Sábado, 3 Maio de 2025

O PP de Ponteareas afirma non ter recibido o documento dos Orzamentos 2020

Os populares acusan ao Goberno de "falta de transparencia" e aseguran que se enteraron "pola prensa" da intención do Executivo de aprobalos en decembro

O PP de Ponteareas vén de denunciar o que, ao seu entender, é unha “falta de respecto” da Alcaldía cara aos grupos da oposición aos que “continuamente obstaculiza o seu traballo”. Belén Villar asegura que, sobre a intención do alcalde de aprobar os orzamentos de 2020 o próximo 26 de decembro non teñen máis información “que o publicado estes días polos medios de comunicación”.

Villa, que asegura descoñecer o documento, considera “moi grave que non se nos informe”. A portavoz popular, que explicou que o PP xa presentou unha serie de solicitudes para que sexan tidas en conta no documento dos Orzamentos, non descarta “acudir aos tribunais se o alcalde non nos facilita e cumpre co prazo que marca a lei”.

Por outra banda o PP considera “lóxico” o enfado dos sindicatos xa que “levan escoitando falsas promesas en relación ás súas melloras salariais” a pesar de que a situación económica e moito mellor.

Villar é crítica a creación de novas prazas “a libre antollo do Goberno” cando ainda ten sen cubrir as probadas no pleno.

O PP considera facer un Pleno o 26 de decembro, é un xeito de evitar “que poidamos estudar os expedientes e de que os veciños poidan coñecer o documento en profundidade” nunha actitude que consideran “pouco democrática”.