O BNG acada o compromiso da Xunta para resolver o problema do lindano

O deputado do BNG por Pontevedra, Luis Bará acadou hoxe o compromiso do grupo parlamentar do Partido popular na comisión de Medio Ambiente para iniciar as medidas necesarias contra os riscos á saúde dos solos contaminantes por lindano no concello do Porriño. O nacionalista lembrou que o estudo realizado no ano 1999 confirmou a localización de solos contaminados por lindano no Polígono das Gándaras e Torneiros así como a presenza deste produto no lugar de Contrasto despois de realizar as obras de saneamento.

Acto público sobre os «ventres de alugueiro» na Casa da Cultura de Redondela

A Casa da Cultura de Redondela acolle, mañá venres, 24 de novembro, un acto público sobre os ventres de alugueiro organizado polo BNG redondelán.

Neste acto, falarase desta práctica, tamén chamada eufemísticamente «xestación subrogada» que ao entender da organización nacionalista, “busca a utilización das mulleres con menos recursos para ser empregadas como incubadoras e xestar bebés para parellas con mais capacidade adquisitiva, que por diversos motivos, non poden ou non queren pasar por un embarazo, pero si queren ter descendencia biolóxica”.
O BNG considera, que esta práctica, é un claro exemplo da “mercantilización dos corpos das mulleres”.

Para os nacionalistas, o desexo da descendencia biolóxica, en ningún caso, “pódese levar a cabo a costa de menoscabar os dereitos das mulleres máis vulnerables”. Unha práctica na que, os nacionalistas, tanto as mulleres como as crianzas, “son tratadas como mera mercadoría, mesmo na chamada «xestación subrogada altruísta» agóchanse intereses lucrativos de clínicas de fertilidade e bufetes de avogados que actúan como intermediarios, nun negocio que move millóns de euros en todo o mundo”.

De todo isto falarán Jessica Garcia, responsábel Comarcal de Galiza Nova e Ana Bringas, Coordinadora do Grupo de Traballo de Acción Feminista do BNG.

O BNG de Redondela, apoia ás mobilizacións veciñais para eliminar “o imposto” da peaxe

O BNG de Redondela vén de amosar o seu apoio á convocatoria das asociacións de veciños de Chapela e Teis, o venres 17, nas Torres de Padín, para reclamar a supresión da peaxe da AP9 ata a saída a Redondela. Segundo os nacionalistas, o apoio ás asociacións veciñais na súa demanda "vén dado porque trátase de reivindicacións xustas, que priorizan o interese colectivo”.

O BNG do Porriño solicita a creación dunha Comisión de Seguimento sobre o lindano

O portavoz do BNG no concello do Porriño, Pedro Pereira, vén de solicitar ao Concello porriñés unha reunión dos portavoces municipais para acordar a constitución dunha Comisión de Seguimento sobre o problema orixinado polo achado de verteduras de lindano, comisión que estaría formada polos grupos municipais, a veciñanza afectada e os técnicos da Consellería de Medio Ambiente.

BNG presenta iniciativas na comarca de Redondela “polo futuro do rural”

Ante a vaga de lumes da fin de semana do 15 e 16 de outubro, dende o BNG veñen de formularse diversas iniciativas nos concellos da comarca de Redondela, asegurando que “enfrontamos ás políticas forestais da Xunta de Galiza de abandono do noso medio natural”. Os nacionalistas, apostan “polo futuro do rural con políticas activas que teñen demostrado a viabilidade dos nosos montes.”

Suscribirse a este canal RSS