Xoves, 18 Setembro de 2025

‘O Estourazo’ homenaxeará á Agrupación Gaiteira de Salceda polo seu décimo aniversario

O vindeiro sábado 17 de xullo, Salceda celebrará o tradicional Estourazo co que se dá o pistoletazo de saída ás Festas do Cristo e coa Agrupación Gaiteira de Salceda como colectivo homenaxeado. Serán polo tanto as persoas integrantes desta agrupación as encargadas de disparar o foguete.

A Agrupación Gaiteira de Salceda foi elixida polo Equipo de Goberno xa que leva dez anos poñendo a nota musical no estourazo que anuncia as Festas do Cristo. A Agrupación, creada especificamente para este acto, reúnese unha vez cada ano, xuntando gaiteiros, gaiteiras e percusionistas de Salceda de Caselas e doutros concellos: O Porriño, Salvaterra de Miño, Tui, Ponteareas, Vigo, etc., e unindo, deste xeito, a compoñentes de numerosos grupos tradicionais de Salceda e arredores.

O colectivo foi creado hai 10 anos por Tere Pérez, sendo concelleira de Cultura, nun grande esforzo por unir aos grupos de música tradicional e conseguir crear unha gran Agrupación Gaiteira.

Precisamente se algo caracteriza a esta agrupación é o xeito de unir a xente de moi diferentes niveis musicais, co único obxectivo de gozar da música tradicional e onde, ano tras ano, as persoas máis experimentadas axudan ás máis novas, sempre nun ambiente cordial e de compañeirismo. A Agrupación Gaiteira de Salcheda chegou a reunir ata 70 persoas nalgunhas edicións.

Nin sequera a COVID19 detivo á agrupación, realizando unha presentación reducida a unas 30 persoas no pasado ano, e que nesta edición ha volver a superar xa o medio centenar de compoñentes. Para iso, son varias as semanas que levan ensaiando, sempre ao aire libre e mantendo a distancia interpersoal en distintos puntos da vila para prepararse para a gran cita anual.

O Estourazo, que este ano celebra a súa décimo segunda edición, serve cada ano para marcar o inicio das festas do Cristo. A cita serve para recoñecer a traxectoria de asociacións e colectivos de Salceda que teñan destacado no ano en curso, e por ela xa levan pasado asociacións e colectivos culturais, deportivos, sociais, sanitarios, etc., e este ano tamén contará co desfile previo polas rúas da vila do colectivo homenaxeado.

Aínda que este será o segundo ano sen verbenas na Praza do Concello, dende a Concellaría de Cultura traballouse para intentar manter vivo o espírito das festas. Deste xeito, durante toda a semana celébranse actividades culturais, e tamén se mantén o tradicional estourazo.

A alcaldesa de Redondela comparte un tempo cos nenos e nenas dos campamentos de conciliación

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, visitou esta semana aos rapaces e rapazas que participan nos campamentos de conciliación postos en marcha pola Concellería de Igualdade, que ela mesma xestiona, coa intención de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións escolares de verán.

Rivas compartiu un tempo cos nenos e nenas e, amais de falar das actividades que se estaban a desenvolver e coñecer a súa opinión sobre os campamentos, fíxolles entrega de mochilas creadas especificamente para esta actividade.

A visita foi tamén aproveitada pola rexedora local para supervisar as medidas de seguridade sanitaria activadas para estes campamentos. “Para nós é tan importante que os nenos e nenas gocen das actividades lúdico educativas, coma o feito de que o fagan con seguridade e con todas as garantías sanitarias”, asegurou.

Este é o segundo ano en que os campamentos de conciliación, que son totalmente gratuítos, abranguen os meses de xullo e agosto –co anterior Goberno só se celebraban en xullo– e, a maiores, neste ano introduciuse a novidade moi ben acollida polas familiar como é que a inscrición poida facerse por quincenas en lugar de por meses completos.

“Buscamos –explicou a alcaldesa redondelá– fórmulas máis flexibles e que cubriran un dobre obxectivo: por unha banda o das familias non precisaban de todo o mes para conciliar a súa vida laboral e familiar e, doutro, posibilitar a participación do maior número posible de nenos e nenas”.

Xuventude á Auga

Na mesma liña de ofrecer tanto actividades deportivas e de lecer para o verán, cómpre lembrar que o Concello de Redondela, a través das concellerías de Deportes e Mocidade, que xestionan Nacho González e Olga García Ballesteros, respectivamente, puxo en marcha o programa ‘Xuventude á auga’

‘Xuventude á Auga’ está dirixida á infancia e mocidade con idades comprendidas entre os 8 e 18 anos e desenvolverá as súas actividades na praia de Cesantes en dous quendas de 40 participantes cada unha delas. A primeira abrangue o período comprendido entre o 19 de xullo e 30 de xullo, mentres que a segunda quenda terá lugar do 2 de agosto ao 13 de agosto. En ámbalas dúas quendas o horario será o mesmo: de 9 a 14 horas.

Digna Rivas salientou a importancia dun programa destas características “na que por primeira vez aténdese á necesidade de actividades para unha franxa de idade totalmente esquecida, a de 14 a 18 anos”.

Tui despide aos membros do equipo olímpico uruguaio de remo concentrado en Tui e que partiu cara Tokio

0

Hoxe partiron dende Tui cara Toquio os membros da selección uruguaia de Remo que estiveron concentrados na cidade dende o pasado 12 de xuño. En concreto participarán nos Xogos Olímpicos Bruno Cetraro, que será o abandeirado da delegación uruguaia, e Felipe Kluver, xunto ao adestrador Osvaldo Borchi.

Na concentración que comezaron hai algo máis dun mes nas instalacións do Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo de Tui, tamén estiveron Martín Zócalo, Leandro Rodas e Eric Seawright –que participaron a semana pasada, na República Checa, no Campionato do Mundo Sub23 de Remo Olímpico, onde tamén competiu a remeira tudense Carlota González– e as remeiras Zoe Acosta, Cloe Callorda, Nicole Yarzon e Ynela Aires, que participaron no mes de xuño no Campionato de España, como preparación dos Campionatos Panamericanos.

Esta foi a segunda concentración desta selección nas instalacións tudenses. O ano pasado prepararan en Tui as probas clasificatorias para os Xogos Olímpicos. Tras acadar a praza para Toquio, o adestrador nacional uruguaio escolleu o noso concello para a preparación da cita olímpica.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, xunto ao presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González e a remeira Carlota González, estiveron esta mañá nas instalacións de remo de Tui, para despedir aos deportistas e desexarlles os mellores éxitos na súa participación na cita olímpica.

A Deputación achega 40.000 euros para o Servizo de Atención Integral a persoas con diversidade funcional da provincia

A deputada de Cohesión Social, Olga García Ballesteros, e a deputada de Xuventude, Ana Laura Iglesias, veñen de visitar a sede de Cogami (Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Diversidade Funcional da provincia de Pontevedra) coa que a institución colabora cunha achega de 40.000 € para a posta en marcha do Servizo de atención integral a persoas con diversidade funcional da provincia. A través desta iniciativa subvencionada pola Deputación estanse a beneficiar aproximadamente 3.340 persoas, de xeito directo e indirecto,das comarcas de Pontevedra, O Baixo Miño, O Condado-Paradanta, Vigo, O Salnés e Deza-Terra de Montes.

O Servizo integral a persoas con diversidade funcional que presta Cogami ao longo do ano inclúe dende aspectos relacionados coa rehabilitación da linguaxe, ata coa rehabilitación física e información e asesoramento. En canto á rehabilitación da linguaxe e física, as intervencións realízanse empregando diferentes praxes e actividades de fisioterapia tanto nas propias entidades que integran a federación como no domicilio das persoas usuarias.

Pola súa banda, no que respecta á información e asesoramento, organízanse xornadas de sensibilización e diferentes actividades encamiñadas a fomentar a autonomía e independencia das persoas con diversidade funcional, así como actividades preventivas, de apoio psicosocial ou de calquera outra índole para dar cobertura ás necesidades detectadas entre as e os usuarias/os. Tamén se contempla a realización de campañas de sensibilización e o acompañamento e axuda ás persoas con diversidade funcional na realización de proxectos, trámites e actividades, na asistencia a reunións, na participación en actos sociais.

Cogami, a Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Diversidade Funcional da provincia de Pontevedra, está conformada por 16 asociacións de persoas con diversidade funcional das comarcas de Pontevedra, O Baixo Miño, O Condado-A Paradanta, Vigo, O Salnés e Terra de Montes-Deza. Naceu no ano 1990 e dende aquela está a potenciar o movemento asociativo ata agrupar as preto de 60 entidades da actualidade que traballan para recoñecer e promover os dereitos das persoas con diversidade funcional.

A Escola Municipal de Pintura de Nigrán amosa os seus traballos no Auditorio

0

O Auditorio Municipal acollu na tarde do xoves 15 de xullo, a inauguración da XIII Exposición de Pintura de Nigrán, formada por cadros de 21 alumnos e alumnas da Escola Municipal de Pintura de Nigrán, dirixida pola profesora Ana Barbará. Esta permanecerá aberta ao público ata o 30 de xullo de 10:00 a 13:00 e de 18:00 a 21:00 horas. Os asistentes poderán observar o traballo realizado o derradeiro ano polos matriculados nesta actividade cultural municipal que cada curso ofrece o Concello.

‘Volanteiro no Camiño’ peregrina pola historia e a paisaxe entre A Guarda e Redondela

0

O volanteiro da Asociación Piueiro asucará desde mañá venres a costa para homenaxear o Camiño Portugués. ‘Volanteiro no Camiño’ é unha iniciativa gratuita na que intégranse varias rutas e á que están convidado todos os que o desexen, cun límite de oito a seis persoas por viaxe. A Xunta de Galicia, a través do programa O teu Xacobeo, respalda un proxecto ó que os interesados poden anotarse a través de desta ligazón.

A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro de A Guarda desenvolverá navegacións no volanteiro polo Camiño Portugués da Costa, repetindo o itinerario polo que os restos do Apóstolo Santiago chegaron a Galicia hai case 2000 anos. Así, realizará varias rutas costeiras desde A Guarda ata Redondela, onde conflúen o camiño polo mar e pola terra, pasando por O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán e Vigo. O Piueiro realizará unha navegación a vela totalmente sustentable, na que unicamente se apoiará no motor para facilitar as manobras de atracada e desatraque.

No peirao da Guarda co volanteiro

A idea é promocionar as Rutas Xacobeas por mar, en particular o Camiño Portugués pola Costa, pór en valor e dinamizar o patrimonio marítimo e fluvial de Galicia e Norte de Portugal e crear espazos de encontro entre peregrinos/as e a poboación local. Engadindo unha perspectiva de gran importancia tanto para a asociación como para o propio Xacobeo: reivindicar o papel protagonista da muller no mundo do mar a través dunha tripulación maioritariamente feminina, que percorrerá unha das rutas sinaladas.

