18.9 C
Pontevedra
Xoves, 21 de Setembro de 2023
Máis
    HomeLouriñaMosMos recibe o premio da Xunta e Ecoembes polo programa de reciclaxe...

    Mos recibe o premio da Xunta e Ecoembes polo programa de reciclaxe “Únete ao reto”

    A concelleira de Atención Veciñal, Medio Ambiente, Mantemento de Zonas Urbanas, Parques e Xardíns, Laura Méndez, recibiu en nome do Concello de Mos o premio da Xunta de Galicia e Ecoembes obtido tras participar na cuarta edición da iniciativa Únete ao reto.

    Mos recibe deste xeito unha contía de 1.500 euros que debe ir destinada a financiar un proxecto social local. O obxectivo desta iniciativa era fomentar a reciclaxe de envases de plástico, latas e briks en contedores amarelos en 11 concellos das catro provincias. Tan só lograron superar o reto 7 dos concellos galegos participantes. Entre eles atópase o Concello de Mos, no que se instalaron elementos publicitarios da campaña na fachada da propia Casa Consitorial e na zona do Multiusos das Pozas (onde se colocou un contedor xigante), precisamente xunto ao parque infantil temático da reciclaxe.

    O reto da campaña Únete ao reto, valla a redundancia, consistía en incrementar, polo menos, nun 10 % as cifras de recuperación deste tipo de residuos con respecto ao ano anterior. Para cumprir o obxectivo, os municipios contaron con programación especial nas súas rúas durante tres meses para concienciar á cidadanía da importancia e o beneficioso que é para o medio ambiente este pequeno xesto.  

    As localidades que, como Mos, lograron o reto recibiron como recompensa 1.500 euros, unha cantidade que deberán destinar á causa social local que elixan. Os concellos participantes foron: Arzúa, Melide, Ribadeo, Barbadás, Celanova, Xinzo de Limia, Baiona, Mos, Nigrán, Salvaterra de Miño e Silleda; que, en total, suman preto de 140.000 habitantes.

    Entre as medidas que se levaron a cabo para superar o desafío, estivo a instalación de contedores xigantes e a realización actividades de concienciación a pé de rúa. Estas accións foron promovidas polos 16 monitores do proxecto, que estaiveron un mínimo de 4 días en cada un dos 11 municipios que colaboraron na campaña.  

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS