11.3 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán retoma este sábado o programa de paseos saudables

    Nigrán retoma este sábado o programa de paseos saudables

    O Concello de Nigrán repetirá desde este 4 de marzo ao 22 de abril o programa de andainas dos sábados destinado a fomentar o hábito de camiñar como un exercicio saudable. A primeira delas terá lugar este mesmo sábado con saída ás 10:00 horas desde a oficina de turismo Dunas de Gaifar cara a Monteferro (ida e volta) e cunha duración aproximada de 2 horas. Todos os roteiros serán con saída á mesma hora, circulares e con duración similar, sempre mediante inscrición previa en oficinaturismo@nigran.org (indicando nome e apelidos, teléfono e día da ruta na que se anotan).

    Recoméndase acudir sempre con roupa cómoda, calzado axeitado para camiñar e unha botella de auga. A información concreta sobre cada andaina está pendurada na web www.nigran.es.

    “Este ano engadimos marcha nórdica con gran éxito á nosa oferta deportiva municipal e esta outra actividade. Apostamos por este tipo de exercicio ao aire libre porque queremos fomentar o hábito de camiñar en grupo: é saudable física e mentalmente, facilita a socialización e se adapta prácticamente a calquera idade e condición”, explica o alcalde, Juan González.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS