Chus Garrote satisfeita coa reunión con Fomento. “Haberá circunvalación”

A tenente de alcalde e candidata socialista, Chus Garrote, valorou como moi satisfactoria a reunión co Director Xeral de Carreteras que tivo lugar o pasado xoves no Ministerio de Fomento, na que se acadou o compromiso do Goberno de España cunha reclamación histórica dos veciños e veciñas de Ponteareas. “Nesta reunión os socialistas demostramos o noso compromiso con Ponteareas e fixémolo con feitos. Demostramos unha vez máis que somos un partido no que se pode confiar” declara Chus Garrote.

Ponteareas esixe a Fomento unha partida plurianual de 21 millóns de euros

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a tenente de alcalde Chus Garrote veñen de esixir ao Ministerio de Fomento que se contemple nos orzamentos do Estado unha partida plurianual de 21 millóns de euros para a variante ou circunvalación "tal e como estaba prevista e os seis millóns para a mellora da seguridade viaria da N-120".

A Xunta asegura que Fomento pretende "rachar" o investimento comprometido para a circunvalación

A Xunta de Galicia lamentou hoxe que o Ministerio de Fomento "pretenda rachar o acordo co Goberno galego e co Concello de Ponteareas para impulsar conxuntamente a construción da Variante desta localidade", asegurou o executivo galego que, afirma, "esa é a vontade que se desprende da resposta do Ministerio de Fomento ao borrador de convenio que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade lle remitiu o pasado mes de setembro, co obxectivo de concretar as responsabilidades de cada Administración para materializar esa actuación".

A Xunta redactará o proxecto da Variante de Ponteareas cando Fomento comprométase a executala

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, trasladoulle hoxe ao alcalde de Ponteareas, Xosé Represas o compromiso da Xunta de contratar a redacción do proxecto da Variante da vila en canto o Ministerio de Fomento asine o convenio polo que se compromete a executala e financiala. Vázquez Mourelle reuniuse esta tarde co rexedor municipal e expresoulle "a vontade do Executivo autonómico de asinar o antes posible o convenio de colaboración que faga posible esta infraestrutura".

Represas alerta a Fomento da inseguridade viaria no enlace de Puzo

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, informou ao Ministerio de Fomento "da perigosidade que supón para os viandantes algúns puntos das conexións do enlace de Puzo recentemente aberto na A-52, coa estrada provincial EP-4006 e coa estrada municipal que comunica co lugar de A Cheira en San Mateo". Represas explicou, no seu escrito, que “resulta imposible para os peóns transitar con seguridade na estrada provincial na zona do enlace coa autovía xa que non hai beirarrúas”.

Javier Bas cualifica de "decepcionante" a visita do ministro de Fomento

O alcalde de Redondela, o popular Javier Bas, cualificou hoxe como "decepcionante" a visita realizada polo ministro de fomento xa que, asegura o rexedor local redondelán "seguimos coa mesma falta de información e concreción que nos atopábamos antes da súa chegada". Para Bas "é inexplicable que transcorridos 4 meses dende o seu nomeamento" non dea resposta a cal será a data de inicio das obras complementarias comprometidas por Fomento en Chapela e Trasmañó tras a ampliación da AP9, "nin concretara a data de retirada do peaxe inxusto de Rande".

A alcaldesa do Porriño pide unha "xuntanza urxente" co novo Ministro de Fomento

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de remitir unha carta ao novo ministro de Fomento, José Luis Ábalos, na que solicita "unha xuntanza urxente" dos voceiros da Corporación con él coa finalidade de tratar a supresión do paso do tren polo centro da vila. Na carta a alcaldesa subliña que “ata hoxe as xestións realizadas con ADIF e o Ministerio de Fomento do anterior Goberno non son non deron froitos senón que xeraron entre os responsábeis político locais e os veciños un considerable enfado polo trato recibido e pola falla de vontade política para acometer este proxecto”.

Suscribirse a este canal RSS