Luns, 14 Xullo de 2025

“Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile, abarcando desde el hard funk, la música disco underground, los breaks originales y el afrobeat nigeriano hasta el hip hop old skool. Tratan con mucho mimo sus ediciones, desde el sonido hasta la información, ofreciendo todo tipo de detalle de cada músico y cada grabación. Uno de sus trabajos discográficos a destacar es la trilogía “Nigeria 70”, una trilogía sobre músicos y música de Lagos, donde los artistas nacionales mezclan highlife y ritmos tradicionales con soul, funk, rock y jazz. Sin duda, este trabajo de arqueológico musical es fascinante. No dejes de explorarlo.

https://strut.bandcamp.com/

(C)2022 Manuel Lemos Muradás

O director do Territorio Norte de Telefónica comprométese a mellorar a cobertura en Tomiño

0

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o concelleiro de Planificación Estratéxica, Uxío Benítez; e o edil de Obras, Alexandre Pérez, reuníronse este venres co director do Territorio Norte de Telefónica España, Manuel Alonso, para abordar os problemas de cobertura móbil aos que ten que facer fronte a veciñanza tomiñesa cada día.

O Goberno municipal tiña solicitado este encontro coa compañía telefónica como parte das accións levadas a cabo para denunciar as dificultades de comunicación no concello, con 24 zonas con case 7.000 veciños e veciñas empadroadas onde o servizo está sendo deficitario, chegando nalgunha delas a haber unha total ausencia de cobertura, “o que supón grandes prexuízos tanto para a veciñanza como para as empresas instaladas. Unha deficiencia do servizo que é especialmente preocupante na zona máis próxima ao río, na que chegou a darse situación de non poder comunicarse cos médicos nunha urxencia”, lamentou a rexedora.

Coincidindo co día no que unha avaría de Telefónica mantivo durante horas incomunicada a toda a comarca, Manuel Alonso comprobou in situ a problemática e comprometeuse a tomar xa as medidas necesarias para ampliar a cobertura en todo o municipio, aínda que tamén resaltou “que vai ser un proceso que se vai demorar varios meses, pero que se vai resolver finalmente”. Alonso é responsable da compañía nas comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra e A Rioxa. O Concello iniciou hai tempo un proceso para demandar ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e á Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais os problemas de cobertura móbil, e chegou a poñer en marcha a campaña ‘Cortouse!’, a través da que se recolleron datos de todos os problemas experimentados polos veciños e veciñas que permitiron redactar unha detallada denuncia con información de operadores, zonas de corte ou días ou horas nas que se detectaron problemas.

Fogares de A Lamosa, Paraños e Prado da Canda terán mellor cobertura móbil e de televisión

0

A colaboración entre a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Lamosa e o Concello de Covelo permitirá que arredor de douscentos fogares teñan mellor cobertura de televisión e telefonía.

Na mañá de onte o presidente da comunidade de montes de A Lamosa, Nelso Paramés, e o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, asinaron ante notario o convenio que facilitará a colocación dunha antena dando resposta así á demanda da veciñanza que tiña unha cobertura deficitaria de televisión e conexión telefónica.

“É indispensable traballar de xeito colaborativo e transversal para o ben común. A investigación e desenvolvemento de tecnoloxías que se poñan a disposición das necesidades humanas, a cooperación entre administracións e o diálogo e bo entendemento entre axentes sociais e gobernos permiten que hoxe poidamos dar resposta á demanda da veciñanza destas parroquias”, explica Pablo Castillo.

Engade o alcalde, que o seu goberno apoiará os proxectos e iniciativas que fomenten o avance tecnolóxico e dixital en beneficio da veciñanza e dos negocios locais, que así poderán desenvolver a súa actividade profesional dende os fogares, estudar, realizar xestións e ter unha acceso á rede en igualdade.

A CMVMC de A Lamosa cede de xeito gratuíto durante 15 anos o uso de 82 m2 para instalar a antena e 1.100 m2 destinados a unha pista de acceso. A cesión poderá ser renovada en favor do Concello sempre e cando se manteña o uso.

O presidente das e dos comuneiros da Lamosa salienta a importancia desta decisión e confía en que esta infraestrutura resolva todas as necesidades. “Hoxe en día o rural non debe estar illado e nestas parroquias temos mocidade que estuda, outra que ven nas fins de semana, persoas que a partir de agora poden teletraballar e é preciso dar un servizo de acceso tamén á oferta de lecer e informativa da televisión sen interrupcións”.

Esta antena de nova tecnoloxía dará servizo á veciñanza de A Lamosa, Paraños e Prado da Canda. Ubicada no lugar de Congosta, enmárcase dentro dun programa de colaboración desenvolto pola Xunta de Galicia e a FEGAMP.

Logo de ter avaliado outras alternativas que non darían un servizo tan amplo, alcalde e comuneiros prestaron especial atención a este proxecto de investigación que da os seus primeiros resultados coa implantación das primeiras antenas de última xeración.

Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de marzo

0

O vindeiro luns día 6 de marzo de 2023 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de marzo de 2023.

A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en febreiro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o luns día 6 de marzo de xeito preferentemente telefónico no 986 61 0000 de 9:00h a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonsos.

A Unidade Móbil desprazarase á Guarda o 14 de marzo e a recollida de documentos terá lugar o 17 de marzo.

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Redondela inaugura a Cultural de Quintela

0

O Concello de Redondela inaugura o domingo 5 de marzo o Centro Cultural de Quintela, unha obra realizada nos terreos cedidos por ADIF-AV e que foron licitadas cun importe de 423.635,22 €. Os traballos, adxudicados á empresa Rocas Graníticas del Condado, S.L., remataron fai 4 meses, pero por situacións alleas a administración do Concello tivo que aplazarse a inauguración. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que “a situación debeuse a un  retraso na instalación do suministro eléctrico”.

Ademais, a rexidora lembra que “este proxecto, que xa fora adxudicado polo anterior Goberno do PP poucos días antes das eleccións municipais de 2019, non puido realizarse por diversas  irregularidades detectadas, que provocaron a renuncia da empresa adxudicataria que advertía da dubidosa execución da mesma” e engade que “este goberno tivo que plantexar un novo proxecto para cumplir o antes posible e con eficiencia o compromiso dunha obra que dará resposta a unha vella aspiración da veciñanza de Quintela. A parroquia carecía, ata o de agora, dun espazo adecuado para a realización das súas actividades sociais, culturais e veciñais”.

Os traballos de recuperación e posta en valor da zona teñen o fin de converte as intalacións no centro neurálixico da parroquia e que cumpla a función de punto de encontro para a vida cultural da veciñanza. Os terreos cedidos por ADIF-AV atpábanse en estado de deterioro polo que se adecentou na súa totalidade con xabre, cubrindo zonas e nivelandoo para finalmente cubrilo con material terroso que permita o crecemento do céspede previsto. O parque infantil renovouse e inclúe ezpazo biosaudable, instalación de xogos e o peche deste con cercas de madeira para a seguridade e o goce dos nenos e nenas. O interior do inmoble conta con sala de xuntas, sala de reunións, oficinas e zonas de recreo amuebladas polo Concello.

A actuación realizada permitiu transformar unha zona infrautilizada nun lugar máis ‘amable’, gañando un novo espazo público con parque infantil, espazo público de esparexemento e encontro para facer todas as actividades que precise a veciñanza. “Queremos que este sexa o lugar de reunión da veciñanza, no que poidan realizar actividades e facer vida social. Queremos agradecer a colaboración das asociacións e sobre todo a Asociación Cultural de Quintela pola súa disposiciín e colaboración co Concello. Durante a inauguración do domingo haberá concertos e actividades que serán o inicio da vida activa que promete o Centro Cultural de Quintela”, explica Rivas.

Este proxecto, como mencionamos ao comezo, xa fora adxudicado polo anterior Goberno do PP poucos días antes das eleccións municipais de 2019, éste, ,  non puido realizarse por diversas  irregularidades detectadas, que provocaron a renuncia da empresa adxudicataria quen  advertía da dubidosa execución da mesma “ao detectar deficiencias de redacción do proxecto e a esixencia de adquirir uns módulos de marca concreta en contra do indicado na lei de contratos”, aclara a alcaldesa Digna Rivas. A todos estes impedimentos para “o inicio inminente” que anunciaba o PP, engadíase a denuncia que Colexio de Arquitectos de Galicia presentaba ao “proxecto estrela do PP que demostraba ser só un engano máis á veciñanza, como outros moitos, ao considerar que infrinxía a Lei de Ordenación da Edificación e estaba asinado por un técnico que –segundo informaba o Colexio– non tiña competencias na materia”, conclúe a alcaldesa.

Durante a inauguración haberá concertos durante todo o día, música e foliada. Äs 11:45 comeza o grupo Carballo das Cen Pólas, seguido do concerto de Gure Terra. Ás 17:00 horas continúa a música a cargo de Uxía Lambona co seu espectáculo infantil para o goce dos máis pequenos e pequenas. Ás 18:45 pechan a velada o grupo Tanto nso Ten.

Teatro e danza para camiñar cara a igualdade real este Día Internacional da Muller en Ponteareas

As mulleres son as protagonistas este mes de marzo en Ponteareas. Ao abeiro do 8M, Día Internacional de Muller, o Concello preparou unha programación cultural e de autocoidado coa que devolver espazos ás mulleres, visibilizar a loita pola igualdade real e efectiva e promover novos modelos de relacións simétricas.

Con este obxectivo, a Concellaría de Igualdade puxo en marcha un novo curso de biodanza que, como en edicións anteriores, tivo unha grande acollida por parte da veciñanza. Trátanse de obradoiros que buscan reforzar a autonomía e a autoestima das mulleres, unha proposta para conectar mente e corpo coa vitalidade precisa para emprender novos procesos de crecemento persoal cara a autonomía e o benestar a través da música e do movemento. Este curso complementouse cun de autodefensa para mulleres ante situacións violentas, un taller co que dotar ás participantes de ferramentas para defenderse ou previr situacións complicadas.

A programación ao abeiro do 8M pecharase en Ponteareas o sábado 18 de marzo coa obra ‘Tabú’, de Tarabela Creativa, unha representación de Carmen Conde que nace froito das conversas recollidas con mulleres galegas de entre 70 e 95 anos sobre a súa vida erótica e sexual na súa xuventude. Un tendal no que poñer a clarexar todas as intimidades a través dun espectáculo no que transmitir historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade das mulleres que son cimento da terra galega e que dan vida ás fillas do Tabú. A representación será na sala multiúsos do auditorio municipal ás 20.00 horas con entrada de balde ata completar aforo.

Con esta programación o Concello procura “seguir dando pasos na concienciación da veciñanza sobre a importancia de recoñecer os dereitos conquistados, de rachar coa desigualdade e de seguir avanzando nun modelo de relacións simétricas en todos os ámbitos e a todas as idades, porque a igualdade depende de todas e todos nós”, como explica a concelleira de Igualdade, Verónica Carrera.

Nigrán abre as inscricións para unha excursión de maiores a Portugal

0

O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de turismo social para a veciñanza da terceira idade, abre a inscrición este luns 6 de Marzo de 9:00 a 14:00 na Oficina de Turismo de Panxón para unha excursión a Portugal o domingo 12 de marzo.

A excursión inclúe unha visita en Sangalhosá á bodega ‘Museo Aliança Underground’ con degustación incluída, a continuación comida en restaurante do típico ‘bacalhau ao forno’ e, xa pola tarde, visita ao santuario ‘Noso Senhor da Pedra’. O regreso será aproximadamente ás 20:00 horas. O prezo, co transporte, comida e entradas incluídas, é de 30 €/persoa. Esta destinado a persoas xubiladas empadroadas en Nigrán e a inscrición será por rigorosa orde de chegada.

O ciclo de conferencias “A loita das mulleres no século XX” visitará o auditorio de Covelo o martes día 7 de marzo

0

A Concellería de Cultura, que dirixe Lourdes Enes, convida á cidadanía a participar na conferencia “A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión” que terá lugar o martes día 7 de marzo, ás 17 horas, no auditorio municipal completamente de balde.

Esta iniciativa enmárcase no proxecto “O pasado por vir”, desenvolvido polo Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, baixo a premisa de que a investigación e a divulgación da historia do primeiro terzo do século XX en Galicia ten que servir para construír unha sociedade acorde co país soñado por aquela xeración devastada polo fascismo.

“O pasado por vir” dará a coñecer as iniciativas que se estaban a poñer en marcha desde o eido económico, probabelmente o máis descoñecido, a política, os movementos sociais, a cultura e, por suposto, o ensino, co obxectivo de que a constatación da gran perda que supuxo o cambio de réxime para toda a sociedade sirva como alicerce no intento de recuperar non só a memoria dos nomes, dos rostros e das biografías da xeración esmagada, senón tamén e, sobre todo, dos seus ideais devastados, do país que querían construír e que tamén foi aniquilado.

O albor do século XX foi un tempo esperanzador para Galicia, e Pontevedra rexistrou algúns dos grandes fitos da época, moitos deles cunha fonda relación coa propia Deputación, coma a inauguración do Museo ou o traslado á cidade da Misión Biolóxica. Se non se esnaquizasen as iniciativas empresariais, as políticas transformadoras e os emerxentes movementos sociais e culturais, a situación actual sería ben distinta.

“O pasado por vir” pretende, polo tanto, ser un programa de estudo, divulgación e homenaxe da Pontevedra de principios do século que desbaratou o fascismo, sempre mantendo a perspectiva de xénero e de clase.

Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores na Guarda en abril

0

A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES desprazarase ao Concello da Guarda nas seguintes datas e emprazamentos:

  • Luns 17/04/2023 e martes 18/04/2023 na Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

O horario de atención será de 9:00 h a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 h a 18:00 h pola tarde.

Para solicitar cita previa:

  • Por teléfono: 902 30 90 00

A través da nosa páxina web: www.sycitv.com – Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Ponteareas prepárase para gozar dunha nova edición de ‘AndaGuláns’

Todo listo na parroquia de Guláns para acoller unha nova edición da súa andaina máis agardada. A Asociación Artística e Cultural de Guláns en colaboración co Clube de Montaña Xistra e coa Federación Galega e Montañismo e co apoio do Concello de Ponteareas organiza a sétima Andaina de Guláns, ‘AndaGuláns’, o vindeiro domingo 12 de marzo.

Un ano máis, o público participante poderá optar po calquera das dúas rutas circulares preparadas para a ocasión, unha curta de 12 quilómetros coa que a organización busca atraer a aqueles e aquelas participantes que se están iniciando nas andainas e outra máis longa, a tradicional e cronometrada de 25 km, que puntúa para o IX Open Andainas de Regularidade 25km.

A andaina sairá ás 09.00 horas para a ruta longa e ás 09.30 h para a curta dende o Centro Cultural de Guláns para discorrer polos montes e ríos da contorna e rematar cun xantar popular con callos e bebida.

Durante a presentación desta xa tradicional andaina, a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, convidou “a toda a veciñanza a participar neste encontro que nos permitirá coñecer un pouco máis a parroquia de Guláns e a súa riqueza patrimonial e paisaxística gozando dun día na natureza nunha contorna incríble”.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, lembrou que se trata “dunha andaina con dificultade fácil ou media, cunha ruta curta apta para todos os públicos e perfecta para poder desfrutar en familia dun día nunha andaina que nos levará a percorrer os impresionantes penedos da parroquia”. O edil quixo tamén agradecer o traballo que realiza cada ano a Asociación Artística e Cultural de Guláns e o club Xistra, así como a colaboración imprescindíbel de moitos veciños e veciñas e a implicación dos voluntarios e voluntarias de Protección Civil.

Xa quedan poucas prazas dispoñíbeis para participar. As persoas interesadas poderán inscribirse ata a vindeira semana a través da web do Clube de Montaña Xistra. A entrega de dorsais será de 08.00 a 08.45 horas e haberá avituallamento durante a proba.

A Deputación transformará o trazado que discorre pola Ponte das Achas da Cañiza

0

A transformación total do trazado que discorre pola ponte románica das Achas da Cañiza será axiña unha realidade. A Xunta de Goberno da Deputación acaba de aprobar o expediente para sacar a licitación as obras de mellora da seguridade viaria e a mobilidade peonil no trazado antigo que discorre sobre a ponte, cun orzamento de 411.000 euros, dos que a Deputación achega o 70% (288.00 euros) e o Concello o 30% restante (123.000 euros, unha parte dos cales a través do Plan Concellos).  “É un cambio transcendental –subliñou a presidenta Carmela Silva–. Non falamos de poñer chapapote, nin de pintar estradas, senón de cambios radicais que transforman a realidade urbana e as fan dignas, sostibles, amables e pensadas para a xente. Ningunha outra administración ten a visión da Deputación sobre as infraestruturas”.

A actuación de mellora da seguridade viaria e a mobilidade peonil abrangue 560 metros de lonxitude no treito vello da EP-5002, entre o núcleo rural das Achas e a ponte, e foi posta como exemplo pola presidenta da Deputación para que “a cidadanía saiba de que falamos cando falamos de transformación das infraestruturas da Deputación”. Neste espazo, acometerase unha actuación de gran relevancia patrimonial, xa que inclúe a recuperación da ponte das Achas, na actualidade asfaltada e con varandas metálicas que supoñen un elemento antiestético e anacrónico. Deste xeito, o viaduto románico pasará a contar con pavimento de lastro de granito e as actuais varandas metálicas serán substituídas por un peitoril de pedra de 1,10 metros de altura.

A Deputación tamén dotará a estrada dunha senda peonil ao longo da marxe dereita. Terá 2,50 metros de ancho e estará executada en formigón gris escuro. Transcorrerá desde a zona de convivencia que se acometerá no núcleo das Achas, con plataforma elevada 10 centímetros e acabada en formigón gris escuro. O firme no tramo a carón da senda será pavimentado de novo con aglomerado en quente e dotado tamén de drenaxe de augas pluviais.

Ademais, todas as canalizacións eléctricas e de telefonía serán soterradas, colocaranse bancos de granito, e terá nova sinalización horizontal e vertical e mais unha rede de alumeado máis sostible mediante luminarias LED. Tamén se ampliará a zona verde na intersección e colocaranse buxos no linde coa senda.

O IES de Chapela inaugura o ciclo de proxeccións do documental sobre Domingo Fontán

0

O IES de Chapela inaugurará este luns o ciclo de proxeccións do documental ‘Fontán, o primeiro rostro de Galicia’ sobre o matemático e xeógrafo Domingo Fontán (Portas, 1788 – Cuntis, 1866) e a primeira carta xeográfica galega feita por él. Trátase dunha actividade impulsada polo departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra –dirixido pola deputada María Ortega-, que pretende achegar aos centros educativos un dos científicos máis relevantes da historia de Galicia

A peza audiovisual, destinada a alumnado de institutos e centros de formación profesional , convida a facer un percorrido pola historia e a orografía galega, incluíndo entrevistas de especialistas e nocións sinxelas de matemáticas e xeografía, o que a converte nunha ferramenta didáctica atractiva e multidisciplinar.

O IES Chapela será o primeiro centro no que se fará a proxección, que estará acompañada unha introdución e un coloquio posterior, a cargo de parte do equipo realizador (Kaito Estudios). Desta maneira o alumnado, que en Redondela estará formado por dúas clases de Bacharelato, coñecerá a vida do matemático e xeógrafo Domingo Fontán, un dos máis grandes homes que deu Galicia, e reflexionará sobre a importancia do seu Mapa Cartógráfico de Galicia, o primeiro de España realizado con metodoloxía científica e coa tecnoloxía do século XIX, durante 17 anos da súa vida. Coñecerán tamén instrumental para medir distancias e ángulos, similar ó de Fontán co fin de comparalo co que existe na actualidade.