A travesía permitirá descubrir a navegación a bordo dun volanteiro guardés e a cultura mariñeira transmitida pola propia embarcación e polos seus tripulantes, en parte mariñeiros xubilados do porto de A Guarda. Todos eles recibieron nos últimos meses a formación necesaria en Interpretación do Patrimonio para ofrecer información aos viaxeiros ao longo das rutas.

Un elemento fundamental do proxecto é un mapa que, entre outros agasallos conmemorativos, recibirán todos os participantes e que achegará unha visión do Camiño Portugués pola Costa desde o mar, destacando bens patrimoniais e naturais como: o Monte Santa Trega, o espazo Natural Esteiro do Miño (Rede Natura 2000), o Mosteiro de Oia, os petroglifos Auga dos Cebros (embarcación fenicia), a Fortaleza Monterreal, o Parque Nacional das Illas Atlánticas, o Monte do Castro, o Centro de Interpretación da Batalla de Rande ou a Illa de San Simón.

“Volanteiro no camiño” persegue tamén vincular o mar e a poesía, polo que o mapa incluirá unha seleción de poemas de Rosalía de Castro sobre o mar. E xa no mes de setembro coma colofón á iniciativa, protagonizará un recital poético na Guarda. Este pequeno concello de 3.000 habitantes será o punto neurálxico dos roteiros pola súa riqueza. Ademais do extraordinario Mosteiro de Santa María de Oia, na zona pódense visitar as Mámoas da Serra da Groba; os gravados rupestres de Auga dos Cebros, onde se atopan as únicas embarcacións debuxadas en petroglifos galegos; castros como o da Cabeciña; ou os restos das salinas romanas de Mougás e Viladesuso.

Autoridades e tripulación a bordo do Volanteiro

Á presentación dos roteiros asistiron este mediodía o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o xefe de Turismo da Delegación da Xunta en Pontevedra, Felipe Ferrero.

Precisamente Felipe Ferreiro destacaba que para o programa O teu Xacobeo “é fundamental que todas estas asociacións se incorporen ao Xacobeo con actuacións que revitalizan o patrimonio, a cultura e todo tipo de actividades que potencien o territorio galego”. Ferreiro chamou a atención sobre o feito de potenciar o Camiño Portugués pola Costa “dende unha nova vertente, dende o mar, algo que nunca se fixo antes e que complementa á perfección coa recuperación do patrimonio mariñeiro dá Vila da Guarda”.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, facía fincapé no que, para a Guarda, significa O Piueiro que “é para nós –dixo– un símbolo que eu creo que para A Guarda va máis aló da mariña”. O alcalde guardés cualificou de “fantástica” a iniciativa que fai que “o Xacobeo e O Piueiro convenien para facer estas travesías nunca barco tan tradicional como o volanteiro porque para a xente que ven a Galicia vai a supoñer unha experiencia marabillosa e inesquecible”.

Rutas de navegación

  • Ruta 1: O Mar Xacobeo na Guarda.
    • Saída dende A Guarda e chegada na Guarda, navegación pola costa da Guarda duns 50′.
    • Datas: 16 (17:00 e 19:00 horas) e 17 e 18 xullo (10:00h , 12:00, 17:00 y 19:00 horas). Haberá un total de 14 saídas.
  • Ruta 2: A Guarda a Oia.
    • Saída dende A Guarda e chegada a Oia, navegación que pasa polos concellos de A Guarda, O Rosal e Oia. Duración aproximada de 150′.
    • Data: 20 de xullo ás 10:00 horas.
  • Ruta 3: Oia/ A Guarda.
    • Saída dende Oia que pasa polos concellos de Oia, O Rosal e A Guarda. Duración aproximada de 150′.
    • Data: 20 de xullo ás 12:00 horas.
  • Ruta 4 A Guarda-Baiona/A Guarda
    • Data: 28 de xullo con saída as 9:00 horas dende A Guarda e ás 16:00 dende Baiona.
  • Ruta 5: A Guarda/A Guarda
    • Saída e chegada a A Guarda, navegación pola costa da Guarda duns 50′.
    • Datas 30 é 31 xullo (17:00 horas e 19:00 horas).
  • Rutas 6 y 7: Vigo (LiCeo Marítimo de Bouzas) /Redondela (Museo de Rande)
    • Datas: 19 xullo e 20 e 21 de agosto (10:00 h e 15:30 horas dende Vigo e 12:00 e 17:30 dende Redondela).

A programación cultural de verán de Redondela, que comeza hoxe, contará cunha ducia de concertos espallados por diferentes puntos

0

A programación cultural de verán de Redondela arranca hoxe, 16 de xulo, coa actuación de Os Carunchos, grupo de música tradicional galega, a partir das 21:30 horas na alameda Rosalía de Castro de Chapela. Este ano, a Concellaría de Cultura ofrece unha ducia de actuacións na que se combinan os grupos locais cos de fóra ao longo do mes de xullo e agosto. Todas as propostas son de balde ata completar aforo e o público asistente terá que estar sentado e cumprir as normas sanitarias.

Tamén hoxe haberá unha actividade programada para os máis pequenos en colaboración coa Concellaría de Medio Ambiente e a Sociedade Cultural do Viso. Trátase de varias propostas nocturnas que se desenvolverán no campo de fútbol de O Viso, Área recreativa de A Gándara e que combinarán cine ao aire libre cun rastrexo no monte a partir das 20:00 horas.

“Este ano quixemos facer unha programación o máis variada posible na que siga habendo oco para os artistas locais e tamén estreando novos escenarios como a Finca do Carballo das Cen Pólas, espazo no que non se programara nada ata que recuperamos este lugar para actos culturais e no que se celebrará unha xornada de jazz”, subliña Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura.

O vindeiro sábado, 17 de xullo, tocaranlle a quenda á ‘música tradicional furtiva’ dos redondeláns Tanto Nos Ten, a partir das 21:00 horas nos xardíns do paseo de Cesantes, co grupo de gaitas Os cuncas como artista invitado. E o domingo 18 actuará o grupo de música galega de raíz, Arxe.

O vindeiro 30 de xullo celebrarase un encontro de bandas de música de Chapela e de San Miguel de Oia na Alameda. Tamén ese mesmo día actuarán os redondeláns Chaleco Reflectante, banda de punk/rock alternativo e os Fabulosos Zebulones, este último cun repertorio de versión de temas de The Beattles. A seguinte actuación, o 31 de xullo, será o festival folclórico Carballo das Cen Pólas, coorganizada coa agrupación Carballo das Cen Pólas.

Voces femininas

Entre as novidades tamén se atopa un festival no que as mulleres serán as protagonistas e comporán un cartel de cinco actuacións entre as que se atopan a de Sofía Espiñeira (13 de agosto) e Su Garrido (14 de agosto). “Será un festival moi especial, na explanada de Meirande, ao carón do mar con só voces femininas, non só da música, senón que tamén haberá outras sorpresas protagonizadas tamén por mulleres”. Este conxunto de actuacións terán lugar os días 13 e 14 de agosto.

Un dos pratos fortes da programación será a xornada de jazz no Carballo das Cen Pólas que terá lugar o 21 de agosto e na que actuará o grupo de jazz, Circus, co recoñecido pianista local, Alberto Vilas.

A programación cultural rematará o 29 de agosto cunha proposta musical xusto previa ao Festival Internacional de Títeres de Redondela, coa esperada actuación de A Rondalla de Redondela.

Un home resulta ferido tras ser atropelado polo seu propio tractor en Ponteareas

Un home foi atropelado onte pola tarde polo seu propio tractor na parroquia de Santiago de Oliveira, en Ponteareas, en concreto, no lugar de Rabuñade.

Foi un familiar do ferido quen, arredor das seis e cuarto da tarde, avisou ao 112 Galicia de que unha persoa acababa de ser atropelada pola máquina que, nese intre,  manexaba. Con todo, nesta mesma comunicación, o alertante aseguraba que o home estaba ferido, pero que, malia que o tractor lle pasara por riba, non estaba atrapado.

Despois desta chamada, de xeito inmediato, dende o CIAE-112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento dos Servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, da Garda Civil, da Policía Local, dos Bombeiros de Ponteareas e de Protección Civil da localidade.

Finalmente, o persoal sanitario confirmou o traslado do ferido ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Mos presenta ‘Parroquia a parroquia’ programa de apoio aos grupos do Plan Cultural

0

A Concellería de Cultura do Concello de Mos, que dirixe a edil Sara Cebreiro, pon en marcha desde hoxe venres 16 de xullo, un programa estival de actuacións musicais polas parroquias, titulado ‘Parroquia a parroquia’.

O obxectivo desta iniciativa e apoiar e reforzar aos grupos do Plan Cultural do Concello de Mos, tras tantos meses de crise sanitaria derivados da pandemia da COVID-19.

A programación de ‘Parroquia a parroquia’ inclúe desde actuacións nas cafeterías dos centros sociais e culturais das parroquias mosenses, ata nos exteriores das igrexas e torreiros os días das festas patronais parroquiais que por mor da COVID non se poden celebrar, entre outras.

Este é o programa completo de ‘Parroquia a parroquia’ que abrangue os meses de xullo, agosto e setembro:

XULLO
DIA 16  – 11:00 HLas Pamisuki Escola Infantil Porteliña
DIA 17 –  12:00 H  Tangaraño Exteriores C. Dotacional de Torroso
DIA 17 – 20:30 HAlgarabíaC.C.Abrente
Grupo Amieiro
DIA 18 – 11:30 HPes na Rúa Santa Mariña de Dornelas
DIA 25 – 13:00 H Banda de Gaitas HervilleSantiaguiño, Guizán
DIA 26 – 12:30 HXógara Santa Ana, Guizán
DIA 29 – 17:30 HNosa Terra de Pereiras Centro de día AFAGA, Petelos
DIA 30 – 21.00 H Pes na RúaExteriores C. Dotacional de Torroso
DIA 31 – 21:00 H XiadaExteriores Pazo de Mos
AGOSTO
DIA 4Banda de Gaitas HervilleVirxe das Neves, Herville
DIA 5Coral O Son dos Candares Virxe das Neves, Herville
DIA 6 – 20:30 HRuada, de TorrosoSan Mamede, Torroso
DIA 13 – 21:00 HDúo Antonio Barros – IalmaExteriores de Nosa Terra de Pereiras
DIA 14 – 21:00 HBanda de Gaitas Sta EulaliaExteriores Pazo de Mos
DIA 20 – 21:00 HSkara JazzExteriores C. Dotacional de Torroso
DIA 21 – 21:00 HPes na RúaExteriores Pazo de Mos
DIA 28   varios grupos Mos sobre rodas
DIA 29 – 12:00 HDúo Antonio Barros – IalmaExteriores Pazo de Mos
SETEMBRO
DIA 12As Lagharteiras Festa do Cristo da Victoria
DIA 13Xógara Festa do Cristo da Victoria
DIA 18Xogara                Cristo do Bo Consello 
Banda de Gaitas Sta Eulalia
DIA 25As Lagharteiras O Son do Pazo 

Redondela homenaxea esta fin de semana ás ‘Mulleres da Illa de San Simón’

0

O Concello de Redondela ten programados, para esta fin de semana, distintas actividades na liña de seguir homenaxeando e poñen do en valor “a solidariedade, humanidade e heroísmo, das mulleres que foron un raio de esperanza para os presos políticos que esperaban un futuro máis que incerto na Illa de San Simón e no barco prisión Upo Mendi”.

