Martes, 6 Maio de 2025

A Cañiza

Balonmán Cañiza, Concello, Asociación de Comerciantes e sector hostaleiro presentan o primeiro Entroido de Verán

A Cañiza vaise de Entroido e para corroboralo, esta semana presentouse na Praza Maioro I Entroido de Verán da Cañiza, un acto no que estaban presentes todos os impulsores do proxecto: o Balonmán Cañiza; o alcalde da Cañiza, Luis Piña; hostaleiros e hostaleiras da vila e a Asociación de Comerciantes da Cañiza.

A Cañiza adhírese á Eurocidade do Miño

O pasado 23 de abril no Concello de Arbo asinouse un protocolo de Cooperación para iniciar o proceso de creación da «Eurocidade do Miño» entre os alcaldes de Arbo, Horacio Gil, As Neves, Xose Rodríguez, Crecente, Julio César, A Cañiza, Luís Piña (concellos todos situados no Sur de Galicia) e a Cámara Municipal de Melgaço (distrito de Viana do Castelo), representado por Manoel Batista.

A Cañiza renova o seu pavillón grazas ao Plan Concellos

A parroquia de Valeixe, no Concello da Cañiza, celebrou este sábado a súa gran Gala de Patinaxe con motivo da inauguración da nova cuberta do pavillón das Touzosas, financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

A Cañiza celebra a festividade do Cristo da Agonía

O vindeiro domingo 10 de xullo, un ano máis, como todos os segundos domingos do mes de xullo celébrase a festividade do Cristo da Agonía na Cañiza.

A Cañiza acolle unha charla informativa sobre a nova etapa do GDR

O grupo de desenvolvemento rural GDR "Condado-Paradanta" inicia un novo proceso de inclusión de socios para desenvolver o Programa Leader 2023-2027.

A Cañiza colabora coa “Vía Mariana de Peregrinación Luso-Galaica que une Braga con Muxía”

O pleno do Concello da Cañiza, celebrado o pasado 2 de xuño, aprobou a sinatura dun convenio de colaboración coa Asociación de Veciños de Parada – A Paradanta e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Parada de Achas para a recuperación do entorno do Feirón, na parroquia de Parada e punto medio e de encontro da Vía entre Braga e Muxía.

A Deputación axiliza a pavimentación da estrada de Luneda que une Arbo coa Cañiza

As obras da estrada provincial EP-5206 que comunica o núcleo rural de Luneda (A Cañiza) comezarán en breve.

Comezan a traballar na Cañiza as 12 persoas seleccionadas a través do Plan Concellos da Deputación

O pasado 28 de marzo comezaron a traballar as 12 persoas seleccionadas no procedemento de contratación para cubrir os postos de 2 mozos de recollida de lixo, 7 peóns de obras públicas e 3 conductores operadores de maquinaria de vías.

Transformación da estrada vella da ponte das Achas nunha vía adaptada ao modelo de sostibilidade da Deputación

O trazado antigo que discorre sobre a ponte románica das Achas sumarase ao modelo de mobilidade segura da Deputación de Pontevedra.

As obras da piscina da Cañiza continúan avanzando

Luis Piña, alcalde da Cañiza, visitou hoxe as instalacións da piscina climatizada da vila, acompañado polos técnicos de Civis Global S.L.U., encargados da rehabilitación que comezou o pasado mes de abril.

Novas achedas do Plan Concellos a Nigrán e A Cañiza

O Goberno da Deputación vén de dar luz verde a 2.141.000 euros do Plan Concellos que, como informou a presidenta provincial, Carmela Silva, chegarán a Sanxenxo, A Estrada, Forcarei, Nigrán e A Cañiza.

A Xunta contratará 16 socorristas para o Baixo Miño, O Condado e A Paradanta

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, vai financiar a contratación de 16 socorristas para a próxima campaña de verán en sete concellos das comarcas do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta.