20 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeA ParadantaArboA Xunta colaborará en varios proxectos de interese para Arbo

    A Xunta colaborará en varios proxectos de interese para Arbo

    A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez e o alcalde de Arbo, Horacio Gil, mantiveron unha xuntanza en Santiago de cara a estudar actuacións a desenvolver no municipio

    A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo unha xuntanza en Santiago de Compostela co alcalde de Arbo, Horacio Gil, na que a titular de Infraestruturas trasladoulle ao rexedor local o compromiso da Xunta para incrementar a seguridade viaria na travesía de Cequeliños.

    Segundo o acordado na reunión, o departamento de Infraestruturas financiará as obras de reforzo de firme e unha senda neste tramo da travesía de Cequeliños. Pola súa banda, o Concello de Arbo se compromete a asumir a titularidade deste antigo tramo da PO-400.

    A conselleira tamén se comprometeu que o departamento que dirixe mantén a súa colaboración para encamiñar as solucións aos problemas que presentan os sistemas de abastecemento no núcleo de Arbo e para dotar de saneamento ao núcleo de A Valouta na parroquia de San Cristóbal.

    Neste eido, Ethel Vázquez indicoulle que está practicamente rematado o estudo de actuacións para á mellora da captación de Arbo, e que foi contratado este mesmo ano a través de Augas de Galicia por un importe de 18.000 euros.

    En paralelo a estes traballos, comunicoulle ao alcalde que o organismo hidráulico da Xunta está a tramitar a contratacións das obras de impermeabilización de depósitos para tentar paliar as perdas de auga do sistema de abastecemento neste núcleo. O investimento previsto superará os 48.000 euros.

    No que se refire ao saneamento no núcleo de Valouta na parroquia de San Cristóbal, Ethel Vázquez expresou a disposición da Xunta para tramitar a contratación da redacción deste proxecto.  

    O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil quixo agradecer “o compromiso da Xunta con Arbo, atendendo unha vez máis a proxectos estratéxicos de este concello, especialmente o que se refire o abastecemento integral que permitira mellorar o servizo de augas de todos os veciños e veciñas de Arbo”

    Os compromisos da conselleira, sinalou o alcalde de Arbo, “permitirán mellorar as infraestructuras de comunicación municipais que serven de acceso a distintas localidades do municipio, co obxetivo de favorecer as condicions de transito e seguridade viaria”

    O rexedor, manifesta que co compromiso da Conselleira de Infraestrutura e mobilidade no reforzo de firme e de construción dunha senda na contorna da bodega e o pazo e o Concello asumirá a titularidade deste antigo tramo da PO-400 na parroquia de Cequeliños mellorarase a seguridade nese tramo de estrada o igual que ocorreu coas obras da rotonda da Vila en Arbo financiada o 100% por esta Consellería.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.