A Casa dos Alonsos, sede do Concello da Guarda, acolleu o pasado luns a presentación do ‘Curso Curso de Adestradores Nacional C’ que se desenvolverá a partir do vindeiro 25 de novembro nas aulas da antiga Casa do Concello guardés. O Curso desenvólvese a petición do Club Sporting Guardés e está aberto á participación da veciñanza de todos os concellos lítrofes.
No acto de presentación participaron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís; a concelleira de Deportes da Guarda, Montserrat Magallanes; o Concelleiro de Deportes do Rosal, Germán Fernández; o director da Escola Galega de Adestradores, Iván Cavela; o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Fernando Iglesias; o presidente do Sporting Guardés, Víctor M. Lomba e o coordinador da Escola no Baixo Miño, José Luís Mosquera.
Os interesados e interesadas en participar deberán estar en posesión o título de ESO ou equivalente e ser maiores de 16 anos. Cómpre salientar que o importe do curso, que é de 200 €, é reembolsable no caso que o alumno realice, posteriormente, o curso de Adestradores/as de Nivel B.
A inscrición pode formalizarse a través da páxina web da FGF no apartado de adestradores.
Animaban tanto o alcalde da Guarda, Antonio Lomba coma a alcaldesa do Rosa, Ánxela Fernández, a participar neste curso a interesados e interesadas de cara a que aqueles e aquelas que traballan cos deportistas dos Concellos “conten cunha formación que profesionalice a súa actividade”. Do mesmo xeito incidíase na importancia que ten o deporte “para educar en valores como, por exemplo, a igualdade”.