23.9 C
Pontevedra
Luns, 14 de Outubro de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda converteuse na Capital do Blues a pasada fin de semana

    A Guarda converteuse na Capital do Blues a pasada fin de semana

    A Guarda acolleu a pasada fin de semana a terceira edición do festival musical “A Guarda Mar de Blues”, baixo a organización do Concello da Guarda en colaboración con Onme Producciones – Mais que Blues e patrocinado por Cervezas Alhambra.

    A programación arrancou na xornada do venres día 7 de xullo co concerto de Julián Maeso, un dos pratos fortes desta edición, e que debido á situación meteorolóxica desfavorable se celebrou nun ambiente máis íntimo no Salón de Plenos da Casa dos Alonso. Julián Maeso é un dos músicos máis versátiles que existen no noso país e cualificado por moitos como o “Dr. John” español ou mesma reencarnación do gran “Jimmy Smith”, grazas ao dominio e manexo do órgano Hammond. Deleitou aos asistentes cun concerto cheo de momentos Funk indescriptibles, Soul, R&B,… que quedaron sen dúbida gardados para sempre na retina de aqueles que se achegaron á primeira xornada do Mar de Blues.

    As actividades continuaron cunha Sesión Vermú na mañá do sábado 8 de xullo con “Javier Turnes y The Hake Men”, Javier Turnes estivo na Guarda presentando o seu novo proxecto musical. Falar de Javier Turnes é falar dun dos grandes estudiosos do Blues en Galicia, e xunto a The Hake Men ofreceu un precioso percorrido polo son de Chicago ata as beiras do río Mississippi.

    O prato forte chegou na noite do sábado con “Mingo Balaguer & Pablo Sanpa”, Mingo Blagauer é un dos grandes mestres da armónica no país… un veterano músico con máis de 30 anos sobre os escenarios e que ten tocado xunto a  lendas do Blues como Hubert Sumlin, Johnny Winter ou Magic Slim, entre outros moitos. Contou co apoio de Pablo Sanpa, un dos  guitarristas con máis recoñecemento no panorama nacional do blues.

    “Tommy Castro & The Painkillers” subíu ao palco do Mar de Blues cun concerto cheo de  Blues, Soul, R&B, Rock…. da mán desta banda procedente de San Francisco.  Tommy Castro ten mais de 3 décadas de carreira profesional, infinidade de premios como o recente “Blues Music Awrad” á mellor banda en directo do ano, milleiros de concertos, unha suculenta e ampla discografía e infinidade de colaboracións xunto a grandes nombres como Carlos Santana, Bob Weir, Greg Alman, Dr. John, Willie Nelson, Jeff Beck, Joe Bonamassa, Elvin Bishop, Charlie Musselwhite, Magic Dick of J Giles, Taj Mahal, Los Lobos ou John Lee Hooker, que fixo a súa última  aparición pública, para gravar o disco «Guilty of Love» de Tommy Castro.  A Guarda Mar de Blues pecha a súa terceira edición cunha excelente crítica por parte dos amantes da música Blues, que xa agardan pola celebración da cuarta edición no ano 2024.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.