Sábado, 3 Maio de 2025

A Cañiza

A Cañiza celebra a honra do Santísimo Cristo da Agonía

O domingo 9 de xullo, A Cañiza celebra a festividade na honra do Santísimo Cristo da Agonía cunha misa solemne, oficiada a partires das 11.30 h na Igrexa Parroquial de Santa Teresa da Cañiza, cantada pola Coral Polifónica da Cañiza.

A Cañiza abre á veciñanza a piscina municipal e a praia fluvial

A piscina municipal "das Grades" da Cañiza abre as súas instalacións este sábado, día 1 de xullo, ata o vindeiro 15 de setembro (sempre que o tempo o permita), en horario de 13.30 h a 21 h de luns a domingos.

Abertas as inscricións para o VIII campamento de verán do BM Cañiza

O Club Balonmán Cañiza lanza o seu xa tradicional campamento de verán destinado a nenos desde os catro anos de idade. Desde o 31 de xullo ata o 11 de agosto o club organiza a oitava edición deste campus multideportivo.

Comezan as xornadas de “Almorzos Saudables” na Cañiza

Esta semana desenvolvéronse, nos centros escolares da Cañiza e de Valeixe, as primeiras xornadas sobre hábitos alimenticios, coincidindo cos últimos días das clases deste curso 2022-2023. Quedando programadas para o vindeiro curso novas accións neste mesmo eido.

A Cañiza regula a actividade forestal no municipio

A Cañiza regula a actividade forestal extractiva de corta e saca de madeira a leña dentro do municipio co fin de conservar e protexer a infraestrutura viaria pública municipal.

A Cañiza xa dispón do skate park e pump track máis completo de Galicia

Cos recursos do Plan Concellos da Deputación, o Concello da Cañiza conta xa co seu novo skate park e pump track, situado na rúa Silleda, a carón da Escola de Música municipal.

O Concello da Cañiza poderá captar as augas da traída do casco urbano legalmente

Nos primeiros meses do ano 2020 o Concello iniciou o expediente para legalizar a concesión de todas as augas que abastecen ás vivendas do casco urbano, que non estaban autorizadas, nin rexistradas ante o órgano competente, que neste caso é a Confederación Hidrográfica do Miño Sil.

A Deputación adxudica os traballos de recuperación da contorna da antiga Ponte das Achas, na Cañiza, cun investimento de 380.000 euros

A Xunta de Goberno da Deputación vén de adxudicar por 379.285 € as obras de recuperación da contorna da antiga Ponte das Achas no Concello da Cañiza, que suporá a transformación desta área de gran relevancia patrimonial. A actuación, que ten un prazo de execución de seis meses, financiarase a través dun convenio no que a institución provincial aportará o 70 % do investimento e o Concello o 30 % restante, aínda que parte deste orzamento provén dunha achega do Plan Concellos.

A Cañiza entrega os premios de poesía e relato dos certames literarios ‘Letras Galegas 2023’

Dentro dos actos previstos polo Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas, o alcalde Luis Piña, acompañado do concelleiro de Cultura, Rubén Muiños, fixo entrega este 17 de maio, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, dos diplomas e premios aos catro concursantes gañadores do XXIV Concurso de Poesía e do XXII Concurso de Relatos ou Narraccións Breves, convocados polo Concello da Cañiza.

Arbo saca a licitación a mellora do vial nos Eidos de Arriba

O Concello de Arbo licita as obras para a mellora de viais nos Eidos de Arriba (Sela) a través da plataforma de contratación do Estado por un importe de 108.250,30 €, financiados ca través do Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de pontevedra, dentro da Liña 1.

A Cañiza reformará as pistas de tenis municipais

O Concello da Cañiza levará a cabo unha reforma que substituirá a totalidade do pavimento deportivo das dúas pistas de tenis, nunha superficie total de 1.400 m2, cambiará todo o pechamento de protección perimetral e dotará a esta instalación deportiva de nova iluminación.

Aprobada a cesión de terreos da coa Comunidade de Montes de Xunqueiras – Couto ao concello da Cañiza

Na sesión de hoxe, celebrada ás 9:00 h, o Pleno do Concello da Cañiza aprobou por unanimidade o texto do convenio de colaboración coa Comunidade de Montes de Xunqueiras – Couto, para a cesión de uso de 81 m2 de terreo, así como os permisos de acceso aos mesmos, nunha parcela próxima ao campo de fútbol do Couto.