O venres 16 de xullo, trasládase a Cesantes a mostra fotográfica ‘As mulleres da illa de San Simón. A solidariedade é feminina’ que ata o de agora estivo exposta na Alameda Castelao. Aproveitando o seu traslado ata Cesantes, ás 12 horas celebrarse o acto inaugural da mostra, inicialmente previsto para o 16 de abril –data na que se instalou a exposición na Alameda Castelao– pero que tivo que ser adiado por mor do mal tempo.

Nesta inauguración aprazada contarase coa presenza da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e representantes do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy, que colaborou na identificación das mulleres de Cesantes que axudaron aos presos. Precisamente este traballo do Obradoiro Fernando Monroy foi fundamental á hora de que a exposición, unha vez instalada en Cesantes, conte con 9 novas fotografías doutras tantas mulleres da parroquia que formaron parte desa rede solidaria das Mulleres da Illa.

Doutra banda, o sábado 17 de xullo o Concello de Redondela organiza a homenaxe institucional ás mulleres da illa de San Simón. O acto desenvolverase pola tarde na propia illa e no transcurso do mesmo intervirá Cecilia Orge para glosar e falar da historia das mulleres solidarias de San Simón; a presidenta da Deputación, Carmela Silva e a alcaldesa Digna Rivas. Ademais a música estará a cargo de Antía Muíño.

As circunstancias da pandemia obrigaron a limitar a 200 persoas o número de participantes. Desta maneira poderán acudir apenas dúas persoas por familia, representantes dos colectivos que colaboraron na homenaxe e representantes de distintas institucións. O Concello de Redondela tamén convidou aos alcaldes e alcaldesas dos concellos limítrofes da Ría de Vigo, á Deputación de Pontevedra e á Xunta de Galicia.

Mondariz, escala da xira xacobea do espectáculo Le PianO du Lac

0

Os concertos flotantes de “Le pianO du Lac”, que se inician o vindeiro 21 de xullo na praia fluvial do Val, son unha das actividades principais da programación cultural do Concello de Mondariz para o verán 2021. “Le pianO du Lac” é un orixinal espectáculo musical que ten xirado por toda Europa desde 2014. Este ano, en coprodución coa compañía asturiana La Xata La Rifa, realiza a xira “Rumbo ao sur” e a xira xacobea “O camiño da auga”. Esta última, iniciada o pasado 13 de xullo na provincia de León, inclúe tres localidades galegas. Mondariz, con cinco concertos programados, é a primeira escala e onde hai máis oportunidades de ver en acción ao “PedalOpiano”.

Como espectáculo, “Le pianO du Lac” vai máis aló do concerto clásico e presenta un innovador enfoque de transhumancia sonora que fusiona música, teatro e danza en escenarios naturais. O piano descansa sobre dous flotadores ciclopropulsados que permiten unha inusual mecánica pianística a pedais. O equipo técnico e artístico inclúe varios pianistas capaces de interpretar e mesturar diferentes tradicións sonoras. No entorno natural do concerto, ademais, a experiencia sensorial enriquécese cos sons da auga, do vento, da fauna salvaxe,…

No concerto flotante de Mondariz, programado para as 20:00 horas dos días 21, 22, 23, 24 e 25 de xullo, actuarán a pianista Violette Prevost, a multiinstrumentista Solenne Garnier, o trompetista Damien Bajard e a bailarina Mónica Cofiño. A entrada é libre e gratuíta até completar a cabida permitida, aínda que a compañía ten unha taquilla voluntaria para as persoas que desexen colaborar. Non haberá cadeiras porque a praia fluvial do Val é un espazo natural, pero é posible acudir con cadeiras propias ou coxíns persoais para sentar no chan.

“Con este espectáculo internacional nun entorno natural, apostamos por unha programación cultural de calidade que mesmo atraia visitantes doutros concellos. Somos da filosofía de que menos é máis, e preferimos a calidade fronte a cantidade”, explica Anxos Carballo, concelleira de Cultura do Concello de Mondariz.

Ademais desta serie de concertos flotantes que coinciden coas festas do Día de Galicia, o Concello de Mondariz ten programadas atractivas actividades culturais durante a 32ª edición da Feira dos Oficios Artesáns e as tradicionais festas patronais da Virxe da Peña de Francia e San Roque, onde destacan os concertos de Tanxugueiras (31 de xullo) e de Baiuca (15 de agosto).

Concello e Deputación seguen traballando para facer realidade o acceso sur do porto da Guarda

0

O proxecto do acceso sur do porto da Guarda foi redactado pola Deputación, a solicitude do alcalde, Antonio Lomba, no ano 2018. A propia administración provincial está a facerse cargo da tramitación diante dos diferentes organismos para a obtención dos informes sectoriais necesarios para poder executar a obra.

Aínda que se seguiron as indicacións dadas por patrimonio nun informe do ano 2018 e se redactaron os documentos que pedía: un Proxecto de Prospección Arqueolóxica e o Estudo de Impacto Cultural; no proceso de tramitación, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emitiu un informe desfavorable sen dar a posibilidade ao proxectista e aos técnicos da Deputación de defender as solucións adoptadas. En vista deste informe mantívose unha reunión entre responsables de patrimonio, técnicos da Deputación e o alcalde da Guarda para poñer sobre a mesa as cuestións que tiña que abordar e modificar o proxecto para poder obter un informe favorable.

Na actualidade o equipo redactor do proxecto está traballando coas suxestións feitas dende patrimonio para mellorar o proxecto dende o punto de vista de impacto na paisaxe cultural, para poder así conseguir o visto bo de patrimonio e continuar co procedemento. Conseguir o informe favorable para este trazado conlevaría axilizar a tramitación, dado que xa conta cos demais informes sectoriais a favor. Se houbera que cambiar o trazado habería que redactar outro proxecto e empezar a tramitación dende o principio o que implicaría tirar un proceso de anos ao lixo.

A alternativa de trazado 2, pola que se inclinaron dende o principio concello e deputación é a mellor valorada polos proxectistas nun análise multicriterio, ponderando, entre outros factores, o trazado, a funcionalidade e permeabiliade, a afección ao medio humano, o impacto medioambiental e o presuposto. Esta  alternativa, que discurre a media ladeira, tamén da satisfacción ao equipo de goberno do concello da Guarda xa que non produce afección sobre os terreos das vivendas construídas, nin sobre o litoral e sobre todo porque permitirá manter como principal uso da senda litoral, o peonil e ciclista, reducindo o tráfico de coches.

Para o equipo de goberno o acceso sur do porto da Guarda é unha obra prioritaria. É fundamental para que, xunto con outras actuacións, se reactive o noso porto. Tamén é moi importante para eliminar tránsito de vehículos polas rúas do centro da vila e poder ter así unhas rúas máis humanizadas, ofrecendo a vez un bo acceso rodado á principal zona de restauración da localidade. O que necesitamos é que a Xunta de Galicia se implique tamén neste proxecto, non pode deixar de lado unha infraestrutura da que depende o futuro do porto da Guarda.

A Cañiza organiza este domingo unha andaina circular

0

Continuando coa programación presentada do “Verán de lecer 2021”, o Concello da Cañiza ofrece, este domingo 18 de xullo, unha andaina circular para toda a familia, cun percorrido de 6,7 km no “sendeiro das fragas e levadas do Calvo e Deva”.

O punto de reunión e saída será no lugar da Ponte, Praia fluvial de Parada (Parroquia de Parada na Cañiza) ás 11:00 horas.

É necesario inscribirse antes da actividades, a preinscrición poderá facerse na Biblioteca Municipal da Cañiza, ou chamando ao teléfono: 986 66 30 69.

Protocolo COVID:

  • Na saída organizaranse grupos dun máximo de 15 persoas.
  • É obrigatorio o uso de máscara durante o percorrido.

A foto publicada da andaina no Facebook, que obteña o maior número de “me gusta”, ata ás 12 h do vindeiro domingo 25 de xullo de 2021, será premiada cunha noite para dúas persoas (segundo dispoñibilidade) na CASA VILAMIDE, na parroquia de Parada (www.casavilamide.com).

As publicacións deberán conter estes tres hashtag:

#SendeirosdaCañiza

#ACañizaFermosa

#FragaseLevadasdoCalvoeDeva

Mos recibe a Carlos Táboas “Peri”, Campión de España de + Enduro Master 50

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes mosense, José Areal, e demais membros do equipo de goberno local e da Corporación Municipal recibiron onte, no Concello de Mos, ao vixente Campión de España de + Enduro Master 50.

O Campionato nacional disputouse o pasado 6 de xuño en Mugardos e Carlos Táboas erixiuse gañador. Tamén este ano quedou 3º no Campionato Galego de + Enduro Master 50.

Carlos José Táboas Pazo, “Peri”, de 56 anos, é veciño da parroquia de Sanguiñeda e dedícase profesionalmente á carpintería de cociñas. Rexenta a empresa Master Kitchen (empresa familiar), seguindo o legado do seu pai e dos seus avós e bisavós.

Traxectoria deportiva

Comezou a competir de neno, con 12 anos, no Club Ciclista Spol do Porriño. Logrando ser varias veces Campión Galego nas categorías de Cadetes e Xuvenís. Corría nas modalidades de ‘carretera’ e ‘ciclocross’.

Con 16/17 anos foi aos Mundiais de Ciclocross en Francia e Inglaterra (en Inglaterra quedou 11º na clasificación xeral).

Continuou coa bicicleta ata os 20 anos, idade na que a deixou polos rallyes.

Competiu en rallyes 10 anos sendo Campión Galego de Grupo A e da Copa AX. Tamén foi 3º no Campionato de España AX, e na Copa Hwundai. E quedou Supcampión de España.

Posteriormente deixou de competir uns anos deportivamente e aos 50 anos, por un problema de saúde relacionado coa tensión, retomou a bici e voltou á competición en + Enduro Master 50.

Ademais dos títulos logrados este ano (1º de España e 3º de Galicia) ten un amplo palmarés no seu haber: 4 veces Campión Galego de + Enduro Master 50. 2 veces Subcampión de España de + Enduro Master 50. 1 vez 3º no Campionato de España de + Enduro Master 50.

O Museo de Pontevedra vincúlase a IMPACTOUR

O Museo de Pontevedra entrou a formar parte de IMPACTOUR, un proxecto financiado con fondos do Programa de Investigación e Innovación Horizonte 2020 da Comisión Europea, que ten como obxectivo estudar o impacto do turismo cultural no crecemento económico rexional da UE.

Esta institución museística súmase, a través de Cultura Viajes/ FSMLR que coordina a participación española, como sitio piloto aos restantes socios de nove países europeos que colaboran nel e que proporcionarán unha variedade de datos sobre fluxos de visitantes, bens culturais, provisións de infraestruturas e indicadores económicos e sociais, que axudarán a definir, construír e, eventualmente, probar as novas ferramentas IMPACTOUR para a xestión de destinos.

“Vincularnos con este proxecto supón para nós obter máis visibilidade e proxección internacional xa que nel participan organizacións de distintos estados membros da UE que dispoñen de experiencia e coñecemento experto do patrimonio e do turismo cultural”, subliñou o director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey.

Esta iniciativa, que botou a andar en xaneiro de 2020 e que se prolongará ata xuño de 2023, desenvolverá, pois, unha metodoloxía avanzada e adaptable combinando algoritmos de análise de datos con enfoques de aprendizaxe automático e intelixencia artificial, coa finalidade de conseguir mellorar as políticas e accións en turismo cultural.

“Dada a importancia que ten este museo en Galicia e a súa condición de receptor de turismo cultural, o interese por configurarnos como un sitio piloto recae en que as ferramentas que se empreguen para este proxecto vanse testar no museo, o que nos servirá para identificar puntos fortes e outros elementos a destacar con perspectiva de futuro”, apuntou Rey.  

 Esta investigación ten como punto de partida a premisa de que o turismo cultural é un factor de crecemento económico e unha ponte entre as diferentes culturas no desenvolvemento das rexións europeas, feito que fai necesario un estudo sobre os o seu impacto e unha avaliación das estratexias transfronteirizas empregadas para alcanzar o desenvolvemento sostible adecuado.

Impactour

IMPACTOUR está conformado por un consorcio de doce socios de nove países europeos. En España, Cultur Viajes, a axencia da Fundación Santa María la Real especializada en turismo cultural, é a responsable de coordinar os destinos piloto do noso país. O Museo de Pontevedra súmase ao estudo xunto ao Románico palentino, representado polo Concello de Aguilar de Campoo, e ao Camiño de Santiago, que representa a propia Fundación Santa María la Real.

O vindeiro venres 23 de xullo, o Museo de Pontevedra participará nun world café que terá lugar en Aguilar de Campoo xunto co resto dos sitios piloto españois que integran este proxecto. A intención deste encontro de traballo é favorecer un primeiro intercambio de experiencias ao que tamén asistirán algúns dos stakeholders colaboradores, como é o caso de Turismo Rías Baixas, que acompañará ao Museo de Pontevedra. O world café rematará cunha conexión telemática cos outros sitios pilotos europeos.

Máis información en https://www.impactour.eu/.

Baiona denuncia o “deixamento” da Xunta a hora de limpar a maleza que invade a PO-552, vía de entrada ao municipio

0

O mantemento da estrada PO-552 chamada A Foz do Miñor, ou entrada norte ao Concello de Baiona, é competencia da Xunta pero, o departamento autonómico de estradas “non fai os deberes”. Así o expresa, o alcalde Carlos Gómez, quen decidiu facer público o malestar do Goberno local polo que considera “desidia e abandono por parte da Xunta”.

A situación obrigou ao Concello a facer, a través da Concellería de Medio Ambiente, varios escritos á Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Movilidade de Pontevedra, para que “fagan o seu traballo” e eviten que a maleza invada a calzada.

Carlos Gómez apunta asegura que o Concello de Baiona “está farto” de enviar escritos á Xunta pedindo que dean unha solución a este problema. O Goberno local teme a proliferación de maleza na PO-552 “orixine un problema de seguridade viaria”, amais de “provocar unha mala imaxe do pobo”.

Baiona pide ao Goberno autonómico que actúe en consecuencia habida conta que nesa estrada atópanse tamén miradoiros –como os situados na parroquia de Baredo–, moi utilizados tanto polos veciños e veciñas como por visitantes para contemplar as magníficas vistas”.

“Trátase dun vial masivamente transitado –e máis agora, na tempada estival–, sendo a entrada norte ao Concello de Baiona. A estas alturas de tempada non se pode consentir que a estrada presente esta imaxe de deixamento”, conclúe o rexedor baionés.

Redondela pon fin a unha reclamación histórica conseguindo a cesión gratuíta do edificio das antigas casas dos mestres

0

O Concello de Redondela vén de dar resposta a unha reclamación histórica como era a da cesión do edificio da casa dos mestres, desafectado dende o ano 2006 e, dende entón pertencía ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Cabe lembrar que o pasado 8 de xullo, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asinaba a acta pola que o Ministerio cedía ao Concello, de xeito gratuíto, a edificación coñecida como “as antigas vivendas dos mestres”. Con ese paso, o inmoble pasaba a formar parte do inventario municipal, tramite imprescindible para os proxectos de futuro que o Goberno local ten para a edificación.

Mentres, o Pleno da Corporación municipal de Redondela aprobou na noite de onte, 13 de xullo, nunha sesión extraordinaria, o cambio do uso do solar no que se atopa o edificio cambiando a súa actual catalogación de dotacional docente á nova de dotacional cultural, iniciando o camiño para converter este inmoble, que durante décadas permaneceu no máis absoluto dos abandonos, nun museo etnográfico e espazo cultural polivalente.

Con todos os trámites previos realizados, –cesión da edificación ao Concello, memoria explicativa dos fins aos que se vai dedicar o inmoble e o cambio de uso da parcela– o Concello poderá comezar a recuperación do edificio das ‘vivendas dos mestres’ para dar resposta a unha “reivindicación histórica dos colectivos culturais para a creación dun museo etnográfico que recolla a cultura popular de Redondela e evitar que se perda no tempo”.

A primeira actuación a realizar será a rehabilitación integral da edificación para crear un espazo polivalente na planta baixa, na que quedaría instalado un espazo de museo, con salas de exposición –tanto permanentes coma temporais–, sala de interpretación e espazo para un taller que permita a realización de actividades creativas.

Coa remodelación deste espazo céntrico e, ata o de agora, absolutamente esquecido “non só se atende as demandas realizadas dende hai anos polos colectivos culturais do municipio, senón que se pon en valor un inmoble que, de feito, xa é de por si de interese etnográfico porque forma da historia de Redondela”, subliña a rexedora redondelá.

O Goberno local subliñou que ese era o único uso posible que se podía dar o inmoble ao quedar descartado o seu uso para vivenda social. De feito, explica o Goberno local, “por unha banda o edificio é de titularidade de Patrimonio do Estado e este non permite a súa cesión a terceiros por parte do Concello”. Doutra banda, engade o Concello de Redondela “ao estar enclavado o inmoble en dominio marítimo terrestre, non permite o seu uso residencial”.

Dous ouros para o CPA Condado na Copa Galega de Grupos Show celebrado no Carballiño

O Club Patinaxe Artística Condado de Salvaterra de Miño, vén de facerse con dous ouros, dos seis posibles, na Copa Galega de Grupos Show celebrado entre o 9 e o 11 de xullo no Carballiño.

Unidad 630

En Grupos junior o club de Salvaterra de Miño acadaba o ouro coa súa coreografía Unidade 630. A medalla de prata ía para o Ribex de Tui, mentres que o bronce para o Campus Stellae.

Detrás da pel

En Grupos pequenos de primeira categoría, o CPA Condado repetía o ouro coa coreografía Detrás de la piel. Nesta ocasión, a prata ía para o Axel de Arteixo e o bronce para o Carpa Viqueira de Vigo.

A Cañiza mellora os camiños da contorna de Paradela e A Miranda en Valeixe

0

O Concello da Cañiza vén de iniciar os traballos de mellora e acondicionamento do acceso á zona dos Muíños de Paradela dende a pista do Gurgullón, unha drenaxe na pista do camiño entre Ascensión e A Miranda e a pavimentación do camiño en Mourelos. Como xa acontecera anteriormente coa mellora de cinco camiños en Luneda, Parada e Franqueira, financiados tamén polo Plan Concellos 2019, obras planificadas sobre unha base inviable, a actuación dos camiños de Valeixe tamén tivo que ser modificada e contratada de novo por ser imposible a súa execución.

Segundo explicou o alcalde da Cañiza, Luis Piña, trátase dun expediente iniciado en 2019, adxudicado o 18.03.2019, “tamén con irregularidades na súa tramitación e que non se podía executar porque as actuacións descritas non eran posibles”. Entre as actuacións ás que facía referencia o alcalde cañicense estaban as de asfaltar o camiño entre as capelas “sobre terra directamente, sen poñer primeiro unha base con pedra (macadam asfáltico) e eliminar unha das capas das tres de triplo rego, para abaratar custes”.

Na primeira visita realizada polo rexedor local ás obras, a propia empresa adxudicataria e os técnicos informaron que a execución “tal e como se recollía no proxecto inicial era imposible”, polo que o Concello tivo que ordenar rectificar o proxecto. “Incluso houbo que anular o contrato inicial coa empresa, por mutuo acordo, para redefinir as actuacións”, explica Piña.

[su_image_carousel source=”media: 41159,41158,41157,41156,41155″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

O proxecto inicial do ano 2019  incluía o asfaltado do camiño de acceso á Paradela e o asfaltado dende a Capela do Cristo da Miranda á Capela da Ascensión. Todo por un importe de 34.985,65 €.

As obras, agora xa a piques de rematar, consisten na reparación do acceso á zona dos muiños, coñecida como Camiño dos Muiños e a pavimentación de varias zonas dun ramal que parte deste camiño nun tramo de 450 metros.  Para executar esta parte do proxecto o Concello agardou a que un particular construíra un muro de contención privado que, ademáis, permitiu o ensanche do vial. A maiores nun tramo da pista o Concello construiu un muro de contención para o vial.

Ao mesmo tempo estanse mellorando a pista entre as capelas da Ascención e a Miranda, executando unha drenaxe nun punto no que existe auga por baixo do firme. Estase a construir unha drenaxe en forma de espiña de peixe, con grava e  geotextil, de forma que se elimine a auga existente mediante tubos ranurados de PVC. A auga captada pola drenaxe conducirase ata o cruzamento da contorna da Ascensión, mediante unha tubaxe de  polietileno de alta densidade  nun tramo de 280,00 metros.

Por último se está executando o formigonado dun tramo dun camiño en Mourelos de 236 m2 que conduce ao lavadoiro e á poza de rega. Nesta actuación instalaranse canalizacións de drenaxe e tubaxe e se construirán arquetas e guillotinas para alternar o paso da auga.

Nigrán celebra, o luns 26 de xullo, o Día dos Avós cunha xornada festiva no torreiro de Priegue

0

O Concello de Nigrán conmemora un ano máis o luns 26 de xullo o Día dos Avós cunha xornada festiva adicada a eles. Esta terá lugar desde o mediodía no Torreiro de Priegue e constará de photocall, almorzo, xogos tradicionais e actuación musical. Os interesados en participar (empadroados en Nigrán maiores de 65 anos) deberán anotarse entre o 15 e 16 de xullo de 10:00 a 13:00 horas no 986365000. O límite de aforo para esta xornada gratuíta é de 50 persoas, polo que se seguirá unha rigorosa orde de inscrición.

O día comezará ás 13:30 cunha recepción con photocall e respectiva foto de agasallo para posteriormente almorzar ás 14:00 horas. A partir das 16:00 horas haberá petanca, cartas e dominó con premio para os gañadores de cada disciplina. A xornada rematará cunha actuación do grupo Sensación ás 18:00 horas.

“Non podemos esquecernos dos nosos maiores despois deste ano e medio de pandemia especialmente duro para eles, con moitas restricións e unha vida social limitada que repercute negativamente no seu benestar emocional, polo que un ano máis festexaremos o Día dos Avós seguindo o protocolo sanitario de cada momento”, explica María Mayán, edil de Maiores.

Doações ao Museu Bienal de Cerveira em exposição

A Fundação Bienal de Arte de Cerveira promove, a partir do próximo sábado, uma exposição com as mais recentes doações feitas ao Museu Bienal de Cerveira. No total, serão apresentadas ao público 43 obras, de 36 artistas, de 8 nacionalidades, numa mostra que marca o regresso da atividade expositiva da FBAC.

A exposição Doações ao Museu Bienal de Cerveira prima pela diversidade, de temáticas e contextos, estando representados artistas oriundos de 8 países: Brasil, Espanha, Guatemala, Itália, Líbano, Portugal, República Checa e Turquia. Segundo o diretor artístico, Cabral Pinto, apresentam-se, neste caso, artistas consagrados, como Graça Martins e Isabel de Sá, Jaime Silva, Choichi Nishikawa e António Barros que representam uma mais-valia para o acervo, mas também artistas emergentes.

Patente até 28 de agosto, “esta exposição é também um agradecimento público aos doadores e constitui uma amostra da diversidade do património à guarda do Museu”, acrescenta Cabral Pinto.

Recorde-se que esta exposição estará patente no Palco das Artes, uma vez que as instalações do Fórum Cultural de Cerveira se encontram afetas ao Centro Municipal de Vacinação.

De acrescentar que, devido à COVID-19, não será realizada uma inauguração pública e que a exposição poderá ser visitada a partir das 16h00. A visita ao espaço será realizada de acordo com as regras emanadas pela Direção-Geral de Saúde.

Artistas participantes

Anabela Sobrinho (PT), António Barros (PT), Arantza Pardo (ES), Burhan Yilmaz (TR), Choichi Nishikawa (JP), CUCO (ES), Edu Silva (BR), Evu (GT/ES), Felipe Seixas (BR), Fernanda Araújo (PT), Graça Martins (PT), Gustavo Aragoni (BR), Irene Gomes (PT), Isabel de Sá (PT), Jaime Silva (PT), Jayme Reis (BR), Jesús Movellán (ES), João Garboggini Quaglia (BR), Jordi Urbón (ES), José Oliveira JOOL (PT), Kyria Oliveira (BR), Lucimar Bello (BR), Marco Moreira (PT), Mariana Mizarela (PT), Nour Ali (LB), Patrícia Magalhães (PT), Paula Bacelar (PT), Pavel Forman & Ivana Stenclová (STENCLOFORM) (CZ), Roberto Muller (BR), Rosa Franceschino (IT), Sheila Ortega (BR), Tchelo (BR), Tereza Trigalhos (PT), Tito Senna (BR), Vera Martins (BR), William Ramires (BR)

A Deputación entra na Subcomisión Permanente do Pleno da Comisión de Deputacións da FEMP

A Deputación de Pontevedra xa forma parte da Subcomisión Permanente do Pleno da Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares da FEMP, constituída hoxe. Nunha sesión telemática, na que participou a presidenta Carmela Silva, se formalizou a relación de administracións provinciais que formarán parte da mesma, entre as que estará a Deputación de Pontevedra, e definíronse as funcións da subcomisión que se reunirá cada catro meses de forma rotatoria. De feito, xa se convocou a primeira reunión que se celebrará en Almería o 17 de setembro.

As administracións integrantes da Subcomisión Permanente secundaron a declaración institucional da FEMP sobre a participación dos gobernos locais na reconstrución económica e social de España, reclamando que os entes locais xoguen un papel importante na xestión dos fondos europeos de 140.000 millóns de euros. Coincidiron na reivindicación, xa expresada pola FEMP, en que unha parte dos fondos europeos que reciban as comunidades autónomas tamén sexan xestionados desde o local. “Entendemos que podemos ser parte da solución e ser un instrumento para axudar nun momento en que non será fácil a xestión dos fondos”. O acordo será trasladado ás entidades locais, comunidades e goberno de España, e solicitouse a participación das Federacións Territoriais para que se dirixan ás comunidades autónomas trasladando esta demanda.

Neste sentido, tamén se deu conta dos apoios chegados desde diferentes gobernos locais de países europeos ao Manifesto sobre os fondos Next Generation e o papel dos entes locais intermedios como aliados estratéxicos no seu desenvolvemento e ás iniciativas vinculadas á recuperación, a transformación e a resiliencia, a fin de que ningún territorio nin goberno local se quede atrás.

Na reunión constitutiva tamén se anunciou a próxima conferencia de presidentes e presidentas de deputacións que, organizada pola Subcomisión da FEMP e pola Fundación Democracia e Goberno Local, se celebrará en Valencia no mes de maio de 2022.

Javier Baquero presenta o seu terceiro libro sobre a historia de Mos

0

O fotógrafo, historiador e etnógrafo mosense, Javier Baquero, presentou onte nos exteriores do Local Social de Dornelas, acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, demais membros do goberno local e da Corporación Municipal e familiares e veciños da parroquia, o seu terceiro libro sobre a historia de Mos: “ACLARACIONES HISTÓRICAS DEL AYER Y HOY DE MOS”, editado polo Concello de Mos e que será empregado como agasallo institucional por parte da administración local mosense.

Este novo título que firma Baquero é a 3ª parte dunha triloxía integrada por outras 2 obras precedentes: “DATOS HISTÓRICOS DEL AYER Y HOY DE MOS I” (Ano 1999) e “DATOS HISTÓRICOS DEL AYER Y HOY DE MOS II” (Ano 2008).

Francisco Javier Baquero Rotea naceu en San Juan de Tabagón, concello de O Rosal, no ano 1951. No ano 1958 foi escolarizado en Mos. E continuou os seus estudos no Colexio Salesianos de San Roque en Vigo, onde cursou oficialía industrial na especialidade de Matricería.

A súa traxectoria laboral desenvolveuse no ámbito industrial, especializándose no sector do automóbil; con recoñecemento pola súa implicación e achega ao deseño a través da investigación e o desenvolvemento.

Na súa xubilación, retirouse do seu posto profesional nunha importante empresa do sector da automoción, con numerosos recoñecementos polo seu desempeño e aportación.

Desde os anos 80 alternou a súa dedicación profesional coa súa paixón etnográfica, procura e recompilación histórica.

Persoeiro amplamente recoñecido na súa parroquia de residencia, Dornelas, e en todo o municipio de Mos polas súas dúas grandes paixóns: a historia local e a fotografía, colaborou desde sempre moi activamente co Concello.

Entre outras iniciativas participou, coas súas aportacións de coñecemento e investigación histórica, no deseño dos símbolos heráldicos ofciais municipais en vigor, supervisados e aprobados pola Comisión Heráldica de Galicia e polo Pleno do Concello de Mos: a bandeira aprobada en 2011 e o escudo aprobado en 2015.

As mulleres participantes no programna ‘Emprégate dende a Igualdade’ de Baiona, comezan hoxe as súas prácticas

0

A acción formativa Actividades Auxiliares de Comercio, organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona dentro do marco do programa Emprégate dende a Igualdade, entra na súa recta final. Esta formación, composta por 170 horas teóricas e 40 horas de prácticas non laborais en empresas, pretende dotar ás participantes das habilidades e coñecementos necesarios que lles permita desempeñar un emprego no sector do comercio.

Neste momento, estase a impartir en instalacións municipais o módulo Manipulación e movementos con transpalés, cunha duración de 25 horas e de carácter eminentemente práctico a través do cal, as alumnas poderán obter o carnet de carretillero e ampliar as súas posibilidades de inserción laboral.

Clcik para ampliar

A partir do día 15 deste mes, darán comezo as prácticas non laborais en empresa, nas que colaboran comercios da zona do Val Miñor como libraría Garabato, Alimentación Galifrut, ferretería Electrogayfer, ferretería Bricomax, Supermercados Gadis, zapatería Bombón, estación de servicio Monte Real, decoración Lalolita, e tenda de agasallos Más que Candelas.

Esta actividade realízase como parte do proxecto “ Emprégate desde a Igualdade” e está pensada para mellorar a empregabilidade das persoas, facilitando a súa incorporación ou reincorporación ao mercado laboral, mediante formación de capacitación técnica e prácticas en empresa, e Itinerarios Individualizados de Inserción, que engaden á formación, os servizos de orientación e intermediación laboral.

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro de Información á Muller, puxo en marcha non mes de novembro o programa “Emprégate desde a I gualdade. Esta iniciativa, promovida de forma conxunta co Instituto das Mulleres e para a Igualdade de Oportunidades, busca incrementar a empregabilidad das mulleres mellorando as súas expectativas e a súa calidade de vida.

Salvaterra investirá preto de 330.000 euros en saneamento e asfaltados a través do Plan Concellos 2021 da Deputación

O Concello de Salvaterra de Miño ven de informar das inversións que realizará a través do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra, destacando a aposta clara que fai o equipo de Goberno por seguir incrementando servizos básicos –saneamento e mellora de viais– nas parroquias do municipio onde se destina a parte máis importante do infestimento con preto de 330.000 €.

As obras a realizar serán os asfaltados nas estradas municipais de Lamas (Meder), dúas zonas no Cordeiro (Alxén), a pavimentación nos camiños da Carqueixa (Fiolledo) e Dextros (Salvaterra), a mellora de accesos a Santa Cristina e Cazán (Leirado), pavimentación en Río e Laxe (Cabreira) e Telleira (Oleiros), saneamento en Poza, Arras e Monte da Bouza (Cabreira), ampliación do saneamento en Carrascal (Fornelos) e saneamento no camiño da Manquiña e a Besada (Alxén).

Outra acción que se enmarca a través deste programa de investimentos é a adquisición de material eléctrico para alumeado público co fin de ir avanzando no cambio a led nas parroquias, substitución de postes de formigón, cableado e diversos elementos de conexión e acometidas que nos permitirán optimizar o servizo de alumeado público municipal.

Ademais a través do Plan Concellos 2021 financiárase tamén a compra do novo camión de recollida de lixo co fin de mellorar a eficiencia do servicio, a compra dunha caseta para albergar as bicicletas eléctricas que se porán en funcionamento a través da AECT Río Minho, e compraranse novos elementos de skate para incrementar a oferta da zona skatepark das instalacións deportivas da Canuda.