Ademais do IES Chapela o ciclo de proxeccións chegará tamén ao IES de Mos, o CPI Mosteiro-Meis, o CPI Domingo Fontán  (Portas), aos IES de Ponteareas, o CPI Manuel Suárez (O Rosal), o CPI Santa Lucía (Caldas de Reis), o IES Pintos Colmeiro (A Estrada), o IES de Pontecaldelas e o IES Poio.

Comeza o Plan de Formación 2023 do Porriño

As actividades formativas enmarcadas no Plan de Formación 2023 do Concello do Porriño xa deron comezo coa primeira quenda do Curso práctico de Manipulación de Carretillas Elevadoras, homologado conforme á normativa UNE. 15 alumnos participan no primeiro dos catro turnos desta especialidade impulsados dende a concellería de Emprego e Formación, que dirixe Rosario Costas.

Durante cinco días recibirán formación teórica e práctica de condución e manexo seguro de carretillas elevadoras apiladoras (categoría 1 do tipo 3), frontais contrapesadas (categoría 2 do tipo 4) e de mastil retráctil (categoría 2 do tipo 6) para prevención de riscos laborais.

 A concelleira explicou que esta é unha das propostas que se desenvolverán no marco do Plan de Formación que dará cobertura ás necesidades esixidas polas empresas e do que se beneficiarán arredor de 500 persoas integrantes da Bolsa Municipal de Emprego. Este inclúe ademais cursos de Almacenaxe e Picking, Produción en Automoción ou Limpeza Industrial, entre outras especialidades.

O alcalde, Alejandro Lorenzo , lembrou que todas as persoas interesadas en inscribirse neste plan formativo deberán formalizar a súa solicitude de forma presencial nas instalacións de Porremprego en horario de 9 a 14 h.

O Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra retoma a súa actividade habitual

O Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea, situado dentro do Castelo de Dona Urraca no municipio de Salvaterra de Miño, retoma a partir desta fin de semana, a súa actividade habitual con novos horarios de atención ó público e maneiras de achegarse ós contidos museísticos.

O Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea aposta de maneira inquebrantable pola excelencia valéndose da historia e da súa tradición. Un museo didáctico, experiencial e interactivo que procura por en valor a marca propia “Condado do Tea” así como promocionar un territorio unido baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Os días de apertura ó público serán de xoves a domingo en horario de 11h a 14h e de 17h  a 19h. Ampliándose os días visitables cara a tempada de verán coa apertura tamén ós mércores.

En prol da maximización dos recursos tecnolóxicos dos que dispón o museo, as visitas guiadas faranse mediante unha aplicación que o visitante poderá descargar no seu teléfono ou dispositivo móbil.

As visitas para grupos precisan de reserva previa que deberán efectuarse a través do teléfono 617.14.88.66 ou no enderezo electrónico: [email protected].

O Rosal comeza a recuperación da estrada vella de San Miguel de Tabagón

0

O Concello do Rosal continúa coa súa aposta estratéxica por unha transformación do municipio que permita situar ás persoas no centro ao tempo que se pon en valor a contorna. Neste sentido, o Goberno municipal comezou xa as obras de recuperación da estrada vella de San Miguel de Tabagón, uns traballos que transformarán a zona e que servirá de modelo para rehabilitación de espazos rurais con presenza de elementos con interese paisaxístico ou patrimonial e un certo nivel de concentración residencial.

Como salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, o obxectivos destas obras é “mellorar a calidade dunha contorna de alto valor patrimonial que conta cun perfil urbano de carácter singular, ao tempo que se aumenta a seguridade dos percorridos peonís, facendo que as rúas recuperen parte da súa identidade orixinal”.

Esta primeira fase de recuperación empezou a executarse pola zona máis deteriorada da estrada vella, a carón da ferraxería, onde unha das principais accións é a rehabilitación do muro de contención de pedra que suxeita o camiño, unha solución construtiva que se integrará na contorna e que resolverá os problemas que presenta o actual muro, nun avanzado estado de deterioro.

Con estes traballos, que afectan a un total de 1.536 m2, tamén se renovarán os pavimentos con elementos e materiais que contribúan a unha circulación máis calmada do tráfico, dándolle prioridade ás persoas e creando espazos que fomenten unha mobilidade máis sustentable e saudable. O tipo de intervención, tipo rosario, incluirá unha serie de nodos resoltos con materiais nobres principalmente en interseccións e fronte a elementos de especial interese, así como varios eixos nos que se reduce a presenza de asfaltos tradicionais e se inclúen detalles coidados.

A rexedora agradece o compromiso da veciñanza do barrio, que se involucrou de forma moi activa no proceso de participación social realizado hai uns meses para achegar suxestións a incorporar no proxecto de recuperación e que afectaban a aspectos como a problemática das pluviais nesa zona de escorrentía.

As obras contan cun orzamento de case 170.000 euros financiados ao abeiro do Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra.

A Deputación arranca a programación do 8M

“A nosa voz, o noso espazo, os nosos dereitos”, o lema da Deputación para este 8M, xa viste de reivindicación feminista as fachadas das sedes provinciais en Pontevedra e Vigo. A presidenta Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera e deputadas e deputados provinciais despregaron este venres a lona co lema desde o balcón da fachada do Pazo Provincial, nun acto que, ao igual que en Vigo, marca o arranque da ampla programación coa que ao longo deste mes a institución provincial seguirá a defender a igualdade e a loitar polos dereitos das mulleres.

Carmela Silva quixo incidir en que “fronte aos discursos do negacionismo da desigualdade, das violencias machistas e as dificultades que temos as mulleres, queremos dicir claro que aí está a nosa voz, non imos permitir perder os espazos gañados e imos seguir traballando por conseguir a metade de todo”. “Dende logo -afirmou- os nosos dereitos van ser defendidos polas mulleres e tamén polos homes que nos acompañan nesta loita. Na Deputación este é un proxecto colectivo de todo o Goberno e imos loitar porque ninguén sexa capaz de arrincar ningún paso avanzado”. Na mesma liña se expresou o vicepresidente provincial, César Mosquera, que lembrou que unha máxima da Deputación “é ter unha sensibilidade especial e unha liña política centrada na igualdade”.

Tras despregar as pancartas, todo está preparado xa nas sedes provinciais para as accións do mesmo 8 de marzo. A cita en Pontevedra será ás 11.00 horas, no Pazo Provincial, coa intervención artística denominada “Alguén aquí?”, que protagonizará a mestra, escritora e artista Carmen Quinteiro, acompañada das músicas Su Garrido e Sheila Patricia. Trátase dunha acción, como avanzara a presidenta provincial Carmela Silva na presentación da programación, que vai supoñer “un golpe duro para que a sociedade reflexione sobre a necesidade de tomar partido pola igualdade”. A peza animará a estar alerta “e reafirmar a urxencia de non baixar a garda en defensa dos dereitos das mulleres” e para iso panelarase e decorarase a porta central do Pazo Provincial con cintas de baliza de perigo e a acción contará con ambientación sonora e visual.

Pola tarde, ás 17.00 horas, arrancarán os actos centrais en Vigo, que contarán cunha performance e a apertura de dúas exposicións na sede da Deputación na rúa Eduardo Chao. A primeira acción, que se desenvolverá na rúa, é obra das artistas Andrea Mosquera e María Roja, e leva por título “2,2 quilómetros de alento”. Será unha performance que terá lugar entre o Xulgado de Violencia Sobre a Muller e a sede provincial, un tramo coa citada distancia a través do que as dúas mulleres, cargadas con bolsas da compra, irán deixando ao seu paso laídos de auxilio que se mesturarán ata perderse na paisaxe sonora urbana. As creadoras da peza explicaron na presentación que a acción será na rúa “para darlle a oportunidade á xente de estar en contacto coa arte en espazos que non son habituais”.

A acción rematará na sede da Deputación en Vigo, onde de seguido inauguraranse dúas exposicións. Na sala Rosalía de Castro a artista Puri Díaz amosará en “A muller da miña vida” fotografías que supoñen “un canto coral da memoria” desde o plano persoal, mentres que na sala Maruja Mallo, abrirase a mostra de fotografía, escultura e instalación “Dar alento” de Ofelia Cardo, con pezas centradas na intersección entre feminismo e ecoloxía, que “entrelazan a histórica opresión sobre a natureza coa que sofren as mulleres”.

A unidade de doazón de sangue estará en Covelo mañá

0

A unidade de doazón de sangue estará mañá sábado día 4 no concello de Covelo. Ubicarase ao carón da Casa do Concello dende as 10 horas ata as 15 horas. Emprazamento visible para que un maior número de persoas poida achegar a súa pinga de solidariedade.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue informa que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar agardar dúas horas. Tamén salientan a importancia de traer a tarxeta de doante, DNI ou documento similar.

Ponteareas camiña hacia unha igualdade real e efectiva

A desigualdade entre homes e mulleres é un problema estrutural que esixe unha resposta social unánime, por iso, este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Ponteareas quere dar novos pasos “no recoñecemento dos dereitos conquistados e levar adiante accións concretas e específicas destinadas a blindar, garantir e defender os dereitos das mulleres, promovendo a igualdade entre homes e mulleres fomentando a mudanza de valores, rachando co actual modelo de relación sexista e avanzando nun modelo de relacións simétricas, algo prioritario para o Concello de Ponteareas”, como salientou a concelleira de Igualdade, Verónica Carrera.

