Domingo, 11 Maio de 2025

A Guarda

Comeza o acondicionamento do acceso a praia do Muíño na Guarda ao abeiro do proxecto «Visit Rio Minho»

O deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, anunciou hoxe o inicio das obras de acondicionamento do acceso á praia guardesa de O Muíño, porta do espazo natural protexido do Esteiro do Río Miño, durante unha visita a este enclave onde estivo acompañado polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba.

A Guarda percorre a vida de Rosalía de Castro a través das fotografías de Xurxo Lobato

A Casa dos Alonso acolleu o pasado sábado o acto de inauguración da Exposición 'Airiños aires, Rosalía' unha mostra na que a través das fotografías e Xurxo Lobato, faise un percorrido pola vida e obra da poetisa. No acto inaugural contouse coa presenza de Xurxo Lobato e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, así coma o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes e máis de medio cento de asistentes.

A Guarda e Povoa de Varzím inician os trámites para o irmandamento entre os dous municipios

O Concello da Guarda e a Câmara Municipal de Póvoa de Varzím comezaron a dar, este pasado mercores, os primeiros pasos do irmandamento entre ámbalas dúas localidades ou o que é o mesmo, facer oficial un sentimento de proximidade e vinculación existente dende hai anos, de xeito 'non oficial', entre as poboacións das dúas localidades.

Unha andaina guiada amosa a pegada xadobea no Camiño de Santiago na Guarda

O vindeiro sábado día 15 de febreiro terá lugar na Guarda a segunda das actividades do proxecto 'O Camiño Aguárdate', coa que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.

As fotografías de Xurxo Lobato, percorren, na Guarda, a vida de Rosalía de Castro

O vindeiro sábado día 8 de febreiro ás 20:00 h a Casa dos Alonso da Guarda acolle a inauguración da Exposición “Airiños aires, Rosalía”, unha mostra que supón unha viaxe a través dos espazos vitais polos que transitou Rosalía de Castro e na que o fotógrafo Xurxo Lobato rastrexa o peregrinar da escritora por distintos puntos da xeografía rosaliana tanto en Galicia como fóra dela, contarase coa presenza de Xurxo Lobato e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, ademais de poeta e gran coñecedor da obra e figura rosaliana.

O Camiño Portugués pola Costa confírmase como a ruta Xacobea de maior crecemento

A Oficina do Peregrino, encargada da elaboración das estatísticas das e dos peregrinos que se achegan as súas instalacións para acadar a Compostelá ou o diploma que acredita a peregrinación ata Santiago de Compostela, vén de confirmar o espectacular crecemento do Camiño Portugués pola Costa que pechou o 2019 con 22.291 peregrinos, o que supón un incremento dun 61% respecto ao 2018 (13.841 persoas).

A Guarda abre a inscrición para acudir á manifestación en defensa da sanidade pública

Despois da aprobación por parte da Corporación guardesa no pleno celebrado o venres 31 de xaneiro, o Concello da Guarda porá autobuses a disposición da cidadanía para asistir á manifestación. Dende este luns todos os veciños e veciñas interesados en asistir a dita concentración, poden acudir á Alcaldía ou chamar ao 986 610 000 (Alcaldía) para reservar á súa praza para o autocar que os levará a Santiago de Compostela na mañá deste domingo día 9 de febreiro.

O Concello da Guarda apoia a manifestación en defensa da sanidade pública do 9 de febreiro

A Corporación Municipal guardesa aprobou por unanimidade, no pleno celebrado o venres 31 de xaneiro, unha proposta da xunta de portavoces para apoiar a mobilización que terá lugar en Santiago o día 9 de febreiro ás 12 da mañá. A corporación quere así reivindicar melloras no seu centro de saúde e por extensión na sanidade pública. O Concello da Guarda porá autobuses a disposición da cidadanía para asistir á manifestación.

Case que toda a poboación da Guarda terá acceso á fibra óptica antes do remate do 2021

O Plan de Banda Larga 2020 está a promover no concello da Guarda os despregamentos de redes ultrarrápidas de acceso a Internet, que permitirán dispor de fibra óptica nos principais núcleos de poboación do municipio.

Concello da Guarda e Xunta reúnense para avanzar na mellora das instalacións deportivas do municipio

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, mantiveron na tarde deste venres 31 de xaneiro na sede da Casa do Deporte da Xunta de Galicia en Vigo, unha reunión co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e o xefe do servizo de Deportes de Pontevedra, Daniel Benavides Alonso de cara a trasladarlles as demandas existentes sobre o Pavillón Municipal de Deportes da Sangriña na Guarda, valorando a necesidade dunha reforma e ampliación.

O comercio da Guarda satisfeito pola Campaña de Nadal

Unha vintena de comerciantes da Guarda, xunto con representantes das asociacións de empresarios ACIGU e Marcaguarda, participaron o mércores nunha xuntanza convocada polo departamento de Desenvolvemeno Local, que xestiona Fátima Rodríguez, de cara a analizar os resultados da Campaña de Nadal.

A Guarda volve a apostar pola posta en valor da figura de Rosalía de Castro

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de programar varias actividades para resaltar e por en valor a figura da senlleira escritora galega Rosalía de Castro, coincidindo co Día de Rosalía(24 de febreiro de 2020). A primeira actividade será a inauguración da exposición 'Airiños Aires Rosalía' do fotógrafo Xurxo Lobato