Doutra banda, adquiriranse varias parcelas na zona termal de Teans–Oleiros que permitan mellorar a contorna deste espazo lúdico termal de Teáns e tamén se comprará un pequeno resalido na parroquia de Alxén para poder instalar unha marquesina e no espazo recreativo de Corzans co fin de levar a cabo unha ampliación da zona recreativa.

Por último cofinanciarase tamén a través deste plan as obras  de mellora da mobilidade peonil na EP 4006 en Leirado, unha obra que mellorará a seguridade dos nenos e nenas que se desprazan diariamente ao colexio de Leirado, e que nestes momentos está en fase de licitación por un importe de máis de 200.000 €. Estas obras consistirán na mellora das condicións de seguridade e mobilidade para os peóns e vehículos, conseguida mediante a execución en dominio público dunha senda peonil nun dos seus treitos pola marxe dereita e mediante a redución de velocidade e colocación dun paso de peóns sobreelevado. A maiores, o proxecto contempla a renovación da rede de pluviais e a mellora da capa de rodadura.

Ponteareas xa é, oficialmente, ‘Cidade Amiga da Infancia’

Ponteareas é xa oficialmente unha Cidade Amiga da Infancia. Representantes do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, a Federación Española de Municipios e Provincias, o Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia (IUNDIA) e Unicef España entregaron este mércores nunha cerimonia virtual os recoñecementos ás 72 entidades locais que renovaban esta distinción e aos 73 municipios, mancomunidades e deputacións que o recollían por primeira vez, entre eles o Concello de Ponteareas.

Trátase dun recoñecemento ao exercicio de responsabilidade feito polo Goberno municipal para poñer no centro das decisións políticas a un grupo de poboación que é presente e futuro da sociedade: aos nenos, nenas e adolescentes. A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, estivo presente na cerimonia, na que se fixo un recoñecemento ás 342 Cidades Amigas da Infancia que poñen no centro das políticas locais preto do 50% da poboación infantil que vive en España.

“Hoxe é un día moi importante para nós, porque se recoñece o traballo constante realizado nos últimos anos para conseguir que Ponteareas sexa un concello no que infancia e adolescencia formen parte activa da nosa política local, dándolles voz e voto e permitíndolles achegar o seu gran de area naqueles aspectos que lles afectan directamente”, explica a edil.

Para acadar esta distinción Ponteareas, ao igual que o resto das entidades locais recoñecidas, deseñaron estratexias para dar resposta aos retos identificados no camiño de facer realidade os dereitos das nenas, nenos e adolescentes. A vila dispón de espazos de participación reais onde se escoitan as súas propostas, unha acción que non só é un dereito da infancia, senón que enriquece a xestión política tendo en conta as opinións, necesidades e solucións identificadas polos seus destinatarios e destinatarias.

Tal como sinalou durante o acto o presidente de UNICEF España, Gustavo Suárez, “a participación infantil e adolescente contribúe a desenvolver unha cidadanía activa e empodera aos nenos como axentes activos de cambio que poden modificar a súa realidade e a dos seus concidadás”.

Pola súa banda, a partir dos datos obtidos nesta nova convocatoria, Mª Ángeles Espinosa, directora de IUNDIA, sinalaba que “sabemos que o 56% das entidades locais realizan programas para familias en dificultade social, case un 66% conta con axudas para familias en situación de vulnerabilidade con menores a cargo e máis dun 80% contan con protocolos de prevención, detección e derivación de casos de desprotección ou violencia”.

Na última intervención do acto, o subdirector da Dirección Xeral de Políticas de Infancia e Adolescencia do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, José Luis Castellanos, recordou que “a experiencia e o traballo destes 20 anos están sendo unha base fundamental para a elaboración do Consello Estatal de Participación Infantil”, órgano contemplado na recentemente aprobada Lei de Protección da Infancia fronte á Violencia.

Na IX Convocatoria de Recoñecementos 2021-2025, Ponteareas foi o único municipio galego en recibir por primeira vez este distintivo, que gana peso coa situación sanitaria, xa que como recolle a notificación oficial “foi un ano moi difícil e sabemos que estivestes en primeira liña respondendo ás necesidades da cidadanía, sen deixar atrás aos nenos e nenas”.

Como leva facendo xa dende 2018 e durante os catro anos de vixencia deste recoñecemento como Cidade Amiga da Infancia, Ponteareas continuará traballando no seu compromiso por consolidar espazos de participación infantil e adolescente e obter resultados medibles que melloren o benestar da infancia da vila.

As escolas deportivas de verán regresan a Ponteareas

As escolas deportivas regresan este verán a Ponteareas cunha morea de propostas para que os cativos a partir de 6 anos gocen dunhas vacacións estivais saudábeis e activas. A Concellería de Deportes, que dirixe Miguel Bouzó, acaba de abrir o prazo de inscrición para participar nestas actividades dirixidas a infancia e mocidade que serán totalmente de balde e que contarán con prazas limitadas. As familias interesadas teñen ata o vindeiro 19 de xullo para realizar a solicitude no Rexistro de entrada do Concello.

Tras a imposibilidade de abrir o pasado verán a causa da situación sanitaria, as escolas deportivas volven á vila con novidades entre as propostas que se ofertan. Así, por primeira vez os nenos, nenas e mocidade poderán practicar dentro das escolas fútbol gaélico, que se desenvolverá os martes ás 11.00 horas co Condado Fútbol Gaélico. Tamén se estrea a petanca, con clases os mércores  venres do 21 ao 30 de xullo a partir das 09.30 horas grazas ao Club Petanca El Parque.

As rapazas e rapaces tamén poderán practicar baloncesto os luns ás 17 horas co Club Baloncesto Condado e hóckey os venres ás 18.30 horas co Hóckey Club Ponteareas. Ademais, poderán inscribirse en patinaxe co Club Luar e co Club Tea martes ás 17.00 horas e xoves ás 19.00 horas; en fútbol sala, onde adestrarán os xoves ás 10.30 horas co Fútbol en 40×20; en tenis, que poderán practicar os xoves ás 12.00 horas co Club Tenis Ponteareas; ou billar, que será os mércores ás 18.00 horas co Club Billar Sportivo.

O concelleiro de Deportes anima a todos os nenos, nenas e mocidade a participar nas escolas deportivas de verán, coas que se pretenden “fomentar hábitos de vida saudábeis e promocionar o deporte para todas as persoas como medio de ocupación do tempo de lecer e medio educativo”.

A Xunta aprobará este verán o proxecto de mellora do abastecemento de Arbo

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, avanzou esta mañá que a Xunta está a ultimar a supervisión do proxecto de mellora integral do abastecemento de Arbo co obxectivo de aprobalo este verán.

O representante autonómico, acompañado polo alcalde de Arbo, Horacio Gil, informou do estado administrativo desta actuación, orzamentada en máis de 2 millóns de euros, nunha visita de supervisión ás obras de impermeabilización dos depósitos de abastecemento e mellora do control da calidade da auga. Son estas unhas actuacións xa están rematadas e que supuxeron un investimento de máis de 48.000 euros por parte da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

“A Xunta de Galicia ten un compromiso de colaboración máxima cos concellos na dotación e mellora da subministración de auga potable á poboación, malia tratarse dunha competencia municipal”, sinalou Luis López.

Remarcou que, no marco desa liña de apoio, “vimos de acometer unha primeira fase para a mellora da calidade das augas en Arbo e estamos preparando un proxecto de maior calado que solucionará por completo a situación”, detallou o delegado territorial, que destacou o traballo da Xunta “na loita contra a seca e os seus efectos para garantir o abastecemento á poboación”.

O proxecto de mellora integral do abastecemento céntrase na subsanación das deficiencias detectadas na captación do río Deva, que surte á práctica totalidade do municipio, coa execución de bombeos en Praia do Val e O Couto, impulsións entre estes dous puntos e tamén entre O Couto e Paravedra e unha estación de tratamento de auga potable no Couto.

“Este proxecto, que xa conta co informe favorable de Sanidade, xa pasou unha primeira supervisión, que serviu para realizar algúns cambios que mellorarán a infraestrutura e agora afronta a súa aprobación definitiva, que quedará lista neste verán”, detallou o representante autonómico.

Polo demais, a visita en Arbo serviu para comprobar o remate da primeira fase de modernización do abastecemento coa impermeabilización dos depósitos e a mellora do control da calidade da auga.

En concreto, estas obras consistiron na impermeailización dos depósitos do Couto e os dous situados na Abelenda; na reparación das zonas fisuradas da estrutura do Vieiro; e na instalación de caudalímetros electromagnéticos nos cinco depósitos principais de Arbo para detectar consumos anómalos e acadar unha xestión máis eficaz. Ademais, na potabilizadora de Arbo tamén se colocou un regulador dixital para a medida e regulación do cloro e da temperatura da auga.

A Xunta denuncia un novo incumprimento na rebaixa das peaxes da AP-9

A Xunta denuncia un novo incumprimento na rebaixa das peaxes da AP-9 e insta ao Goberno de España a aclararlle aos galegos cando fará efectivos os descontos.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, interveu hoxe no Parlamento, onde lamentou que “os galegos xa non saben que vai tardar máis, se os descontos da AP-9 ou a chegada do AVE a Galicia”.

Vázquez Mourelle salientou que a Xunta quere que os galegos se beneficien xa desas rebaixas, que o Executivo se comprometera a facer efectivas neste mes de xullo. Subliñou que “no tempo de desconto, a 17 días de que expire o prazo, a Xunta ten que enterarse polos medios de comunicación que en xullo xa non vai haber descontos, e a ver se en agosto”.

A este respecto, manifestou a inquedanza da Xunta ante a falta de información oficial por parte do Ministerio, que continúa sen comunicar en que data serán realmente efectivas as bonificacións.

Tamén lamentou que o Goberno galego teña que coñecer polos medios de comunicación que o Ministerio só prevé unha rebaixa do 20% para os vehículos pesados, unha cifra que non cumpre as expectativas do sector nin contribúe ao obxectivo de mellorar a seguridade viaria.

Lembrou a experiencia da redución do 35 % no treito entre Puxeiros e O Porriño, que só logrou captar o 7 % do tráfico pesado, un resultado insuficiente, a pesar de que a bonificación era maior que a anunciada recentemente polo Goberno estatal.

Remarcou que a Xunta tampouco dispón de información sobre a liberación da peaxe de Redondela, onde os veciños de Chapela levan desde outubro de 2018 pagando por unhas medidas compensatorias pola ampliación de Rande.

Lembrou que Galicia leva 9 meses agardando a que se cumpra este anuncio feito en outubro do ano pasado, cando o Goberno central vinculara esas rebaixas aos Orzamentos Xerais do Estado de 2021, que entraron en vigor co inicio do ano.

Sen embargo, recordou que en xaneiro, en lugar destes descontos, tivo lugar unha nova suba das peaxes coa que a AP-9 segue a estar entre as autoestradas máis caras de España.

Reiterou que o Goberno central debe manter a palabra dada aos galegos e aplicar xa as bonificacións na AP-9, pois é irrenunciable e prioritario paliar o agravio e o impacto destas peaxes nos petos dos cidadáns e na competitividade da economía.

Hoxe tivo lugar a presentación da Festa dos Oficios Artesáns de Mondariz

0

A Festa dos Oficios Artesáns de Mondariz chega reivindicando a economía sostible e o patrimonio como ferramenta de futuro. O Pazo Provincial da Deputación acolleu a presentación da `XXXII Edición da Festa dos Oficios Artesáns´, que celebrarase os días 31 de xullo e 1 de agosto. A deputada de turismo, Ana Laura Iglesias; o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros; a concelleira de Cultura, Anxos Carballo; a presidenta de “Castromao”, Belén Boente, e o produtor cultural de `Escéna Te´, Santiago Pérez, anunciaron esta cita patrimonial e presentaron o “tráiler” do documental “Cesteiros de Mondariz”, que pon en valor este oficio tradicional tan vinculado á vila.

Laura Iglesias animou a participar nesta nova edición que complementarase con unha gran variedade de actividades culturais a prol de non perder esta tradición e explicou que a Deputación colabora coa exposición “Tecendo a Natureza”, de Enrique Táboas. Subliñou tamén a importancia de apoiar a tradición e o patrimonio, “non como elementos do pasado, senón do futuro”. Finalmente, admitiu que séntese moi preto desta Festa pola súa vinculación familiar, dado que o seu avó era cesteiro.

O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, incidiu no agradecemento á Deputación polo apoio ás actividades culturais dos concellos. Ao tempo, fixo unha chamada por manter e coidar a tradición da cestería no ámbito educativo, posto que “este é un oficio sostible dentro da economía circular” e lamentou que a formación nos oficios artesáns estean fóra da educación regrada e non estean recollidos nos módulos formativos da Formación Profesional. Isto, engadiu, supón un atranco nas posibilidades de desenvolver actividades ao redor destes oficios, o que acaba afectando á economía das familias e os pobos do rural.

Teatro familiar con “A Illa sen Tesouro” este xoves na Guarda

0

O Auditorio de San Benito da Guarda acolle este xoves día 15 de xullo ás 20:30h a obra de teatro familiar “A Illa sen Tesouro”.

A illa sen tesouro é a nova proposta de teatro de rúa da compañía Ghazafelhos. Apoiados nunha escenografía dinámica que se transforma nun meson, nun barco, nunha cova e nunha empalizada, os tres actores e actriz reinterpretarán os distintos momentos, coa participación do publico, da fabulosa aventura de piratas.

Musica, bailes, peleas de espadas, toda a acción que se espera deste xénero mesturada co humor inconfundible do teatro dos Ghazafelhos e un guiño a un clásico literario para toda a familia.

Debido ao protocolo covid é preciso realizar unha inscrición previa no correo electrónico [email protected] indicando o nome completo dos asistentes e un teléfono de contacto.

O Carnaval prometeu volver a Gondomar e farao este sábado coa “I Edición do seu Entroido de Verán”

0

“O Entroido volverá” era o retrouso do vídeo editado polo departamento de Cultura do Concello de Gondomar o pasado mes de febreiro cando se anunciaba a suspensión destas festas. Poñíanse uns puntos suspensivos “a un programa que tiñamos claro que iamos recuperar”, afirma o alcalde Paco Ferreira, quen no seu día xa se comprometeu “a celebralo nos meses de verán, a desempoar disfraces, máscaras e as ganas de divertinos no mes de xullo”.

De esta forma este sábado 17 de xullo a partir das 17.30 horas darase pistoletazo de saída á que será a I Edición do Entroido de Verán de Gondomar, á que se convida á cidadanía pero tamén a todos e todas os que estean interesados en visitar o municipio para sumarse a esta festa coas súas mellores galas carvaleras para rir e pasar un bo intre.

MÚSICA E ANIMACIÓN

O Entroido de Verán virá acompañado polo grupo Sarao Animación que durante toda a tarde animará as rúas coa súa “Fantasía de circo” na que 10 personaxes fantásticos e relacionados coa vida circense animarán as rúas do centro de Gondomar co seu carro musical, desde o que convidarán a bailar a grandes e pequenos, aos que se propoñerán xogos para que se somen a eles durante toda a tarde.

E para a ocasión de novo en Gondomar os acordes e a música das tan esperadas orquestras que volven aos poucos a soar nas localidades e recuperar a súa actividade tras un ano realmente crítico para o sector. Na Praza Paradela, a partir das 21,00 horas, aproximadamente, a Orquestra Trío Azar amenizará o serán deste entroido tan esperado e que Gondomar confía en que se festexe ao grande, sentando un precedente que sirva para pensar en novas edicións para os próximos anos. 

Obradoiros, contacontos, actividades de animación e concursos agardarán ao público na Feira do Libro de Ponteareas

A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, ultima xa as actividades que complementarán a ampla programación da quinta edición da Feira do Libro de Ponteareas, que se celebra do 15 ao 18 de xullo.

Pensando no público infantil, o Concello organiza durante estes días unha serie de obradoiros, contacontos e actividades de animación coas que os nenos e nenas poderán achegarse á lectura e á literatura dun xeito diferente e divertido. O edil de Cultura convida a toda a veciñanza a participar na Feira e nas súas actividades, “pensadas para animar á lectura a pequenos, pequenas e maiores pero tamén para dinamizar o sector e dinamizar a vila”.

As actividades para os máis cativos e cativas comezarán o venres 16 de xullo cun obradoiro marcapáxinas Ex Libris pola mañá (de 12.15 a 13.00 horas) e coa xincana Bambán de Vento pola tarde (de 16.30 a 18.00 h). Xa o domino 18 os nenos e nenas poderán divertirse co obradoiro de carteis ‘Estou lendo, non molestar’ de 12.15 a 13.00 horas e pola tardes poderán achegarse á lectura co contacontos de Paula Carballeira, que fará gozar ao público coa súa ‘Merenda de contos’.

Xunto con esta programación dirixida ao público infantil, a Feira do Libro encherá durante catro días a Praza Maior coa presentación e sinatura de 22 obras literarias. Unha intensa programación á que lle porá punto e final a presentación ás 21.00 horas de ‘Palabra de Martes’, unha antoloxía que recompila os textos do alumnado do Obradoiro de Escrita Creativa de Ponteareas 2020, coordinado por María Lado e editado polo Concello de Ponteareas.

Participa e… remata o conto!

Esta edición, a Feira do Libro acollerá de novo o concurso ‘Remata o conto…’, unha iniciativa da Concellería de Cultura en colaboración con Centro Comercial Aberto Banastra coa que se busca fomentar a escritura en galego. As persoas interesadas poderán recoller na caseta da Secretaría o papel de participación, no que deberán incluír os seus datos e rematar a historia que se propón cun só texto escrito en galego. As propostas deberán entregarse na caseta antes do peche da feira.

A organización establecerá un xurado para participar na elección dos tres textos gañadores, que serán premiados con:

  • 1º premio. Unha tableta dixital
  • 2º premio. Un lote de libros valorado en 75 euros
  • 3º premio. Un lote de libros valorado en 50 euros

Organizada entre o Concello de Ponteareas e a Federación de Libreiros e Editores de Galicia co apoio da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, a feira abrirá as súas casetas de 12.00 a 14.00 horas (agás o xoves 15) e de 18.00 a 22.00 horas.

Os nenos da Escola de Verán do Concello de Baiona visitan a praza de abastos

0

Os nenos da Escola de Verán do Concello de Baiona, cuxo programa se desenvolve no CPI Cova Terreña, acudiron á praza de abastos da vila acompañados polas súas monitoras, polo alcalde, Carlos Gómez, e a concelleira de igualdade, Yasmina Moreira.

Os participantes no programa de conciliación coñeceron de primeira man as características do mercado municipal e os produtos e servizos que alí se ofertan. Moi atentos asistiron ás explicacións dos propios comerciantes que alí teñen os seus negocios. Os curiosos visitantes fixeron preguntas en grao sumo interesantes aos placeiros. Mesmo participaron nunha cata improvisada de queixos para coñecer o produto local.

Esta actividade está enmarcada na programación da escola que deseñou un programa de actividades de lecer e tempo libre, previamente programado, para que os máis pequenos gocen do verán e coñezan distintos lugares da localidade na que residen.

Semanalmente está programada unha saída, esta semana foi a quenda de coñecer a praza e o seu funcionamento, e ao longo destas semanas visitarán o museo flotante da Carabela Pinta, a Casa da Navegación….

A Escola de Verán do Concello de Baiona foi organizada pola Concellería de Igualdade, que ten como obxectivo principal “facilitar ás familias do municipio un recurso para conciliar a vida laboral, persoal e familiar, establecendo un servizo sociocomunitario que mellore a calidade de de vida do territorio, potenciando ademais a optimización de recursos a través da utilización dos centros educativos municipais fose do horario lectivo”.

Esta fin de semana o programa Cultura24 leva ás parroquias de Ponteareas charanga, música e teatro

Novas citas culturais esta fin de semana co programa Cultura24, co que a Concellaría de Cultura busca “achegar a actividade cultural ás vinte e catro parroquias que compoñen o concello ponteareán”. Este sábado e domingo haberá tres novas actuacións de balde nas que a charanga, a música e o teatro serán os grandes protagonistas.

O sábado 17 de xullo será a quenda da Charanga Alecríns, unha agrupación de Xinzo con máis de dunha década de experiencia que alegrará a xornada ao público no Centro Cultural de San Mateo de Oliveira. A cita será ás 21.00 horas.

O domingo 18 de xullo o Grupo de Baile e Música Tradicional Galega Sadeo tomará o relevo e animará a mañá no terreiro de Pías co seu folclore e tradición. A actuación comezará ás 12.00 horas.

Xa pola tarde, ás 20.00 h, o grupo de teatro Fonte da Tella de Soutomaior porá en escena no Centro Cultural Irmáns Barcia de Padróns a obra ‘Onte’, unha tradución e adaptación da peza de Jorge Díaz ‘Ayer, sin ir más lejos’. A representación teatral será ao aire libre ou, en caso de mal tempo, no interior do propio centro cultural con uso obrigatorio de máscara cirúrxica e todas as medidas de prevención.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anima a toda a veciñanza a asistir e gozar das actuacións do programa Cultural24, que naceu tamén “para dinamizar os centros culturais e o tecido creativo do municipio”.

O Aquamuseu do Rio Minho de Vila Nova de Cerveira assinala 16 anos em festa

O Aquamuseu do Rio Minho comemorou omte, 13 de julho, 16 anos de serviço ao público. As comemorações prolongam-se durante o próximo fim de semana, com um conjunto de atividades gratuitas dedicadas a toda a família.

Atendendo aos tempos de pandemia, e às orientações para evitar aglomerados populacionais, o Município de Vila Nova de Cerveira assinala o 16º aniversário do Aquamuseu do Rio Minho com toda a segurança.

O arranque das celebrações deu-se esta manhã, com a inauguração de uma pintura mural da autoria de Acácio de Carvalho no jardim do Aquamuseu. A intervenção artística integra a candidatura LowPlast – A arte de reduzir o plástico, financiada pelos EEA Grants, que visa sensibilizar para a redução do consumo de embalagens descartáveis.

O programa prossegue esta sexta-feira, 16 de julho, com a inauguração da exposição “As mulheres na atividade da pesca” (10h30), onde será retratado o papel da atividade feminina na pesca, não só no rio Minho, mas também em algumas vilas piscatórias portuguesas.

Já este sábado, 17 de julho, será dada a conhecer ao público a mostra “O carocho sem vela” (10h30), focada nas tipologias de motores fora de borda que alteraram a funcionalidade do carocho, como embarcação tradicional com vela.

O último dia de celebrações decorrerá este domingo, com a entrada gratuita no Aquamuseu do Rio Minho (10h00 às 12h00 / 14h00 às 18h00). O programa encerrará às 18h00, no Jardim do Aquamuseu, com o concerto Trobadores & Soldadeiras Encontro Luso-Galaico. De referir que esta atividade é promovida pelo ‘Projeto Cardo’ e o ‘Ideal Clube de Fado’, que desenvolveram projetos musicais com as populações dos 10 municípios do Alto Minho. Em Vila Nova de Cerveira, a parceria envolve o coro Infanto-Juvenil de Vila Nova de Cerveira e dará a conhecer a criação de novos arranjos para canções tradicionais, um momento único de redescoberta e reinvenção da música de raiz luso-galaica. O projeto é cofinanciado por: Norte2020, Portugal2020 e União Europeia, através do Fundo Europeu de Desenvolvimento Regional (FEDER).

Situado junto à margem do rio Minho e integrado numa envolvente natural de Vila Nova de Cerveira, o Aquamuseu do rio Minho transporta para dentro de quatro paredes toda a riqueza daquele curso de água internacional. De portas abertas desde 13 de julho de 2005, este espaço público tornou-se num dos maiores polos de atração turística de Vila Nova de Cerveira, alcançando uma média de 25 mil visitantes por ano.

Para mais informações os interessados devem contactar o Aquamuseu do Rio Minho. ([email protected], 251708026).

Programa

  • Sexta-feira, 16 de julho

10h30 – Inauguração da exposição “As mulheres na atividade da pesca”

  • Sábado, 17 de julho

10h30 – Inauguração da exposição “O carocho sem vela”

  • Domingo, 18 de julho

10h00 às 12h30 / 14h00 às 18h00 – Entrada livre no Aquamuseu do Rio Minho

18h00 – Concerto no Jardim do Aquamuseu “Trobadores & Soldadeiras” Encontro Luso-Galaico

Horário do Aquamuseu

Terça-feira a Domingo das 10h00 às 12h30 e das 14h00 às 18h00

Esgotadas en 24 horas as 104 prazas para a primeira actividade do ‘Depo Auga’ no río Deva na Cañiza

Depo Auga, o novo programa da Deputación de Pontevedra que combina deporte e natureza a través do paddle surf e o kayak nos ríos da provincia, tense estreado cunha excepcional acollida. Así, as 104 prazas para a primeira das actividades, prevista o vindeiro 8 de agosto no río Deva, no concello da Cañiza, esgotáronse en tan só 24 horas trala apertura este luns do prazo de inscrición, e tamén está completa a lista de agarda para o caso en que se produzan baixas.

Depo Auga está dirixido ás persoas amantes dos deportes da natureza e aventura e consiste en rutas guiadas de aproximadamente hora e media de duración polo río nunha táboa de paddle surf ou nun kayak. Ambas modalidades contan cada vez máis con maior número de afeccionados e son unha das formas máis divertidas de coñecer e sentir o deporte na natureza. Das 104 prazas ofertadas para esta actividade no río Deva, 56 son para kayak e 48 para a modalidade paddle surf, que se distribúen nun total de catro quendas (14 persoas no caso do kayak e 12 no paddle surf en cada unha).

Despois desta primeira ruta, haberá unha segunda co mesmo número de prazas o 28 de agosto no río Miño ao seu paso polo concello das Neves, para a que as persoas interesadas poderán inscribirse a partir do 9 de agosto. Poden participar grupos de persoas maiores de 18 anos, ou menores (mínimo 12 anos) acompañados pola súa nai, pai, titora ou titor. As e os participantes deberán desprazarse ao lugar de inicio da actividade, onde recibirán información sobre o funcionamento do programa, apuntarse nunha das catro quendas que se ofertan por día e entregaráselles todo o material necesario para as actividades.

Aberta na Sala Municipal de Exposicións de Tui a mostra ‘Vía Lusitana’

0

O martes 13 de xullo abría as súas portas na Sala Municipal de Exposicións de Tui a mostra Vía Lusitana. O espazo xacobeo no Norte de Portugal e Galicia, mostra organizada pola Xunta de Galicia no marco das actividades do Ano Xacobeo 2021-2022, e conta nesta ocasión coa colaboración do Concello de Tui.

Vía Lusitana realiza, a través de dez capítulos, unha síntese e recompilación do fenómeno histórico xacobeo relacionado co territorio portugués máis setentrional (do Douro cara o norte) e Galicia: o culto ao apóstolo, a historia común, as tradicións, o rico patrimonio histórico-artístico, a variedade gastronómica destas terras, a beleza da paisaxe e a tranquilidade e seguridade da peregrinación nos nosos días.

O título da exposición busca reforzar a imaxe que o proxecto quere dar dos camiños de Santiago no norte de Portugal e Galicia: un espazo único e ben coidado no noroeste da península ibérica, rico en natureza, patrimonio, gastronomía e cultura. Un espazo xacobeo pleno de beleza, seguro e saudable, no que poder realizar a peregrinación a Compostela en calquera época do ano.

A exposición conta con paneis autoportantes, con pequenos textos en galego, portugués, castelán e inglés, ilustrados con fotografías de gran calidade, cartografía e dous vídeos: un sobre os Camiños de Santiago neste xardín de esencias, e outro sobre natureza e patrimonio.

Poderá visitarse na Sala Municipal de Exposicións até o 28 de agosto.

Alcaldesa do Rosal e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitan o quiosco da Explanada do Horizonte

0

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez visitaron este martes a Explanada do Horizonte e o seu novo quiosco, unha das primeiras instalacións permanente situadas en zona de servidume de protección de dominio público marítimo terrestre autorizadas pola Xunta de Galicia. “Estamos ofrecendo novos servizos durante todo o ano á veciñanza da contorna, ás persoas que peregrinan por este tramo ou para as e os visitantes que se achegan a desfrutar deste espazo”, salientou a rexedora.

Pola súa banda, a conselleira quixo felicitar ao Concello “non só por converterse en pioneiros”, senón tamén por levar a cabo unha actuación de recuperación ambiental dunha zona degradada e convertela nunha área de ocio para veciñanza e turistas. Unha remodelación cunha gran calidade estética e arquitectónica e integrada na contorna na que se atopa, “unha sensibilidade e coidado que é especialmente importante neste punto, situado en pleno Camiño de Santiago”.

Ánxela Fernández Callis e Ángeles Vázquez, na Explanada do Horizonte

Durante o percorrido, rexedora e conselleira tamén estiveron acompañadas pola directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Mª Encarnación Rivas, e polo xefe territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel González. Aproveitaron para visitar o interior das instalacións e falar coa responsable adxudicataria do módulo, Mª Jesús Giráldez, con moitos anos de experiencia en hostalaría e coñecedora do Camiño de Santiago, quen se amosou moi contenta pola oportunidade.

Este quiosco permanente, integrado no proxecto de reforma e mellora paisaxística da propia Explanada do Horizonte, redactado pola arquitecta María Fandiño, permite dotar a Portecelo dunha área de esparexemento “no que racharemos coa estacionalidade e que queremos converter en punto de lecer e encontro os 365 días do ano”, recalcou a alcaldesa, Ánxela Fernández.

[su_image_carousel source=”media: 41087,41088,41089,41090,41091,41092″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A Explanada do Horizonte é resultado de moitos meses de traballo coa Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal para a cesión dos terreos necesarios para realizar as obras, así como coa traída de augas, coas percebeiras e co veciño propietario da parcela onde está situado o Petróglifo Laxe do Lapón. “Non podemos máis que agradecer a boa disposición de todos eles para colaborar na medida do posible e poder facer realidade un proxecto de tanta envergadura. Un agradecemento que temos que facer extensivo a todos os veciños e veciñas de Portecelo e San Xián pola súa paciencia e a súa cooperación”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández.

Ademais, para poder sacar adiante este proxecto o Concello rosaleiro tivo que tramitar tamén todos os permisos necesarios coas sectoriais de Augas de Galicia, Estradas de Galicia, Patrimonio Cultural e Costas.

Ana Belén Rodríguez Trío actúa este venres ás 22 h na praza de San Fernando en Tui

0

A praza de San Fernando, en Tui, será o escenario do concerto de Ana Belén Rodríguez Trío este venres, 16 de xullo, ás 22 h dentro do ciclo “Música no ar” da Deputación de Pontevedra. A formación está integrada por Ana Belén Rodríguez, piano; Noelia Álvarez, voz; e Kiri Cabaleiro, gaita, frauta, percusión.

Interpretarán Lágrimas negras de Bebo Valdés e El Cigala, Armando’s Rumba de Chick Corea, Total Eclipse of the Heart de Bonnie Tyler, Titanium de David Guetta, Piratas do Caribe de Hans Zimmer, Lela de Dulce Pontes, Someone you Loved de Lewis Capaldi, Sáhara de Tongo, With or Without You de U2, This is Me de O Gran Showman ou Hallelujah de Leonard Cohen.

A entrada ao concerto é libre até completar o aforo establecido de 120 cadeiras. O acceso realizarase pola praza Norte.

Ana Belén Rodríguez García estudou piano clásico no Conservatorio Superior de Música de Vigo e recibiu clases de pianistas da talla de Peter Efler, Eulalia Sole´, Olga Semouchina ou Luiz de Moura Castro entre outros. Obtivo o diploma en Música Moderna e Jazz pola escola Estudio de Santiago de Compostela. Actualmente dirixe a súa propia aula de música, Pianagrama, e é acompañante da Royal Academy of Dance, escola inglesa de danza onde interpreta as obras para as bailarinas e bailaríns nos exames oficiais desta institución. Actualmente tamén forma parte do grupo de rock-pop KAF! no que toca diversos instrumentos e canta.

Noelia Álvarez é vocalista desde os 15 anos e profesora en diversas escolas da zona. Forma parte de diversos proxectos musicais coma Two in the Mirror, Aretha Franklin Tribute Band, ou Gnomon (en Portugal).

Kiri Cabaleiro é gaiteiro, frautista e percusionista. Destaca na batería cun longo percorrido no rock e o pop e coma instrumentista en bandas sonoras colaborando en diversas gravacións.