Sábado, 12 Xullo de 2025

Unha investigación de Roberto Mera sobre a figura de Amado Garra, gañadora do IX Premio ‘Fermín Bouza Brey’

O xurado do IX Premio de Investigación Fermín Bouza Brey vén de outorgar o galardón da súa novena edición a Roberto Mera por “un interesantísimo proxecto biográfico” sobre a figura de Amado Garra Castellanzuelo, unha investigación coa que se busca recuperar a figura dun persoeiro ponteareán de gran calado e importancia a nivel galego “pero que é un gran descoñecido para a veciñanza”.

O xurado tamén destacou o “carácter inédito” deste proxecto, xa que, malia a ampla traxectoria e intensa vida política e social de Amado Garra, nunca foi obxecto dunha investigación biográfica máis alá de breves artigos ou referencias bibliográficas de aspectos parciais ou puntuais da súa vida.

Garra, avogado e xornalista, foi un dos principais dirixentes do agrarismo galego e líder do republicanismo na provincia de Pontevedra dende comezos do século XX e achegarse a súa vida e obra “permitirá coñecer máis aos movementos sociopolíticos transcendentais no primeiro terzo do século XX, como foron o agrarismo, o republicanismo, o xornalismo como ferramenta propagandística ou as relacións con Portugal, dinámicas das que Ponteareas, a través de Amado Garra, foi un dos seus epicentros”.

O proxecto presentado por Roberto Mera propón un intenso traballo de recollida das abondosas fontes de información existentes para reconstruír a vida de Amado Garra, especialmente as hemerográficas, como por exemplo ás máis de 1.700 referencias ao ponteareán existentes na Biblioteca Dixital de Galicia en 53 publicacións diferentes. A investigación tamén se desenvolverá en diferentes arquivos de Portugal, Galicia e outros lugares do Estado onde o investigador localizou información sobre Amado Garra.

Roberto Mera, gañador desta edición do Premio, é avogado e politicólogo e xa obtivo en 2022 o Premio de Investigación Antón Losada Diéguez, un dos máis prestixiosos de Galicia, polo traballo biográfico e de investigación sobre o seu tío bisavó e tamén ponteareán, Alejandro Viana Esperón, figura moi vinculada a Amado Garra.

Nesta edición, o xurado estivo composto polo recoñecido etnógrafo e historiador, Clodio González, en representación da Real Academia Galega, así como o escritor Silvestre Gómez Xurxo, en representación do Consello da Cultura Galega e do padroado da Fundación Penzol. Tamén o integraban Pablo S. Otero Piñeyro Maseda, investigador e director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento; Alfonso Caride, responsábel de Actividades Culturais do Campus de Vigo da Universidade de Vigo; o historiador Gonzalo Fernández; e Fernando Groba, concelleiro de Cultura.

Todos os traballos preséntanse ao certame de forma anónima, de maneira que o xurado escolle primeiro o proxecto gañador e a continuación abre a plica para coñecer o nome do autor ou da autora. O premiado dispón de seis meses para realizar o traballo de investigación, que está dotado con 3.000 euros.

En nome do Goberno municipal, Groba traslada os seus parabéns ao autor deste proxecto de investigación que achegará ao público a un personaxe pouco coñecido para os propios ponteareáns e ponteareás.

Con este certame o Concello de Ponteareas busca lembrar o nacemento na vila do Tea do ilustre polígrafo e poeta o 31 de marzo de 1901, ao tempo que promove a investigación histórica sobre o municipio e a comarca, afondando así na identidade cultural de Galicia. O premio está aberto a proxectos de investigación científica relacionada cos campos da historia, arte, arqueoloxía, etnografía, literatura ou ciencias sociais co municipio ponteareán como referencia.

Silvia Fernández Táboas, primeira muller presidenta da Banda de Música Xuvenil de Xinzo

Desde este semana, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo conta cunha nova directiva na que destaca a súa presidenta, xa que, coa súa incorporación, Silvia Fernández Táboas converteuse na primeira muller que ostenta o cargo desde a fundación da agrupación.

Na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o pasado 4 de marzo, o ata entón presidente Francisco Jesús Represas Carrera anunciou a súa decisión de abandonar o cargo xunto con outros membros da Xunta Directiva, polo que esta disolveuse e abriuse o proceso de elección para unha nova. Así pois, este pasado sábado 25 de marzo foi cando Silvia Fernández Táboas presentou ante a asemblea convocada a súa candidatura, conformada tanto por membros da anterior Directiva como por novos.

Ata este sábado, Silvia Fernández Táboas ocupaba desde o ano 2017 o cargo de tesoureira da agrupación. Agora como presidenta, acompáñana ata cinco membros da anterior Directiva. Deles, dous cambian de cargo: Ángel González Lago, que pasa de vicetesorero a tesoureiro, e Manuel Collazo Francisco, que se converte en secretario tras ocupar durante tres anos o posto de vicesecretario. As tres membros restantes que continúan na nova Xunta Directiva son Ana María Acebedo Varela, Mónica Carrera Táboas e Sonia González Represas, que seguirán cumprindo coa función de vogais.

Tras as saídas da vicepresidenta Branca Represas, a secretaria María Represas e a vogal Segunda Carrera Iglesias, a nova presidenta incorporou a outros cinco membros máis tanto para suplir estas baixas como para engadir novos cargos á súa Directiva. As novidades máis destacadas son as dúas vicepresidencias que se crean coa incoporación de Alejandro Otero González como vicepresidente primeiro e Manuel García González como vicepresidente segundo. A eles súmanse Uxía Collazo Cobelo no cargo de vicesecretaria e Sara Álvarez Carrera e Javier Otero González como vogais.

A nova presidenta, coa experiencia adquirida ao exercer como tesoureira da asociación durante o últimos seis anos, en nome de toda a Xunta Directiva, declarou estar “moi ilusionada e con ganas de asumir esta nova responsabilidade na que terei a sorte de compartir proxecto con músicos/as e amigos/as e sobre todo, traballar para conseguir todos os obxectivos marcados para o próximos tres anos e que terán como eixos principais consolidar a transformación dixital no funcionamento da asociación, mellorar a transparencia e igualdade na toma de decisións; a comunicación, cohesión e coordinación coa banda e, sobre todo, gozar facendo música para seguir sendo un referente do ámbito bandístico e cultural da provincia”.

Ademais, desde a nova Directiva agradecen tanto ao presidente saínte, Francisco Jesús Represas, como ao resto dos membros da anterior Xunta o traballo realizado durante os últimos anos e o seu esforzo e preocupación pola mellora da agrupación.

FIN DE SEMANA DE ESTREA

A primeira fin de semana da nova directiva preséntase repleto de actos. Este sábado 1 de abril, terá lugar a audición do segundo trimestre da Escola de Música de Xinzo no Centro Cultural da parroquia ás 18:00h da tarde. Na audición, participarán alumnos das diferentes modalidades da Escola, unha cita na que mostrarán o aprendido durante estes últimos meses a través das súas interpretacións solistas e grupais.

A música continuará ao día seguinte, o domingo 2 de abril, coa celebración do IV Festival de Corais. Igualmente no auditorio de Xinzo ás 18:00h da tarde, esta cita anual, xa convertida en unha habitual desde 2019, contará coas agrupacións do Coro Cantemos de Salvaterra de Miño e co Coro Voces de Chenlo como convidadas para acompañar á anfitrioa, a Coral Cantares de Xinzo.

Con estas dúas xornadas cheas de música, a nova Xunta Directiva dará comezo a un período que durará ata 2026, tres anos nos que esperan poder cumprir os obxectivos marcados co fin de que a asociación continúe prosperando.

O Concello de Redondela denuncia a falta de investimentos da Xunta de Galicia

0

O Concello de Redondela fai balance das inversións realizadas durante este mandato, reflexando que a Deputación de Pontevedra financiou case o 40 % das obras realizadas durante estes 4 anos. Segundo explica a alcadesa de Redondela, Digna Rivas, os datos reflexan “un novo insulto á cidadanía de Redondela” ao constatar que nos Orzamentos da Xunta de Galicia durante os últimos 3 anos, “contempláronse tan só 340.000 euros, menos de 100.000 euros ao ano”.

Pola contra, engade a alcaldesa de Redondela, “a Deputación de Pontevedra investiu 4,7 millóns de euros para facer posibles os grandes proxectos deste goberno, moi demandados pola cidadanía e cumprindo cos compromisos que temos coa veciñanza”.

Entre o Plan Concellos e os fondos ReacPon, Redondela recibiu máis de 4,7 millones de euros da Deputación de Pontevedra, que se reflexa nas seguintes obras.

Gracias a Deputación de Pontevedra o Concello de Redondela puido investir 449.350,00 para a compra da nave onde se situará o aparcamento disuasorio da Praza de Ponteareas e outros 546.536,02 euros para o derrube da mesma; a humanización da Rúa Picota tamén entrou dentro do Plan Concellos de Deputación de Pontevedra con 849.254,38 de fondos; ao igual que a pavimentación das Rúas Leitón, Parada e Pomba do “Barrio de Japón” en Chapela que recibieron 118.542,72 euros da Deputación. Destacar tamén que a humanización de Cidadelle tivo unha suma importante destes fondos que corresponde a 118.542,72 para as obras de mellora.

Por outra banda Redondela tamén contou cos fondos europeos EDUSI para o desarrollo urbano sostible. Contando con 963.388,79 euros para a remodelación da Praza de Ponteareas; o Skate de Chapela, que xa está en excución conta con 367.146,35 dos fondos EDUSI e a Alameda de Rosalía de Castro en Chapela, tamén en proceso, conta con 396.870,28 euros de presuposto europeo; por último, a rehabilitación das Antigas Casas dos Mestres para facer o primeiro museo etnográfico coa obra de Ángel Barros conta con 548.147,19 euros e pronto será unha realidade.

Entre estas e outras obras acometidas, que se poden consultar no Concello de Redondela, o municipio contou con 4 millóns dos fondos europeos.

A Xunta de Galicia só invertiu 340.000 euros ao longo dos últimos anos, a rexidora local sinala que “no que llevamos de mandato nos denegaron máis da metade dos proxectos solicitados. Só recibimos unha recepción de 320.000 euros, co que puidemos mellorar algúns camiños rurales, a través de AGADER”.

Lonxe quedaron os proxectos prometidos durante o anterior mandato do Partido Popular. Lembra o goberno redondelan que o 26 de febreiro deste ano, cunhas eleccións municipais á vista, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, visitaba Redondela para anunciar “xunto ao exalcalde Javier Bas o investimento de 1,6 millóns de euros por parte da Xunta na reforma da Avenida Mendiño a través do que máis lle gustaba ao goberno popular: as infografías”. Nesa visita, Vázquez aseguraba que as obras “licitaránse en verán, xa que o proxecto está redactado”. Nada se sabe agora destes cartos.

O mesmo pasa coas obras tan necesarias da Avenida de Vigo que contemplaban 3 fases e das que só vimos rematada a primeira. Na obra se incluían a renovación integral das beirarrúas e a súa ampliación para facilitar o tránsito de peóns nesta zona concorrida, na que se sitúa o Mercado Municipal, a alameda e os principais establecementos comerciais da parroquia. “Pódese ver claramente onde comeza e onde remata a reforma das beirarrúas. Completaron menos do 50 % do proxecto dende que comezou en 2017, cando nun principio prometíaan rematalo en 18 meses”, aclara Rivas.

Como outros moitos grandes proxectos, di o executivo que preside Digna Rivas, “demóstrase tempo despois que non eran máis que anuncios puramente electoralistas”. Eses anuncios, engade a alcaldesa de Redondela, “quedan agora en evidencia xa que para esa obra os Orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano, según sen recoller nin un só euro”.

Os 9 e 10 de abril terá lugar en A Guarda o Festival Europeo de Teatro Xuvenil “Actúa Verde”

0

Cunha financiación europea, a asociación guardesa FOCO, en colaboración con Calypso (Pavía, Italia) organiza un festival europeo de teatro xuvenil, que tamén incluirá outras actividades artísticas e lúdicas ao longo dos días 9 e 10 de abril.

