Martes, 1 Xullo de 2025

O Rosal

O Rosal súmase ao sendeirismo inclusivo

O Rosal continúa dando pasos para convertese nun municipio accesible e inclusivo para todos e todas. O Concello acaba de adquirir unha cadeira todo terreo para que as persoas con mobilidade reducida poidan realizar e desfrutar as sendas naturais da súa contorna.

O Rosal celebra a súa Festa de Outono do Pilar con música, teatro e unha homenaxe aos irmáns Flores

O Rosal continúa este mes de outubro cunha programación moi especial, a tradicional Festa de Outono, que chegará ao Calvario os días 10, 11 e 12 de outubro cunha morea de actividades para todos os públicos.

Iseo a Moura achegará ao público do Rosal contos sobre ‘Amor, cortes e feridas’ no xardín da Biblioteca

Continúa a programación de actividades no xardín da Biblioteca Municipal do Rosal. Este venres 8 de outubro será a quenda e Iseo a Moura, que namorará a grandes e pequenos e pequenas cos seus contos sobre ‘Amor, cortes e feridas’, unha historia con momentos musicais sobre o importante de quererse a unha mesma para amar en liberdade.

O Concello do Rosal implícase cunha sociedade máis xusta e sostible

O pleno do Concello do Rosal aposta por un mundo mellor e polo desenvolvemento sostible do municipio e da sociedade en xeral.

O Rosal acollerá un curso sobre a comercialización de produtos de horta ecolóxica

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), celebrará o vindeiro xoves, 7 de outubro, no concello do Rosal un curso sobre a comercialización de produtos de horta ecolóxica.

‘O país das bandas’ despediu o seu ciclo hoxe no Rosal

O ciclo O país das bandas, promovido pola Xunta en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22, despediuse hoxe domingo no concello pontevedrés do Rosal, co concerto da Agrupación Musical de Vincios.

O 4 de febreiro e o 1 de marzo de 2022, festivos locais no Rosal

O Concello do Rosal aprobará este venres 1 de outubro en pleno a declaración das festividades locais para o vindeiro 2022. A primeira das datas elixidas como festivo para o próximo ano será o venres 4 de febreiro, coincidindo co Día Mundial contra o Cancro.

Ábrese o prazo de licitación para a ampliación do mercado do Rosal

O Concello do Rosal anuncia que o prazo de licitación para a mellora e ampliación do Mercado de Abastos xa está aberto.

A Mancomunidade do Baixo Miño porá un autobús para asistir á manifestación en defensa da sanidade pública en Vigo

A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, formada polos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, súmase á manifestación convocada pola Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo.

‘O País das Bandas’ ofrece esta fin de semana concertos en Tui, O Rosal, Baiona e Gondomar

Os concellos de Tui, O Rosal, Baiona e Gondomar acollen esta fin de semana senllos concertos do ciclo O País das Bandas, promovido pola Xunta en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22.

A Agrupación Musical de Vincios porá ritmo a noite do sábado do Rosal

A Agrupación Musical de Vincios porá o ritmo a noite rosaleira deste sábado. O grupo ofrece un concerto ás 21.00 horas na Praza do Calvario onde compartirá coa veciñanza todo o seu gran repertorio musical.

A Biblioteca Municipal do Rosal da voz aos ‘Contos de nenas grandes e pequenas’

Os contacontos no Rosal esta semana teñen voz feminina coa actuación de Tropa de Trapo, que traen o seu ‘Contos de nenas grandes e pequenas’ ao xardín da Biblioteca Municipal.