Neste camiño, o Goberno municipal aprobou este martes en pleno diferentes mocións con diferentes medidas dixiridas a conseguir unha igualdade real e efectiva. Ademais de amosar o seu apoio ás mobilizacións convocadas polo feminismo galego o 8 de marzo en defensa dos dereitos das mulleres e o seu compromiso por promover a igualdade, o Concello aprobou por maioría unha moción do BNG na que se insta á Xunta de Galicia a crear un Instituto Galego das Mulleres para deseñar, impulsar, asesorar e avaliar as políticas de igualdade e promover a sensibilización entre a sociedade.

Pedirase ademais a posta en marcha dunha unidade de saúde integral das mulleres que permita incorporar o enfoque de xénero á atención sanitaria e unha Valedoría das Mulleres con capacidade para sancionar de forma administrativa a aquelas empresas que cometan accións de discriminación salarial ou profesional por cuestións de xénero. A extensión do protocolo do Partido Xudicial de Santiago para impedir a revitimización das mulleres vítimas da violencia sexual durante o proceso xudicial ou elaborar un plan de extensión dos servizos públicos en materia de coidados son outras das peticións incluídas.

Nese obxectivo de blindar dereitos é tamén importante garantir un correcto funcionamento dos Centros de Información á Muller en Galicia, que fan un importante labor en defensa da igualdade dándolle apoio e soporte a milleiros de mulleres. Un labor “exemplar pero que presenta eivas ou aspectos susceptíbeis de mellora, como recolle o informe da FEGAMP, como a falta de recursos, sobre todo humanos”. Por iso, o Goberno municipal tamén aprobou por maioría unha moción do PSOE para instar á Xunta a elaborar en colaboración coa propia FEGAMP unha estratexia para estender a rede de centros a todo o territorio galego, xa que agora só está presente no 60% dos concellos. O Concello solicitará ademais incrementar o orzamento con fondos propios das liñas de axudas destinadas a sufragar o gasto de persoal e funcionamento, modificar o decreto de funcionamento dos CIM para incorporar por exemplo a figura de axente de igualdade, regular as necesidades cuantitativas e cualitativas das e dos profesionais con criterios obxectivos ou que estableza que ningunha muller teña que desprazarse a máis de 15km do seu domicilio para ser atendida.

A ciencia centrou outra das mocións aprobadas este martes en pleno, presentada polo Partido Popular, na que se recolle que o Concello dentro das súas competencias poida elaborar un estudo sobre mulleres referentes do municipio no ámbito das ciencias, a tecnoloxía e as matemáticas para visibilizalas e colaborar coas asociacións de mulleres locais para promocionar a figura destas veciñas referentes. Con esta moción se busca tamén solicitar á Xunta e ao Goberno estatal que tome medidas para impulsar as vocacións científicas entre nenas e mozas, promover a corresponsabilidade e a conciliación, reactivar a Unidade de Mulleres e Ciencia ou o Observatorio Mulleres, Ciencia e Innovación para implantar a perspectiva de xénero nas políticas científicas e analizar a situación actual ou aprobar á maior brevidade o Plan de Igualdade de Xénero e non discriminación en Ciencia, Tecnoloxía e Innovación.

Baiona lanza o programa de conciliación familiar para Semana Santa

0

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona abre, a partir do vindeiro luns 6 de marzo,  o prazo para solicitar praza no programa de conciliación de Semana Santa 2023. Nesta edición ofértanse 36 prazas.

As bases poden solicitarse ao enderezo electrónico [email protected], recollelas no Centro de Información á Muller ou descargalas do taboleiro virtual ou na páxina web municipal: https://www.baiona.gal/cultura/a-concelleria-de-igualdade-abre-a-partir-do-vindeiro-luns-6-de-marzo-o-prazo-solicitar-praza-para-participar-no-programa-de-conciliacion-de-semana-santa-2023/.

 Para máis información poden contactar no teléfono 986 35 75 54. 

Música tradicional nunha nova cita coa Mostra de Produtos de Covelo

0

A Mostra de Produtos de Covelo sigue sumando fans e, por iso, a praza Mestre Cerviño volverá abrir as súas portas para o desfrute de veciñanza e visitantes. Este sábado día 4 de 10 a 14 horas haberá unha nova cita con produtos de proximidade. Postos de alimentación ecolóxica, estética, artesanía, cervexa artesá, plantas, postos solidarios, roupa e xoiaría, entre outras moitas propostas encherán de vida o centro urbano.

Como de costume, a Mostra de Produtos de Covelo irá acompañada de música, nesta ocasión será o grupo de pandereteiras da Asociación Cultural Son das Ferriñas de Vigo.

A Mostra de Produtos de Covelo está enmarcada dentro das actividades estables que o Concello de Covelo oferta ao longo de todo o ano en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Cada primeiro sábado de mes, Covelo acolle a todas as persoas que desexan atopar produtos de calidade nun espazo rural, acolledor e no que entrar en contacto coa natureza, coa gastronomía local e descubrir así o seu extenso patrimonio histórico e medio ambiental.

Clases de seguridade vial para os alumnos do CPI da Cañiza e do CEIP de Valeixe

0

Despois de terse suspendidas estas actividades por mor da crise sanitaria provocada pola Covid, novamente o CPI da Cañiza acolle as Xornadas de Seguridade Vial impartidas polo axente da Policía Local da Cañiza, Santiago Regueiro, e por dous funcionarios da dirección Xeral de Tráfico, organizador da actividade.

Durante os días 1 e 2 de marzo, os alumnos de 5º e 6º de primaria do CPI da Cañiza e de 4º, 5º e 6º do CEIP de Valeixe, puideron disfrutar desta actividade que ten como principal obxectivo que os nenos empecen a recoñecer as sinais de tráfico.

As xornadas transcurriron entre xogos e aprendizaxe. Os alumnos recibiron unhas sinxelas e instructivas clases teóricas con material didáctico de fácil interpretación, sobre as diferentes clases de sinais de tráfico existentes, o correcto uso do cinturón de seguridade e a necesidade de levar casco de protección nas bicicletas, etc.

Todas estas instruccións as puideron poñer en práctica nun circuito de cars instalado no pavillón deportivo do centro, montado imitando con exactitude un orixinal coas súas rotondas, semáforos, sinais de tráfico e carrís.

O alcalde da vila, Luis Piña, visitou onte pola mañá o circuito de cars instalado no pavillón, en compañía do director do CPI da Cañiza, de profesorado de primaria e do axente de Policia Local do concello, instructor da actividade xunto con dous funcionarios da dirección Xeral de Tráfico.

Fontevella Teatro celebra o seu 28 aniversario

A compañía Fontevella Teatro celebra este sábado o seu 28 aniversario e o fai como máis lles gusta: subindo ao escenario. A partir das 19 h, no Círculo Recreativo Cultural do Porriño, representará catro obras de microteatro baixo o título de “Pequenas pingas”.

Estas son “O abrigo de martas”, “Para que viría eu ao médico”, “Balneario A Condesiña” e “Por namorarnos de vellos”.

A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Nigrán retoma este sábado o programa de paseos saudables

0

O Concello de Nigrán repetirá desde este 4 de marzo ao 22 de abril o programa de andainas dos sábados destinado a fomentar o hábito de camiñar como un exercicio saudable. A primeira delas terá lugar este mesmo sábado con saída ás 10:00 horas desde a oficina de turismo Dunas de Gaifar cara a Monteferro (ida e volta) e cunha duración aproximada de 2 horas. Todos os roteiros serán con saída á mesma hora, circulares e con duración similar, sempre mediante inscrición previa en [email protected] (indicando nome e apelidos, teléfono e día da ruta na que se anotan).

Recoméndase acudir sempre con roupa cómoda, calzado axeitado para camiñar e unha botella de auga. A información concreta sobre cada andaina está pendurada na web www.nigran.es.

“Este ano engadimos marcha nórdica con gran éxito á nosa oferta deportiva municipal e esta outra actividade. Apostamos por este tipo de exercicio ao aire libre porque queremos fomentar o hábito de camiñar en grupo: é saudable física e mentalmente, facilita a socialización e se adapta prácticamente a calquera idade e condición”, explica o alcalde, Juan González.

O Castelo de Soutomaior énchese coa reivindicación da industria cultural

O Castelo de Soutomaior encheuse para acoller as reivindicacións e reclamacións do sector cultural para crear un ecosistema digno, que protexa e coide os traballadores desa industria para poder salvagardar o futuro tanto do propio sector como, en definitiva, da cultura galega. Foi a través da xornada “Coidar de Nós para Coidar da Cultura. Cara a uns Modelos máis Sustentables de Traballo na Xestión Cultural”, organizada pola Deputación en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), e que esgotou todas as prazas dispoñibles. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do presidente da AGPXC, Carlos Lorenzo, e do comisario da xornada, Sergio Lago, inaugurou esta actividade, na que se deron cita máis dun centenar de profesionais do sector cultural, situando como “prioridade da actuación política a planificación estratéxica da cultura” e reclamando maiores investimentos “non só para que a xente goce, senón porque a cultura ten un gran poder transformador e xera pensamento crítico”.

A presidenta Carmela Silva salientou que na cultura “estamos facendo moitas cousas ben, e de feito vivimos unha gran revolución cultural, pero tamén se veñen arrastrando moitas cuestións que precisan unha resolución” para responder as dificultades do sector, como a atomización, a intermitencia laboral, a escasa oferta de emprego estable ou o déficit de persoal formado nas institucións públicas. Carmela Silva puxo en valor o compromiso da Deputación coa cultura “malia que temos recursos escasos, a metade dos que poden ter cidades como Vigo ou A Coruña” e enxalzou o escenario da xornada, o Castelo de Soutomaior, “que fala do legado cultural do que somos herdeiras e herdeiros as persoas que vivimos aquí e as que vos dedicades á cultura”. A fortaleza, sinalou, “foi un centro cultural especialmente cando a súa dona foi unha muller –María Vinyals– que o converteu nun espazo de encontro” por onde pasaron “os mellores pintores/as, escritores/as como Rosalía de Castro ou Castelao, tiña un teatro, e a propia María Vinyals foi escritora e fotógrafa”.

Pola súa banda, o presidente da AGPXC, Carlos Lorenzo, agradeceu a Deputación por ser “cómplice habitual” e por “sumarse á nosa inquedanza de traballar a prol dunha cultura mellor e dun eixo vertebrador, a xestión cultural, máis sólida e mellor artellada”. Carlos Lorenzo, quen amosou a súa ledicia polo “nivel de afluencia” da xornada, asegurou que “parecíanos fundamental falar das condicións coas que traballamos as persoas profesionais da cultura: non só laiarnos senón reflexionar para mudar esta situación”. Ademais incidiu na necesidade de “facer ver á sociedade o seu valor: na pandemia todo o mundo puxo en valor a cultura, pero xa se esqueceu o noso valor social”.  Tamén tivo palabras de agradecemento o comisario da xornada, Sergio Lago, tanto para o público, “por acompañarnos nesta xornada e esgotar todas as prazas dispoñibles”, como para a Deputación “por acollernos e facer posible o día de hoxe”.

Jorge Fernández León, membro do grupo de traballo sobre cultura e contorna rural da Rede Española para o Desenvolvemento Sustentable (REDS), e Gemma Carbó, directora do Museo da Vida Rural da Fundación Carulla (L’Espluga de Francolí, Tarragona) e presidenta da fundación INTERARTS, mantiveron unha conversa sobre sustentabilidade e traballo cultural. Jorge Fernández León sinalou que “a maioría do traballo cultural non está suficientemente conectado coa comunidade, é un campo que aínda precisa ser penetrado por outras visións”. Tamén se referiu a un modelo de concentración cultural fronte aos intentos de crear industrias domésticas: “é o mesmo falar do fondo de investimento americano que se fixo con todos os macrofestivais de música españois que dos modelos críticos que aínda subsisten e nos que temos capacidade de intervención?”, sinalou.  Gemma Carbó engadiu que o diñeiro público en cultura estase destinando ao entretemento e remarcou que “somos o único sector que non inviste en I+D”. Carbó sinalou a precariedade dos traballos que se lle ofrece á xente nova, e asegurou que “atopamos un cambio de mentalidade respecto á idea de medrar profesionalmente no mesmo espazo”. A consecuencia, dixo, é “que seremos un sector envellecido, sen capacidade de conversa entre maiores e xente nova”.

Na xornada tamén tivo lugar unha mesa de experiencias con perspectivas institucionais onde participaron Fernando Cerón, conselleiro técnico da Dirección Xeral de Industrias Culturais, Propiedade Intelectual e Cooperación do Ministerio de Cultura; Pilar Portela, coordinadora de Música e Danza na Axencia Galega das Industriais Culturais e representante da AGPXC na comisión de profesionalización da Federación Estatal de Asociacións de Xestores Culturais; e Tere Badía, investigadora e xestora cultural. Fernando Cerón sinalou que o sector cultural supón en España o 3,5% do PIB, “o mesmo que a agricultura”, e explicou o proceso de traballo interministerial no desenvolvemento do Estatuto do Artista durante os últimos dous anos. “É a primeira vez que se traballa en marcos legais e específicos para a actividade cultural, creando un novo concepto de actividade cultural, e asumindo a intermitencia nos contratos de cara á protección e cotización das e dos traballadores culturais”. Pilar Portela explicou os traballos desenvolvidos pola Federación Estatal de Asociaciones de Gestores Culturales a prol da profesionalización e definición da figura de xestor/a cultural. Pola súa parte, Tere Badía explicou que no ámbito europeo as análises dos efectos da pandemia no sector foron devastadores e serviron de revulsivo para abrir unha etapa de novos retos e oportunidades. “En 2020 descendeu nun 31% o volume de traballo, perdéronse 200.000 millóns de euros de ingresos e milleiros de postos de traballo”, informou, e engadiu que un 33% do persoal da cultura é autónomo.

As protagonistas da mesa redonda sobre perspectivas profesionais foron Patricia Hermida, manager, produtora, presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais e socia fundadora de Mujeres de la Industria Musical; Fran Quiroga, investigador transdisciplinar e coordinador xeral en Concomitantes; e Alejandro Nieves, xestor e comunicador cultural. Fran Quiroga asegurou que “un elemento fundamental é a idea de valor, valorizar o traballo da cultura non só económico senón social, de cohesión de comunidades para facer a vida da xente máis feliz, e que non sexa cuestionado ao igual que o do persoal médico nin aos avogados ou avogadas”. Así, asegurou, “despois retribuirase de xeito acorde”. Patricia Hermida reflexionou sobre a necesidade de “desapegarnos da relación tóxica que temos coa cultura, co amor pola nosa disciplina, e o enganche que supón ser parte desta dinámica, un remuíño que arrasa por onde pasa porque todo vén a última hora”. “Temos que poñerlle límites e ser conscientes deles para construír un sector menos insán”, asegurou. Pola súa banda, Alejandro Nieves reflexionou sobre que o sector “peca de minifundismo, sen unirse nin cooperar”. Para ilustrar esta idea, puxo como exemplo que “as persoas que queremos facer cohesión social desde a cultura presentamos multitude de proxectos na busca de financiamento, cadaquén na súa aldea, e pretendemos que nos dean o mesmo a todos”.

Xa pola tarde, o autor, director de escena e narrador oral Cándido Pazó ofreceu a contada “Traballar na cultura? Espera que che conto!”, onde ofreceu de xeito cómico vivencias propias como traballador cultural. A continuación abríronse mesas de conversas en formato horizontal, con grupos reducidos, nos que as persoas asistentes puideron compartir ideas, facer consultas e debater cuestións concretas arredor das temáticas: “O traballo público en cultura”, “O traballo privado en cultura”, “A activación de espazos e proxectos para unha creación cultural máis sustentable” e “O equilibrio entre os proxectos profesionais na cultura e uns proxectos de vida máis sustentables”.

A inauguración da Praza do Campo, en Burgueira, adiántase a este sábado

0

Por mor das previsións de chuvia para o domingo 5 de marzo, a inauguración da Praza do Campo, en Burgueira, adiantarase ao sábado. O acto comezará ás 12.00 horas e contará coa asistencia de representantes da Corporación Municipal e da Deputación de Pontevedra, institucións que financiaron os traballos. Os grupos locais Tra-lo Mosteiro e As Caramuxas serán os encargados de amenizar a xornada festiva co seu repertorio de música tradicional e, a maiores, ofrecerase un pequeno aperitivo.

Unha vez rematados os traballos para renovar este espazo público e dotalo dunha identidade propia, o Concello de Oia quere compartir e celebrar coa veciñanza a transformación deste espazo situado no corazón da parroquia Burgueira.

Estas obras conseguiron transformar o lugar converténdoo nun espazo polivalente, accesible e respectuoso coa paisaxe e o patrimonio. O custe total da actuación foi de 267.867 euros, financiados con cargo ao programa REACPON da Deputación de Pontevedra cunha achega de 241.080 euros e asumindo o Concello a parte restante, de 26.786 euros.

Mos por fin poderá combater o botellón en Sanguiñeda

0

O Pleno do Concello de Mos aprobou inicialmente no Pleno de pasado mes de novembro, e farao definitivamente na sesión plenaria do vindeiro 8 de marzo, a modificación da ordenanza municipal de medio ambiente en materia de convivencia cidadá, que entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia, BOP.

Así o informaban hoxe a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas.

Tamén en novembro do ano pasado celebrouse unha Xunta Local de Seguridade pola problemática do botellón en Sanguiñeda, na que xa se anunciou e se deu conta desta medida municipal coa que se pretende dar solución a unha situación insostible para a veciñanza da zona.

Nidia Arévalo asegura que “como alcaldesa, preocúpame enormemente esta situación, trátase dun problema moi serio de seguridade cidadá, polo que desde o Concello traballamos intensamente para solucionalo. Mantivemos reunións cos veciños da parroquia e a Policía Local a este respecto. Colocamos na zona carteis informativos, e os axentes locais controlaron exhaustivamente o consumo de bebidas alcohólicas na vía pública facendo horas extras para poder cubrir a quenda de noite”.

Agora coa ordenanza de convivencia cidadá quedará prohibido o consumo de alcohol tamén en espazos privados ao aire libre (como parkings) e daráselle seguridade xurídica ás sancións de todo este tipo de actos que tanto malestar lles causan a moitos veciños e veciñas que constantemente acoden ao Concello e ao Cuartel da Garda Civil a presentar as súas queixas polos mesmos.

Por parte do Concello de Mos tamén se lle abrira a finais de 2022 un expediente sancionador á discoteca en cuestión. E a Policía Local e a Garda Civil incrementaron a súa presenza na zona.

Por parte da Policía Autonómica faise un especial control por do consumo e venda de alcohol a e por menores. Deste xeito coordínase entre todas as administracións responsables e Corpos e Forzas de Seguridade o dispositivo necesario para disuadir na medida do posible esta situación.

A rexedora local mosense espera, con esta “nova ordenanza de convivencia cidadá, mitigar a problemática que se produce durante as fins de semana na contorna da discoteca Queen na Avenida de Sanguiñeda, onde se rexistran periódicamente celebracións de botellón, actos vandálicos e problemas de ruido, lixo e seguridade cidadá. E onde nos últimos meses se levan producido centos de denuncias”.

O Concello pide explicacións ao Centro de Saúde de Ponteareas polo retraso na atención dunha emerxencia

O Concello de Ponteareas pediu explicacións á Coordinadora do Centro de Saúde de Ponteareas pola falta de ambulancia e o retraso na atención a unha persoa que sufriu un infarto nunha vivenda do centro urbano e finalmente faleceu o pasado luns 27 de febreiro a primeira hora da tarde.