Este festival centrase na crise climática e a preocupación polo medio ambiente que os 22 mozos que participan na organización de este festival teñen. Como elemento innovador, a mocidade foi a que deseñou o programa do festival e quen estan detrás da organización das actividades, así como mediante a creación colaborativa das obras de teatro. Ademais, todas as actividades e mostras do festival van ser totalmente gratuítas.

O festival comeza o día 9 de abril as 12 do mediodía na Praza do Reló de A Guarda coas obras AplhaZed, unha peza creada por o grupo italiano que versa sobre o cambio climático a través de imaxes, palabras e metáforas. Tamén se presentará a obra A Inimiga do Pobo, unha versión da obra de Ibsen reinterpretada dende a visión de 11 mozas e mozos de A Guarda.

As 16:00 da tarde do domingo 9 terá lugar un obradoiro de arte na rúa na que as persoas que participen poderán personalizar camisetas e tote-bags con plantillas e sprays. Este obradoiro realizarase no skate park de A Guarda.

As 21:30 e tamén na Praza do Reló realizarase un micro aberto. Un espazo onde a mocidade guardesa presentará diversas pezas artísticas breves a través de diferentes disciplinas (o baile, a música, a poesía…).

O luns 10 pola mañá, as 11:00, no castelo de Santa Cruz levarase a cabo unha gynkana para mozos e mozas de 12 a 17 anos. Pola tarde, as 16:00, realizaranse obradoiros teatrais abertos tamén para a mocidade de 12 a 17 anos na que poderán descubrir se o teatro é a súa paixón. Estes obradoiros realizaranse no Concello Vello.

Para presentar o festival, o xoves 6 de abril as 17:00 da tarde exhibirase unha exposición de arte creado por mozas e mozos da Guarda no Tayer, na rúa Vicente Sobrino 10 .

O Concello da Guarda colabora con esta iniciativa na cesión dos diferentes espazos onde se vai a realizar.

«A Jalleira» organiza unha xornada de voluntariado ambiental no monte veciñal de Viladesuso, Oia

0

O vindeiro domingo 2 de abril a Asociación Forestal de Educación Ambiental A Jalleira organiza unha xornada de voluntariado ambiental no monte veciñal de Viladesuso, unha iniciativa que consistirá na eliminación de eucalipto no monte da Groba.

Con este traballo voluntario, preténdese erradicar esta especie invasora nunha área de especial interese paisaxístico, e mellorar as condicións de hábitats prioritarios degradados que atopamos nesta zona coñecida como “O Campo do Xunco”, recentemente incluida no inventario de zonas húmidas de Galicia.

A xornada comezará ás 10:00 h, o punto de encontro será no Refuxio Fonte do Toxo (a localización pode consultarse nesta ligazón). Ao remate haberá un pequeno xantar para todas as persoas participantes da xornada. Para máis información e inscrición, as e os interesados poden dirixirse ao enderezo de correo electrónico [email protected].

Baiona organiza unha xornada de convivencia para persoas maiores o vindeiro 13 de abril

0

Tras anos sen poder celebrarse debido ás restricións sanitarias derivadas da pandemia, o encontro das persoas maiores do Concello de Baiona regresa en 2023 o vindeiro xoves 13 de abril. O Concello de Baiona encóntrase inmersa nos preprarativos deste encontro e xa está a enviar as cartas por correo postal aos veciños e veciñas do municipio.

Desde a administración local anímase ás persoas maiores de 65 anos empadroadas no Concello de Baiona a participar nunha xornada de convivencia, que volve celebrarse tras o parón da pandemia. A xornada comezará ao mediodía cunha misa na Ex-Colexiata e, desde alí, as persoas participantes serán trasladadas en autobuses ata o restaurante Rocamar onde poderán gozar dun xantar de irmandade con baile.

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, sinala que “desde o Concello de Baiona, iniciamos esta proposta, entendendo que os nosos veciños e veciñas que desfrutenn da xubilación deben ser recoñecidos como o piar onde nos sustentamos o resto da poboación e que grazas a todos e todas, podemos gozar da nosa vila. É por elo que teño o pracer de convidalos a este encontro para mostar o noso agrademeneto e que teñan a oportunidade de reencontrarse unha vez máis”. O rexidor finaliza destacando que “puxemos altas doses de ilusión e agarimo na súa organización nesta xornada de convivencia na que os nosos veceños e veciños máis maiores poderánse reencontrar tras estos duros anos de pandemia”.

O vindeiro martes 4 de abril en horario de tarde ábrese o prazo de inscrición

As persoas maiores de 65 anos interesadas en participar na comida de convivencia deberán recoller ás invitacións no Hall do Concello de Baiona, en horario de 16:00 a 18:00 horas, a partir do vindeiro martes 4 de abril, o 5, o 10 e o 11 deste mes, maís tarde desta data non se dará ningunha invitación. Tamén poderán acudir a xornada as parellas por matrimonio ou convivencia dunha persoa maior que cumpre con estes requisitos e así figuran no Padrón Municipal. Será necesario presentar o DNI.

A entrega de invitacións farase ata completar o aforo do restaurante de 650 comensais. Unha vez superado dito aforo farase unha lista de reserva por orden de inscrición.

Autobús desde as parroquias

O Concello de Baiona pon a disposición das persoas interesadas un servicio de transporte dende as distintas parroquias do municipio. Así mesmo, se anotará as persoas que farán uso do autobús, e dende que parroquia. Os que vaian en cohe propio, lembren que o resturante estará pechado ata que cheguen os autobuses.

Programa

A partir das 11:30h os das parroquias de autobuses pasarán a recoller as persoas polas paradas habituis das parroquias de Baredo, Baíña, Belesar e Santa Cristina da Ramallosa.

  • Ás 12:30H Misa na Igreza Ex-Colexiata de Baiona.
  • Ás 14:00h Xantar de Irmanadade con baile.
  • Ás 19:00h Finalizará o baile e sairán os autobuses de regreso ás parroquias.

Non se farán reservas por teléfono.

Cruz Vermella lanza unha campaña para promover o voluntariado no Condado

Cruz Vermella vai desenvolver durante as próximas semanas unha campaña co obxectivo de promover o voluntariado para os seus programas en Ponteareas. As accións da campaña deron comezo esta semana con charlas informativas en centros educativos de Ponteareas coma o IES Barral e o CPR Santiago Apóstol, e seguirase con diferentes acciones de divulgación durante todo o mes. Entre elas, vanse repartir carteis e folletos sobre o voluntariado nos establecementos comerciais da Comarca.

Os destinatarios desta campaña son aquelas persoas maiores de 16 anos, con inquietudes sociais e que dispoñan dalgunhas horas libres á semana. Ademais, non fai falla ter un perfil específico, xa que a institución facilita a formación necesaria para o correcto desenvolvemento da actividade.

Actualmente, a asemblea comarcal de Cruz Vermella en O Condado conta coa colaboración dun equipo de voluntariado activo de más de 45 persoas que cada día participan dunha forma solidaria e altruísta no desenvolvemento dos diferentes programas. No último ano, desenvolvéronse 1.618 horas de acción voluntaria na comarca que permiten a realización dunha serie de actividades que non serían viables sen la aportación das persoas voluntarias. Sen embargo, a maior demanda de servizos sociais e os novos problemas emerxentes fan necesaria unha maior incorporación de voluntarios e voluntarias á Institución para tódolos programas que se desenvolven.

A Forza V, a Forza do Voluntariado

Cruz Vermella é a organización co maior movemento voluntario do mundo. Como referentes neste ámbito, Cruz Vermella busca seguir innovando para coñecer as inquietudes e causas que orientan ó voluntariado a prestar axuda ós demais, apostando por un modelo de voluntariado que evoluciona, que se forma e que é activo, solidario e crítico.

Para a Institución, todo o que pasa réxese polas leis da física: igual que los obxectos caen pola gravidade, igual que a forza afecta ós obxectos en aceleración, existe a ‘Forza V’, a forza que move ó voluntariado ante una situación de necesidade para responder, para axudar no seu entorno, e en todas partes.

Así queda demostrado día a día, acompañando a persoas maiores para paliar unha situación de soidade non desexada, escoitando as que precisan un desafogo emocional, orientando e formando ás que necesitan un emprego, ou entregando bens e produtos de primeira necesidade en xeral a quen o precisa.

O perfil máis numeroso das persoas que deciden facer voluntariado en Cruz Vermella é o de muller, cunha media de 41 anos, e estudos superiores, que realiza a súa acción de voluntariado na área de Intervención Social.

A Cañiza estrea novo miradoiro e zonas de descanso no Couto, na senda da Rede Natura sobre o río Ribadil

0

O Concello da Cañiza vén de estrear novo miradoiro e zonas de descanso no sendeiro sobre o río Ribadil nunha nova actuación que completa as melloras de acondicionamento desenvolvidas en 2021 neste sendeiro circular de 2,5 km, que forma parte do espazo da Rede Natura Baixo Miño.

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, lembrou que nos últimos anos o Concello leva desenvolvendo diferentes actuacións “encamiñadas á mellora ambiental e á posta en valor do río Ribadil e do seu entorno”. Dentro desta liña de traballo tivo encaixe tamén a construcción deste novo miradoiro, dotado de material interpretativo sobre o espazo da Rede Natura Baixo Miño, así como outras actuacións para mellorar a seguridade dos visitantes a este espazo que agora xa podemos disfrutar.

O miradoiro sobre o val do río Ribadil no Couto permitirá favorecer a interpretación do espazo Rede Natura Baixo Miño ao que tamén pertence A Cañiza con 1.18 hectáreas. A rede está catalogada como LIC (lugar de Importancia Comunitaria) e engloba toda a marxe galega do río Miño, incluíndo as súas ribeiras, desde a presa de Frieira ata a desembocadura no estuario do devandito río. Este espazo protexido inclúe unha serie de ecosistemas de elevado valor ecolóxico.

Este sendeiro invita tamén a coñecer parte do camiño dos arrieiros do viño que xa no século XVIII, a través da ponte medieval de Noceifas, conectaba as zonas de Crecente, Arbo e Valeixe e o Ribeiro.

O proxecto de construcción do novo miradoiro, redactado polo enxeñeiro Néstor Blanco, contou cun investimento de 19.955.86 €. Trátase dunha actuación subvencionada con 18.142,45 € para 2022 e 2023, pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural, da Consellería de Medio Ambiente da Xunta, con fondos Europeos Agrícolas para o Desenvolvemento Rural (FEADER).

O sendeiro

A senda sobre o río Ribadil é unha ruta para disfrute da veciñanza e visitantes e unha aposta medioambiental do goberno local para activar e poñer en valor o patrimonio natural e paisaxístico do municipio.

Actualmente este espazo conta cunha ruta de sendeirismo circular que percorre a beira do río pola marxe dereita do Ribadil e os montes da contorna. O sendeiro iniciase na estrada que comunica a Cañiza e Crecente, nunha curva do trazado que quedou en desuso e permite aparcar con comodidade e iniciar o percorrido.

No inicio atopase unha caseta con información sobre o sendeiro e sobre o espazo rede natura e os montes da contorna. Dende este punto o sendeiro descende cara o río entre masas de piñeiro e carballos.Ao chegar ao río existe abundante vexetación de ribeira e varios saltos de auga.

Parte do sendeiro percorre o antigo camiño real que empregaban os arrieros para transportar coas súas mulas o viño procedente do Ribeiro.

A construcción do miradoiro situouse a metade da ruta, nun punto intermedio, nunha zona moi próxima ao río, nun pequeno sainte que permite ter unha boa vista do val do Ribadil e de toda a contorna.

No tramo que percorre a ribeira do Ribadil o Concello construíu no ano 2021 varias estruturas de madeira (pasarelas e escaleiras) para facilitar o paso dos sendeiristas, que se tiveron que acondicionar de novo debido ás humidades.

Agora o sendeiro ofrece tamén un novo miradoiro sobre o río con paneis interpretativos, unha bancada de madeira con mesa interpretativa e mallas colocadas en estruturas de madeira para garantir a seguridade dos camiñantes.

Ponteareas en común presenta a súa candidatura o vindeiro sábado 1 de abril na sala multiúsos do Auditorio Reveriano Soutullo

A candidatura, encabezada por Manoel Ucha e Patricia Pardo, está formada por persoas procedentes dos movementos sociais, apostando deste xeito por conectar o traballo social de base coas institucións, algo fundamental no traballo cotiá deste espazo político.

