8.1 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeUltimas NoticiasGalicia rexistra un total de 1.995 casos activos por coronavirus

    Galicia rexistra un total de 1.995 casos activos por coronavirus

    A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.995, deles 1.114 son da área da Coruña, 254 da de Lugo, 179 da de Ourense, 85 da de Pontevedra, 144 da área de Vigo, 130 da de Santiago, e 89 da de Ferrol.

    Do total de pacientes positivos, 6 están en UCI, 67 en unidades de hospitalización e 1.922 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.737 persoas curadas, rexistrándose 628 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a dous varóns da área sanitaria de Lugo, de 93 e 77 anos, e que tiñan patoloxías previas.

    O número de PCR realizadas é de 294.691. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia.

    Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

    Rexistrouse un falecemento en centro residencial que tivo lugar na residencia do Incio. Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

    Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

    A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. 

    Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

    Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.