Venres, 2 Maio de 2025

Arbo

Arbo organiza un Campamento de Nadal para conciliar a vida familiar e laboral

O Concello de Arbo desenvolvera neste mes de decembro, e os primeiros días de xaneiro do 2020, un campamento destinado aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e que se inclúe dentro das actividades do Nadal Cultural 2019-2020.

Adegas Marqués de Vizhoja abre as súas portas durante o «Día Europeo do enoturismo»

O vindeiro domingo 10 de novembro celébrase o 'Día Europeo de enoturismo' no que a adega galega Marqués de Vizhoja abrirá as súas portas para que, as persoas que o desexen, poidan gozar dunha visita gratuíta previa inscrición. Para rexistrarse nesta visita gratuíta interesados e interesadas poden facelo a través do correo electrónico [email protected].

Arbo asina o compromiso de adhesión do municipio ao programa «Carné Xove»

O alcalde de Arbo, Horacio Gil e a directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, asinaron en Arbo o acordo de adhesión do municipio ao Carné Xove, converténdose, dese xeito, no primeiro concello en dar ese paso que lle permitirá facer descontos en diversas instalacións municipais.

Éxito do Samaín de Arbo

Nenos e nenas de arbo puideron gozar entre os días 31 de outubro e o día 2 de novembro do Samaín 2019 organizado polo Concello de Arbo e no que os máis pequenos e pequenas participaron en distintas actividades como xogos, merendas, música, disfraces e ata un 'Túnel do terror'.

A Xunta colaborará en varios proxectos de interese para Arbo

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo unha xuntanza en Santiago de Compostela co alcalde de Arbo, Horacio Gil, na que a titular de Infraestruturas trasladoulle ao rexedor local o compromiso da Xunta para incrementar a seguridade viaria na travesía de Cequeliños.

Unha vez máis, Arbo di “non” á liña de alta tensión

O Pleno municipal do Concello de Arbo acordou, por unanimidade, amosar o seu rexeitamento contra a Linea 400 KV Fontefría-Frontera Portuguesa. Horacio Gil, alcalde de Arbo, asegirpi qie o Concello e el como alcalde, "defenderán sempre o interese de todos os veciños e veciñas de Arbo, mantendo a postura de rexeitamento de calquera liña de alta tensión que poidera afectar a calquera zona dentro do territorio deste municipio"

Arbo súmase ao Pacto dos Alcaldes contra o Cambio Climático

O Concello de Arbo forma parte xa do Pacto dos Alcaldes contra o Cambio Climático. Horacio Gil, alcalde de Arbo, asegurou que "todos temos algo que facer e no ámbito da administración local o facemos deseñando estratexias para reducir esas emisións en función das nosas competencias".

Todo preparado para a «Festa da Colleita» de Sela

O venres 11 de outubro a parroquia de Sela, no municipio de Arbo, dará comezo aos actos da súa tradicional «Festa da Colleita» que, ano tras ano medra en número de participantes e consolídase como un referente na comarca. A festa dará comezo ás 20 horas na Praza da Feira onde se poderán degustar chourizos asados e viño novo a prezos populares.

Arbo gaña “a batalla dos eólicos” ás Neves

O conflito da titularidade dos terreos nos que se enclavan os aeroxeradores eólicos que, dende hai máis dunha década, mantiñan os concellos de Arbo e As Neves, vén de ser resolta logo de que a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo desestimase o recurso presentado o concello das Neves.

Arbo rehabilitará unha das antigas vivendas dos mestres de Cequeliños

O Concello de Arbo vén de dar conta da recepción dunha achega de 8.269 € do IGVS, adscrito á Consellería de Infraestruturas e Vivenda, para rehabilitar unha das vivendas de mestres de Cequeliños. O Concello dispón neste momento de dúas vivendas, de antigos mestres, de titularidade municipal situadas na parroquia de Cequeliños.

Arbo asina as subvencións coas asociacións culturais, musicais, deportivas e de interese xeral

O Salón de Plenos do Concello de Arbo, acolleu o acto de sinatura dos convenios de colaboración, entre o Concello de Arbo e distintas Asociacións Arbenses, mediante o cal se establecen as bases de colaboración entre ambos. Os convenios, asinados polo alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito e os presidentes das distintas asociación, establecen as cláusulas que rexerán a colaboración entre estas entidades e o Concello de Arbo.

O Concello de Arbo reforza a súa aposta polo deporte

O Concello de Arbo vén de instalar dúas porterías novas, abatibles, no campo de Fútbol Municipal de Arbo para a práctica de fútbol 8. O feiro de que sexan elementos abatibles, favorece non só o mantemento do céspede senón tamén que facilita ao club a súa retirada cando a instalación sexa utilizada para fútbol 11.