Ambas organizacións presentan unha candidatura formada por perfís moi diferentes, pero co propósito común de traballar pola mellora das condicións de vida das persoas e o coidado do entorno. Este espazo político pulará pola recuperación dos servizos públicos privatizados, como a xestión da auga,  a democratización da xestión municipal e a aposta pola igualdade real entre mulleres e homes colocando a vida e os coidados no centro. 

Tras Manoel Ucha e Patricia Pardo, a lista segue con Pilar Ferreiro, Lino Costas, Jonathan Martínez e Melca Ruiz. No posto número 7, aparece Anxo Saborido, licenciado en dereito pola UVigo. O que foi presidente do grupo ecoloxista Adenco entre os anos 2000 e 2022 e actualmente secretario da Federación Galega de Montañismo, súmase ao espazo de Ponteareas en común convencido de que a suma desde a esquerda municipalista é clave para cambiar as prácticas actuais do goberno local. O número 8 estará ocupado por Vanesa Martínez, educadora social e traballadora do sector da xestión de residuos, ten unha ampla traxectoria como activista nos movementos sociais que loitan contra a exclusión social, a pobreza e en favor da vivenda digna. 

Ponteareas en común presenta o vindeiro sábado 1 de abril ás 19 h na sala multiusos do auditorio Reveriano Soutullo unha candidatura comprometida cos dereitos dos e das traballadoras, que vai colocar todo o seu talento, experiencia e traballo na construción dunha vila que non deixe a ninguén atrás. O 15 de abril, tamén ás 19 h, presentará o seu programa de goberno na Casa Cultural de Angoares, nun acto que debuxará as liñas políticas acordadas durante meses nas xuntanzas programáticas. 

Manoel Ucha, adianta que o sábado presentarán a lista completa “chea de persoas que defenderán as ideas de xustiza social que representa este espazo político. Contar con perfís independentes como Pilar Ferreiro, Anxo Saborido, Vanesa Martínez, Mario Lago, Lucía Cantalapiedra, Anxo Giráldez, Saínza González ou Mateo Gómez é mostra de que este espazo político vén coa idea de ter un resultado importante o vindeiro 28 de maio co único obxectivo de comenzar a traballar para facer políticas de esquerdas para construír unha Ponteareas chea de dignidade a partir do día 29”.

Ponteareas sae á rúa para concienciar sobre o autismo

Ponteareas súmase este 2 de abril á conmemoración do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo saíndo á rúa. O Concello e a asociación Familias Azuis organizan este domingo a partir das 12.00 horas na Praza Maior un acto co que “aumentar a conciencia social sobre o Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) para que a veciñanza saiba que con pequenos xestos todas e todos podemos contribuír á inclusión de persoas con este trastorno”, como sinala a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera.

O acto comezará coa lectura dun manifesto e ao longo da mañá o público poderá gozar da actuación musical do mozo ponteareán Raúl Cousillas Roget e participar na construción dun infinito humano. Ademais haberá animación, obradoiros infantís e unha piñata xigante para nenos e nenas grazas á colaboración de Brinca Park.

Carrera anima a toda a veciñanza a participar nesta xornada coa que dar a coñecer a realidade das persoas con autismo que, como recolle a propia campaña, “non é lineal, senón un espectro, unha condición diversa”. “É moi importante que a sociedade entenda cales son as barreiras coas que se atopan os nenos e nenas con autismo, porque iso permitirá unha mellor adaptación ás súas necesidades e reforzará a inclusión destas persoas en todos os ámbitos”, recalca a edil.

A asociación Familias Azuis de Ponteareas, que pertence á Federación Autismo Galicia, traballa na vila para mellorar a vida dos nenos e nenas con autismo. Este ano participa na campaña ‘Chamémoslle polo seu nome’, coa que se tenta visibilizar que o autismo non é lineal, senón un espectro, unha condición diversa.

O Auditorio das Neves cambia de nome para renderlle unha homenaxe a José Gil, considerado o pai do audiovisual galego

0

O vindeiro sábado, día 1 de abril ás 20 horas, o Concello das Neves realizará o acto formal de cambio de nome do Auditorio Municipal, ata o de agora Auditorio Víctor Vázquez Portomeñe, que pasará a chamarse ‘José Gil’ (As Neves 1870-Vigo 1937). Réndese homenaxe, deste xeito, a este home, considerado ao pai do audiovisual galego.

Premer para ampliar

Este 2023 pode considerarse o ‘Ano José Gil’, tanto pola publicación do libro ‘Nos días encantados de agosto’ (Editorial Galaxia), de Manolo González, como pola homenaxe que lle rende a Deputación de Pontevedra durante estes doce meses, mediante charlas e exposicións, acompañadas dun ‘Cinema Móbil’, por 30 concellos da provincia cos que o cineasta tivo relación, comezando polo que o veu nacer, As Neves, o pasado mes de febreiro –logo da presentación no Museo MARCO de Vigo– seguindo por Cuntis, Cambados, A Guarda, Caldas, Mondariz, O Grove, Poio, Baiona, Redondela, Gondomar, Nigrán, Arbo, Mondariz-Balneario, Soutomaior, O Porriño, Bueu, Cangas, Pontecesures, Lalín, Sanxenxo, Pontevedra, Tui, Vigo (en outubro), Covelo, Moaña, Salvaterra, Marín , Vilagarcía, para rematar, no mes de decembro, en Ponteareas.

Camarógrafo, director, productor, documentalista

Camarógrafo, director, produtor e exhibidor, Gil filmou unhas 155 películas de diferentes xéneros nas primeiras décadas do século XX, ademáis o seu traballo, converteo no primeiro documentalista de Galicia, o primeiro reportero gráfico e o primeiro produtor –tivo ata tres empresas produtoras en Vigo, unha delas nun inmoble da rúa Príncipe, onde, nos vindeiros meses situarase unha placa para lembralo–.

Publicista, reportero gráfico ou exhibidor

José Gil, tamén está considerado o precursor do cinema galego de ficción, o iniciador da publicidade audivisual, en especial no eido industrial e o pioneiro do cinema da emigración. Tamén son seus os primeiros ‘noticiarios’ cinematográficos entre eles varias probas deportivas e ata partidos de máxima rivalidade, como Celta-Deportivo- e a realización de filmacións ‘móbiles’, con cámaras situadas sobre vehículos.

Entre as moitas fecetas deste home, que acabou os seus días arruinado, logo de ver morrer, unha tras outra, ás súas tres fillas, está a de reportero gráfico, fotógrafo, sendo un máis que aprezado retratista, e exhibidor: levando proxectores cinematográficos nun camión -automotor- para mostrar películas de Charles Chaplin, Buster Keaton ou Harold Lloyd.

En abril, libros mil en Ponteareas

Abril volve ser o mes dos libros en Ponteareas. O Concello conmemorará un ano máis o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, que se celebra o vindeiro 23 de abril, cun ciclo de presentacións de obras de escritores e escritoras da comarca ou de Galicia, moitos deles e delas vinculados á vila. Como sinala o concelleiro de Cultura, Fernando Groba, con esta iniciativa “ademais de homenaxear un dos soportes vitais a través dos que se transmite a cultura, buscamos destacar a importancia da creación literaria en todos os xéneros e para a todas as idades e a gran canteira coa que contamos en Ponteareas”.

Ao longo do mes de abril realizaranse ata seis presentacións, dúas semanais, todas ás 20.30 horas na sala multiúsos do auditorio municipal de Ponteareas. A entrada será libre ata completar aforo.

A primeira cita será co escritor Manuel López Rodríguez e o seu ‘Para que non me esqueza’, poemario gañador da XXV edición do Premio de Poesía Avelina Valladares. Marcado pola sólida construción do poemario, o libro estrutúrase en tres partes unidas por un mesmo fío integrador e un rico emprego dos recursos poéticos. Cada poema vai precedido por un diálogo imaxinario con recoñecidos poetas, en gran número mulleres e está artellado cunha voz lírica feminina a través da que a obra percorre un amplo abano temático. Este prolífico e premiado autor noiés presentará a súa obra en Ponteareas o vindeiro luns 3 de abril.

O 5 de abril será a quenda de Ana Fernández Melón e a súa obra ‘1977-2023’. Tras Semana Santa Fran Fernández Davila virá o 13 de abril a presentar ‘O bosque do duque’ e Mar Míguez o día 14 con ‘A maxia asolagada’. O ciclo de presentacións rematará a última semana de mes achegando ao público o día 26 o traballo de Óscar Pazos Rodríguez ‘A invención da Gallaecia e a minaría do ouro. Unha tese sobre as orixes de Galiza’ e o venres 27 ‘A batalla de Rande’ de Pablo Prado e David Braña.

Un milleiro de nenos e nenas de Redondela expoñen os seus proxectos na feira de escritura «Espallar Tinta»

0

O Concello de Redondela colabora co CEIP plurilingüe de Cedeira e a Biblioteca Municipal na organización do proxecto Espallar Tinta que terá lugar na Alameda de Castelao durante o 29 e 30 de marzo. A inciativa recolle durante dous días os proxectos de máis de 1.200 nenos e nenas dos distintos cursos dos colexios de Educación Primaria e infantil do municipio para presentar a modo de feira de escritura as súas producións escritas (noticias, contos, poemas, regueifas…). Un xeito de empoderar á infancia e dar visibilidade a todo aquilo que escriben e queren compartir.

Para a alcaldesa Digna Rivas “é moi importante aportar espazos ao aire libre e abertos ao público onde os nenos e nenas poidan expresarse con seguridade e ensinar o seu traballo. Esta é unha mostra de valoración e de dinamización da lingua galega e a escritura entre os máis pequenos e pequenas”.

Ademais, o evento ten a intención de unir as institucións e escolas en prol da escrita, da literatura e da infancia. O Concello de Redondela aportará os stands e todo o mobiliario que precisen para as exposicións, así como o traballo de organización xunto coa profesora Jessica Rodriguez Piñeiro do CEIP de Cedeira a quen Rivas “agradece o seu traballo na organización dun evento desta magnitude” e confía “en seguir colaborando en máis proxectos, porque para este goberno é moi importante manter unha boa relación coas institucións educativas”.

Baiona encherá de poesía a fin de semana coa segunda edición do festival poético «Baiverso»

0

Este sábado, 1 de abril, e o domingo, día 2, os xardíns da Casa da Navegación de Baiona acollerán o II Festival Poético do Concello de Baiona “Baiverso”. Os asistentes a este evento onde a poesía e a música serán as principais protagonistas, poderán gozar da variada oferta cultural programada para a ocasión pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona.

Un programa do máis atractivo para disfrutar da poesía/música/obradoiros no xardín da casa da Navegación (Baiona) xunto ao escritor e poeta catalán Eduard Velasco, o proxecto Isaura & Co coa súa cantante Miri, dinamizadora cultural e poeta Yolanda Castaño e os músicos do GazzFunkdation (Gustavo Hernán Pérez Oubel, David Outumuro e o menda), o Obradoiro de lettering do estudio Sopadeletras, a compositora e cantante Su Garrido e a poeta Alicia Savaxe .

O sábado a cita será ás 18:00 h con Eduardo Velasco #Isaura&Co + Gazzfunkdation soará a unha enérxica e elegante fusión jazz- funk chea e frescura e sabor urbano a cargo do colectivo galego. Ás 19:00 h poderase gozar de Idioma da Tinta, de Yolanda Castaño e Isaac Garabatos.

O domingo ás 11:30 h haberá un taller de “Lettering” para o que é necesario facer reserva previa no 986385921 ou en [email protected]. Ás 12:30 h en sesión vermú a cargo de Su Garrido + Alicia Savaxe.

O II Festival Poético do Concello de Baiona “ Baiverso” enmárcase dentro un programa de actividades que se desenvolve para conmemorar o día 21 de marzo, Día Internacional de la Poesía, a data escollida pola UNESCO para conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e identidade e lingüística da humanidade: A poesía.

A programación foi impulsada pola Biblioteca Municipal de Baiona e a Concellería de Cultura co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética.

Mondariz traballa na solicitude de fondos europeos para a dixitalización do ciclo da auga

0

O Concello de Mondariz, malia non chegar aos 5.000 habitantes e ter xa grandes proxectos de investimento en marcha, como o cambio a LED de toda a rede municipal de alumeado público, continúa presentando novas solicitudes para atraer fondos europeos á localidade e modernizar as infraestruturas relacionadas cos servizos máis básicos.

“Nos últimos meses realizamos un estudo técnico sobre a rede municipal de abastecemento de auga, co obxectivo de coñecer as necesidades das instalacións e elaborar proxectos para a súa modernización. Agora que se están destinando importantes fondos europeos á dixitalización do ciclo da auga, este traballo está servindo de base para presentar solicitudes e aspirar a investimentos de grandes cifras”, explica Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz.

Malia estar no último treito do mandato, o Goberno municipal decidiu participar na solicitude conxunta do PERTE de dixitalización do ciclo da auga que lidera a Deputación de Pontevedra. “Aspiramos a 600.000 euros de fondos europeos para a modernización integral das actuais instalacións da rede municipal de abastecemento de auga”, comenta Barros.

O PERTE (Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica), segundo a convocatoria actual do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, non permite a creación de novas infraestruturas, senón actuar na modernización das xa existentes para mellorar a eficiencia na xestión da auga.

O Goberno municipal de Mondariz, ademais de presentar unha solicitude baixo o paraugas administrativo da Deputación de Pontevedra, tamén está traballando en solicitudes conxuntas con outros concellos da contorna, modelos colaborativos que permitirían acadar máis financiamento europeo para actuar sobre as redes municipais de abastecemento de auga e saneamento.

“Para nós, como concello pequeno, xestionar estas solicitudes supón un traballo inmenso. Con todo, os recursos europeos que hai actualmente a disposición son unha oportunidade de investimento e modernización de infraestruturas básicas que non debemos deixar escapar. Con isto demostramos que nós, desde o Goberno municipal, traballamos para o futuro de Mondariz sen pensar en clave electoral”, destaca o alcalde de Mondariz.

Ademais de promover a modernización da propia rede municipal de abastecemento de auga, o Concello de Mondariz non descoida o abastecemento autónomo que xestionan as traídas veciñais de auga nas diferentes parroquias. Esta semana, ser ir máis lonxe, presentouse o resultado final do plan municipal de abastecemento autónomo, unha iniciativa de Augas de Galicia na que participaron seis concellos galegos comprometidos con este modelo tradicional de xestión sociocomunitaria de recursos, entre eles Mondariz.

A Xunta destina case 270.000 euros aos cinco concellos do Baixo Miño ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024

0

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destina unha achega de 267.352 euros a prol dos cinco concellos da bisbarra do Baixo Miño ao abeiro do Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou onte desta resolución para esta zona nunha visita a Tomiño, onde supervisou as obras realizadas nos viais do Lago, na parroquia de Figueiró, grazas aos fondos concedidos coa anterior convocatoria, na compaña do xefe territorial do Medio Rural, Antonio Crespo, a alcaldesa, Sandra González, e outros representantes municipais, aos que confirmou que a dotación deste programa para o seu concello sitúase este ano en 67.196 euros, o que supón un lixeiro incremento con respecto ao exercicio precedente.

“A Xunta vai colaborar cos concellos do Baixo Miño, como todos os anos, e prevé inxectar uns 270.000 euros nesta bisbarra para a mellora dos seus camiños municipais de uso agrícola, algo que é fundamental para axudarlles a facilitar a súa mobilidade interna e tamén a destinada a estas tarefas do agro. Ademais, a aposta polo apoio aos concellos volve saír reforzada, posto que se consolida o forte incremento de entre o 20% e o 30% aplicado o ano anterior”, sinalou o representante autonómico.

En concreto, a resolución da Consellería do Medio Rural distribuirá, na comarca do Baixo Miño, os citados 67.196 euros a prol do Concello de Tomiño, 57.039 euros para Tui, 52.114 euros para Oia, 47.295 euros para A Guarda e 43.708 euros para O Rosal. As axudas poden solicitarse ata o 3 de abril.

Visita á mellora no Lago

Na súa visita ao municipio de Tomiño, o delegado territorial acudiu a supervisar as obras de pavimentación de camiños na parroquia de Figueiró, que foron executadas coa achega íntegra de 66.747 euros do Plan Marco 2022-2023. Esta actuación consistiu na renovación do firme en diversos tramos, que se atopaban deteriorados pola antigüidade da capa asfáltica, a carga de tráfico e os efectos da meteoroloxía, e outras pequenas melloras.

Ademais, o Concello de Tomiño recibiu nos últimos anos, ao abeiro deste programa de investimentos da Consellería do Medio Rural, unha contía global de 320.000 euros, o que lle permitiu actuar nunha vintena de pistas municipais nos lugares de Forcadela, Piñeiro, Tomiño, Barrantes, Goián, Tebra, Amorín, Vilameán, Lameira, Barro e Porto. “Tomiño é o municipio máis beneficiado do Baixo Miño e un dos que máis recibe da provincia ao abeiro do Plan Marco, xa que Xunta sempre ten ánimo de colaborar cos concellos e iso se traduce neste apoio tan importante, posto que ten en conta que este municipio distribúese en ata quince parroquias e supera os cen quilómetros cadrados de superficie”.

O Concello de Salceda presentou a nova cartografía, planimetría e rede topográfica do municipio

O Centro Cívico de A Devesa acolleu, este pasado venres, a presentación da Cartografía Six, Ortofoto Dixital e Rede Topográfica do municipio de Salceda nun acto no que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o deputado Santos Héctor Rodríguez quixeron acompañar á alcaldesa Verónica Tourón e aos concelleiros e concelleiras do equipo de Goberno.

Verónica Tourón, tamén responsable da Concellería de Urbanismo, salientou a importancia desta presentación xa que coa elaboración da cartografía e a Rede Topográfica municipal “sentamos unhas bases sólidas para a elaboración do Plan Xeral”.

Tourón explicou que os documentos “permítenos tamén traballar sobre as correctas dimensións e características das diferentes áreas e zonas que conforman o noso termo municipal e así garantir o desenvolvemento urbano sostible e ordenado para toda a veciñanza”.

A través dunha proxección explicada polo técnico do Departamento de Urbanismo, Rubén Martín Vázquez, as persoas asistentes puideron comprobar a enorme importancia e utilidade da elaboracióndestes traballos para desenvolver as tarefas diarias e permitirá ao departamento ser máis áxil.

Este traballo adaptado á normativa actual é a base do novo PXOM, permitirá levar a cabo o desenvolvemento do planeamento urbanístico do municipio, quedando así feitos os traballos previos necesarios para a elaboración do Plan Xeral.

Coa realización dun voo fotogramétrico en cor da totalidade da superficie do termo municipal, obtivéronse os datos necesarios para a elaboración da Rede básica cartográfica co seu correspondente enlace á Rede Xeodésica activa existente (Galnet).

Co apoio fotogramétrico e a aerotriangulación xerouse a base topográfica harmonizada da cartografía restituíndoa a diferentes escalas do termo municipal.

Con este traballos obtívose igualmente unha ortofotografía así como unha restitución dixitalizada de todo o termo municipal en 3D a escala 1:500 do núcleo urbano e o polígono industrial, a 1:1000 das zonas urbanizadas e a 1:2000 das zonas rústicas de monte e cultivo.

Esta aplicación das técnicas máis avanzadas permite substituír os anteriores planos cartográficos municipais que estaban totalmente desactualizados.

Deputación e Concello de Tui analizan as as actuacións nas estradas provinciais do municipio para os vindeiros anos

0

O deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, mantivo onte un encontro co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, para analizar as dúas actuacións de futuro prioritarias nas infraestruturas viarias da Deputación de Pontevedra ao seu paso polo concello de Tui. Con elas, a institución provincial seguirá impulsando o seu modelo de mobilidade segura, amable e sostible para continuar a mellorar as condicións de seguridade das vías de Tui, dotándoas de itinerarios peonís seguros e tamén poñendo en valor as zonas nas que se atopan importantes elementos patrimoniais da vila.

En primeiro lugar, abordouse a necesidade de continuar a actuar na EP-2502 Cerquido-Ribadelouro, onde agora se proxecta a construción dunha rotonda que permitirá acceder con seguridade ás empresas do Polígono Industrial de Ribadelouro situadas á altura do PK 1+200 en ambas marxes da estrada. Pola outra banda, o deputado e o alcalde de Tui analizaron a necesidade de actuar na EP-3003 Areas-Pexegueiro, concretamente no tramo que une a Casa Cultural coa Igrexa de San Miguel de Pexegueiro –entre os puntos 2+700 e 3+365, coincidente co final desta estrada– onde se formula a dotación dunha senda peonil para o tránsito seguro a pé e, ademais, a humanización da contorna da Igrexa. Trátanse de obras moi necesarias para o municipio polo que a Deputación se comprometeu a elaborar a documentación necesaria para delimitar os terreos afectados e a encargar de forma inmediata a redacción dos proxectos.

A Deputación e o concello de Tui continúan deste xeito a liña marcada nos últimos anos para transformar por completo as estradas provinciais ao paso por Tui, concretamente a EP-2502 en Ribadelouro, onde se investiron 470.000 € para crear unha zona con preferencia peonil á altura do centro deste núcleo (a 750 metros de distancia da actuación proxectada), e a EP-3001 onde se solucionaron os problemas de seguridade viaria derivados dunha curva estreita e sen itinerarios peonís á altura de Rebordáns, cun orzamento de 360.000 euros.

A CHMS investirá máis de 350.000 euros na construción dun sendeiro en Salceda que dará continuidade aos paseos fluviais da zona

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda de Caselas rubricaron hoxe o Protocolo de colaboración como primeiro paso para facer posible a execución do proxecto de mellora da accesibilidade e recuperación ambiental do río Caselas ao seu paso por este municipio pontevedrés.

O presente protocolo ten por obxecto establecer o marco para o financiamento, posta ao dispor dos terreos, execución e entrega das actuacións do tramo de senda fluvial novo, que permita a continuidade entre o xa existente e o que se haberá de executar pola CHMS no veciño municipio de Tui.

Proxecto

Para facilitar aos cidadáns o uso da rede de sendeiros continuos e o acceso ao patrimonio natural e etnográfico asociado ao río, en aras da colaboración institucional, a CHMS comprometeuse a levar a cabo unha actuación de conexión entre senda existente en Salceda e a proxectada pola CHMS no municipio lindeiro de Tui, para o que se construirá un novo tramo de sendeiro entre ambos.

As obras necesarias consistirían na construción do tramo de senda, de 650 metros de lonxitude, pola marxe dereita do río ata a súa conexión co termo municipal de Tui; o importe das actuacións superará os 350.000 euros.

Ponteareas suma as súas vivendas de emerxencia como recurso social coa aprobación do novo regulamento

O Concello de Ponteareas aprobou por unanimidade este martes en pleno a Ordenanza reguladora dos criterios de adxudicación, normas de funcionamento e utilización das vivendas de emerxencia social, un regulamento que actualiza o que se viña empregando ata o de agora e “co que se aborda a realidade actual”. “A ordenanza actual, que data de 2016, entende as vivendas sociais como lugares que se alugan ou venden a un prezo que non se rexe polo mercado para establecer un domicilio definitivo. Porén, hoxe en día é preciso contar con vivendas para facer fronte á necesidade de acubillo inmediato de xeito temporal para as persoas que o precisen nalgún momento”, explicou a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera.

Esta nova ordenanza permitirá poñer en funcionamento e ofrecer como recurso social as Casas dos Mestres, rehabilitadas polo Goberno municipal co obxectivo de empregarse como vivendas de emerxencia social. O regulamento tamén se actualiza para adaptarse á situación de crise social actual, duplicando o tempo máximo de estancia permitido, establecendo procedementos que permitan un uso áxil e urxente da vivenda ou un procedemento abreviado para situacións de violencia de xénero.

A través do novo regulamento tamén se engade o uso compartido das vivendas como medida para chegar a máis persoas e para desenvolver habilidades sociais para a convivencia, estableceranse compromisos por parte das persoas usuarias e crearase unha comisión de valoración das solicitudes que garanta transparencia e criterios técnicos.

Por outra banda, o Goberno municipal tamén aprobou por unanimidade a adhesión de Ponteareas á Estratexia de promoción da saúde e prevención no Sistema Nacional de Saúde, unha iniciativa do Ministerio de Sanidade que persegue a promoción da saúde e a prevención co obxectivo de gañar anos de vida en boa saúde e libre de discapacidade.

Ao abeiro deste compromiso, o Concello de Ponteareas avanzará na constitución dunha mesa intersectorial no municipio como instrumento de colaboración entre sectores e facilitará á veciñanza información dos recursos dispoñíbeis para mellorar a saúde e a calidade de vida das persoas.

O CB Nigrán axuda aos nenos e nenas de oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro

0

O Club Baloncesto Nigrán organiza a VII edición do Torneo «Basket sen Barreiras» que se celebrará os días 3 e 4 de abril no Pavillón Municipal de Panxón. A iniciativa va máis aló dun simple torneo de basket xa que busca, ao mesmo tempo, cumprir unha importante función social e solidaria como é recadar fondos para colaborar con BICOS DE PAPEL, asociación de Familiares de nenos e nenas que reciben tratamento oncolóxico no Hospital Álvaro Cunqueiro, polo que cada participante realizará a súa inscrición achegando un donativo.

O torneo desenvolverase ambos os días en horario de mañá e tarde e para iso habilitaranse 3 pistas no pavillón nas que xogarán os equipos dos diferentes clubs participantes nas categorías infantil, cadete e júnior en horario de mañá, e as categorías alevín, benjamín e baby, en horario de tarde.

Todos os encontros contarán con árbitros do Comité da Federación Galega de Baloncesto que, coma xa vén sendo habitual desde edicións anteriores, colaboran de forma desinteresada no Torneo.

Cada xogador participante realizará un donativo a modo de inscrición que será depositado na urna que se atopará no pavillón durante os dous días de torneo. Todas as familias de xogadores así como o resto de persoas asistentes poden colaborar con este fin solidario achegando o seu donativo tamén na devandita urna.

O Torneo conta coa colaboración da Fundación “A Caixa” e do Concello de Nigrán.

Durante os dous días de competición realizaranse sorteos de diferentes agasallos entre os asistentes. Todo o recadado coa venda das rifas para participar nestes sorteos así como o recadado na urna solidaria será entregado unha vez finalizado o Torneo a BICOS DE PAPEL.

A Deputación recoñece o “esforzo e compromiso” dos clubs de elite masculinos para situar á provincia como referente do deporte no estado

Os clubs de elite masculinos da provincia estiveron onte no Pazo Provincial para recibir o recoñecemento público da Deputación da man do responsable da área de Deportes, Gorka Gómez: “Queremos darvos as gracias polo voso esforzo e compromiso, que leva posicionando á provincia como referente do deporte a nivel nacional, e desexarvos todos os éxitos”. No acto participaron Marcos del Río, directivo do Pontevedra C.F.; Ana Portela, directora deportiva do GD Supermercados Froiz; Charo Castro, presidenta da Sociedade Ximnástica de Pontevedra; Gustavo Falque, vicepresidente do Coruxo C.F; Alberto González, presidente do Club Balonmán Cangas; Santiago Picallo, presidente do Cisne; José Antonio Beiro, presidente do Club AMFIV; José Luis Chamorro, presidente do Club Ciclista Rías Baixas; Fernando Álvarez, director deportivo do Tenis de Mesa Monte Porreiro-Visit Pontevedra; Enrique Vaz, presidente da Asociación Deportiva Punta Fondón e Jesús Pereiro, director técnico do Bádminton Ravachol.

No acto puxéronse en valor os logros dos equipos “por un esforzo encomiable día a día para sacar adiante os clubs cun grande compromiso social”. Lembrouse que a provincia de Pontevedra é xa un referente estatal con distintos éxitos e coa representación de máis de 700 clubs de distintas disciplinas, e 280 deportistas becados coas achegas DepoDan e DepoPromesa, e o deputado destacou como “unha obriga da Administración provincial” a necesidade de adiantar o pago das achegas que reciben ata o primeiro trimestre “que é cando é necesario” e tamén a necesidade de seguir establecendo a colaboración público privada “con empresas que fagan posible ese salto de calidade” para que os equipos sigan conseguindo os seus obxectivos. Amais, fixo un chamamento para o apoio da afección en aqueles que estar a atravesar momentos máis complicados, como o Pontevedra CF ou o Coruxo.

Preto de 800.000 euros no apoio ao deporte na provincia

Os clubs de elite masculinos da provincia recibiron este 2023 da Deputación 585.000 euros en achegas, que sumados aos concedidos aos clubs femininos suman un total de 776.000 euros cos que a institución provincial continúa a impulsar o deporte na provincia. As e os representantes dos distintos clubs agradeceron de xeito especial o apoio da Deputación. Marcos del Río destacou a este respecto que no Pontevedra “somos orgullosos portadores da Deputación na nosa camiseta e neste ano complicado vaise intentar todo o posible ata o final para salvar a situación e seguir facendo do Pontevedra un referente”. “Grazas por estar sempre aí –sinalou Charo Castro– cunha axuda que sempre se distribúe en todo o club e serve para financiar tamén desprazamentos da base. Estamos a piques de empezar a tempada e o obxectivo é loitar pola permanencia que creo que non vai haber problema”. Ana Portela coincidiu en que este apoio provincial “permítenos seguir sendo un equipo competitivo e seguir facendo historia no ciclismo amateur español”.

Tanto Jose Luis Chamorro , do Club Ciclista Rías Baixas, como Fernando Álvarez, do Bádminton Ravachol, destacaron a axilidade da administración provincial no adianto das achegas que reciben. O primeiro, cuxo club está de segundo na Copa estatal, indicou que o comezo da tempada é o máis complicado e “para nós que sexan das primeiras administración onde recibimos a axuda é fundamental, por ser un momento clave; o foi incluso na pandemia”. Pola súa banda, Álvarez, lembrou que este equipo do barrio pontevedrés vén de conseguir o terceiro posto na Copa do Rei “e posiblemente poidamos entrar en Europa”. “Sentímonos súper valorados por la Deputación –dixo-, sen a cal non poderíamos facer o que estamos a facer. E sobre todo polo adianto do diñeiro; sen iso non poderíamos funci0nar. Que en marzo teñamos ese diñeiro, que é o 25% do noso orzamento é fundamental”, como tamén, engadiu, a posibilidade de adestrar en Príncipe Felipe. Este adianto dos fondos tamén foi destacado por Jesús Pereiro, quen lembrou que este apoio “fundamental” axudou a conseguir o obxectivo de manter o equipo na División de Honra, e por Alberto González, do Club Balonmán Cangas, que lembrou que o adianto do pago das axudas “foi moi importante para impulsar a actividade dos nosos clubs”. Pola súa banda, Santiago Picallo, do Cisne, lembrou que este respaldo das institucións “é fundamental”, especialmente tamén para o traballo cos equipos de base: “Que saibamos con que recursos contamos é imprescindible e esta é a administración que mellor o fai”.

José Antonio Beiro, do club AMFIV, quixo poñer de relevo tamén a sensibilidade da institución “por entender e valorar as peculiaridades do noso deporte, tanto polo feito de ser para persoas con discapacidade e tamén por ser mixto: “Foi a primeira administración que o entendeu e se implicou en aupar un deporte mixto na provincia e valoralo na subvención. Esta administración é algo especial non só pola parte política senón tamén administrativa”. Pola súa banda Gustavo Falque reiterou a importancia do labor da Deputación en todo o que ten que ver co deporte “é un estandarte que levamos todos, e a liña a seguir é a súa”. “Vivimos unha época complicada –engadiu- a nivel económico y dependemos que de que as administracións públicas sexan sensibles á realidade para levar adiante os nosos problemas, tanto na elite como na base, porque ese é po futuro e en ambos temos que traballar duramente”. E Enrique Vaz, presidente da Asociación Deportiva Punta Fondón, recentemente ascendido, agradeceu tamén o compromiso provincial “e intentaremos deixar o nome da Deputación e de Pontevedra o máis arriba posible”.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda do mércores 5 e o sábado 8 de abril

0

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (Ao Carón do Centro Cultural) o mércores 5 en horario de 10:15 ás 14:30 horas e de 16:30h a 21:00h e o sábado 8 de 10:15h ás 14:30h.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

O Concello de Tui entregou hai uns días o composteiro número 500

0

Tui acada o medio millar de composteiros individuais entregados ao longo do termo municipal. Hai uns días eran dúas persoas de Randufe as que recibían o composteiro número 500 dentro da campaña “Cada fogar co seu composteiro”. O concelleiro de Medio Ambiente, Ismael Diz, fixo a entrega deste composteiro facendo fincapé na importancia de reducir o lixo que vai ao contedor verde, e reciclar a maior parte posible do mesmo, neste caso os restos orgánicos.

A mestra composteira, Sara Luque, explicou a este novo usuario do Plan Municipal de Compostaxe, que restos se poden depositar no composteiro, a importancia do estruturante, e o proceso que se debe seguir. Fíxolle entrega tamén dun pequeño agasallo para fomentar a reutilización e a reciclaxe, e para premiar esta cifra de 500 composteiros acadada polo Concello de Tui.

Nas última semanas estase levando a cabo unha campaña porta a porta para incentivar a compostaxe e entregar composteiros individuais que se realizou xa en Pazos de Reis e Rebordáns, e continuará nas outras parroquias tudenses.

Asemade as persoas que viven nun piso no centro urbano poden compostar depositando os restos orgánicos nalgún dos seis Centro Comunitarios de Compostaxe situados na traseira e no lateral do Edificio Francisco Sánchez, na rúa Ourense, a carón da praza de Abastos, na rúa Mártires de Sobredo, e na rúa Tenencia.

As persoas interesadas en obter, de forma gratuíta, un composteiro individual ou un caldeiro para a compostaxe comunitaria, poden solicitalo no correo [email protected] ou no teléfono 687 24 99 53.

O Rosal estrea grupo de voluntariado de limpeza da natureza

0

O Rosal estrea esta fin de semana o seu grupo de voluntariado de limpeza da natureza cunha saída coa que seguir coidando a contorna. “É moito máis que un xesto, participar en iniciativas como esta ten un impacto moi positivo no noso concello ao tempo que fomentamos a concienciación e participación activa da veciñanza no coidado do noso medio ambiente e gozan de tempo de lecer en espazos naturais”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A actividade desenvolverase o vindeiro domingo 2 de abril a partir das 10.00 horas co muíño das Aceñas como punto de encontro. Será a primeira actividade nesta zona da ribeira, na que as e os participantes irán recollendo o diferente lixo que se vaia atopando na contorna.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse chamando ao Concello ou enviando un correo electrónico a [email protected] especificando nome, apelidos, documento de identidade e número de teléfono de contacto. Todas as persoas inscritas contarán cun seguro de participación na actividade. Aquelas persoas que non se inscriban e queiran formar parte desta saída poderán facelo pero baixo a súa responsabilidade. A data límite de inscrición é o mércores 29 de marzo.

Recoméndase levar roupa e calzado cómodos para camiñar duante a actividade, así como luvas. Dende a organización levaranse bolsas para a recollida e luvas para aquelas persoas que non leven as súas propias.

O Condado Paradanta analiza a transición ecolóxica no territorio

O GDR Condado Paradanta organiza un ciclo de tres xornadas para debater sobre a transición ecolóxica no territorio. A iniciativa enmarcase dentro da nova fase da elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa (EDLP), do programa LEADER para o período 2023–2027, e que xa comezou no segundo semestre do pasado ano.

O obxectivo da metodoloxía é buscar a participación da veciñanza local para coñecer as súas necesidades e a súa visión de desenvolvemento local. Segundo o presidente do GDR, Juan Pablo Castillo, “O GDR escoitará ás achegas de tódalas persoas participantes para despois decidir as liñas dos proxectos susceptibles de financiamento con fondos europeos LEADER”.

O presidente da entidade supramunicipal considera de “especial relevancia atender á aplicación e ao progreso da transición ecolóxica no territorio, xa que está a ser unha realidade global con repercusión directa no escenario local.

O cumprimento da axenda 2030, que obriga aos Estados da Unión Europea a reducir un 50% as emisións contaminantes para o ano 30 e que persegue a neutralidade enerxética en 2050, supón unha adecuación do sistema enerxético non só no ámbito industrial senón tamén no social e ambiental. Por este motivo, dende o GDR Condado Paradanta, consideran necesario incorporar a transición ecolóxica “ás liñas estratéxicas de desenvolvemento, coas que deseñar o crecemento territorial e que sexa en coherencia e consonancia co resto da comunidade e do Estado.”

A participación cidadá

A primeira das xornadas, que se titula “A participación cidadá como panca para a transición ecolóxica” abordará a implicación da sociedade no ámbito comunitario, político e cidadá como motor de cambio.

Para elo participarán relatores que exporán sobre iniciativas de éxito, como é o caso de Teachers for Future, con Miriam Leiros, que tratará sobre a participación na comunidade educativa. Tamén se coñecerá a experiencia de Eo Alimenta, con Eva Quiroga, Técnica superior de xestión na Estratexia Alimentaria Participativa do Eo; e Camilo Fernández, de Inzarede, que exporá sobre a participación política.

Despois dos relatorios haberá un importante espazo de reflexión e debate, onde a participación do público asistente será fundamental e tida en conta para definir os proxectos a financiar no vindeiro período de programación 23-27.

O encontro será o venres, 31 de marzo de 19:30 á 21:45 horas no Salón Multiusos do Concello de Ponteareas.

Outras sesións

Despois da xornada do 31 de marzo, as vindeiras sesións serán o 14 de abril no concello das Neves onde se falará sobre “A relación entre a transición territorial e a transición ecolóxica” e a terceira será o venres, 28 de abril en Covelo, e estará centrada na “Transición enerxética”.

Máis de 80 persoas coñecen as instalacións e funcionamento da EDAR de Guillarei nunha xornada de portas abertas

0

O Consorcio de Augas do Louro organizou unha xornada de portas abertas dirixida á poboación dos catro concellos que integra, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui. Trátase dunha das actividades realizadas para conmemorar o Día Mundial da Auga á que asistiron un total de 82 persoas, 58 adultos e 24 nenos.

Foi o pasado sábado, 25 de marzo, cando en diferentes quendas, de mañá e de tarde, participaron da visita guiada polas instalacións da EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) de Guillarei, en Tui, a través da cal coñeceron o funcionamento da planta e todo o ciclo da auga.

[su_image_carousel source=”media: 69762,69759,69760,69761″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

“Esta iniciativa pretende resaltar a importancia da auga como recurso imprescindible para o benestar da sociedade mostrando os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademais de sensibilizar sobre o problema da contaminación da auga e concienciar sobre a capacidade persoal de axudar ao medio ambiente”, explica o presidente do Consorcio, Alejandro Lorenzo.

Programáronse tres visitas, dúas en horario de mañá, unha delas específica para menores de 12 anos, e outra de tarde.

Esta xornada de portas abertas complementouse cos xogos lúdicos que se organizaron ao longo da semana pasada, co alumnado de Educación Primaria dos centros escolares dos diferentes concellos, celebrando así a efeméride do 22 de marzo.

O Museo de Pontevedra organiza dous obradoiros en Semana Santa dirixidos á infancia

O Museo de Pontevedra organiza dous obradoiros nos días de vacacións escolares de Semana Santa, dirixidos a rapazada de 7 a 12 anos. Co título ‘De muller a muller’, celebraranse o martes 4 e o mércores 5 de abril de 11.30 a 13 horas. Cada obradoiro conta con 15 prazas, que se adxudicarán por orde de inscrición escribindo a [email protected] a partir do martes 28 de marzo ás 9 da mañá.

Nos obradoiros traballaranse conceptos como empoderamento feminino, igualdade de oportunidades e liberdade a partir de dúas obras de arte da colección do Museo: ‘A froiteira’ (1960) de María Antonia Dans e ‘As pitas’ (1880) de Carmen Babiano Méndez-Núñez. Con cada obra desenvolverase unha actividade diferente. Cada sesión comezará coa visita á obra seleccionada, para que as nenas e nenos participantes coñezan á artista e o que quere achegar coa súa obra.

No caso de María Antonia Dans, incidirase en que tivo que pelexar coa súa familia, que non estaba de acordo con que seguise a súa vocación. Explicarase ademais que as mulleres traballando foron unha constante na súa pintura. Con ese punto de partida, as nenas e nenos empregarán diferentes técnicas para facer unha ilustración arredor dos traballos femininos.

No cadro de Carmen Babiano ‘As pitas’ preséntase a unha nenas dándolle de comer ás galiñas. Isto aproveitarase para xogar a ‘Eu son e podo’, un xogo que busca que as nenas e nenos reflexionen sobre os roles de xénero. Ademais, farán manualidades relacionadas con mensaxes de igualdade.

A Eurocidade Cerveira-Tomiño une á mocidade a través da música

0

A mocidade da Eurocidade Cerveira-Tomiño estará máis unida que nunca grazas á música. Xa está aberto o prazo de inscrición para participar en Música Nova, un dos proxectos elixidos pola rapazada de ambos os dous concellos nas votacións do Orzamento Participativo Transfronteirizo para este ano 2023.

Dirixido a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos, a Eurocidade organizará ao abeiro deste programa interesantes actividades coa música como eixo central entre o 1 de abril o 6 de maio, en distintos puntos de Tomiño e Cerveira. Así, rapaces e rapazas poderán participar en talleres de capacitación na carreira profesional, con temas como como comunicar un proxecto de música, achegarse á improvisación, fabricar instrumentos con material de refugallo, facer un rider técnico ou crear efectos especiais sonoros para filmes.

Tamén haberá miniconcertos de rúa e ensaios con diferentes estilos musicais, ademais de ter a oportunidade de conversar con músicos profesionais de Galiza e Portugal.

A actividade rematará cun espectáculo final no Auditorio municipal de Goián, baseado na identidade compartida en torno ao Río Miño, “O Miño que une”, un gran concerto o vindeiro 6 de maio protagonizado polos mozos e mozas participantes no proxecto. O obxectivo deste programa de actividades é “propiciar a implicación da mocidade da Eurocidade en actividades musicais conxuntas, procurando a divulgación da tradición e a aprendizaxe de novos estilos musicais, ademais de promover o espazo público para a divulgación e o intercambio cultural e xeracional”.

Para participar non é imprescindible ter coñecementos musicais. Os mozos e mozas interesadas poden inscribirse a través da web da Eurocidade Cerveira-Tomiño, escollendo tantas actividades como lle interesen. Dado que algunhas delas contan con prazas limitadas, cando finalice o prazo de inscrición enviarase confirmación de horarios e actividades nas que poderá participar cada persoa inscrita.

Música Nova forma parte do proxecto de consolidación estratéxica da cooperación transfronteiriza entre Cerveira e Tomiño, cofinanciado ao 75% pola 6ª Convocatoria do programa INTERREG VA ESPAÑA PORTUGAL (POCTEP) a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.

Piueiro rescata a Feliciano Rolán ao impulsar a versión en galego do seu poemario «De mar a mar»

0

Cando van a cumprirse seis anos dende a súa fundación na Guarda, a Asociación Cultural Piueiro organiza xunto co Concello da Guarda o vindeiro sábado día 1 de abril  a presentación da publicación en galego do poemario De mar a mar, libro do escritor Feliciano Rolán (Vigo, 1907-A Guarda 1935) editado orixinariamente en Madrid no ano 1934.

No acto deste sábado, que terá lugar ás 12:00 h nos xardíns Feliciano Rolán da Guarda (Centro de Saúde), contarase coa presenza do alcalde da Guarda, Antonio Lomba; da concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes; do poeta e profesor Anxo Angueira; Gregorio Ferreiro Fente; o secretario de Piueiro, Celso R. Fariñas; o presidente de Piueiro, Joaquín Cadilla, e outros convidados.

Anxo Angueira foi o encargado de facer a tradución ao galego duns poemas que, no seu día, mereceron o eloxio de autores como Juan Ramón Jiménez, Federico García Lorca, Álvaro Cunqueiro ou Luis Seoane. A editorial Alvarellos, pola súa parte, deu un espazo preferente na súa colección “Rescate”, onde Rolán coincide con Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Vicente Risco ou Álvaro Cunqueiro.

O poemario “De mar a mar. Poemas 1932-1933”, que quedou relativamente relegado trala prematura morte do seu autor aos 27 anos, foi unha referencia para os membros da asociación guardesa, que sempre traballaron para difundir a obra, breve pero intensa, de Feliciano Rolán. E, concretamente, este libro de temática marítima, que casa tan ben co lugar onde viviu e, tristemente, faleceu o poeta.  

A edición está especialmente coidada, xa  que aos poemas nos dous  idiomas une máis material de interese para o futuro lector.  Así, Gregorio Ferreiro Fente aporta un ensaio que clarifica a obra de Rolán, aportándose imaxes, manuscritos e debuxos inéditos. Ademais, Celso Fariñas desgrana a biografía literaria do autor, que remata de entenderse na súa totalidade cos testemuños de Ricardo Carballo Calero e Carlos Martínez-Barbeito, quen coñeceron a poeta que é arestora homenaxeado.


*En caso de choiva o acto terá lugar na Casa dos Alonso.

A CHMS mellorará a contorna e a accesibilidade do río Caselas ao seu paso por Tui

0

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, rubricaron na mañá de onte o Protocolo de colaboración como primeiro paso para facer posible a execución do proxecto de “Mellora da accesibilidade e recuperación ambiental do río Caselas no municipio pontevedrés de Tui”.

Proxecto

Na actualidade, o curso baixo do río Caselas, próximo á súa desembocadura no río Miño, ten un carreiro peonil que conecta co que percorre a marxe dereita deste ata o parque da Canuda, en Salvaterra de Miño; ao longo do leito atópase un conxunto de muíños fluviais de distinto interese etnográfico e estado de conservación e os restos dun acueduto de regadío, augas abaixo da liña de ferrocarril Ourense-Vigo.

O Protocolo rubricado hoxe inclúe dúas fases de execución, a primeira fase formaría parte do proxecto de “Recuperación e posta en valor do patrimonio etnográfico fluvial do río Caselas ao seu paso por Tui”, que contempla as obras de restauración e posta en valor dos muíños fluviais do Muiño do Medio, en Ou Souto de Arriba, e do Muiño da Aceno, na contorna da desembocadura do río Caselas.

Estes traballos consistirán na limpeza, estabilización e consolidación de paramentos e cubertas, así como o acondicionamento das zonas exteriores e creación de elementos de interpretación e posta en valor deste patrimonio. Tamén incluiría os elementos de interpretación e posta en valor do antigo acueduto, augas abaixo da liña férrea paralela ao leito do río Miño.

A segunda fase dos traballos, enmarcada no proxecto de “Actuacións de mellora da accesibilidade e recuperación ambiental do rio Caselas, no TM de Tui”, que consistirá na construción dunha senda peonil pola marxe dereita do río Caselas ao longo do termo municipal de Tui. O investimento total necesario estímase en máis de 935.000 €.

Maica Larriba e Digna Rivas reúnense tratar a reposición do viario afectado pola AP-9 e as pantallas acústicas de Chapela

0

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma) adxudicará a finais do mes de maio as obras de reposición dos viarios afectados pola obra de Ampliación de Capacidade da AP-9, no tramo comprendido entre as ligazóns do Morrazo e Teis, no termo municipal de Chapela (Redondela).

A nova data foi confirmada pola subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, á alcaldesa da localidade, Digna Rivas, nun encontro ao que tamén asistiron o xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Anxo do Río, o xefe territorial de Estradas en Pontevedra, Pablo Domínguez Gómez e representantes de Audasa.

Os traballos consistirán na reposición do firme, construción de beirarrúas, creación de zonas axardinadas e senllas peonís, renovación de parques infantís, creación de espazos públicos, e diferentes obras de urbanización en diversos camiños públicos afectados polas obras de ampliación da autoestrada, así como nos pasos superiores de Trasmaño e Pasán, e na contorna do IES de Chapela e do Centro de Saúde.

As obras, estímase que teñan unha duración de aproximadamente dez meses e supoñerán un investimento de 4,1 millóns de €.

Así mesmo, tras a superación do trámite de información pública, será remitido ao MITMA, para a súa supervisión e posterior aprobación, o proxecto de construción de pantallas acústicas na autoestrada AP-9, no mesmo tramo comprendido entre as ligazóns do Morrazo e Teis.

Devandito proxecto comprende a instalación de pantallas acústicas de polimetacrilato de metilo de 20 mm de espesor, con alturas variables entre 1,5 e 4 m, e que dispoñerán dunha estrutura portante en aceiro estrutural S-275JR e un marco perimetral rigidizador, proporcionando unha atenuación acústica de entre 30 e 31,5 dB, de maneira que se dea cumprimento á normativa de aplicación en materia de ruído no devandito tramo.
As obras, que se estima que teñan unha duración de aproximadamente nove meses, supoñerán un investimento de 7,1 millóns de euros.

«Mulleres en Acción. Violencia Zero» enche a fachada da piscina municipal da Cañiza de cor e reivindicación feminista

0

A imaxe das mulleres de tres xeracións xa se pode ver na fachada principal da recentemente rehabilitada piscina municipal da Cañiza. Son as que conforman o mural “FILIA/EGO/MATER”, que a ilustradora, publicista e escritora catalá Amaia Arrazola rematou de pintar esta fin de semana como nova acción artística do programa da Deputación de Pontevedra “Mulleres en Acción, Violencia Zero”.

Segundo  a artista, a imaxe é unha reflexión das idades da muller, sobre o paso do tempo, sobre a súa filla, sobre si mesma e sobre a súa nai. Tamén sobre a imaxinación, o corpo, a maternidade e a liberdade a través do seu propio universo e a súa linguaxe.

Desta maneira, as tres imaxes das diferentes xeracións mostran desde a inocencia, o xogo, os estímulos visuais da súa filla Ane; ata o seu retrato, tratando temas de sexualidade, a perda da liberdade, a maternidade, etc., para rematar na súa nai, unha imaxe na que fala de madurez, da xuventude perdida e da protección total da familia.

Co lema é Artistas Aliadas. Mulleres Aliadas a Deputación desenvolve este ano o programa en Pontevedra, Vigo, Barro, As Neves, O Grove e Nigrán, onde xa se celebraron as accións, e continuará ao longo do ano nos concellos de Arbo, Gondomar, Mos, Oia, Baiona, O Rosal, Cambados, Marín, Tui, Poio, A Lama, Silleda, Vilagarcía, Caldas, Forcarei e Ribadumia. Nos últimos 7 anos e a través do programa impulsáronse máis de 160 accións artísticas. Nesta oitava edición 35 artistas realizarán outras 25 iniciativas colaborativas e reivindicativas a través das modalidades de performance, danza, música, teatro, muralismo, poesía e audiovisual.

O alcalde da Cañiza visita as obras de renovación de alumeado público nas parroquias de Petán e Oroso

0

A modernización do alumeado público do municipio é un dos grandes retos que se marcou o alcalde da Cañiza Luís Piña dende a súa toma de posesión en xuño de 2019. A rede  pública de alumeado estaba obsoleta e supuña un dos maiores gastos do Concello. O reto de modernización pasa a ser, polo tanto, unha das maiores inversións económicas do Concello e a renovación do alumeado nas parroquias de Petán e Oroso é un paso mais dentro deste proceso. 

Inicialmente foi aprobada  a adxudicación no mes de xaneiro de 2022  pero debido aos graves problemas de tesoureria tivo que suspenderse a obra temporalmente. As obras financiadas polo Instituto para a Diversificación Enerxética (IDAE) teñen que pagarse primeiro e posteriormente o IDAE realiza o pago ao Concello unha vez acreditada a súa realización.

Solucionado o problema financieiro coa firma dunha operación de crédito bancaria que permite realizar estes pagos e que será amortizado no momento no que o IDAE execute o pago ao Concello, o 26-01-2023 levantouse a suspensión temporal do contrato, e iniciáronse os traballos de renovación do alumeado.

Aforro superior ao 50 % e maior luminosidade

A actuación nas parroquias de Oroso e Petán supón o cambio de mais de 500 puntos de luz, substituíndoos por novas luminarias LED de última xeración: 516 puntos modelo LED- 30 W, 61 modelos LED-50W e 8 modelos LED-60W. Tamén se realiza a instalación de 24 novos contadores de ultima xeración – anteriormente so existían 2 contadores-. Realizaranse ademais os cambios de cableado onde sexan necesarios.

O proxecto tamén contempla o cambio do tipo de facturación, xa que se eliminarán todos os puntos que ata agora se facturaban en alzado, cun alto consumo enerxético  e penalizacións nas facturas, colocando novos contadores. Actuación que se traducirá nun importante aforro de mais do 50 %, reducindo a factura mensual.

Esta renovación integral sen precedentes, dotará a Oroso e Petán dunha moderna instalación eléctrica, co cambio de todas as luminarias a LED de última xeración, aportando aos barrios máis luminosidade, cambiando a luz laranxa por luz branca. Ademais suporá a reducción da emisión de contaminación lumínica, un importantísimo aforro nos consumos enerxéticos, e un importante aforro de emisións de 75,9 toneladas de CO2 ao ano,  cumprindo así cos obxectivos do Pacto Verde da Unión Europea e o Pacto dos Alcaldes polo Clima de reducir a contaminación.

Esta obra, cunha inversión de 358.160 €, está financiada ao 100 % entre o Ministerio de Transición Ecolóxica, cunha aportación do 80 % do total e a Deputación de Pontevedra, que a través do Plan Concellos 2021 aporta o 20 % restante. Polo tanto cómprese coa filosofía de axuste contable do alcalde Luís Piña de tratar de non utilizar os recursos propios debido á actual situación económica que sufre o Concello.

As subvencións para o aforro e eficiencia enerxética  financiados polos Fondos Europeos a través do IDAE, Instituto para a Diversificación  e Aforro da  Enerxía do Goberno de España, permitiron ao Concello acometer esta gran reforma.

A inversión total, en todo o territorio municipal, inicialmente estaba cuantificada en 2.523.890,92 € pero tras as baixas producidas durante as adxudicacións dos 6 expedientes de obras, alcanza os 2.419.516 €.

Deste importe, 1.935.612,80 € son fondos europeos do instituto para a diversificación enerxética do goberno de España, 408.477,60 € son fondos dos Plan Concellos 2020 e 2021 da Deputación de Pontevedra e 75.455,60 € son do fondo de compensación medioambiental de 2021 da Xunta de Galicia.

A Deputación avanza co programa «Depoinnova» para dar resposta con “solucións vangardistas” aos retos de futuro

A sede de Vigo da Deputación vén de acoller o evento de presentación de resultados de Depoinnova, o programa que a institución provincial puxo en marcha o pasado mes de xullo co obxectivo de incorporar solucións innovadoras e de vangarda para mellorar dos servizos públicos da propia Administración e dos concellos da provincia e dar resposta a retos “que xa non son de futuro, senón de presente”, como asegurou a presidenta Carmela Silva durante a xornada. Así, puxéronse sobre a mesa 6 retos con “obxectivos ambiciosos pera alcanzables: a dixitalización do ciclo da auga, a xestión de residuos e economía circular, a xestión integral de infraestruturas provinciais, a transformación dixital da administración pública provincial, os programas sociais e de emprego e o Museo de Pontevedra”.

Carmela Silva: “No marco de Depoinnova recibimos 72 propostas, o que demostra que estamos á vangarda e que temos empresas innovadoras con xente talentosa e moito coñecemento”

A resposta do tecido produtivo foi “moi satisfactoria”. Recibíronse un total de 72 propostas innovadoras de 42 empresas galegas e do Estado, coas que o persoal técnico da Deputación traballou ao longo dos últimos meses. Delas seleccionáronse 23 coas que a institución provincial elaborou e deseñou a proposta para presentar á convocatoria de Compra Pública de Innovación que o Ministerio de Ciencia e Innovación abrirá no mes de setembro para propostas de máis de 5 millóns de euros. “Isto demostra que estamos á vangarda e que temos empresas innovadoras con xente talentosa e con moito coñecemento, así como universidades, que tamén participaron neste proxecto”, subliñou a presidenta.

En concreto, a Deputación recibiu propostas para os seis retos formulados, que xa levaron á presentación dun proxecto ao PERTE de dixitalización do ciclo da auga que, “cun orzamento de 11 millóns de euros, busca a dixitalización dos 23 concellos da provincia de menos de 5.000 habitantes –explicou Carmela Silva–. Ademais, proximamente abrirase unha segunda convocatoria deste PERTE, ao que queremos presentar un segundo proxecto, neste caso para o resto de concellos de menos de 50.000 habitantes”. No que respecta aos outros cinco retos que se puxeron sobre a mesa, “analizando as propostas recibidas fomos conscientes de que temos que profundar nalgún, polo que abriremos unha segunda Consulta Preliminar ao Mercado co obxectivo de ser capaces de responder a cuestións que son fundamentais e para o que as administracións debemos estar traballando do lado das empresas innovadoras e co coñecemento”, co dobre obxectivo de cumprir cos retos marcados e apoiar e reforzar ao tecido da innovación na provincia.

Tras a presentación de Carmela Silva a deputada provincial Iria Lamas e a directora da Oficina de Proxectos Europeos, Susana Fernández, explicaron cales son as 23 propostas de maior interese para a Deputación, así como os retos que se reabrirán a esta segunda fase de Consulta Preliminar. En concreto, serán o da economía circular para a xestión de residuos, para o que se busca alcanzar unha proposta na que se chegue a pechar o ciclo completo de revalorización e reintegración dos residuos na cadea produtiva; o subrreto dos firmes innovadores para a xestión integral sostible das infraestruturas provinciais, coa finalidade de ir en consonancia cos obxectivos climáticos e a necesidade de reducir as emisións e aumentar a sostibilidade nos procesos de producións, neste caso, do asfalto, así como o subrreto para o desenvolvemento de contornas virtuais para mellorar a experiencias das e dos visitantes ao Museo de Pontevedra. Tamén anunciaron que se aproveitará para propoñer novas cuestións, como, no que respecta á transformación dixital da administración pública provincial, a compra dun asistente virtual intelixente.

O Defensor del Pueblo abre unha investigación pola inacción da Xuntaen relación ao estado do Hotel Roma de Mondariz Balneario

En outubro de 2019 a plataforma SOS Fonte de Troncoso presentou unha denuncia ante a Consellería deCultura da Xunta de Galicia e o Concello de Mondariz Balneario polo estado ruinoso do Hotel Roma, un edificio catalogado e protexido que forma parte do Catálogo de Bens Culturais de Galicia. Con todo, a Asociación nunca obtivo resposta do Goberno galego, de aí que optaran por presentar unha queixa formal ante o Defensor del Pueblo, con sede en Madrid.

O pasado día 13.03.20231 o seu titular, Ángel Gabilondo, respondeu que “una vez estudiada su queja, tal como se le indicó en el acuse de recibo en su día enviado, procede admitirla a trámite porque reúne los requisitos establecidos en el artículo 54 de la Constitución, en relación con la Ley Orgánica 3/1981, de 6 de abril, que regula esta institución.

Iniciada la actuación con la Consejería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades, se le dará cuenta del contenido de la información que se reciba y de los trámites que sigan”.

En data 24 de novembro de 2017 produciuse o derrube do teito e parte dunha parede do edificio localizado na rúa Constitución nº 13 de Mondariz Balneario, coñecido como Hotel Roma. En relación con este edificio, a consecuencia da denuncia formulada por SOS Fonte de Troncoso o día 8.10.2019, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade abriu un expediente de dilixencias informativas co núm. VI-PO-114.19, téndose requirido información, sen éxito, ao Concello de Mondariz en varias ocasións.

Na publicidade do s. XX os propietarios deste hotel dicían que estaba “enclavado en el sitio más céntrico y elevado del balneario”. “Se halla a la altura de los mejores de su clase, dotado de amplias y ventiladas habitaciones, amuebladas según los más refinados adelantos y con luz directa, divisándose desde ellas hermosos y pintorescos valles.”

Valedora do Pobo

Segundo a Valedora do Pobo, que xa emitiu un ditame a respecto deste mesmo hotel en outubro de 20212, o Concello de Mondariz Balneario tamén é responsable do estado ruinoso deste edificio, xa que “incumpriu o deber establecido no artigo 3 da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia sobre a colaboración interadministrativa. Prevé a lei que as entidades que integran a Administración local, en relación cos bens do patrimonio cultural de Galicia que se localicen no seu ámbito territorial, teñen as obrigas de:

  1. Protexer, difundir e fomentar o seu valor cultural.
  2. Adoptar, en casos de emerxencia, as medidas cautelares necesarias para salvagardar os bens que viren a súa integridade ou valor ameazados.
  3. Comunicarlle á Xunta de Galicia calquera ameaza, perturbación ou dano do valor cultural que tales bens sufran.”

As actuacións levadas a cabo ata o momento polo Concello “resultan claramente insuficientes para protexer un edificio que forma parte do catálogo patrimonial de Mondariz Balneario e está catalogado no planeamento urbanístico como unha edificación protexida“. (…)

En todo caso, o concello ten a obriga de facer cumprir o disposto no artigo 32 da citada Lei 5/2016: as persoas propietarias de bens protexidos integrantes do patrimonio cultural de Galicia están obrigadas a conservalos, mantelos e custodialos debidamente e a evitar a súa perda, destrución ou deterioración. Xa que logo, debería requirirse á entidade Rivas Vigo, S.L. o cumprimento dos seus deberes en relación coa edificación, nos termos que se estimen necesarios”.

“O Concello de Mondariz Balneario ten a competencia para velar polo cumprimento dos deberes de conservación e rehabilitación das vivendas e inmobles, de acordo co artigo 13 da Lei 8/2012 de Vivenda de Galicia, así como as ordes de execución que obriguen as persoas propietarias de bens inmobles a realizaren as actuacións necesarias para dar cumprimento a este deber, de acordo co artigo 136 da Lei 2/2016 do Solo de Galicia.”


1 N° Expediente: 23007749

2 Nº Expediente: Q.3.Q/10/21

A Cañiza contará con puntos de recarga para vehículos eléctricos en tres localizacións diferentes

0

A CAÑIZA CONTARÁ CON PUNTOS DE CARGA PARA VEHÍCULOS ELÉCTRICOS EN 3 LOCALIZACIÓNS DIFERENTES

A Cañiza contará nos próximos meses con puntos de recarga para vehículos eléctricos, un novo servizo á cidadanía no que o Concello presta o uso privativo durante 10 anos de espazos públicos á empresa Acciona Recarga, S.L. (anteriormente denominada Cargacoches SL) para o uso, mantemento  e explotación de 4 cargadores eléctricos neses bens de titularidade municipal.

O 27 de outubro de 2021 mediante unha resolución da alcaldía deu inicio ao procedemento para adxudicar o uso dos  bens de espazo público para a instalación de 4 puntos de recarga de vehículos eléctricos. Cada un destes puntos pode recargar dous vehículos de forma simultánea quedando distribuídos do seguinte xeito:

  • 2 puntos de recarga (4 prazas) de 50 kW na rúa Regueiro 13B
  • 1 punto de recarga (2 prazas) de 22 kW na rúa Progreso 104 ( Casa da cultura)
  • 1 punto de recarga (2 prazas) de 22 kW na rúa Carballo do Marco s/n (pavillón de deportes)

O procedemento contou co correspondente prego de cláusulas administrativas que foi publicado durante 30 días no boletín oficial e posteriormente no perfil do contratante con toda a documentación necesaria. Finalmente produciuse a adxudicación mediante o decreto da alcaldía do 14 de xuño de  2022 á empresa Acciona Recarga SL. que foi a que presentou a mellor oferta económica.

  • 2.500 €/ano durante os 3 primeiros anos
  • 12 % de facturación cun mínimo de 1.937,40 €/ano a partir do terceiro ano.

Con este procedemento a empresa adxudicataria comprométese a utilizar os espazos adxudicados exclusivamente para os fins recollidos nos pregos, así como a solicitar e tramitar as licencias e permisos necesarios para executar as obras que permitan por en funcionamento o servizo.

Os novos puntos de recarga, segundo o rexedor local, Luis Piña, “teñen un importante impacto medioambiental e presta un servizo necesario e demandado pola cidadanía”

Un dos compromisos da alcaldía de Luís Piña e cumprir cos compromisos do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía para a redución de CO2 , e esta adxudicación é un paso mais. Ademais permitirá ofrecer a cidadanía e posibles turistas que o precisen un servizo máis, sen supor isto ningún coste para o Concello, ao contrario o Concello recibirá unha compensación económica polo uso destes espazos públicos.

Neste momento o punto da rúa Carballo do Marco atópase xa instalado, pero entrará en funcionamento cando teñan todos os puntos preparados. Os outros 2 puntos atópanse na fase de instalación, na que a empresa solicitou os permisos e está pendente deles para poder realizar as obras necesarias para esas instalacións.

Tui acolle o venres 31 de marzo a xornada de negocios «Mulleres Conectadas»

0

O próximo venres, 31 de marzo, celebrarase na Aula da UNED de Tui a xornada de negocios ‘Mulleres Conectadas’. O obxectivo da mesma é crear novas oportunidades de negocio e colaboracións de éxito entre as mulleres empresarias, emprendedoras e directivas de Tui e arredores.

A presentación da xornada está prevista para ás 10 h a cargo da concelleira de Igualdade, Ana Núñez. Previamente as persoas participantes compartirán un café de benvida. Ao longo da mañá en distintas quendas terá lugar a presentación tanto das persoas coma das empresas participantes explicando a que se dedican, que servizos ou produtos ofertas. Realizaranse as actividades de networking ‘Four by Four’, ‘Six Together’ e ‘Business Meeting’.

Trátase dunha oportunidade única para que as mulleres empresarias, emprendedoras e profesionais conecten, colaboren e se inspiren mutuamente. Así as participantes terán a oportunidade de conectar ou coñecer a aquelas mulleres e empresas coas que poderían establecer relacións comerciais nas axendas personalizadas ‘A quen che interesa coñecer’, podendo xerarse a partir de aquí sinerxías, colaboracións, ou traballo en rede.

Este evento é unha oportunidade única para que as mulleres de diferentes campos e niveis de experiencia se unan e apoien mutuamente no seu camiño cara ao éxito.

As inscricións están abertas xa enviando o formulario dispoñible en tui.gal a [email protected]. A participación é gratuíta.

Ás 14 h as mulleres e empresas que o desexen compartirán un xantar no restaurante Época para o que deben confirmar previamente a súa asistencia. Terá un prezo de 14€.

Alumnado do CEIP de Sobrada deseña a bandeira do tradicional Lanzo da Cruz de Tomiño

O tradicional Lanzo da Cruz de Tomiño estreará este ano bandeira, un elemento que ondeará en todos os actos desta festa secular e transfronteiriza que este ano se celebrará o vindeiro 10 de abril, o luns de Pascua. Os nenos e nenas do CEIP de Sobrada foron os encargados de deseñar esta bandeira que se converterá en emblema dunha romaría histórica que se realizaba ao longo do último treito do río Miño e que na actualidade só se conserva na parroquia tomiñesa de Sobrada e na freguesía de Cristelo Covo, en Valença.

A iniciativa xorde da asociación cultural Lanzo da Cruz, que se encargou de explicar ao alumnado deste centro educativo a orixe e a historia desta cita que festexa o ancestral mundo dos pescadores na que o relixioso e o pagán camiñan da man. Capitaneados por unha comisión integrada por rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de primaria, no deseño e creación da bandeira implicáronse nenos e nenas de todos os cursos do centro que foron realizando diferentes tarefas para idear unha bandeira que tamén servirá de emblema á propia asociación cultural.

Despois de realizar varios bosquexos, cativos e cativas escolleron os elementos que consideraban máis representativos desta romaría, como o propio río. O fondo da bandeira “representa as escamas da lamprea, o río e a rede coa que se pesca”. Non podía faltar no debuxo tamén unha lamprea e “unha cruz, que representa a unión dos dous países e na que colocamos o nome de Sobrada e Cristelo Covo”, como explicaron os nenos e nenas durante a entrega da bandeira á asociación Lanzo da Cruz.

Unha representación da unión entre países que tamén tentaron recoller cos barcos debuxados aos lados e nos que figuran “as persoas máis importantes desta festa, os músicos e músicas e as e os pescadores”. Na bandeira non podían faltar os chimpíns, “nos que moita xente acude á romaría, así como as banderiñas que os van decorando co nome da festa”. Durante a entrega da bandeira, os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º quixeron agradecer o labor e a implicación do resto de alumnos e alumnas do centro “por participar con nós na creación dun elemento que cremos que será moi importante para a festa”.

O Lanzo da Cruz é unha cita transfronteiriza que reúne aos pescadores de ambas as dúas beiras do Miño para pedir que haxa unha boa pesca na tempada fluvial. Nela, o párroco sube ás barcas, bendice as embarcacións e as redes, e logo vai en procesión polo río a visitar a marxe portuguesa, onde dá a bicar a cruz e bendice aos romeiros e romeiras da beira contraria para asegurar un bo ano de capturas e protexer aos pescadores. O cura portugués repite o mesmo proceso na marxe galega.

Mentres as embarcacións van ata a beira do país veciño, os pescadores botan as redes para ofrecer aos sacerdotes a primeira lamprea do lance. Unha tradición que, como conta a historiadora Natalia Jorge, nace “da importancia naquela época de ter boa pesca ou o prexuízo económico e vital que supoñía perder as redes, os barcos ou que alguén se afogara, unha parte da historia que nenos e nenas tan ben recolleron na nova bandeira”.

«Orixe Rías Baixas» conquista Nuevos Ministerios

Viquingos de Catoira, veciñanza no Medievo da Arribada de Baiona, danzantes de Cobres ou Darbo, cabalos de Sabucedo, protagonistas da Coca en Redondela, zoqueiras, pandereteiras, artesás de coiro e liño, os Entroidos, a lamprea, o viño ou as paisaxes….. O vestíbulo de entrada da Estación de Metro de Nuevos Ministerios, unha das máis utilizadas de Madrid, situada en plena Castellana como principal zona comercial e financeira da capital e cun tránsito de máis de máis medio millón de persoas, énchese da cor e das emocións e tradicións únicas da provincia de Pontevedra.

A espectacular acción de promoción coa campaña “Orixe”, que foi visitada esta fin de semana pola presidenta provincial Carmela Silva, supón unha dominación completa das entradas da Estación madrileña e reforza un dos mercados que máis visitantes reporta a Rías Baixas. Paredes, barandillas, columnas, e alfombras de vinilo no chan da Estación visten desde fai un mes as potentes imaxes de “Orixe”, dando a coñecer as tradicións e o patrimonio inmaterial, protagonista este ano da promoción turística, que xurde como convite para achegarse e gozar das mil ocasións para celebrar a provincia de Pontevedra. Unha campaña emocional, baseada nas xentes da provincia, que conecta coa cultura, a identidade local, os oficios tradicionais, as festas e os rituais milenarios, pero tamén coa vangarda que reinterpreta dende a modernidade o noso legado.

[su_image_carousel source=”media: 69702,69700,69701,69699″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Carmela Silva: “a campaña é unha beleza, porque mostra a ampla oferta da provincia e como o territorio marca a nosa personalidade e a nosa cultura”

Carmela Silva, acompañada da deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, percorreu as instalacións da Estación de Metro onde as potentes imaxes de “Orixe” vixían accesos e andenes. A presidenta provincial mostrou o seu orgullo porque “en só un mes, máis dun millón de persoas coñeceron xa a nosa campaña e o mercado madrileño nos interesa moito xa que é un dos nosos principais emisores”. “Amais, dixo, a campaña é unha beleza, porque mostra a ampla oferta da provincia e como o territorio marca a nosa personalidade e a nosa cultura, un destino máxico no que vivir experiencias únicas todo o ano para desfrutar da nosa cultura, paisaxes, gastronomía e xente”.

Amais da acción promocional en Madrid, a campaña de comunicación do destino Pontevedra Provincia, que arrancou en xaneiro en Fitur, se está a desenvolver en medios on line e off line, e está destinada, sobre todo, ao público más interesado e descubrir as culturas locais de diferentes zonas do Estado. Internet é unha das apostas máis fortes da campaña con especial intensidade nas redes sociais e plataformas de compra programática, nas principais publicacións dixitais especializadas en turismo e outros soportes, que se desenvolverán durante todo o ano en varias ondas. Unha campaña on line que, segundo as estimacións, reportará á provincia en torno a 15 millóns de impresións, 75.000 clics nos anuncios e ata 3,5 millóns de visualizacións dos vídeos.