A petición de explicacións realízase logo de que a Policía Local elaborase o seu atestado acompañado do informe médico do SERGAS. En ambos os dous informes constátase que a Policía Local e os bombeiros estiveron durante media hora realizando labores de reanimación do paciente pola ausencia de servizos sanitarios que, cando chegaron, só puideron certificar o falecemento. No informe médico sinálase que o retraso de media hora se produciu “ya que no había ambulancia”. Segundo o informe policial, os técnicos sanitarios explicaron que a ambulancia tivo que vir dende A Cañiza.

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, felicitou á Policía Local e aos bombeiros municipais pola rapidez na súa intervención e demandou explicacións á Coordinadora do Centro de Saúde. “Todos os feitos relatados no informe da Policía Local e no propio informe do persoal médico resultan preocupantes e requiren dunha información clara e transparente para coñecer en toda a súa extensión o acontecido”, sinala a alcaldesa na súa carta, na que engade que “o Centro de Saúde se atopa a 500 metros da vivenda da persoa falecida, é dicir, a dous minutos en vehículo e a cinco camiñando, polo que desatender durante máis de media hora unha emerxencia grave debe ser obxecto de explicacións e, no seu caso, depuración de responsabilidades”.

A alcaldesa transmitiu as súas condolencias á familia do falecido.

A Arribada tínguese de lila

0

Yasmina Moreira, concelleira de Igualdade, informa que, nesta edición da Arribada, instalarase na Glorieta de Colón a “Caravana Morada”. Estará o sábado 4 de marzo en horario de apertura de 18:00 a 2:00 da madrugada e o domingo, día 5 de marzo, de 12:00 a 20:00.

A caravana do punto lila estará atendida por un equipo técnico especializado en previr e orientar na loita contra a violencia de xénero, integrado por dúas profesionais expertas en violencia de xénero: unha psicóloga especializada en xénero e criminoloxía e unha educadora social/axente de igualdade. Ambas asistirán e asesorarán ás mulleres que así o necesiten e informarán  sobre os recursos dispoñibles a nivel local, comarcal, autonómico e nacional.

O obxectivo do punto lila é, por unha banda, concienciar e visibilizar o compromiso social e rexeitamento comunitario das violencias informando sobre os recursos dispoñibles contra a violencia de xénero e, por outra, parte ofrecer atención técnica, psicolóxica e  de coordinación.

O punto Lila “Caravana Morada” está financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero. 

O Concello da Guarda conmemora o 8M co programa de actividades “Semente de Igualdade”

0

O Concello da Guarda aposta durante todo o ano pola Promoción da Igualdade entre mulleres e homes en todas as esferas da vida e pola visibilización da muller ao longo da historia, por esa razón, se busca darlle continuidade ao programa  “Semente de Igualdade”, unha campaña na que se inclúen as accións polo Día Internacional da Muller con actuacións musicais, obradoiros  e contos para crianzas, entre outras.

As actividades arrancan o día 8 de marzo ás 12:30 h na Praza do Reló, onde terá lugar unha concentración e lectura de manifestos acompañados dunha actuación musical a cargo da artista A Riso e a guitarrista Maite González.

A fachada da Casa do Concello será iluminada de cor morada e colocarase unha pancarta conmemorativa polo Día Internacional da Muller.

O domingo día 12 de marzo ás 17:30h a praza de Avelino Vicente,  acolle “Elas contan moito”, unha divertida sesión de contos con música, na que a partir de varios álbums ilustrados se reflexiona sobre a igualdade entre nenas e nenos, a perspectiva de xénero e os estereotipos sexistas.

Rosa Caramelo, O libro dos porcos ou Daniela Pirata son algúns dos títulos que se contarán nesta sesión de contos con música para gozar en familia, cunha duración aproximada duns 50 minutos e para público público familiar a partir dos 3 anos a cargo da contadora Bea Campos e o músico Manuel Pombal de Migallas Teatro.

Durante o mes de marzo se levarán a cabo obradoiros sobre prevención de violencias machistas, baixo o título Lentes Violetas, dirixidos ao alumnado de 5º de Primaria dos centros educativos da Guarda.

Estas dúas actividades dirixidas á poboación máis nova, son o eixo principal  do programa “ Semente de Igualdade”, porque a Promoción da Igualdade e a prevención de comportamentos machistas en idades temperás, son a chave para conseguir rachar coa Violencia Machista na nosa sociedade

Para a xornada do xoves día 13  de abril, ás 20:30h na Casa dos Alonso está prevista a presentación do libro Todo chega desde o Mar, de Santiago Ferragud (escritor e músico). O autor estará acompañado por Beatriz Núñez, profesora de Debuxo e responsable do Departamento de Igualdade do IES A Sangriña.

Continuando coas actividades propostas, e dado o éxito obtido na 1ª edición de Historias de Mulleres Guardesas, este ano  durante o mes de maio vaise levar a cabo a 2ª edición, coa finalidade de visibilizar e pór en valor o importante papel das mulleres guardesas. Realizaranse un total de dúas actividades, un roteiro, que terá lugar o venres, 5 de maio ás 20:30 h con saída dende a Praza do Reló e unha andaina, o domingo 7 de maio ás 10:30 h, con saída dende a Alameda da Guarda. É preciso inscrición previa no Departamento de Turismo do Concello da Guarda, a través do teléfono 986614546ou no enderezo [email protected].

As actividades programadas están subvencionadas pola Deputación de Pontevedra e polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

O centro de ocio e deporte urbano de Mondariz, máis preto da súa apertura

0

O Campo da Minada, situado no centro urbano de Mondariz, disporá proximamente dun centro de ocio e deporte urbano que permitirá a rehabilitación integral para o uso público desde importante espazo municipal. Xa están en marcha as obras da segunda e derradeira fase de construción deste ambicioso e estratéxico proxecto, iniciado en 2021 co innovador circuíto asfaltado de pump track, o maior do seu tipo en Galicia naquel momento, con 1.200 m² de superficie.

“O muro de formigón que separaba visualmente este espazo público da avenida Grupo Escolar xa foi derrubado. A empresa adxudicataria está avanzando nas obras e nas próximas semanas xa poderemos ver como se levantan pistas multideportivas e de skating, un circuíto de calistenia ou un pequeno rocódromo sobre o antigo e degradado campo de fútbol”, comenta Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz.

Este proxecto, que previsiblemente estará rematado antes das eleccións municipais de maio, leva xestándose desde os primeiros anos do mandato do Goberno municipal. En 2021, mesmo en tempos de pandemia, xa se construíu un circuíto asfaltado de pump track neste mesmo recinto municipal do Campo da Minada con 48.399,44 € do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra. Con 1.200 m² de superficie, o pump track de Mondariz era no seu momento o circuíto asfaltado máis grande de Galicia. Esta innovadora actuación, que atende as actuais demandas de ocio da mocidade local, foi moi ben acollida dentro e fóra da localidade, situando a Mondariz como un referente. 

Naquel momento xa se proxectaba converter o antigo e degradado campo de fútbol don Campo da Minada nun centro de ocio e deporte urbano. A oportunidade para emprender estas ambiciosas obras chegou a través do Plan Reacciona Pontevedra (ReacPon) da Deputación de Pontevedra, que subvencionou o proxecto con 392.079 euros, o 90% do orzamento previsto.

“O centro de ocio e deporte urbano do Campo da Minada é un dos numerosos proxectos urbanísticos que estamos levando a cabo para situar as persoas no centro do espazo público e articular o desenvolvemento económico e turístico da localidade”, comenta Barros. 

Nos últimos catro anos, o Concello de Mondariz ten solicitado e recibido numerosas e cuantiosas subvencións públicas para emprender proxectos de gran impacto, orientados todos eles á modernización de infraestruturas e servizos municipais. O desenvolvemento do centro de ocio e deporte urbano do Campo da Minada é un deles, pero tamén destacan actuacións como o cambio a LED de toda a rede municipal de alumeado público, a rehabilitación de edificios públicos para gañar aforro e eficiencia enerxética, a ampliación e mellora da senda fluvial de Laredo e a rehabilitación integral da antiga escola unitaria de Redo na parroquia de Vilar, todos eles con financiamento asegurado e xa rematados ou en fases de execución e licitación. A estes súmanse os proxectos de humanización e modernización que se están planificando ao abeiro do plan Ágora da Deputación de Pontevedra, así como os importantes recursos investidos na mellora das vías públicas, do abastecemento de auga e do servizo de xestión de residuos.

Nigrán celebra este sábado o enterro do kiko

0

O Concello de Nigrán pecha o seu entroido este sábado 4 de marzo co tradicional enterro do kiko, evento realizado sempre grazas ao Centro Cultural Parada do Miñor. O animal estará exposto a partir de mañá na entrada do Auditorio Municipal, desde onde partirá cara o Torreiro de Parada o sábado ás 18:30 acompañado por un cortexo fúnebre composto pola comparsa de entroido ‘Xeada Parada’, a charanga ‘Vaite Xa’, ‘autoridades’ e demais asistentes. Previamente, desde as 18:00 horas, a Praza do Concello estará animada pola música en directo da charanga e o tradicional responso do ‘cura’. Este ano, excepcionalmente, o ‘kiko’ non será tirado por unha parella de bois ao ter falecido un deles inesperadamente, pero xa dispoñen de relevo para o vindeiro ano.

O kiko será velado a partir das 19:30 horas no Torreiro, onde o pregoeiro Antonio oficiará un funeral no que non faltarán as coplas que con moita sorna elabora cada ano para a ocasión. Despois terá lugar a procesión polo barrio da Igrexa e a queima. A xornada rematará á noite co concerto de D´Lider (Prosy e María Rúa) previsto para as 21:30 horas.

