14.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda convida a comercio e hostalería a participar nos actos do...

    A Guarda convida a comercio e hostalería a participar nos actos do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

    O Concello da Guarda ultima os preparativos para as conmemoracións do Día Internacional contra a Violencia de Xénero 25N que, un ano máis, se coordina dende o Centro de Información á Muller da Guarda e a Concellería de Igualdade e servizos Sociais. O Concello, un ano máis, súmase ao protocolo de colaboración para a organización conxunta da campaña de sensibilización En Negro contra as Violencias, coa que se pretende tinguir de negro as vilas e cidades galegas.

    Desde a Concellaría de Igualdade considerase que a actual situación “require dunha resposta unánime de toda a sociedade que poña de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres”. Para iso, anímase ao sector do comercio e a todos os axentes sociais do municipio a implicarse un ano máis na conmemoración do 25 de novembro. ‘A Guarda en Negro’.

    A proposta consiste en vestir de loito a vila, “en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, considerando que o comercio e a hostalaría ten o protagonismo das rúas da Guarda, e son o gran escaparate que pode transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: Queremos A Guarda libre de violencia!”, sinalan dende a Concellería de Igualdade.

    Desde o Concello se pon disposición dos establecementos comerciais e asociacións, de forma totalmente gratuíta, cartelería para todos/as, camisetas e bolsas para aqueles comercios que o ano pasado non participaron e, como novidade, haberá pousavasos e servilletas para a hostalaría e delantais para os/as preaceiros/as para que do 18 ao 25 de novembro, podan vestir as tendas, comercios, empresas, bares, postos do mercado, etc. de negro, así coma os maniquís, manteis dos restaurantes ou os mesmos empregados e empresarios de negro.

    Para participar nesta campaña tan só é preciso chamar ao número de teléfono 986614648 ou enviar un correo electrónico a muller@aguarda.es cos datos do establecemento (nome e enderezo) e da persoa de referencia (nome e teléfono) antes do 13 de novembro e deseguida contactarase cos interesados/as.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.