13.3 C
Pontevedra
Sábado, 23 de Setembro de 2023
Máis
    HomeA ParadantaA CañizaA Cañiza inaugura a Copa de Galicia de Pumptrack

    A Cañiza inaugura a Copa de Galicia de Pumptrack

    A Cañiza acollerá unha proba da Copa de Galicia de Pumptrack, unha competición que arranca ás 11 horas no recinto do antigo Centro Comarcal Paradanta (rúa Silleda), en 24 categorías e na que se espera unha participación superior aos 120 ciclistas.

    A proba, que se disputará este domingo na Cañiza, é a primeira das catro competicións da Copa de Galicia de Pumptrack, organizada pola Federación Galega de Ciclismo, e que tamén celebrará o vindeiro 26 de agosto en Mondariz o Campionato Galego.

    Na presentación da competición, o alcalde Luis Piña agredeceu ao delegado provincial o apoio da Federación Galega de Ciclismo por “contar coa nosa instalación para inaugurar o calendario de competicións na especialidade de Pumptrack”. O alcalde tamén agradeceu ao Clube PONTEBIKE TEAM e a SPORTSKIDS, a través do seu responsable Marcos Porto, a implicación co Concello para poder organizar a proba deste 16 de xullo na Cañiza.

    Na súa intervención, o rexedor volveu a amosar a súa ilusión, compartida co equipo de goberno, por celebrar esta 1ª Pumptrack nunha instalación inaugurada o pasado 5 de xuño por Carmela Silva, que está tendo unha gran acollida por parte dos cañicenses e de deportistas de toda a comarca e da área de influencia, Vigo e Ourense. “Dende a gobernanza apostamos fortemente polo deporte urbano como un atractivo turístico máis dentro da Comarca, investindo nesta actuación un total de 340.602,22 €, dos que 290.000,00 euros foron subvencionados pola Deputación Provincial a través do Plan Concellos 2022-2023 e os restantes 50.611,14 € con fondos propios”.

    “Estamos orgullosos desta nova instalación deportiva e encantados de poder presumir do mellor conxunto de pumptrack  e de skatepark de Galicia, que segundo afirman os deportistas expertos, ten a mellor rúa principal de skatepark de toda España”.

    Unha dotación que segundo sinalou o seu deseñador, o técnico Álex Durán (responsable das probas do DMX do festival O Marisquiño), é o máis completo de toda Galicia. Unha infraestrutura que  suma máis de 3.300 m2 para a práctica de deporte urbano, divididos no skatepark (1.820 m2), o pumptrack (715 m2), zonas verdes (744 m2) e unha zona de acceso (26 m2).

    A presentación oficial rematou coa intervención de Óscar Sánchez, Delegado Provincial da Federación Galega de ciclismo que agradeceu tamén ao Concello “por ter apostado por esta disciplina, dirixindo parte dos investimentos municipais a construir esta nova instalación”. En  nome da Federación desexou ao Concello un grande éxito na celebración da proba “que nesta especialidade toma na Cañiza a alternativa neste 2023”.

    Ademáis tanto o qlcalde como os organizadores agradeceron a implicación neste 1º evento dos establecementos da Cañiza Camping Cañizaapartamentos turísticos AUGUSTO e Finca Briabí e tamén o apoio de Augas de Mondariz, Biziebike e Rocbikecustoms.

    A competición deste domingo inaugura o calendario de probas da nova pista de deporte urbano, que tamén acolle o vindeiro 2 de setembro o CAMPIONATO BMX da CAÑIZA.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS