Ledicia Costas ten unha imaxinación poderosa e unha rara habilidade para a construción do que poderiamos chamar «relato marabilloso», ese que mistura realidade e fantasía, no que conviven persoas do común con seres sobrenaturais dotados de habilidades especiais.
«Cartoturxia incompleta da represión» non é só unha colección de pezas teatrais breves. É tamén un catálogo dalgúns dos autores dramáticos contemporáneos máis interesantes do panorama galego.
Francisco Castro ten unha longa traxectoria como narrador de ficción, tanto no eido da literatura infantil e xuvenil como no da dirixida a adultos, e pídovos que reteñades este dato na vosa memoria. Nesta ocasión vén de dar un pequeno xiro á súa andaina ao presentar o seu primeiro ensaio, encadrado dentro da colección «Feminismos», promovida pola Editorial Galaxia dende fai algúns anos. O seu título, «Isto SI é un home», xa é bastante clarificador, pero o subtítulo evita que nos poidamos perder en interpretacións equívocas: «Unha mirada masculina contra o patriarcado».
No verán de 2015, Arantza Portabales daba os seus primeiros pasos como escritora, cando menos publicamente, traendo debaixo do brazo o premio de novela por entregas organizado por un xornal galego. As bases para acadar aquel galardón eran moi estritas en canto a extensión e división en capítulos, o que condicionaba en estremo a estrutura e desenvolvemento da narración.
Que Xavier Queipo é un autor sorprendente, cun universo propio, unha personalidade moi definida e que non nos vai deixar indiferentes diante de cada obra nova, é ben sabido. Agora acaba de sacar do prelo un monllo de relatos que, tal e como explica nunha breve introdución, son escritos que foron quedando atrás ao longo do tempo, textos «en estado de hibernación [...] esperando o seu momento de agromar».
«Oito días sen Eva Cortes» é a primeira novela de Sara Vila Alonso e con ela acadou o premio Illa Nova do ano pasado, un galardón enfocado aos novos valores da nosa narrativa. Estamos, xa que logo, perante unha autora moza, un primeiro traballo literario (cando menos, o primeiro publicado), e un galardón que na súa curta vida xa aportou algúns nomes de interese ao panorama contemporáneo. Suficiente para adentrarnos na súa lectura con curiosidade.
«Xoguetes para nenos cegos» é unha novela breve publicada xa fai algúns anos en castelán pola artista uruguaia afincada en Galicia, Luz Darriba. Mais, tal e como explica Helena Villar Janeiro no prólogo, foi concibida dende o principio en galego. Eran os primeiros pasos que a autora daba na nosa lingua, o que xa deu outros froitos, como a novela «Abril», un esforzo pola súa parte que nos enche de ledicia e que agradecemos.
Xosé Monteaguro volve a sorprendernos coa súa nova novela, «Eternity», que chega a nós avalada polo premio de narrativa breve Repsol do ano pasado. Nesta ocasión o autor indaga sobre a eterna arela de transcendencia alén da morte, pois a trama desenvólvese arredor da creación dunha empresa tecnolóxica (que presta o título ao relato), ideada para preservar a memoria dos falecidos. Un auténtico cemiterio virtual ateigado de narracións do que foron as vidas dos seus inquilinos, relatadas por familiares e amigos. Deste xeito achégase á idea da morte dende unha perspectiva diferente, pois o protagonismo está na reconstrución das vidas dos mortos, no recurso da memoria como bálsamo para aliviar a perda do ser querido.
É tradición neste Andel colocar algúns libros para nenos cando chegan as datas do Nadal e este ano, por aquilo de manter as nosas vellas teimas, traemos dúas obras que de seguro farán as delicias dos máis pequenos (e dos non tan pequenos, que nunca somos demasiado vellos para deixarnos enredar por unha obra ben escrita). Pertencen a dous autores que non dubidamos en considerar clásicos: Manolo Rivas e Xosé Neira Vilas, que é tanto como dicir dúas apostas sobre seguro. Teñámolos moi presentes á hora de redactar a nosa misiva aos Reis Magos.
Ledicia Costas volve a adentrarse na literatura para adultos con esta sorprendente novela relatada a tres voces polos seus principais protagonistas: Xulia, unha xornalista que acaba de separarse e que, dende Madrid, decide regresar a Galicia, á casa da súa nai; Luz, esa nai de carácter forte e personalidade arrasadora que, a piques de cumprir os 80 anos, aínda agocha unha morea de segredos e un espírito rebelde; e Sebas, o fillo de Xulia, que está convencidísimo que a súa avoa, Luz, que sempre leva un martelo consigo, é a reencarnación de Thor, o deus da mitoloxía escandinava.
Segundo poemario de Teresa Ríos logo da publicación este mesmo ano de «Non estamos preparados para medrar», que fixo de carta de presentación pública da autora. Mais se naquela ocasión centraba a súa ollada nun pasado alonxado no tempo retrotraéndose á inocencia e a idealización da infancia para confrontala co presente, o que agora nos ofrece é unha visión moi persoal da actualidade, do día a día que nos tocou vivir.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.