Novo mural do «DepoRúARTE» no IES «Auga da Laxe» de Gondomar

A deputada de Xuventude e Cohesión Social, Digna Rivas, acudirá mañá martes ás 10:30 horas ao IES Auga da Laxe de Gondomar onde o alumnado participante presentará un novo mural elaborado no marco do proxecto «DepoRúARTE. Pintando alternativas» da Deputación de Pontevedra. O tema elixido polos e polas estudantes para o mural, realizado en colaboración coa artista Noemí Núñez, foi unha «homenaxe ao Guernica».

  • Publicado en Gondomar

Tomiño aproba unha nova ordenanza que contempla axudas para casos de emerxencia social

O Concello de Tomiño aprobou de forma definitiva o pasado venres no transcurso do Pleno, unha nova ordenanza en materia de Benestar Social, que foi votada de maneira unánime polos membros da Corporación Local. A nova ordenanza pretende establecer unha serie de dereitos e recursos dentro do Programa de Inclusión Social, xerais e específicos para a cidadanía da localidade en risco de exclusión social.

  • Publicado en Tomiño

O Porriño e Tomiño, «Cidades Amigas da Infancia»

As alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre e Tomiño, Sandra González, recibiron este martes, 27 de novembro o nomeamento dos seus respectivos concellos como «Cidade Amiga da Infancia», outorgados pola UNICEF, nun acto que tivo lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Oviedo. O Porriño e Tomiño convértense en dous dos 8 concellos de Galicia que veñen de recibir este recoñecemento.

  • Publicado en Tomiño

Salvarerra de Miño amosa o seu rexeitamento á violencia machista

O 23 de novembro foi a data elixida en Salvaterra de Miño para celebrar os actos en torno ao 25, día Internacional contra a Violencia de Xénero. A mañá arrancou cou entrega de premios do concurso de slogans contra a violencia de xénero organizado polo Concello en colaboración co IES. Despois leuse un manifestó e gardouse un minuto de silencio polas vítimas. 

Mañá continúan en Oia as charlas-obradoiro sobre corresponsabilidade

O CEIP Refoxos de Oia acollerá mañá, de 16.00 a 18.30 horas, unha nova charla obradoiro dentro da iniciativa que desenvolve o Concello e que busca rebater os estereotipos e roles de xénero tradicionais. Logo da primeira actividade que levaba por título «Corresponsabilidade e uso dos espazos e o tempo: os/as nenos/as poden e deben botar unha man na casa», mañá tratarse as relacións de igualdade e respecto entre nais e pais e fillos e fillas.

  • Publicado en Oia

Carmela Silva enxalza o "talento, compromiso e creatividade" da mocidade da provincia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto a deputadas e deputados do goberno provincial, presidiu esta tarde no Salón de Plenos do Pazo a gala dos Premios Provinciais á Xuventude, que galardoaron as mellores iniciativas en categorías de proxectos sociais, educación en valores, emprendemento, novas tecnoloxías, música ou literatura entre outras.

O GES da Guarda informa ao estudantado sobre como actuar en situacións de emerxencia

Dende a pasada semana efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Guarda veñen de iniciar o ciclo de charlas informativas co arranque do novo curso lectivo. A iniciativa ten coma obxectivo que os rapaces e rapazas saiban como actuar ante situacións de risco ou emerxencias, coñecendo o funcionamento dos plans de autoprotección dos seus respectivos colexios e centros educativos, así coma saber coma realizar unha correcta evacuación en caso de incendio, grazas á realización de simulacros de evacuación.

  • Publicado en A Guarda

Tomiño organiza un curso gratuíto de radio online

O Concello de Tomiño impartirá, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) o «Curso de xestión e manexo dunha radio online: radiomocidade.gal», unha acción formativa que vai dirixida á poboación moza de Tomiño e que terá unha duración total de 8 horas, repartidas os xoves 8, 15, 22 e 29 de novembro, de 16:30 a 18:30 horas.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS