Martes, 1 Xullo de 2025

O Rosal

O Rosal aposta por ‘Educar en familia’

O Concello continúa apostando por acompañar ás familias rosaleiras na educación dos seus fillos. Por este motivo pon en marcha o proxecto ‘Educando en familia’, un espazo para que pais e nais poidan atopar resposta a moitas das inquedanzas que se dan no día a día, así como ferramentas para poder afrontalas.

O Rosal xa presume do seu Ecoparque O Campo Novo, en Viso dos Eidos

Os veciños do Rosal xa poden presumir do Ecoparque O Campo Novo, en Viso dos Eidos. Cerca de 200 persoas asistiron á inauguración dun espazo cun gran valor patrimonial e etnográfico que integra, ademais de áreas para o lecer e a convivencia para todas as idades, unha antiga mina de auga restaurada e un lavadoiro.

‘Espazo Crianza’ do Rosal, lugar de encontro e acompañamento ás familias con nenos e nenas de 0 a 12 meses e xestantes

Brindar ás familias un lugar de encontro e acompañamento durante o crecemento dos seus fillos e fillas. Con ese obxectivo o Concello do Rosal pon en marcha Espazo Crianza, un proxecto que ofrecerá ás familias con nenos e nenas de 0 a 12 meses e a xestantes unha canle de comunicación, de información e de aprendizaxe sobre o desenvolvemento infantil, así como de resolución de inquedanzas para unha crianza sen culpas e sen xuízos nin prexuízos.

En funcionamento as liñas de transporte público que darán servizo ao alumnado do Rosal que estuda no IES A Sangriña

O alumnado rosaleiro que cursa os seus estudos de bacharelato e ciclos formativos no IES A Sangriña da Guarda poderá desfrutar por primeira vez de liñas de transporte público de autobús que conecten os dous concellos coincidindo coas horas de entrada e saída do instituto, centro de referencia prioritario para os mozos e mozas do Rosal.

O Rosal pon a punto os seus centros escolares

O Concello do Rosal tamén se prepara para a volta ao colexio. Estes días está a realizar obras para por a punto os seus centros escolares. “Queremos que os nosos rapaces e rapazas desfruten dunhas aulas melloradas”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández.

O Rosal desfrutará do teatro familiar coa obra ‘O secuestro da bibliotecaria’

O Rosal estrea setembro cunha nova cita cultural. Este domingo 5 Sarabela Teatro chega ao auditorio municipal ás 19:00 horas coa súa obra de teatro familiar O secuestro da bibliotecaria, unha peza dirixida e adaptada por Fina Calleja a partir da obra orixinal da escritora neozelandesa Margaret Mahy e que contará cun elenco conformado por Fernando Dacosta, Sabela Gago, Nate Borrajo, Josito Porto e Alfonso Míguez.

O Concello do Rosal contrata a dúas persoas en risco de exclusión social

O Concello do Rosal aposta pola inclusividade coa contratación de dúas persoas en risco de exclusión social para reforzar o servizo de limpeza viaria e a roza forestal.

A reforma da praza do Calvario do Rosal obtén a subvención Ágora da Deputación coa máxima puntuación en varios puntos da convocatoria

A reforma da praza do Calvario, un proxecto que suporá a mellora e remodelación integral do núcleo urbano do Rosal, acaba de obter a subvención Ágora da Deputación de Pontevedra. O proxecto presentado polo Concello obtivo a máxima puntuación en varios puntos da convocatoria, e foi o terceiro que recibiu máis puntos entre os 31 municipios que recibiron a axuda.

O ciclismo volverá rodar no Rosal na 29ª edición do Trofeo Pista de As Faias

As bicicletas volverán rodar no Rosal na 29ª edición do Trofeo Pista de As Faias, que se levará a cabo o vindeiro sábado 28 de agosto en Tabagón. Máis dun centenar de deportistas das categorías promesas, principiantes, alevíns, infantís, e cadetes, competirán nunha proba federada de “relevancia no Circuíto Galego”.

O Rosal licita a rehabilitación da escola unitaria de Pías

O Rosal aposta pola educación de proximidade coa rehabilitación progresiva das súas escolas unitarias. O Concello investirá 200.000 euros en accións de mellora da eficiencia enerxética.

O Rosal Cámara Fest remata por todo o alto este sábado

A II edición de O Rosal Cámara Fest rematará por todo o alto o vindeiro sábado ás 22.00 horas na praza do Calvario. A banda da Agrupación Musical do Rosal, organizadora do festival, e Big Band AMdoR tocarán as últimas notas dun ciclo que musicou todas as parroquias do municipio con 12 concertos.

Rosalía de Castro chega, a través do teatro, a Ponteareas, Redondela, O Rosal e A Cañiza grazas á Deputación

O departamento de Lingua da Deputación vai levar a dez concellos da provincia unha peza teatral que revive a nenez de Rosalía de Castro. ‘Rosalía. O lugar onde medran as poetas’, unha peza dirixida por Fina Calleja e producida por Culturactiva.