Tomiño, e o gran número de estradas existentes, máis de 500 quilómetros, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado supón un elevado custe. “Cando xorden estas axudas sempre son benvidas, aínda que as contías son moi reducidas para concellos coma o de Tomiño que ten un territorio moi rural”, explica o concelleiro de Obras e Acción Rural, Alexandre Pérez Souto.

    As obras incluídas no proxecto consisten, concretamente, na mellora e pavimentación de catro camiños municipais. O primeiro deles é un camiño entre Ponteciña e Carballal, na parroquia de Santa Mª de Tebra; o segundo, entre Salgosa e Pé do Monte, na parroquia de Tomiño; o terceiro atópase en Carregal Darriba, na parroquia de Amorín, e o último é o camiño de Ral, na parroquia de Vilameán, o que supón 1500 metros de viarios.

    Todos estes camiños atópanse pavimentados con aglomerado e formigón, e despois de levar a cabo obras de canalizacións e o momento de mellorar a capa de rodadura, xa que son moi transitados. Asemade, vaise levar a cabo unha limpeza de marxes ao longo de todos os camiños e tamén a posta en cota das arquetas. Ao ser unha obra bianual, unha parte executarase este ano e o resto no 2020.A empresa adxudicataria é Covsa.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.