Luns, 15 Setembro de 2025

A Cañiza

A gastronomía da Cañiza presente no Salón Internacional de Turismo Gastronómico “Xantar”

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, presentou este sábado, no recoñecido Salón Internacional de Turismo Gastronómico «Xantar» de Ourense, os activos gastronómicos da Cañiza, abanderados polo xamón, xunto cos cocidos, os viños da zona e a tetilla, a mel e o chocolate.

O parque Uceira da Cañiza legalízase por completo

O pasado 31 de outubro de 2022 publicouse do Diario Oficial de Galicia nº 207 o ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de expropiación para a execución da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Cañiza no ámbito do antigo mercado de gando.

A Deputación remata as obras de asfaltado na EP-5206 da Cañiza

A estrada EP-5206, que dá acceso ao núcleo rural de Luneda e que comunica os concellos de Arbo e A Cañiza, loce un novo aspecto tralas obras de asfaltado realizadas pola Deputación de Pontevedra na totalidade do seu trazado, de tres quilómetros.

A Cañiza conta cunha nova máquina varredora profesional

O Servizo de limpeza do casco urbano contará cunha nova máquina de varrer profesional de 600 L, tipo vehículo con motor a gasoil, cunha potencia mínima de 35 CV que cumple ademáis coa normativa de emisións 2016/1628/CE.

O Concello da Cañiza denuncia un cuarto sabotaxe na rede de abastecemento de auga

O Concello denunciou esta mañá ante o Cuartel da Garda Civil da Cañiza o cuarto atentado e sabotaxe á rede de abastecemento de augas de consumo do casco urbano.

Comeza a rehabilitación dos vestiarios do pavillón da Cañiza

O Concello da Cañiza adxudica á empresa DESARROLLOS URBANISTICOS JARMA SLU, por un importe de 45.980,00 €, as obras de rehabilitación da zona de vestiarios, duchas e pasillos do Pavillón Deportivo Carballo do Marco da Cañiza que faltaba por reformar.

A Cañiza incorpora unha nova ruta de sendeirismo

O pasado 18 de setembro, o Concello da Cañiza inaugurou a nova ruta de sendeirismo de "Fontefría PR-G 206", incluída no plan de reordenación de sendeiros do concello. Por primeira vez o Concello da Cañiza consigue a homologación de rutas de sendeirismo diante da Federación Galega de Montañismo: a PR-G 206 e a PR-G 207.

“Auga e Vida” nomeada a mellor obra artística do GDR Condado Paradanta

A fotografía “Auga e Vida” de Diego Alonso foi nomeada polo público como a “mellor obra artística do GDR Condado Paradanta”, na terceira edición do certame artístico que organiza a entidade supramunicipal.

O rock do grupo Suevia carga contra a violencia machista na Cañiza

“Vive e deixa vivir” foi o lema con que as “rockeiras” de Suevia cargaron contra a violencia machista no concerto que constituíu a nova acción do programa provincial “Mulleres en Acción. Violencia Zero” desenvolvida no concello da Cañiza.

A Cañiza recibe á neta de Ramón Cabanillas e ao lingüista xaponés Takekazu Asaka

O Salón de Plenos da Cañiza acolleu o pasado 3 de agosto un dos actos literarios máis importantes dos últimos anos. A presentación da traducción ao xaponés do libro do poeta galego Ramón Cabanillas “As Romaxes da Franqueira”.

A Cañiza inaugura o novo pozo de barrena de subministro de auga de Portoaugavella

Esta semana inaugurouse o novo pozo de barrena que subministra auga ao depósito da traída municipal do Portoaugavella, no concello da Cañiza.

A Cañiza presenta a 56 edición da “Festa-Feira do Xamón”

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, presentou no complexo hosteleiro «Os do Resero» esta nova edición da Feira en compañía do deputado provincial, Santos Héctor, e do presidente da Cámara de Melgaço, Manoel Batista.