Esta peculiar celebración naceu en Parada da man do Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor como alternativa ao típico ‘Enterro da Sardiña’, xa que a parroquia non ten mar pero si presume de múltiples galiñeiros con “kikos” (ata o punto de que é a figura que representa á entidade). Ao longo de preto dunha década de vida foi adquirindo sona na localidade e, o que comezou como unha festa entre veciños, é hoxe en día un evento de referencia no municipio ao incluír o Concello hai seis anos a saída da comitiva desde o Auditorio Municipal e co kiko tirado por un carro de bois.

Protección Civil de Tomiño abre as súas portas para captar voluntariado

0

A Agrupación de Protección Civil de Tomiño abre as súas portas para dar a coñecer o seu traballo altruísta á veciñanza e buscar novos voluntarios. A entidade realizará este sábado 4 de marzo en colaboración co Concello unha xornada para todos os públicos na que haberá demostración práctica para aprender a realizar a reanimación cardiopulmonar (RCP) ou técnicas de primeiros auxilios.

A xornada será na Praza do Seixo de 11.00 a 14.30 horas e nela poderá gozarse tamén dunha exposición dos medios dos que dispón da agrupación presidida por Iván Fernández, así como información sobre o seu funcionamento e sobre o voluntariado que se presta ao longo de todo o ano.

A Agrupación de Protección Civil de Tomiño desenvolveu durante o ano 2022 unha intensa actividade, realizando un total de 2.038 horas de servizo en 135 operativos entre os que figuran accidentes de tráfico, asolagamentos, saídas por animais ou un taller de RPC no campus de fútbol do Concello, entre outros.

Na actualidade a agrupación conta con 28 voluntarios e voluntarias inscritas, das que 11 realizaron case 240 horas de formación na Academia Galega de Seguridade Pública en diferentes ámbitos, como navegación, rescate en lugares de difícil acceso ou de actuación nos casos con vítimas dentro do sistema Viogen.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o concelleiro de Participación veciñal, Agustín González, e membros de Protección Civil convidan a toda a cidadanía a participar nesta xornada de portas abertas e a sumarse ao equipo de voluntariado. “Dende o Concello queremos agradecer o gran labor que realiza a Agrupación de Protección Civil e todas e todos os seus voluntarios, xa que o seu traballo é de vital importancia non só en catástrofes ou feitos graves, senón en cada celebración, en cada evento deportivo, en cada acción da vida cotiá do noso municipio”, destaca a rexedora.

O Concello da Guarda saca a licitación as obras de mellora da mobilidade na rúa Coruña

0

Na Plataforma de contratación pública do Estado xa se pode consultar o procedemento de licitación das obras de mellora da mobilidade na rúa Coruña da Guarda, unhas obras que contan cun importe de máis de 300,000 €.

A Fase I da mellora da mobilidade na rúa Coruña da Guarda contempla unha mellora integral da accesibilidade, reordenando a rúa, gañando espazos para os peóns, mellorando a seguridade vial e aproveitando para realizar a renovación e mellora das redes de servizos coma saneamento ou telecomunicacións.

As obras realizaranse ao longo dun total de 205 m comprendidos entre o enlace coa rúa Ourense e número 15 da rúa Coruña.

Entre as principais melloras que implica este proxecto para os veciños e veciñas da Guarda destaca a dotación dun percorrido peonil continuo e seguro, o incremento do ancho das beirarrúas gañando espazo para os peóns, eliminación de barreiras arquitectónicas para facilitar o tránsito e accesibilidade das persoas con mobilidade reducida ou a mellora dos pasos de peóns, tanto na pavimentación coma na visibilidade dos mesmos, incrementando deste xeito a seguridade viaria

As obras de mellora da mobilidade na rúa Coruña da Guarda tamén inclúen a renovación das redes de saneamento existente, cunha nova rede separativa, así coma a renovación da rede de abastecemento de auga e as canalizacións do alumeado público e telecomunicacións, instalación de novos puntos de luz, zonas axardinadas con rego automático, árbores e mobiliario urbano.

Estímase que estes traballos prolongarase ao redor de 9 meses, nos cales se prevé o uso compartido de vehículos e obras cando sexa posible e itinerarios alternativos cando non sexa posible.

En palabras de Antonio Lomba, alcalde da Guarda, “esta é unha obra necesaria para todos os veciños e veciños da Guarda, nunha rúa que, despois das obras da Rúa Concepción Arenal, ten absorbido unha gran cantidade de tráfico urbano e que con esta actuación mellorará a seguridade vial e peonil, así coma a dotación de servizos.

A Deputación otorga o ‘selo Revitaliza’ a seis centros educativos de Redondela

0

A Deputación de Pontevedra vén de distinguir co ‘selo Revitaliza’ a seis centros de ensino do concello de Redondela por compostar de maneira responsable o seu lixo orgánico: a Escola de Educación Infantil San Pedro de Cesantes, o CEIP de Cedeira, o CEP Santa Mariña, os CEIP Plurilingües Porto Cabeiro e de Reboreda e o Instituto de Ensino Secundario Pedro Floriani. Todos eles dispoñen de centros de compostaxe asociados a hortas escolares e as súas candidaturas cumpriron todos os requirimentos de calidade e boas prácticas esixidos polo departamento provincial.

O vicepresidente César Mosquera, responsable do Plan Revitaliza, deu os parabéns aos colexios e lembrou que os negocios, colexios ou entidades de calquera tipo que teñan un “excelente en compostaxe” por cumprir os parámetros establecidos polo persoal do Plan Revitaliza poderán lucir nas súas portas os anagramas do Revitaliza, e tamén o distintivo personalizado, tal e como se fai con outras redes de calidade (Michelín,  Tripadvisor…).

Os galardóns foron entregados esta semana dende o Concello de Redondela, quen presentou as candidaturas, validadas logo da supervisión do persoal técnico da equipa Revitaliza. Hai que lembrar que os distintivos pretenden recoñecer tanto a produtores singulares (restaurantes, comercios ou outro tipo de entidades) que actúen de maneira responsable e convertan os biorresiduos de cociña e outros residuos orgánicos -como os procedentes de comedores, merendas, xardíns e podas- nunha materia prima (compost) que servirá para alimentar os solos e pechar o círculo que, nun futuro, reverterá en novos alimentos.

A Deputación de Pontevedra, dentro do marco da Estratexia da Economía Circular, actúa neste sentido como acreditadora da idoneidade na xestión dos residuos orgánicos e biorresiduos producidos  no ámbito da aplicación do “quilómetro cero”. De feito, a intención é que se vexa –neste caso por parte das crianzas dos centros de ensino- como a economía circular da fracción orgánica a nivel local xera beneficios para a contorna local xa que a utilización do compost aumenta a biodiversidade, a fertilidade dos solos e a capacidade de reter auga, e globalmente contribúe na redución das emisións de gases de efectos invernadoiro mediante a retención do carbono.

No caso de Redondela, a equipa que concedeu os distintivos destacoue da EEI de San Pedro de Cesantes que se trata dunha unitaria que ten asociado o composteiro a unha pequena horta, onde o alumnado xa dende ben cativo vive, aprende e experimenta o proceso da recirculación da fracción orgánica usando nos seus cultivos ese compost que crean de forma paralela ao seu grande compromiso coa reciclaxe.

Do CEIP de Cedeira sublíñase que é un dos que leva xa una longa traxectoria de traballo co alumnado tanto na compostaxe -teñen un total de 3 composteiros en funcionamento- como tamén en todo o relativo á separativa das diferentes fraccións de residuos no propio centro.

No CEP Santa Mariña, logo dunhas xornadas municipais sobre xestión dos residuos, animáronse a introducir a compostaxe na súa práctica educativa. Teñen un composteiro asociado a unha horta que coidan con moito esmero. No CEIP Plurilingüe Porto Cabeiro dispoñen de dúas unidades de compostaxe distribuídas nos dous patios de recreo que ten o centro. No acceso a un dos patios, onde teñen ubicado un dos composteiros, teñen tamén instalada tamén unha horta onde fan uso do compost obtido.

No CEIP Plurilingüe de Reboreda teñen instalados tres composteiros. Actualmente están operativos dous deles tras ter utilizado o compost do terceiro ao principio do curso na preparación dos bancais que teñen na parte central do edificio. Teñen instalados pequenos colectores nos patios onde depositar os restos da fracción orgánica das merendas que o alumnado mesmo se encarga de levar aos composteiros.

Finalmente, o IES Pedro Floriani ten “unha práctica de excelencia” en relación á compostaxe. As actividades de concienciación ambiental sempre tiveron moi boa acollida no centro e o profesorado do departamento de Bioloxía traballa coa rapazada de maneira moi activa. Dispoñen de tres unidades de compostaxe que funcionan a pleno rendemento e recentemente pediron colaboración para o triturado de pólas das árbores do centro para utilizar como estruturante e paus titores para a súa horta.

O Alcalde das Neves opina que o aparcadoiro da PLISAN ten que completarse cunha estación de viaxeiros

0

Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves, acompañado polo primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, e membros do Goberno municipal, xunto coa alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, visitou este mércores a Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (PLISAN). Alí coñeceu sobre o terreo o proxecto de conexión por tren da mesma co Porto de Vigo e a construción dun apartadoiro nunha parcela de 316.218 metros cadrados, que abranguerán un centro intermodal de mercadorías, conectado coa rede ferroviaria de interés xeral.

Para Xosé Manuel Rodríguez, “aínda que é una inversión moi demorada, recibimos este proxecto como unha boa noticia, logo de anos demandando unha actuación que consideramos de importancia para PLISAN”.

O rexedor das Neves agarda que este equipamento, que segundo os prazos que manexa a Autoridade Portuaria podería estar rematado a finais do ano 2025, se complete co uso por parte de viaxeiros, “dando cumprimento a o obxectivo 2030 de mobilidade sostible”. Así, Rodríguez Méndez subliña que, “con independencia de que esta obra se execute, é preciso elaborar un proxecto para facer posible que as persoas poidamos usar o tren dende a futura estación da PLISAN”.

