Domingo, 16 Marzo de 2025

Salvaterra de Miño reforza o horario da Biblioteca Municipal de cara aos exames e recuperacións

O horario será continuo dende o 13 de maio e ata 5 de xullo para todos os estudantes que preparan os exames de ABAU e finais e recuperacións.

Como ven sendo habitual o Concello de Salvaterra de Miño reforza o horario da Biblioteca Municipal nos meses de exames finais e que coinciden coas probas da ABAU. Este ano a ampliación será dende o 13 de maio e ata o 5 de xullo en horario continuo dende as 09:00 horas e ata as 20:00 horas de luns a venres.

Deste xeito, o Concello segue apostando por un novo espazo adaptado ás necesidades dos estudantes que dispón de ordenadores, enciclopedias e libros que serven de consulta e aprendizaxe para calquera que o precise e que ademais conta cunha sala infantil con libros e xogos e un espazo polivalente para presentacións de traballos, obradoiros e reunións informativas.