O Concello de Tomiño está a desfrutar da súa particular ‘Operación Triunfiño’. Rapaces e rapazas tomiñesas mergúllanse esta semana nunha experiencia de formación musical única cun completo programa no que aprender técnica vocal, desenvolver a súa actitude escénica e ampliar o seu repertorio, fomentando o talento local e, por que non, brindando unha oportunidade a novas promesas.
Tras o éxito da súa primeira edición, a OMIX de Tomiño puxo en marcha de novo esta experiencia formativa coa que estimular o crecemento e desenvolvemento artístico da mocidade tomiñesa. Como sinalou a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, “é un orgullo poder brindar ás nosas e nosos novos talentos unha plataforma que lles dea visibilidade e unha experiencia única moi enriquecedora. Coa nosa particular ‘Operación Triunfiño’ promovemos a música e a arte como ferramentas para o desenvolvemento persoa e a expresión creativa”.
Unha actividade que os oito rapaces e rapazas acolleron dende o primeiro día con emoción e coa ilusión de seguir aprendendo e poder compartir a súa paixón pola música, xerando grandes vínculos entre todos eles e elas e converténdose nunha gran familia musical.
O proxecto rematará cun gran concerto final o domingo 16 de xullo no que a rapazada participante amosará todo o aprendido durante a súa formación. Aberto a todos os públicos, as e os asistentes poderán desfrutar dunha peza cantada a coro e unha individual por cada persoa participante na experiencia escollidas por elas e eles mesmos.
O espectáculo final será a partir das 11.00 horas na Carballeira de Goián, ou no auditorio municipal no caso de choiva, con entrada libre.
A concelleira de Atención Veciñal, Medio Ambiente, Mantemento de Zonas Urbanas, Parques e Xardíns, Laura Méndez, recibiu en nome do Concello de Mos o premio da Xunta de Galicia e Ecoembes obtido tras participar na cuarta edición da iniciativa Únete ao reto.
Mos recibe deste xeito unha contía de 1.500 euros que debe ir destinada a financiar un proxecto social local. O obxectivo desta iniciativa era fomentar a reciclaxe de envases de plástico, latas e briks en contedores amarelos en 11 concellos das catro provincias. Tan só lograron superar o reto 7 dos concellos galegos participantes. Entre eles atópase o Concello de Mos, no que se instalaron elementos publicitarios da campaña na fachada da propia Casa Consitorial e na zona do Multiusos das Pozas (onde se colocou un contedor xigante), precisamente xunto ao parque infantil temático da reciclaxe.
O reto da campaña Únete ao reto, valla a redundancia, consistía en incrementar, polo menos, nun 10 % as cifras de recuperación deste tipo de residuos con respecto ao ano anterior. Para cumprir o obxectivo, os municipios contaron con programación especial nas súas rúas durante tres meses para concienciar á cidadanía da importancia e o beneficioso que é para o medio ambiente este pequeno xesto.
As localidades que, como Mos, lograron o reto recibiron como recompensa 1.500 euros, unha cantidade que deberán destinar á causa social local que elixan. Os concellos participantes foron: Arzúa, Melide, Ribadeo, Barbadás, Celanova, Xinzo de Limia, Baiona, Mos, Nigrán, Salvaterra de Miño e Silleda; que, en total, suman preto de 140.000 habitantes.
Entre as medidas que se levaron a cabo para superar o desafío, estivo a instalación de contedores xigantes e a realización actividades de concienciación a pé de rúa. Estas accións foron promovidas polos 16 monitores do proxecto, que estaiveron un mínimo de 4 días en cada un dos 11 municipios que colaboraron na campaña.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal e técnicos da Deputación de Pontevedra, visitaron e supervisaron esta mañá os recentemente iniciados traballos correspondentes ao proxecto de humanización da Estrada Provincial Mos-Puxeiros.
Trátase da primeira fase da obra de ‘Mellora da seguridade viaria e peonil da EP-2601 Mos – Puxeiros’.
Para a acometida deste proxecto cóntase con convenio entre Deputación e Concello de Mos, que financiarán a obra en un 70 % e 30 % respectivamente.
O proxecto da segunda fase desta humanización, beneficiará ao tramo que transcorre pola parroquia de Dornelas.
A primeira fase da humanización, transcorre pola parroquia de Mos no tramo desde o cruce coa estrada nacional 550, no punto quilométrico 0+020, ata o cruce co colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, no punto quilométrico 0+600. Ademais desde o Concello destácase a importancia de que desde a administración provincial se aceptase a proposta municipal de recuperar tamén o antigo tramo da estrada provincial que transcorre por diante do Cristo da Esperanza e que vai desde a N500 ata a Pesqueira.
A obra conta cunha financiación ao 30% municipal e 70 % provincial e estará rematada antes de que finalice o presente ano 2023.
As accións que se levarán a cabo no vial son basicamente as seguintes: mellora da mobilidade peonil mediante creación da senda. Adaptación da drenaxe á nova aliñación proxectada. Execución dos servizos urbanos necesarios: soterramento de iluminación, rede eléctrica e de telecomunicacións. Execución do pavimento da nova ordenación utilizando xabre, formigón, lastra, baldosas e laxas de pedra. Reforzo do firme da calzada no vial municipal mediante fresado e reposición da capa de rodadura. Reinstalación da sinalización vertical e horizontal adaptada á nova ordenación do ámbito e instalación de mobiliario urbano.
A obra require de actuacións previas e movemento de terras. Os traballos comezáronse coa retirada dos elementos de superficie: sinais e postes, para poder continuar posteriormente coa demolición dos pavimentos existentes que corresponda. Unha vez realizada a demolición dos pavimentos referidos, previo corte lonxitudinal con disco, e xerado o sobreancho necesario para a nova sección, procederase ao saneo do terreo mediante o caixeado necesario para poder executar posteriormente o novo paquete de firme deseñado. En canto á drenaxe, debido á solución proxectada será preciso adaptar a drenaxe superficial á nova aliñación do vial. A auga superficial será recollida pola reixas e sumidoiros contiguos ao viario que conducirán a auga, a través de tubaxes ata os puntos de vertedura.
Renovarase por completo a iluminación do vial, mediante o soterrado da liña e a instalación de novos puntos de luz con lámpadas led para mellorar a eficiencia enerxética da rede. A maiores, aprovéitase a actuación para executar a canalización dos servizos de electricidade e telecomunicacións.
O importe o que se refire a presente actuación ascende a un orzamento total de 446.545,39 euros. Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras son financiados pola Deputación de Pontevedra e Concello de Mos mediante a achega da Deputación de Pontevedra 312.581,77 € (70 %) e Concello de Mos 133.963,62 € (30 % do importe das obras).
O Concello de Ponteareas reforza os servizos nas parroquias coa contratación do baleirado de pozos negros e fosas sépticas de augas residuais domésticas procedentes de vivendas unifamiliares, centros socio-culturais ou casas de turismo rural situados en parroquias ou lugares sen saneamento.
O servizo sae a licitación por un importe inicial de case 55.000 euros e incluirá un mínimo de 200 baleirados anuais de 9.000 litros de residuos cada un. En caso de que a fosa séptica a baleirar conteña máis desa cantidade, a persoa propietaria deberá tramitar unha nova solicitude e pagar un novo prezo público para baleirar outros 6.000 litros extra, xa que o límite máximo está situado nos 15.000 litros por ano.
Con esta contratación darase servizo ás vivendas situadas principalmente nas parroquias de Celeiros, Cristiñade, Cumiar, Fontenla, Fozara, Guillade, Guláns, Moreira, Nogueira, Oliveira (San Lorenzo), Padróns, Paredes, Pías, Ribadetea, San Mateo de Oliveira e Santiago de Oliveira, así como a aquelas con algunhas zonas nas que non se dispón de rede de saneamento, como Angoares, Arcos, Areas, Arnoso, Bugarín, Prado e Xinzo.
Dende o Concello repítese a licitación para poder cumprir con todos aqueles veciños e veciñas que xa abonaron o servizo pero que non chegaron a recibilo.
As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 20 de xullo.
O Rosal estrea o seu novo modelo urbanístico para espazos de interese paisaxístico e patrimonial. O Concello vén de rematar as obras de reconfiguración do Camiño da Sueira, entre a estrada de Couselo e o Camiño da Menora, unha intervención que servirá de referencia nos traballos de recuperación de zonas de matriz rural con presenza de elementos de interese e certo nivel de concentración residencial, lugares que demanda un tratamento diferente do espazo público.
O Concello aplicou nesta intervención un modelo coñecido como tipo ‘rosario’, con espazos puntuais resoltos con materias nobres garantindo o protagonismo de elementos de especial significación, unidos todos por un conxunto de eixos nos que se diminuíu a presenza dos asfaltados tradicionais e se incluíron detalles coidados.
Substituíronse os pavimentos do vieiro, unha ramificación de escasa sección que deriva cara ao oeste dende a estrada de Couselo e que comunica a través da ponte de Pau sobre o Tamuxe co centro do Rosal. En total, máis de 97.000 euros de investimento financiados ao abeiro do Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra para converter estes 1.203 metros cadrados de superficie nun lugar con espazos de encontro para a veciñanza e de convivencia entre peóns e tráfico rodado. Por outro lado, aproveitáronse as obras para acometer tamén melloras que non se ven, como a implementación dunha rede separativas de augas pluviais.
“Esta obra é un claro exemplo do modelo urbanístico a seguir no noso rural, dotando as nosas rúas e estradas dunha unidade coa que crear espazos singulares en todo o concello que resalten os elementos de maior valor ambiental, paisaxístico e patrimonial”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. Para a rexedora, esta innovadora transformación permite ademais “delimitar zonas de convivencia que favorecen a mobilidade peonil nas zonas residenciais, mellorando a calidade estética e de vida nestas zonas”.
Con motivo da festividade da Virxe do Carme, Patroa dos mariñeiros, a Igrexa de Santa María de Baiona, se celebrará ás 20:00 horas, la Misa Solemne cantada polo Coro de Hopmes “Voces Baionesas”.
A continuación, terá lugar a tradicional procesión polas rúas do Casco Antigo da Vila, seguido do tradicional baile da Danza das Espadas e da actuación da Banda de Música de Baiona.
O Concello do Porriño súmase á celebración do aniversario da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue.
“ADOS cumpre 30 anos e durante este tempo a contribución dos veciños e veciñas do Porriño para salvar vidas foi destacable, a nosa veciñanza sempre está aí cando hai que axudar”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Agora, máis que nunca, temos que demostrar a solidariedade da xente do Porriño”.
No mesmo sentido se manifestou a concelleira de Sanidade, Teresa Veloso, salientando que a doazón “é un acto de xenerosidade sen ningún tipo de custe e que aporta á sociedade valor e compromiso con quen o precisa. As persoas podemos priorizar a saúde dos nosos veciños sen ningún tipo de risco para a nosa”.
Para axudar, o vindeiro venres 14 de xullo (de 10h a 14:30 h e de 16 a 21 horas, aparcará na rúa Domingo Bueno a unidade móbil de ADOS. Ao seu carón, establecerase un set de rodaxe, onde o director será cada persoa que acuda a doar, ao máis puro estilo Hollywood. Dándolle importancia a todas aquelas persoas que nestas datas, se acercan á unidade móbil nun acto altruísta e tremendamente solidario.
O Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, formalizou, esta terça-feira, um contrato de comodato com a família detentora do Fortim da Atalaia, salvaguardando a gestão por 30 anos daquele monumento classificado como de interesse público. A essência deste acordo assenta na preservação e valorização mais concertada do imóvel, com vista a uma futura candidatura a financiamentos comunitários para a execução das obras de reabilitação necessárias.
Considerando o reconhecimento nacional do enorme valor patrimonial da Atalaia, Rui Teixeira manifesta-se satisfeito com esta parceria municipal com os privados e os fundamentos para a sua concretização. “O presente contrato concede à Câmara Municipal a oportunidade de desenvolver algumas ações imediatas, como a limpeza de acessos ou a melhoria da sinalética, mas também avançar com o estudo e a elaboração de um projeto a ser submetido a uma possível candidatura comparticipada para uma reabilitação mais abrangente. Cuidar e promover o património histórico concelhio é uma das bandeiras deste executivo”, assegura o Presidente da Câmara Municipal.
De sublinhar que o Ministério da Cultura emitiu a classificação do Fortim da Atalaia como Monumento de Interesse Público nos finais de 2017, após um processo que já se arrastava há quase 40 anos. Datada dos meados do século XVII e de foro privado, a Atalaia é a mais pequena das fortificações que constituíram o conjunto defensivo de Vila Nova de Cerveira, garantindo a sua participação na defesa do Minho durante as Guerras da Restauração. Por estar localizada num ponto elevado – no Alto do Lourido – a Atalaia tinha como grande missão apoiar o Castelo de Cerveira e o Forte de Lovelhe que, pela localização próxima ao rio, eram mais vulneráveis, assim como a missão de vigilância sobre a fronteira, o rio Minho e a estrada de ligação entre Caminha e Valença.
Além destas potencialidades, o Fortim da Atalaia é ainda bastante carismático no seio da etnografia minhota por estar intrinsecamente associado à conhecida Lenda da Cova da Moura.
O paseo Ribeira de Baiona acolleu esta mañá a presentación da tradicional Regata de Gamelas que servirá de pistoletazo de saída para as Festas da Anunciada que se celebrarán a primeira fin de semana de agosto en Baiona, concretamente o 4,5,6 e 7 de agosto.
Varias embarcacións masculinas e femininas participarán na proba denominada Regata de Gamelas Vila de Baiona Gran Premio EuroRed.
Trinta seis anos leva celebrando esta tradicional regata na Vila mariñeira.
Durante a presentación o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, anunciou que “para a regata de gamelas de 2023 realizouse unha restauración integral das embarcacións,deixándoas nunhas condicións óptimas para a competición: Estes traballos de restauración engloban os traballos de lavado, lixado, reparación de golpes e orificios con fibra de vidro, reposición da cabullería e elementos de amarre, reclavado dos reforzos do plan e finalmente os traballos de pintura e marcaxe, consistentes nunha man de imprimación, dúas mans de pintura e a colocación de todos os vinilos para a súa personalización”.
Así mesmo, todos os remos foron sometidos a unha restauración completa mediante tarefas de lixado e pintado, reparación de remadoiras e a preparación das empuñaduras para un correcto equilibrado dos remos.
Todos estes traballos foron realizados baixo o patrocinio de Grupo Eurored en colaboración co Excelentísimo Concello de Baiona.
Na presentación tamén participaron o Concelleiro de Pesca, Marisqueo e Actividades Marítimas, Joaquín López Goce, o Concelleiro de Cultura e Accesibilidade, Policarpo Vilar Misa, o director de operacións de Grupo Eurored, Raúl Costas Lafuentem, e o Vicepresidente do Monte Real Club de Iates, Alejandro Retolaza Vázquez-Viso.
O campo de regatas estará instalado como manda a tradición no porto pesqueiro o venres da Anunciada, día 4 de agosto, e as probas clasificatorias comezarán ese mesmo día ás 17:00 horas, rolda de clasificación feminina, ás 17:30horas, rolda de clasificación masculina. Ás 20:00 horas dará comezo a randa final feminina e media hora máis tarde a masculina.
Ás 21:00horas terá lugar a entrega de trofeos e premios en metálico para vos tres premios clasificados de ambas as categorías. Primeiro clasificado 300 €, segundo clasificado 200 € e terceiro clasificado 100 €.
As inscricións pódense realizar a través da App baionacodeporte.gal ou do email: [email protected]. Máis información no Pavillón Municipal de Deportes ou chamando ao 986 356 558.
O Concello de Ponteareas traballa xa na recuperación de espazos para veciños e veciñas nas parroquias. A alcaldesa, Nava Castro, acompañada do concelleiro de Cultura, Ricardo González, e da concelleira de Urbanismo, Silvia Fernández, mantiveron un encontro coa secretaria e a vogal da Casa Cultural e Artística de Areas, Sheila Martínez e Saray Martínez, para coñecer a situación na que se atopan estas instalacións e as súas necesidades.
Durante o encontro, a directiva salientou a situación na que se atopa a Axencia de Lectura instalada no centro, que leva anos sen dárselle o uso para o que fora concibido este espazo e ofreceu a súa colaboración para a reapertura deste espazo.
Nava Castro agradeceu esta iniciativa e o comprometeuse a que o Concello colaborará coa Casa Cultural e Artística de Areas para a reapertura desta instalación cultural na parroquia.
“É fundamental aproveitar ao máximo os recursos culturais dos que dispoñemos na nosa vila. Por iso traballaremos en conxunto coa directiva desta casa cultural para recuperar un espazo pensado para o desfrute dos veciños e veciñas da parroquia, un escenario ademais inmellorable para brindar novas actividades para todos os públicos”, salientou a alcaldesa.
A Cañiza acollerá unha proba da Copa de Galicia de Pumptrack, unha competición que arranca ás 11 horas no recinto do antigo Centro Comarcal Paradanta (rúa Silleda), en 24 categorías e na que se espera unha participación superior aos 120 ciclistas.
A proba, que se disputará este domingo na Cañiza, é a primeira das catro competicións da Copa de Galicia de Pumptrack, organizada pola Federación Galega de Ciclismo, e que tamén celebrará o vindeiro 26 de agosto en Mondariz o Campionato Galego.
Na presentación da competición, o alcalde Luis Piña agredeceu ao delegado provincial o apoio da Federación Galega de Ciclismo por “contar coa nosa instalación para inaugurar o calendario de competicións na especialidade de Pumptrack”. O alcalde tamén agradeceu ao Clube PONTEBIKE TEAM e a SPORTSKIDS, a través do seu responsable Marcos Porto, a implicación co Concello para poder organizar a proba deste 16 de xullo na Cañiza.
Na súa intervención, o rexedor volveu a amosar a súa ilusión, compartida co equipo de goberno, por celebrar esta 1ª Pumptrack nunha instalación inaugurada o pasado 5 de xuño por Carmela Silva, que está tendo unha gran acollida por parte dos cañicenses e de deportistas de toda a comarca e da área de influencia, Vigo e Ourense. “Dende a gobernanza apostamos fortemente polo deporte urbano como un atractivo turístico máis dentro da Comarca, investindo nesta actuación un total de 340.602,22 €, dos que 290.000,00 euros foron subvencionados pola Deputación Provincial a través do Plan Concellos 2022-2023 e os restantes 50.611,14 € con fondos propios”.
“Estamos orgullosos desta nova instalación deportiva e encantados de poder presumir do mellor conxunto de pumptrack e de skatepark de Galicia, que segundo afirman os deportistas expertos, ten a mellor rúa principal de skatepark de toda España”.
Unha dotación que segundo sinalou o seu deseñador, o técnico Álex Durán (responsable das probas do DMX do festival O Marisquiño), é o máis completo de toda Galicia. Unha infraestrutura que suma máis de 3.300 m2 para a práctica de deporte urbano, divididos no skatepark (1.820 m2), o pumptrack (715 m2), zonas verdes (744 m2) e unha zona de acceso (26 m2).
A presentación oficial rematou coa intervención de Óscar Sánchez, Delegado Provincial da Federación Galega de ciclismo que agradeceu tamén ao Concello “por ter apostado por esta disciplina, dirixindo parte dos investimentos municipais a construir esta nova instalación”. En nome da Federación desexou ao Concello un grande éxito na celebración da proba “que nesta especialidade toma na Cañiza a alternativa neste 2023”.
Ademáis tanto o qlcalde como os organizadores agradeceron a implicación neste 1º evento dos establecementos da Cañiza Camping Cañiza, apartamentos turísticos AUGUSTO e Finca Briabí e tamén o apoio de Augas de Mondariz, Biziebike e Rocbikecustoms.
A competición deste domingo inaugura o calendario de probas da nova pista de deporte urbano, que tamén acolle o vindeiro 2 de setembro o CAMPIONATO BMX da CAÑIZA.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuníuse esta mañá co presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Iker Sertucha; e o responsable de Accesibilidade deste colectivo, Miguel Dorado; para abordar a actualización e ampliación da plataforma pola que as persoas xordas poden comunicarse de maneira áxil e segura cos sanitarios dos servizos de urxencias.
O responsable da carteira sanitaria da Xunta, estivo acompañado pola xerente do Sergas, Estrella López-Pardo; o xerente da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), José Luis Somoza; e polo responsable de Tecnoloxías da consellería de Sanidade, Benigno Rosón.
García Comesaña destacou que a accesibilidade é un dos piares do sistema público galego, tamén do sanitario, por iso o paso que se deu hoxe “é moi importante, ao ampliar este servizo para as persoas xordas, os 365 días do ano, e as 24 horas do día, o que supón un importante esforzo tecnolóxico, así, hoxe damos o primeiro paso para conseguir unha mellor accesibilidade”.
A Consellería de Sanidade, a Amtega e a FAXPG asinarán un convenio cos detalles da ampliación dun sistema que elimina as barreiras de comunicación entre a persoa xorda e a persoa oínte, mediante un intérprete, a través dunha plataforma.
Á praia, en bus. Baixo esta premisa o Concello de Nigrán promove o ‘Nigranbus’ este verán como a ‘primeira liña de praia’ na historia do municipio. Así, co fin de concienciar á cidadanía das múltiples vantaxes que supón o seu uso, o Concello vén de estrear en redes unha micro-obra de teatro protagonizada por Trombón (Sergio Trabazos) e Trompeta (Pedro Rodríguez), ambos pallasos de Teatro do Ar que fan unha pausa nunha actuación en Camos para ir a Praia América, un en coche e outro no Nigranbus. Quen chegará primeiro?
“Ten todas as vantaxas: é máis rápido porque chegas sen necesidade de buscar aparcamento, resulta máis barato porque está bonificado e, sobre todo, é máis sostible medioambientalmente”, explica o alcalde, Juan González, sobre esta liña 100% municipal que comezou a funcionar a finais do ano pasado co fin de acabar coa desconexión histórica das parroquias do interior e que incluso é gratis para os menores de 21 anos coa tarxeta de transporte metropolitano. “Cremos que, quen se anime a subir ao Nigranbus para ir á praia o fará tamén o resto do ano, é un xeito de animar á xente a romper coa rutina de coller o coche e, neste caso, resulta evidente que é o medio de transporte máis cómodo”, reflexiona. Así, un veciño de Chandebrito pode coller o Nigranbus ás 16:15 horas na súa parroquia e 33 minutos despois estar pisando a area de Praia América se baixa na parada do Faro de Canido (ante a Oficina de Turismo de Gaifar), para regresar podería coller neste mesmo punto o Nigranbus das 20:40 horas. As opcións son varias, porque se lle suma 5 minutos máis de traxecto pode ir a Prado ou Patos. Toda a información e horarios están pendurados en www.nigran.es/nigranbus.
“O Nigranbus é un servizo municipal de carácter social que ten a capacidade de transformar a vida de moitas persoas do interior, especialmente os maiores, que a día de hoxe dependen 100% do transporte privado para calquera asunto. Ir á praia con comodidade e sen depender de transporte privado e un dos centos de plans ou recados que facilita o Nigranbus á veciñanza. Cumpre así unha demanda ancestral”, indica González sobre esta liña que de luns a venres comunica o interior cos núcleos urbanos de Panxón, A Ramallosa, Nigrán e Porto do Molle.
O servizo consta dunha liña Chandebrito-Priegue e viceversa que permite ao cidadáns de calquera parroquia do interior achegarse en máximo 45 minutos aos centros de saúde ou conectarse co autobús cara a Vigo-Baiona, con especial atención ao horario de enlace coa liña ao Hospital Álvaro Cunqueiro, Povisa e Universidade (todas estas posibilidades non existían, dependían de transporte privado ou taxi). “Deseñouse de xeito que, por exemplo, unha persoa chegue a tempo ao centro de saúde a facer unha analítica ou consulta médica e poida regresar a continuación para casa e tamén para conectar coa liña á Universidade ou Hoispital Álvaro Cunqueiro, tendo en conta ademais que abre á porta ao trasbordo para ir a Vigo ou Baiona”, incide García.
O Nigranbus, considerado como un fito histórico do Concello, é posible tras conseguir o goberno local que a liña fose incluída como ‘Servizo de Interese Municipal’ (SIMU) dentro do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia. Isto significa que se fai cargo a actual concesionaria Lugove a cambio de que o Concello achegue un cánon anual de 80.000 € máximo á Xunta. O convenio é flexible, puidendo modificarse, ampliarse e adaptarse ás necesidades concretas que se detecten. Esta fórmula permitirá, a súa vez, que os viaxeiros se beneficien da Tarxeta de Transporte Metropolitano, é dicir, serán gratis os transbordos e todo para menores de 21 anos ou haberá as mesmas bonificacións a estudantes, xubilados ou desempregados (sen estes descontos sería 1,55 €).
O vehículo provisional é de 22 prazas e a gasolinta, pero tal e como solicitou o Concello, o definitivo será unha Mercedes Sprinter carrozada etiqueta ‘Eco’ co fin de aforrar emisións e tamén de 22 prazas máis unha adaptada.
Europa vén de premiar á OMIX de Tomiño polas súas boas prácticas como oficina Multiplicadora Eurodesk, un espazo que se encarga da xestión da información europea da provincia sobre campañas, iniciativas e programas de formación a nivel europeo.
Con este galardón en materia de comunicación dáse un gran recoñecemento aos encontros anuais que a rede de información europea na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal realiza dende 2014, nos que se comparten boas prácticas e se planifican accións conxuntas.
Como salientaban na diapositiva coa que se presentou esta iniciativa, a vida non é doada para as redes de información europeas situadas moi lonxe de institucións e dos centros de decisión da Unión Europea, pero dende as que se quere contribuír a facer Europa tamén dende a mocidade. O entusiasmo por achegar Europa á veciñanza e ao tecido empresarial e académico da Eurorrexión dan unha forza extraordinaria aos membros desta rede que pouco a pouco vai incrementando a súa visibilidade e perfeccionando a súa complementariedade e a oferta de servizos.
A OMIX de Tomiño forma parte dunha rede de 1.200 profesionais con representación en 34 países dirixida principalmente á mocidade e ás entidades que traballan neste ámbito en Europa e que busca concienciar á rapazada sobre as oportunidades de mobilidade que existen na UE.
“Este premio é o recoñecemento do arduo traballo e compromiso da nosa OMIX para brindar información e orientación de calidade aos mozos e mozas tomiñesas. A través de Eurodesk facilitamos o acceso a oportunidades de mobilidade, programas educativos e experiencias no estranxeiro fortalecendo o crecemento persoal e as perspectivas da nosa mocidade. Este premio ten que ser unha motivación para seguir avanzando no noso labor de apoio á nosa rapazada”, destacou a alcaldesa, Sandra González.
Primeiro acto oficial como presidente da Deputación para Luis López, que acaba de participar na presentación da nova edición de PortAmérica xunto ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, ao director xeral da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles e representantes do ámbito privado como Juan Martínez Inchausti, responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia, e do sector cultural como Kin Martínez Silva, director do festival e de Esmerarte. No acto, o presidente subliñou a importancia do traballo conxunto para “avanzar e construír unha provincia próspera e con futuro” e relacionou os “puntos fortes” de PortAmérica, entre os que situou a promoción da cultura, o turismo e a sostibilidade, cos elementos clave para a Deputación.
“Este festival e este acto exemplifican con claridade cal quero que sexa a miña folla de ruta e liña de traballo destes catro anos que veñen por diante” destacou o presidente para poñer en valor a colaboración entre administracións e co sector privado que se exemplificou na presentación da nova edición de PortAmérica. “Todos –asegurou- remando na mesma dirección, que non é outra que impulsar e potenciar a nosa industria cultural que, neste caso, vai unida ao turismo, un dos grandes motores económicos da nosa provincia”. Neste aspecto, López adiantou que a promoción da industria cultural será un dos grandes retos nos que se vai centrar o novo goberno provincial, así como o impulso aos sectores económicos da provincia como é o caso do turismo. “Somos o principal destino turístico de Galicia e imos traballar arreo para ser, se cabe, máis competitivos do que xa somos”, asegurou, ao tempo que manifestou que non se perderá de vista o compromiso coa contorna natural, “porque as consecuencias do cambio climático están aí e non poden permanecer alleas ás políticas públicas”. E, para conseguilo, o presidente apelou á colaboración entre institucións e entre o sector público e privado para “dar respostas e solucións ás demandas da cidadanía e construír unha provincia con máis oportunidades”.
PortAmérica
PortAmérica trátase, tal e como remarcou Luis López, dunha das citas galegas “por excelencia” do calendario estival. Deste xeito, o presidente enxalzou a ampla oferta musical do festival, a súa proposta gastronómica a través do aclamado “Showrocking” e o compromiso que ten o evento coa sostibilidade a través de iniciativas como “Unha entrada, unha árbore”. “Sobran –asegurou- os motivos para acudir a Portas entre o 13 e o 15 de xullo”.
A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio Francisco Sánchez, acolle até o venres 28 deste mes a exposición “Un canto á cor e á vida” da guardesa Chuny Vázquez.
A mostra está conformada por 73 cadros de distintas etapas pictóricas da artista e agrupados por temática: personaxes, barcos, flores… A colección que presenta está dominada pola cor, pero tamén recolle algunha das súas obras realizadas en rotulador negro.
A exposición que agora se amosa en Tui presentouse o ano pasado na Casa dos Alonso da Guarda, e supuxo o regreso á actividade expositiva de Chuny Vázquez tras catorce anos de ausencia.
A mostra foi inaugurada o pasado venres contando coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, de membros da corporación municipal, da propia artista, do xornalista Ricardo Rodríguez, e da cantautora guardesa Mª José Baz, xunto a numeroso público.
A igrexa do Convento de Santa Clara será este ano a sede das Noites de Música Antiga, o ciclo musical que cada verán organiza o Museo de Pontevedra. As dúas actuacións programadas nesta XIV edición son as de Resonet o venres 14 de xullo e de Ars Nova o venres 28 do mesmo mes, ambas ás 20:00 h. O acceso é de balde ata completar a capacidade.
Resonet formouse en 1990 en Santiago de Compostela, baixo o impulso do laudista Fernando Reyes, quen dirixe o grupo, e a soprano Mercedes Hernández, tomando o nome dunha peza do Códice Calixtino. Os seus compoñentes están especializados na interpretación da música antiga nos máis recoñecidos centros de formación de Europa e ao longo da súa traxectoria realizaron numerosos concertos en prestixiosos festivais e auditorios por todo o continente e contan cun importante número de gravacións editadas.
Ars Longa
A formación está composta por Mercedes Hernández (soprano), Christian Losada (tenor), Paulo González (frautas) e Fernando Reyes (tiorba, guitarra barroca e dirección). Resonet dedica grande atención á música relacionada con Galicia e co Camiño de Santiago en particular, e isto tamén se apreciará no programa do seu concerto en Pontevedra.
O programa da súa actuación divídese en cinco partes: a canción do bo camiño, a canción da boa vida, a canción do amor e da morte, a canción do paraíso e a canción de Santiago. Nelas soarán temas desde o século XII (Vox nostra renonet, do Códice Calixtino) ata o século XVII, con pezas de compositores e compositoras como Claudio Monteverdi, Barbara Strozzi e Henry Purcell, entre outros.
Ars Longa o venres 28
O segundo e último concerto do ciclo terá como protagonista os tesouros musicais de América, a cargo de Ars Longa. Esta formación foi creada por Teresa Paz e Aland López en 1994 en La Habana, con intérpretes saídos dos conservatorios da capital cubana e do Instituto Superior de Arte, dedicados ao labor de recuperación e estudo do repertorio entre a Idade Media e o Barroco, con especial atención á música do período colonial na América Hispana.
Ao longo destas case tres décadas de vida, Ars Longa actuou en relevantes festivais de música nacionais e internacionais de Europa e América e gravou once álbums dedicados á música do período colonial de España en América. A formación no concerto en Pontevedra estará composta por Teresa Paz (soprano e dirección), Andrea Trueba (mezzosoprano), Aland López (arquilaúde e guitarra barroca) e Beatriz López (viola da gamba). Co título ‘Tesouros de América’, o programa que interpretarán no convento de Santa Clara comprende unha ampla e coidada selección de compositores que se moven entre América e España, ben persoalmente ou ben a súa música, integrada como parte do patrimonio da música das cidades do Novo Mundo hispano. Entre pezas vocais e instrumentais, achegan un repertorio variado e representativo da altísima altura artística que se acadou nos ámbitos relixiosos e profanos, cunha sorprendente mestura de ritmos, xiros melódicos e mesmo de linguas, como se aprecia en varias das obras deste programa.
O proxecto de Innovaugas permitiu reducir ata o 30 % o consumo enerxético das depuradoras de Baiona, Nigrán e Gondomar e evitar a emisión á atmosfera o CO2 equivalente ao de 2.200 vehículos diésel.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co alcalde, Jesús Vázquez Almuíña, visitou hoxe a depuradora de Baiona para presentar os resultados do sistema de optimización do consumo enerxético que se desenvolveu no marco do programa Innovaugas.
Explicou que este proxecto pioneiro, aliñado coa estratexia galega de economía circular, se dirixe a acadar depuradoras de augas residuais intelixentes. Así, activouse inicialmente nas depuradoras de Gondomar, de Nigrán e Baiona, a modo de proxecto piloto.
Detallou que a solución técnica para reducir o consumo enerxético nestas plantas baséase nun sistema innovador de explotación por intelixencia artificial. Dotouse cada tratamento de sensores que avalían o seu estado e funcionamento en continuo e controlan a calidade da auga residual á entrada da planta.
De xeito máis concreto, existen 3 niveis de control: un primeiro con dispositivos que recompilan información en tempo real sobre os procesos de depuración e consumos; un segundo, que integra algoritmos de control intelixente en tempo real dos distintos procesos e establece procedementos para optimizar o seu funcionamento; e un terceiro, que recompila os datos e achega feedback para a toma de decisións con simulacións.
Con todos os datos recollidos a intelixencia artificial contribúe á toma de decisións na explotación da depuradora que permitan unha maior eficiencia no consumo de enerxía mantendo a calidade requirida na auga que finalmente se verte ao medio.
A conselleira sinalou que este sistema leva funcionando 5 meses nas citadas depuradoras, constatando que se evitou a emisión á atmosfera de máis de 147.500 toneladas de CO2 ao ano.
Precisou que na planta de Baiona se obtivo unha redución do consumo enerxético do 30 %, rexistrando nas tres depuradoras nas que está implantado o sistema unha media de redución que acada o 10 %.
Explicou que en xuño decidiuse implantar e probar tamén este sistema na depuradora de Ponte Caldelas, unha planta moito máis pequena e que só ten tratamento físico-químico.
Na depuradora de Ponte Caldelas, estase acabando de colocar os equipos, polo que este sistema está en fase de probas. Nos próximos meses, ata outubro, desenvolverase a fase de validación, que permitirá coñecer se os resultados acadados son óptimos e se é viable e acaído replicar o despregamento do sistema en depuradoras similares.
Avanzou que este sistema de redución de consumo enerxético poderá ser replicado, non só noutras desas 28 depuradoras que explota a Xunta, senón tamén nas plantas de tratamento que explotan os concellos, ao ser unha ferramenta útil para baixar o consumo e diminuír o custo enerxético.
Incidiu en que, de despregar este sistema en todas as depuradoras de máis de 2.000 habitantes de Galicia e lograr o aforro perseguido, se acadaría unha redución de emisións equivalente á de todos os vehículos diésel da provincia de Pontevedra.
Puxo en valor o paso dado pola Xunta para avanzar no obxectivo constante de mellorar a xestión do ciclo integral da auga en Galicia e cara á neutralidade enerxética das depuradoras. O proxecto Innovaugas 4.0 está cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.
Butacas listas para celebrar a III Mostra de cinema do Rosal, un festival organizado pola asociación Ghorghalado coa colaboración do Concello do Rosal que busca achegar ao público rosaleiro unha oferta cinematográfica difícil de atopar nos circuítos habituais. A mostra celebrarase do xoves 27 ao sábado 29 de xullo nos xardíns da casa rural Abadía de Eiras, ao aire libre, en horario nocturno e con entrada de balde.
O programa desta terceira edición contempla a proxección de máis de trinta obras entre curtametraxes e documentais, a maioría delas de forte contido social, con comedias intercaladas “porque cun sorriso a mensaxe transmítese mellor”. Serán todas obras de grande calidade, aumentando aínda máis se cabe a calidade dos traballos proxectado no festival.
Proxectaranse entre outras ‘El crédito’, cun sublime José Sacristán de protagonista, ou ‘Mesa para tres’, con Luis Zahera nunha sorprendente actuación. Ademais, nesta edición xunto a obras do territorio español poderán verse outras de Finlandia, Portugal, Arxentina ou Irán, internacionalizando máis a mostra respecto ao ano pasado.
Por outra banda, con ‘A falta de pan’, protagonizado por Álex Angulo, Carlos Álvarez-Novoa e Amparo Baró, entre outros, a Mostra de cinema do Rosal inaugura un novo apartado de curtametraxes xa veteranos. Con estas proxeccións o festival quere achegar o seu gran de area para recuperar as obras que, a pesar da súa innegable calidade, son descoñecidas para a maioría do público.
A III Mostra de ciname do Rosal arrancará o xoves 27 ás 21.00 horas coa presentación da edición, á que seguirán as proxeccións da xornada. Mentres, venres 28 e sábado 29 as proxeccións comezarán ás 21.30 horas. Finalmente, a mostra despedirá a súa terceira edición o sábado cunha queimada.
A banda do Condado segue coa súa xira, que os ten levado a punto tan dispares coma O rosal, Allariz, Pontecaldelas ou a Illa de Arousa. Nesta ocasión farán unha parada en Salvaterra de Miño o vindeiro venres, ás 23 horas no Soho Bar. A entrada é de balde.
Acaban de resultar gañadores do certame de bandas Trece Roeis Fest 2023, tras unha selección previa entre moitos grupos de toda Galicia. Tamén saíron gañadores dunha batalla de bandas, onde competiron contra outras 6 bandas/artistas. O seu estilo grunge/rock dos 90 en galego, que lembra a bandas coma os primeiros Radiohead, Nirvana ou incluso Oasis, trae de novo as guitarras ao fronte e fará as delicias de todos os fillos da xeración X.
O sábado 11 de marzo lanzaron o seu primeiro sinxelo “Un novo nome”, acompañado dun videoclip dirixido pola artista multidisciplinar Wences Lamas. A letra trata sobre a transición, a aceptación dos cambios na vida, así como as escollas que esta obríganos a realizar. Neste tema pregúntanse se cando algo remata abruptamente e debemos adaptarnos a una nova realidade, teremos a forza para comezar una vida distinta e renacer? Foi compartido no Zig Zag Diario da TVG e en diferentes medios como “Galiza Metálica”, “Rouco Son”, “Canedo Rock” “Radio nove” e “Ábrete de orellas” entre outros.
Neste momento atópanse inmersos na xira de presentación deste tema, con moitas datas en Galicia e nun futuro próximo Portugal.”
O Concello de Arbo, pon en marcha o Verán Cultural 2023, con actividades na Biblioteca de Arbo.
Dentro do programa leer Conta, este 12 de xullo (mércores) ás 11.30 h terá lugar a actuación infantil “Contábamos na casa”, a partir dos 6 anos de idade.
Pero esta non será a única actividade dentro deste programa:
O 26 DE XULLO (MÉRCORES): Ás 11:30h. actuación infantil “Escándalo na Biblioteca”, a partir dos 8 anos de idade.
O 9 DE AGOSTO (MÉRCORES): Ás 11:30h. actuación Infantil “A nena que podía falar cos animais” a partir dos 4 anos de idade.
23 DE AGOSTO (MÉRCORES): Ás 11:30h., actuación Infantil “A igualdade non ten idade”. Para idades de 3 a 13 anos.
Ler conta moito ten como obxectivo xeral animar á lectura a través do desenvolvemento de accións atractivas vinculadas aos intereses dos distintos colectivos, que faciliten o achegamento a ese mundo completo que poden atopar nos espazos bibliotecarios, tanto a través dos libros coma a través dos materiais audiovisuais e informativos que conforman os fondos das bibliotecas.
Con esta programación preténdese:
Fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación, a través dun achegamento á biblioteca que esperte o interese polo que esta pode ofrecer.
Fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais.
Consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade.
Promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo.
Valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexion
Dende o Concello de Arbo, animan aos máis cativos do Concello a achegarse a biblioteca municipal para gozar destas actividades lúdicas.
Dende o 10 de Xullo, están xa abertas as inscricións para poder participar na 15K do Atlántico – Banco Mediolanum, un evento deportivo que terá lugar o 1 de outubro entre os Concellos de Oia, O Rosal e A Guarda con dúas modalidades de participación, mini 15k de 7,5km e 15k de 15km.
A prova cumpre a súa décima edición este ano e por iso a organización conta con novidades e sorpresas para todos e todas as participantes.
A primeira novidade é que para que poida participar moita máis xente, este ano haberá unha distancia intermedia de 7,5 km con saída e chegada en Portecelo (O Rosal). Amáis durante o percorrido contarase con animación a cargo de grupos e charangas.
Lembrar que a 15K do Atlántico ten un espectacular percorrido entre Oia e A Guarda, pasando polo Concello do Rosal, e bordeando sempre as augas do Atlántico, espectador de luxo deste evento deportivo.
A cita, que nesta ocasión será o 1 de outubro, foi medrando ano tras ano, superándose os 600 atletas chegados de toda Galicia, norte de Portugal e do resto da Península.
A Deputación de Pontevedra revalida a súa presenza na Feira do Libro de Ponteareas, que arranca este xoves 13 de xullo ás 11:00 horas nos Xardíns da Xiralda (fronte ao edificio do Concello) e desenvolverase ata o domingo 16 de xullo. A institución provincial contará cunha caseta propia e, ademais, organiza para o venres, 14 de xullo, unha sesión de contacontos a cargo de Atenea García. A feira estará aberta en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas, aínda que o primeiro día celebrarase só pola tarde.
Na Feira do Libro de Ponteareas a Deputación de Pontevedra ofrecerá unha mostra de volumes editados pola institución ou que son froito de colaboracións, e de programas propios como VII Obradoiro Internacional de Tradución Poética, Violetas no asfalto de Lucía Novas, Auga nómade de Eva Veiga, O fardel da memoria, de Conde Corbal, Tres tempos e a esperanza, de Mariví Villaverde, Polos vieiros do fabulador. Cunqueiro e Pontevedra, de Álvaro Cunqueiro, Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil, de Manolo González, 365 días 365 mulleres, Ti non sabes o que é ser escritora (do Manifesto de Soutomaior), A conversa expansiva. O pasado por vir, O pasado por vir II, Acorda. Cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra, Regreso á illa de San Simón, As 9 cruces, Desmontando a propaganda franquista e Tes cinco minutos #3 (da Escola de letras). As persoas que se acheguen ata a caseta da institución provincial poderán recibir tamén agasallos promocionais, como cadernos e lapis co lema Cultura cos pés na terra. Os lapis, ademais, inclúen sementes para que a xente poida, de xeito simbólico, cultivar cultura nas súas casas.
Como actividade complementaria, o venres, 14 de xullo ás 21.00 horas, terá lugar o espectáculo de narración oral Estrafalaria, unha sesión de contacontos a cargo de Atenea García. Trátase dunha actividade que combina a narración oral coa manipulación de obxectos, onde o público participa activamente do relato.
O Concello de Nigrán dipón dun novo leiraparking público e gratuíto ante o cese do alugueiro do actual na rúa Torriña. Este outro aparcadoiro é nun terreno municipal e dispón de 1.200 m2, atópase na rúa Vilaméan (a menos de 200 metros da Casa Consistorial e onde se situaba precisamente o primeiro leiraparking municipal que tivo o Concello).
“Lamentamos as molestias que ocasionou este peche durante catyro días e dispomos de alternativa nun espazo municipal igual de céntrico”, explica González, quen avanza que “adicionalmente” desde o Concello estamos na procura de novos espazos tamén céntricos e nun espazo de máis de 2.500 m2″.
“Ter un espazo gratuíto de aparcamento disuasorio no centro urbano de Nigrán é algo indispensable porque beneficia a toda a veciñanza e repercute directamente no comercio da zona, máxime agora en tempada estival que multiplicamos a poboación e se agrava o problema de aparcar”, engade.
Este leiraparking súmase ao aparcadoiro público e 100 % gratuíto da Ramallosa (rúa Argonautas, ao carón da piscina) que o goberno local conseguíu remunicipalizar mediante a súa xestión directa e abrir en xaneiro de 2022 tras 5 anos pechado. Ademais, o rexedor subliña o Nigránbus como outra medida de mobilidade sostible, operando por vez primeira este verán e que conecta as parroquias do interior cos principáis núcleos urbanos, “unha medida que busca precisamente que deixemos o coche na casa e nos movamos en transporte colectivo”, sintetiza.
A Guarda acolleu a pasada fin de semana a terceira edición do festival musical “A Guarda Mar de Blues”, baixo a organización do Concello da Guarda en colaboración con Onme Producciones – Mais que Blues e patrocinado por Cervezas Alhambra.
A programación arrancou na xornada do venres día 7 de xullo co concerto de Julián Maeso, un dos pratos fortes desta edición, e que debido á situación meteorolóxica desfavorable se celebrou nun ambiente máis íntimo no Salón de Plenos da Casa dos Alonso. Julián Maeso é un dos músicos máis versátiles que existen no noso país e cualificado por moitos como o “Dr. John” español ou mesma reencarnación do gran “Jimmy Smith”, grazas ao dominio e manexo do órgano Hammond. Deleitou aos asistentes cun concerto cheo de momentos Funk indescriptibles, Soul, R&B,… que quedaron sen dúbida gardados para sempre na retina de aqueles que se achegaron á primeira xornada do Mar de Blues.
As actividades continuaron cunha Sesión Vermú na mañá do sábado 8 de xullo con “Javier Turnes y The Hake Men”, Javier Turnes estivo na Guarda presentando o seu novo proxecto musical. Falar de Javier Turnes é falar dun dos grandes estudiosos do Blues en Galicia, e xunto a The Hake Men ofreceu un precioso percorrido polo son de Chicago ata as beiras do río Mississippi.
O prato forte chegou na noite do sábado con “Mingo Balaguer & Pablo Sanpa”, Mingo Blagauer é un dos grandes mestres da armónica no país… un veterano músico con máis de 30 anos sobre os escenarios e que ten tocado xunto a lendas do Blues como Hubert Sumlin, Johnny Winter ou Magic Slim, entre outros moitos. Contou co apoio de Pablo Sanpa, un dos guitarristas con máis recoñecemento no panorama nacional do blues.
“Tommy Castro & The Painkillers” subíu ao palco do Mar de Blues cun concerto cheo de Blues, Soul, R&B, Rock…. da mán desta banda procedente de San Francisco. Tommy Castro ten mais de 3 décadas de carreira profesional, infinidade de premios como o recente “Blues Music Awrad” á mellor banda en directo do ano, milleiros de concertos, unha suculenta e ampla discografía e infinidade de colaboracións xunto a grandes nombres como Carlos Santana, Bob Weir, Greg Alman, Dr. John, Willie Nelson, Jeff Beck, Joe Bonamassa, Elvin Bishop, Charlie Musselwhite, Magic Dick of J Giles, Taj Mahal, Los Lobos ou John Lee Hooker, que fixo a súa última aparición pública, para gravar o disco «Guilty of Love» de Tommy Castro. A Guarda Mar de Blues pecha a súa terceira edición cunha excelente crítica por parte dos amantes da música Blues, que xa agardan pola celebración da cuarta edición no ano 2024.
O Concello do Porriño instalou onte unha nova cabina telefónica na céntrica parada de taxis da rúa Estación. Esta cabina permite atender en condicións as chamadas dos usuarios deste servizo.
Os profesionais porriñeses, preto de 20 nesta parada, reclamaban hai tempo unha solución á administración local ante o deterioro do anterior locutorio, que se atopaba en pésimas condicións.
No deseño da nova cabina apostouse pola posta en valor do noso buque insignia, o granito. Así, a instalación simula un bloque de Rosa Porriño extraído das canteiras (coñecidos como azucarillos ou cubos). Está realizada sobre unha estrutura metálica, con paredes interiores de chapa de panel sándwich e forrada e cuberta con granito Rosa Porriño.
O verán arranca en Ponteareas cunha nova visita dunha unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, que estará os vindeiros 12 e 13 de xullo na vila para todas aquelas persoas que queiran achegar a súa pinga de solidariedade. Estas dúas xornadas o autobús situarase na Avenida de Galicia, na parte traseira da Casa do Concello, en horario de mañá e tarde: de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.00 horas.
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que cada día mantén abertos locais de doazón nas sete grandes cidades de Galicia e despraza dez unidades móbiles na procura de doazóns de sangue que logo son procesadas e analizadas nas dependencias centrais. Deste xeito é posible enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días do ano.
Dende a Axencia lembran que para poder doar todas as persoas deben ser maiores de 18 anos e pesar máis de 50 kg, así como non ter febre, tose ou problemas respiratorios durante os 15 días antes da doazón. É importante ademais levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar e informar ao médico de se se está a tomar algún tipo de tratamento médico.
Para maior información, a Axencia dispón do teléfono gratuíto de atención ao público 900 100 828, a través do que consultar calquera dúbida sobre a doazón de sangue ou a localización das unidades móbiles.
O Concello de Nigrán ofrece a exposición ‘Nigranjazz-XVII anos de música e deseño’ ata o 31 de xullo na fábrica de Cervexas Banda en Porto do Molle (rúa do Labrego, 22, nave 5 E) coincidindo coa celebración este mes do Nigranjazz (28 e 29 de xullo na Foz do Miñor). A mostra recompila os carteis de cadansúa edición e estará dispoñible na sala de exposicións de ‘Banda’ de luns a venres de 11:30 a 19:00 coincidindo coa apertura do tap-room (espazo onde sirven as súas propias cervexas).
O festival está ligado ao concurso de carteis ‘Quin Alborés’ do Concello de Nigrán, dotado con 500 euros á proposta gañadora, e que ten como obxectivo difundir a imaxe do Nigranjazz en cada edición. O certame rende homenaxe desde o ano 2010 ao falecido artista nigranés Quin Alborés, gran amante do xénero e quen impulsou o evento desde o seu comezo deseñando os tres primeiros carteis.
O Concello de Tomiño prepara xa a segunda actuación do novo ciclo ‘Música e Románico’, un programa de grande éxito entre a veciñanza co que poñer en valor o importante patrimonio histórico artístico que representan as igrexas da época románica situadas nas parroquias tomiñesas.
Neste segundo encontro o público poderá desfrutar na igrexa de San Salvador de Tebra dunha orixinal proposta de Tatiana Komar e Elena Alonso que, a partir de dous instrumentos clásicos, achegarán a todas as persoas participantes a todo tipo de xéneros e idades para unha experiencia compartida polo público interxeracional.
Será o vindeiro venres 14 de xullo ás 20.30 horas con entrada de balde. Como ven sendo habitual, a actuación estará precedida por unha breve explicación ao público dos principais elementos románicos da igrexa de San Salvador de Tebra, convertida por unhas horas en escenario.
Tatiana Komar comezou os seus estudos na súa Siberia natal para máis tarde trasladarse a Moscú, onde obtivo o título superior de violín e viola. Durante os seus estudos tocou como solista nas salas máis famosas de Moscú antes de trasladarse a España, onde tivo a oportunidade de traballar con Joaquín Cortés no seu espectáculo ‘Mi Soledad’ e con Nacho Cano no musical ‘A’.
Pola súa banda, a salmantina Elena Alonso rematou os seus estudos de música no Conservatorio Superior de Música de Madrid. Durante a súa carreira gañou varios concursos internacionais de arpa e colaborou coa Orquestra da Comunidade de Madrid en diversos programas, tocando no Auditorio Nacional e no Teatro da Zarzuela.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por 2.883.779 euros as obras de mellora do firme na estrada autonómica PO-400 ao paso polos concellos de Arbo, As Neves e Crecente.
Estas intervencións, adxudicadas á empresa Covsa, comezarán na segunda quincena de xullo e contan cun prazo de execución de 9 meses.
O obxectivo deste contrato é a renovación do firme da calzada nalgúns treitos da estrada PO-400, entre os puntos quilométricos 8+700 e 12+660, ao seu paso polo concello das Neves; do 12+660 ao 17+800 e do 19+300 ao 24+800, en Arbo; e do 24+800 ao 28+000, en Crecente.
As obras consistirán no fresado e reposición do firme das zonas localizadas que se atopen deterioradas e no recrecido nalgúns treitos.
Tamén se levará a cabo o acondicionamento das interseccións arredor dos quilómetros 13+900 e 17+500, coa incorporación dun carril central para facilitar os desvíos.
Acometerase, ademais, a reparación puntual da sección transversal en distintos puntos para mellorar a capacidade de drenaxe.
Por último, procederase á reposición das marcas viarias, símbolos e cebreados en todo o treito da actuación e á colocación de captafaros.
Este martes 11 de xullo, ás 8 da mañá, abrirase o prazo de matriculación para o último dos obradoiros da Escola de Letras da Deputación e a Editorial Galaxia deste ano, que impartirá entre os meses de setembro e outubro Diego Giráldez no Edificio Administrativo da institución provincial en Pontevedra. As persoas interesadas en participar deberán anotarse a partir das 8 da mañá en [email protected], indicando o seu nome completo, enderezo electrónico, número de teléfono e, no asunto do corpo, o obradoiro, cidade e docente. As peticións formalizaranse por estrita orde de chegada.
O taller literario, que pechará a cuarta edición da Escola, arrancará o día 12 de setembro e continuará os días 19 e 26 dese mes e o 2, 9, 16, 23, 30 de outubro, en horario de 18 a 20 horas. Consta de quince prazas (terán preferencia as persoas que non participaron na Escola con anterioridade) e haberá unha lista de agarda para cubrir posibles baixas. O encargado de impartilo, Diego Giráldez (O Porriño, 1976), leva toda a súa vida profesional vinculado ao xornalismo, dirixindo distintos xornais e revistas e colaborando como columnista. Licenciado en Historia da Arte, publicou varios traballos, que abranguen desde a arquitectura ata a historia económica. Sen renunciar á creación literaria, con vinte anos participou xunto con outros autores no poemario Baldío. En 2016, saíu á luz Galería de saldos, o seu primeiro traballo literario de narrativa, co que foi elixido Autor Galego do Ano polas lectoras e lectores da revista Fervenzas Literarias. En 2010 gañou o Premio Literario de Relato Curto José Saramago e ese mesmo ano recibiu o Premio Círculo Cultura. En 2015 fíxose co primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo e un ano despois gañou o premio literario Manuel Murguía.
Coa celebración deste obradoiro, a Escola de Letras pechará a súa cuarta edición. Neste ano, programáronse un total de seis cursos en Vigo e Pontevedra, da man do claustro formado por Inma López Silva, Antonio García Teijeiro, Esther Carrodeguas e Marta Dacosta, amais de Diego Giráldez. A Escola está dirixida por Francisco Castro, director de Galaxia.
Os concertos de Castrelos non decepcionan, así se demostra co cartel de concertos que presentou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, este ano. O sábado acudiron miles de persoas coa intención de disfrutar da boa música.
O auditorio volveu a vibrar este ano co primeiro concerto de esta edición. Andrés Calamaro fixo saltar e cantar ao público con temas clásicos como “Estadio Azteca”, “Te quiero igual” ou rememorando os seus tempos en Los Rodriguez con canciones como “Sin documentos”.
A vindeira cita será o sábado 15 de xullo con David Bisbal, e as entradas sairán mañá á venda na páxina habilitada polo Concello https://www.vigoenfestas.com/es/. Como é habitual, as entradas sairán en dúas quendas, a primeira ás 9:30 horas e a segunda ás 16:30 horas. En cada quenda venderanse 2.500 entradas.
A concelleira de Atención Veciñal, Medio Ambiente, Mantemento de Zonas Urbanas, Parques e Xardíns, Laura Méndez, reuniuse esta mañá con representantes do Consorcio de Augas do Louro, entre eles o seu xerente, Rufino Rodríguez, para tratar sobre a posta en marcha dun plan municipal que reforce e complemente a campaña semestral de desratización levada a cabo por parte do Consorcio.
Desenvolverase deste xeito un programa conxunto entre o Consorcio de Aguas do Louro, entidade encargada da rede de saneamento e abastecemento municipal, o Concello de Mos e a empresa concesionaria do servizo municipal de recollida de lixo, FCC, para implementar os resultados da desratización que o Consorcio fai cada seis meses. Para elo, desde a administración local mosense a través da empresa de recollida de lixo, farase un estudo a maiores para controlar a correcta utilización dos contedores no horario adecuado, así como unha exhaustiva limpeza en determinadas zonas.
A edil Laura Méndez informou de que “asociados á chegada da tempada estival, sucédense avisos veciñais por existencia de roedores en espazos públicos. Sobre todo concentrada nos lugares do municipio con maior densidade de poboación, como Puxeiros en Tameiga e San Rafael en Pereiras. O Consorcio de Augas do Louro fai cada 6 meses unha campaña preventiva de limpeza e desratización nos colectores, pero consideramos necesario actuar conxuntamente entre o Consorcio e a área municipal de Mantemento de Zonas Urbanas, para evitar que estes animais proliferen nesas zonas”.
Os puntos críticos detectados ata o de agora son o alto de Puxeiros, nas inmediacións da Urbanización “Butano”, no parque do Campo da Feira e fronte a Correos. En San Rafael, nas inmediacións da isleta de recollida xunto á Tapería Lano.
Durante a xuntanza desta mañá, segundo explicou Méndez, “acordamos que o Consorcio, ademais de continuar coa campaña semestral de desratización, fará unha inspección no alto de Puxeiros do estado de mantemento e limpeza das acometidas privadas da urbanización para, en caso de ser necesario, solicitar aos propietarios á súa limpeza e correcto mantemento. Así mesmo, realizaremos un estudo das posibles causas asociadas, sobre todo polo incumprimento dos horarios recomendados para depositar os desperdicios por parte dos cidadáns e empresas de alimentación e hostalería. E levaremos a cabo a modificación da ordenanza municipal de medio ambiente, que reflicta específicamente os horarios obligatorios para depositar o lixo nos contedores”.
Por último, a concelleira anunciou que se organizará unha campaña de limpeza interior dos illotes de madeira que albergan os contedores. “Se todos actuamos conxuntamente seremos capaces de atallar un problema de que preocupa a Concello, veciñanza e Consorcio”, concluiu Laura Méndez.
A pasada fin de semana, a piscina Rosario Dueñas, en Ourense, viviu un emocionantísimo Campionato Galego Absoluto de Verán.
O club do condado estivo loitando pola primeira posición durante os tres días de campionato, sen acadar nunca a cabeza da mesma.
Deste xeito chegabase á última proba, as remudas, con todo por decidir.
Grazas ao extraordinario papel dos equipos masculino e feminino nesta derradeira proba, o equipo da vila do Tea foi quen de acadar, in extremis, o liderato conxunto do campionato con, atención, un punto de vantaxe sobre o segundo clasificado, o CN Pabellón Ourense. O CN Portamiñá (Lugo) completou o podium en tercera posición.
O CN Ponteareas sumou un total de 22 medallas, 8 ouros, 6 pratas e 8 bronces.
Na clasificación feminina, o CN Ponteareas acadou o 2º lugar, mentres que os nadadores finalizaban nun 5º posto na clasificación masculina.
Con estas 22 medallas en probas individuais e de remudas e o título de campión, o club mantense un ano máis na cúspide da natación galega.
O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, manifesta a súa satisfacción ao aprobar o Consello da Xunta o decreto polo que declara Ben de Interese Cultural (BIC) na categoría de monumento o conxunto parroquial de San Martiño de Barcia de Mera, en Covelo. A declaración chega tras os informes favorables da Real Academia de Belas Artes, da Universidade de Vigo e do Consello da Cultura Galega e culmina así un proceso no que non se rexistraron alegacións.
“A declaración de Ben de Interese Cultural é fundamental para a conservación desta xoia do pasado que chegou aos nosos días tendo agora a obriga de devolverlle todo o seu esplendor”, manifesta Pablo Castillo que xa mantivo distintas reunións para a redacción dos informes e permisos pertinentes así como para a procura de financiamento para a súa rehabilitación.
O decreto valora o valor histórico do conxunto, ao que se califica como “mostra excepcional” da arquitectura da Diocese de Tui dos séculos XVI e XVII e, por extensión, da arquitectura barroca desenvolvida no médio rural galego. Tamén se valora a “elevada calidade” de todas as construcións e o uso dunha fábrica de cantaría de granito que “lle outorga unha gran monumentalidade ao ben”.
O expediente inclúe o mapa que delimita o conxunto de edificacións, construcións e terreos protexidos. Como se explica no documento, a liña exterior do denominado igrexario de Barcia de Mera é asimilable coa parcela catastral da que é titular a Diocese de Vigo-Tui e englobaría a totalidade do conxunto parroquial.
Para a delimitación do contorno de protección tomouse como referencia a topografía, tratando de definir a cunca visual, e empregáronse os elementos xeográficos que constitúen límites físicos de por si, coma o río Alén, que tamén marca a división entre municipios e os camiños e estradas que acostuman separar eidos distintos e o parcelario histórico na escala máis miúda.
Voluntarias da delegación da Asociación Española Contra o Cancro no Porriño mantiveron unha reunión co alcalde, Alejandro Lorenzo, co obxectivo de trasladarlle a actividade que a asociación leva a cabo no municipio e establecer novos lazos de colaboración entre ambas entidades.
Estiveron presentes Mari Carmen López Palacín, delegada da AECC no Porriño, voluntarias da entidade e Telmo Crespo, Coordinador Territorial da Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra, quen mostrou o seu agradecemento ao rexedor pola súa implicación coa causa.
Tal e como trasladaron ao alcalde, no pasado 2022 levaron a cabo un total de 315 intervencións no Porriño, dúas das cales foron do servizo de logopedia dirixido a pacientes con cancro de cabeza e pescozo, e 225 de atención psicolóxica a pacientes e familiares, 42 de traballo social e 46 acompañamentos do voluntariado a pacientes e familiares no Hospital Meixoeiro.
“A loita contra o cancro require do compromiso de todas e todos, empezando polo das administracións”, apuntou Lorenzo, “Por iso a AECC ten a nosa man tendida para facilitar e promover o seu labor no Porriño empezando por establecer, tal e como acordamos hoxe, acordos de colaboración entre ambas entidades”.
70 anos de experiencia na loita contra o cancro
A Asociación Española Contra o Cancro é a entidade de referencia na loita contra esta enfermidade dende hai 70 anos. Dedica os seus esforzos a mostrar a realidade do cancro en España, detectar áreas de mellora e poñer en marcha un proceso de transformación social que permita corrixilas para obter unha abordaxe integral e multidisciplinar. No seu ADN está estar á beira das persoas polo que o seu traballo tamén se orienta a axudalas a previr o cancro, estar con elas e as súas familias durante todo o proceso da enfermidade e mellorar o seu futuro co impulso da investigación oncolóxica. Neste sentido, a través da súa Fundación Científica, aglutina a demanda social de investigación conta o cancro, financiando por concurso público programas de investigación científica oncolóxica de calidade. Hoxe en día, é a entidade social e privada que máis fondos destina a investigar o cancro: 104 millóns de euros en 565 proxectos, nos que participan máis de 1000 investigadores.
A AECC integra a pacientes, familiares, persoas voluntarias e profesionais que traballan unidos para previr, sensibilizar, acompañar ás persoas afectadas e financiar proxectos de investigación oncolóxica que permitirán un mellor diagnóstico e tratamento. Estruturada en 52 sedes provinciais e presente en máis de 2.000 cidades españolas conta con case 30.000 persoas voluntarias, máis de 500.000 socios e case 1.000 profesionais. No ano 2021, a Asociación Española Contra o Cancro atendeu a 136.000 persoas afectadas pola enfermidade.
O Concello de Nigrán, a través de Cultura no Camiño, ofrece este martes 11 de xullo ás 22:00 horas na Praza do Concello o espectáculo ‘Rock ‘n’ Magic, o novo show do Mago Teto para todos os públicos. Dirixido por Fran Rei, é mais que un espectáculo de maxia; é un concerto de rock and roll. O Mago Teto, un dos mellores e máis populares magos do noso país, une o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, para construir unha función onde a maxia convive con algúns dos clásicos do rock and roll.
Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñación e pequenas e grandes ilusions máxicas comparten protagonismo coa música rock durante os 70 minutos de duración. Led Zeppelin, Bob Dylan, Los Suaves e infinidade de rock stars están presentes neste espectáculo a través dunha banda en directo que é o complemento perfecto á maxia do xenial Mago Teto. Unha gran posta en escena, unha iluminación espectacular, participación do público, humor, maxia son os elementos que fan de Rock ‘n’ Magic un espectáculo único, posiblemente a experiencia teatral máis parecida a un concerto de rock.
A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia este martes 11 de xullo. Permanecerá aparcada diante do Concello de 16.00 a 21.00 horas, a disposición de todas as persoas que queiran achegarse.
Os requisitos xerais para facer unha doazón de sangue son ter máis de 18 anos de idade e pesar máis de 50kg. Cómpre almorzar pola mañá e, despois do xantar, ao mediodía recoméndase agardar 2 horas antes de acudir. Á hora de presentarse é necesario levar a tarxeta de doante, DNI ou documento similar.
Para consultar calquera información relacionada con estes temas, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) ten habilitadas varias vías de comunicación: o teléfono 900.100.828, o correo electrónico [email protected] e a web https://ados.sergas.gal.
Acto solidario
A doazón de sangue é un sinxelo acto solidario que non leva máis de 10 minutos e grazas ao cal pódese salvar a vida doutras persoas.
En Galicia, os hospitais atenden unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos. Por iso, cada día son necesarias entre 400 e 500 doazóns de sangue. Para facilitar as doazóns, a Axencia conta con locais nas sete grandes cidades, así como 10 unidades móbiles que percorren toda a comunidade autónoma.
A Eurocidade Tui Valença prepara-se para receber a primeira edição dos Sons na Rua, no fim de semana de 14 e 15 de julho.
Uma proposta cultural de dois dias, em duas cidades, com oito espetáculos de música na rua, com acesso livre e gratuito.
A programação arranca sexta-feira, 14 de julho, às 16h00 (PT) com um concerto do grupo valenciano Ponto de Encontro, na Praça da República, na Fortaleza de Valença. Seguem, às 17h30 (PT), os valencianos Fados & Tal, também, na Praça da República.
A programação em Tui arranca na sexta-feira, às 21h00 (ES) com os galegos Km Zero, no Paseo da Corredoira, em Tui. Para as 22h00 (ES) está prevista a atuação dos galegos Acevedos Delgados, também, no Paseo da Corredoira, em Tui.
Sábado, 15 de julho, é a vez do artista valenciano Nuno Louro, abrir o segundo dia dos Sons na Rua, com um concerto na Praça da República, na Fortaleza de Valença, a partir das 16h00 (PT). Para as 17h30 (PT) é a vez Yara Gutkin, professora da Academia de Música da Fortaleza de Valença proporcionar o seu espetáculo.
A programação de sábado arranca em Tui, às 21h00 (ES) com a atuação do trompetista Manuel Madarnás, no Paseo da Corredoira, em Tui. A edição de 2023 dos Sons na Rua da Eurocidade encerrará com um concerto, às 22h00 (ES) de Pacheco Bros, no Paseo da Corredoira, em Tui.
Oito espetáculos prometem um programa de diversão, alegria e performances musicais de animação e dinamização dos centros históricos de Valença e Tui, numa época do ano em que as duas cidades já sentem o pulsar da época de férias e dos muitos turistas que visitam a região..
Esta é uma atividade dedicada às famílias, acessível a todas as faixas etárias.
O KiteFest Cesantes Trofeo Xunta de Galicia baixou o pano sumando unha nova edición, e van seis, reunindo na praia de Redondela a case un centenar de riders de diferentes puntos de España e Europa. O domingo celebrouse a última de tres xornadas que durou o evento, e na que se disputaron as Medal Races e tamén concurso de saltos e freestyle que numeroso público seguiu a pé de praia e desde o village instalado en Cesantes.
Medal Races para cinco categorías
As modalidalidades de kite Louzao Kite Foil, Prol, Aceites Abril Twintip, Surf e Tiki disputaban hoxe as Medal Races, ás que xa non accedía toda a frota senón só os 10 ou tres mellores clasificados de onte en función da categoría
Sen cambios no podio de Louzao Kite Foil, clase na que Xusto Fernández conseguiu manter o liderado de onte revalidando o título de campión logrado o pasado ano. A sete puntos quedouse coa prata Gabriel Arias mentres que o rider do TMKiteClub Ignacio Vicente finalizou terceiro.
Fernández volveu a subirse todo o máis alto do podio en Prol, que compartiu con Marcelo Cortés –segundo- e o catalán David Marín –terceiro-, que suma a súa quinta participación no KiteFest.
Grazas a uns parciais 4-6, o baionés Iván Carballo conseguiu non só entrar no podio de Aceites Abril Twintip senón tamén escalar ata o máis alto para impoñerse a Horacio Pequeno e Francisco Costas.
Na clasificación feminina, a súa compañeira no TMKiteClub Mª del Carmen Nieto é a vencedora, seguida de Beira Vázquez e a francesa Helène Lambrey, que este ano se vai de Cesantes con dous bronces (en Twintip e Wingfoil).
A viguesa Patricia Suárez –regatista ademais do equipo preolímpico español de vela- rexistra o seu nome no histórico de vencedores do KiteFest Cesantes Trofeo Xunta de Galicia ao gañar na categoría Surf (cometa con táboa de surf). Vitoria García-Lastra foi segunda e Mª del Mar Gallardo, terceira.
Na xeral masculina non houbo cambios con respecto a onte e Ramón Mantilla leva o triunfo final seguido de José Ríos, tamén do TMKiteClub Cesantes, e Luís Sampedro.
Dúas probas máis sumaron hoxe os riders que competiron en Tiki, cuxo podio tampouco presenta cambios e termina ocupado por Lucas Muller, Andrés Douglas e Fernando Martín.
É a nova tendencia das disciplinas deportivas na auga e por iso non podía faltar no KiteFest Cesantes Trofeo Xunta de Galicia. Consiste en “voar” sobre a auga coa axuda dun á inchable que se manexa coas mans e, aos pés, cunha táboa cun foil que fai que esta se eleve sobre a auga.
Tras a disputa de tres mangas máis, o podio deu un envorco total e pasou a estar ocupado finalmente por Xusto Fernández –que se impuxo nas tres probas de hoxe-, Hugo Martínez e a francesa Helène Lambrey.
Competición de Freestyle e Big Air para pechar o día
Pasadas as 16:00 horas os trucos do Freestyle e os saltos do Big Air pecharon a xornada deportiva ante a mirada do público.
En Freestyle amateur impúxose Fran Costas e en Prol o mozo Rafa Montero, subcampión do mundo sub-19. Na versión con táboa de surf o rider profesional David Marín foi o mellor. Iván Carballo foi o que conseguiu saltar máis alto levándose o seu segundo premio nesta edición.
Entrega de trofeos
Pasadas as 18:30 horas comezaba a entrega de premios na que se entregaron os premios ás seis categorías, ademais da o gañador do concurso de saltos.
Ao acto asistiron Digna Rivas e Iván Vales, alcaldesa e concelleiro de deportes de Redondela, respectivamente; Daniel Benavides, xefe do servizo de deportes da Xunta de Galicia; Francisco Naranjo, private banker de ABANCA; Elena Pérez Canle, directora de márketing de Aceites Abril; Juan Villar, responsable de vendas de Mercedes-Benz Louzao; Viviana García, vicepresidenta da Real Federación Galega de Vela; e Ricardo González, presidente do TMKiteClub.
O VI KiteFest Cesantes Trofeo Xunta de Galicia estivo organizado polo TMKiteClub e o Concello de Redondela, e contou co patrocinio da Xunta de Galicia, ABANCA, Aceites Abril, Mercedes-Benz Louzao e a colaboración da Real Federación Galega de Vela.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.