Nigrán comenza o seu ‘Mes Violeta’ este sábado

0

O Concello de Nigrán abre este sábado, 4 de marzo, a programación especial do ‘Mes Violeta’ cunha morea de actividades destinadas a concienciar sobre a igualdade de xénero entre público infantil, adulto e adolescente, téndose deseñado para chegar así a toda a veciñanza e sendo a maioría abertas ao público e outras destinadas específicamente aos centros educativos.

Sábado, 4 de marzo

O Auditorio Municipal de Nigrán acollerá este sábado, 4 de marzo ás 19:00 horas, a representación da obra de teatro científico ‘Que traballo tan curioso!’, unha creación dirixida a público infantil, da Unidade de Cultura Científica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia. A divulgadora Luisa Martínez Lorenzo, veciña de Nigrán e responsable desta unidade, protagoniza esta obra como investigadora, convidando o público a que adiviñe cal é a súa profesión. A obra encádrase no proxecto ‘Ciudad Ciencia’.

Mércores, 8 de marzo

Marcha de Mulleres desde a Praza do Concello ás 12:00 para participar na Ramallosa na concentración das 12:30 horas.

Domingo 12 de marzo

Ás 19:00 horas no Auditorio Municipal. Espectáculo cómico. ‘Sexo débil, o carallo!’ a cargo da actriz e monologista Arantxa Treus, premio Fetega á mellor monologista cómica en 2020, coñecida por series de televisión como Serramoura ou Fariña. É un show de comedia na que se abordan cuestións como a sexualidade feminina, as relacións de parella, ou as esixencias estéticas que sofren as mulleres…

Domingo 19 de marzo

As 17:00 horas no Auditorio Municipal. Proxección cinematográfica do filme “Valentina”. A progagonista soña con ser trapecista e cree que por ser Down non poderá conseguilo. A súa aboa, compañeira de xogos, aprendizaxes e cancións, asegúralle que se as orúgas consiguen converterse en maripósa nada é imposible.

Sábado 25 de marzo

Ás 10:30 h. no Auditorio Municipal. Scape room “Desmontando a desigualdade”. As persoas interesadas deberán inscribirse previamente por grupos (informarase convintemente). Os/as participantes deberán resolver varios retos relacionados coa desigualdade entre mulleres e homes, os estereotipos e roles de xénero, a biografía de mulleres relevantes en distintos ámbitos de coñecemento …

Xoves, 30 de marzo

Proxección especial dunha película seleccionada entre o Concello de Nigrán e o ‘cine-club Val Miñor Alice-Guy’ ás 20:00 horas no Auditorio Municipal.

Todo o mes

Estantería Violeta na Biblioteca Municipal. Selección de libros do fondo municipal con temática de igualdade , autoras femininas…..

Os días 7, 8 e 9 de marzo, se desenvolverá o espectáculo ‘Lúa queres ir a … Marte!’ en sete centros educativos do Concello de Nigrán durante a xornada escolar. Lúa a protagonista desta peza quere ser astronauta e viaxar a Marte. Grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas son o seu referente para enfrontarse aos impedimentos que lle queren impoñer. O 9 de Marzo no CEIP Arquitecto Palacios, dentro do programa ‘Violencia Zero’ da Deputación de Pontevedra, terá lugar a peza performativa ‘Flamma’ con texto en sistema de sonido, performance, vestiario-escultórico e danza. Para reivindicar que o noso corpo é noso, que é violentado incluso nos seus procesos máis propios, xulgado, maltratado, agredido.

Xa están abertas as inscricións nos obradoiros gratuítos de Arbo

0

Dado o éxito dos obradoiros realizados polo Concello de Arbo en outubro en distintos lugares do municipo e ante a demanda dos veciños da vila, o Concello de Arbo ofrecerá, durante os vindeiros meses, obradoiros polas parroquias do municipio. Os cursos van dirixidos a toda a poboación é son gratuítos.   

  • Obradorio de cosmética natural e xabóns no local da Rede Natura da Lomba – Mourentan
  • Obradoiro de adornos e cadros florais nas Escolas de Cequeliños
  • Obradoiro de Manualidades no local da Asociación San Antonio da Estación – Arbo

Os obxetivos desta nova iniciativa é promover a aprendizaxe dun labor. Mellorar a motricidade manual. Potenciar a creatividade e o entretemento. Mellorar a autoestima. Fomentar e potenciar as actividades en equipo e  as relacións sociais entre os veciños e veciñas de Arbo.

Máis información e incrición nas oficinas municipais do Concello de Arbo ou no correo electrónico [email protected].

Nas vindeiras semanas ofertaranse obradoiros nas parroquias de Cabeiras e Barcela.

As prazas son limitadas e por orde de inscrición.

Mondariz avanza nas obras da senda fluvial de Laredo

0

Os veciños e visitantes do Concello de Mondariz poderán desfrutar proximamente dunha nova senda fluvial acondicionada para dar paseos a pé. É a senda fluvial de Laredo, que transcorre polo río Xabriña, entre los barrios da Pedreira e do Escobeiro, próximos ao centro urbano de Mondariz. As obras de ampliación e mellora desta ruta inclúen a construción dun treito novo e dunha pasarela para cruzar o río. O resultado será unha senda peonil circular de 3.225 metros. “Agardamos que xa poida estar aberta este verán”, comenta o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros.

Este proxecto foi desenvolvido grazas a un convenio de colaboración asinado en 2021 entre o Concello de Mondariz e a Confederación Hidrográfica Miño Sil (CHMS). Supón un investimento de 530.000 euros, dos cales a CHMS asume o 80 % e o Concello de Mondariz o 20 %.

Con ésta e outras actuacións que están en proceso, o Goberno municipal busca consolidar unha estratexia que poña en valor os atractivos naturais do Concello de Mondariz, como o río Tea e os seus afluentes, e así promover tanto a calidade de vida da poboación como o desenvolvemento dun turismo de natureza. “Estamos tratando de conectar o centro urbano co río a través de diferentes proxectos, como o desenvolvemento dun Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións (PEID) para chegar a construír un albergue turístico na parcela municipal da Cela ou o desenvolvemento dun centro de ocio e deporte urbano no Campo da Minada, que xa están en marcha. Dentro desta estratexia, tamén temos en mente desenvolver unha rede de sendas para impulsar o turismo de natureza. O convenio coa CHMS foi o resultado do esforzo constante por transformar ideas en proxectos factibles para o desenvolvemento integral na nosa localidade, e seguiremos traballando nesa liña”, afirma Barros.

As feira de Chapela trasládase ao aparcamento do pavillón municipal

0

O Concello de Redondela anuncia que A Feira de Chapela dos días 2 e 16 de cada mes, trasládase a partir de marzo ao aparcamento do Pavillón Municipal de Chapela (Avenida Redondela, 17, 36320 Chapela, Pontevedra), pola realización das obras do ‘Campito’ e a Alameda de Rosalía de Castro.

Os horarios e postos serán os habituais, non haberá máis cambios que o da nova localización. Unha vez rematen as obras, a feira volvería á pista polideportiva situada na Rúa José Fernández López.

A alcaldesa Digna Rivas explica que “ambos proxectos xa comezaron é requiren da zona para a súa realización. Tanto o ‘Campito’ como a Alameda de Rosalía de Castro son obras que buscan a transformación dos espazos para o goce da veciñanza e a mellora da súa calidade de vida. Estas eran dúas demandas dos veciños e veciñas de Chapela dende fai moitos anos e é unha prioridade deste goberno levalas a cabo canto antes”.

Tui acolleu a presentación do proxecto “Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo”

0

Tui acolleu, na mañá de onte, a presentación do proxecto “Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo”, na sala Félix Rodríguez do edificio Francisco Sánchez. Esta presentación foi un foro aberto para contrastar opinións, debater a proposta e comezar a traballar conxuntamente para sacar adiante o proxecto. Tui coma cidade membro da Red de Juderías acolleu este evento organizado en colaboración coa propia Red de Juderías e dos outros dous municipios galegos que forma parte desta asociación coma son Monforte de Lemos e Ribadavia.

No acto de presentación estiveron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o alcalde de Monforte de Lemos e presidente da Red de Juderías de España, José Tomé Roca; a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez; a xerente da Red de Juderías de España, Marta Puig; a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias; e o vicepresidente da Cámara de Ponte de Lima, Paulo Jorge da Cunha, entre outras personalidades.

Walter Wasercier é un dos promotores deste proxecto, quen é vicepresidente da Cámara de Comercio Hispano-Israelí e ex director para a Península Ibérica de EI-AI. Na presentación desta mañá, Wasercier resumía o obxectivo de “Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo”, que é “unir ambos lados da fronteira entre España e Portugal en torno á expulsión e traxectos emprendidos polo pobo sefardí”.

A idea parte de establecer rutas turísticas, tanto en España como en Portugal, baseadas nos traxectos emprendidos polo pobo xudeu tras a súa expulsión de España, no ano 1492. A proposta que pasaría por Tui sería a chamada “Ruta Bet”, que partiría dende Monforte de Lemos, pasando por Ourense, Ribadavia, Tui, Valença, Caminha, Viana do Castelo, Ponte de Lima, Braga, Guimarães, Vila do Conde finalizaría en Porto.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, lembrou que “dende que Tui se adheriu á Rede de Juderías no ano 2019, impulsou proxectos como este que hoxe se presenta na nosa cidade”. Pola súa parte o alcalde de Monforte de Lemos e presidente da Red de Juderías de España, José Tomé Roca, agradecía hoxe “o compromiso de Tui como cidade membro” e destacou o seu desexo de que proxectos como este “saian adiante”.