Cincocentos ciclistas de toda Galicia competirán o domingo na Mini BTT de Ponteareas

A concellería de Deportes, que dirixe Benito Márquez, e o presidente do Club Ciclista Ponteareas, Marcos Porto, presentaron o Gran Premio MiniBTT que terá lugar o vindeiro domingo 15 de xullo a partir das 11 horas e no que participarán arredor de 500 ciclistas de todos os clubs de Galicia. A competición está reservada para deportistas federados nas categorías de benxamín, promesa, principiante, alevín, infantil, cadete e feminas.

Toda a cultura de Galicia, na fin de semana das Letras Galegas da Guarda

O Día das Letras Galegas comezará, na Guarda, cunha intensa programación cultural na que se mesturan a literatura, gastronomía, mostas etnográficas e visitas guiadas, que se desenvolverá entre mañá xoves e o vindeiro domingo. Trátase de exaltar e amosar toda a capacidade cultural de Galicia nas súas máis diversass manifestacións.

Roi Casal, en concerto, este venres no Porriño

Este venres, 23 de xuño, o músico Roi Casal presentará o seu espectáculo Son Galego, Son Cubano no Porriño. O concerto, que está organizado coa colaboración do Concello do Porriño, terá lugar no IES Pino Manso con motivo do seu 50 aniversario, a partires das 8 da tarde. A entrada é libre.

A Deputación impulsa o 'Camiño Portugués' cos concellos de Pontevedra e norte de Portugal

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto co deputado delegado de cooperación, David Regades, deu a coñecer esta mañá o proxecto “Camiño Portugués: conservación e valoración do Camiño Portugués de Santiago. O patrimonio cultural e natural como factor de desenvolvemento económico”. Este proxecto, liderado pola institución provincial e no que participan os trece concellos da provincia e as catro cámaras municipais do Norte de Portugal polas que discorre o Camiño Portugués, opta ós fondos europeos INTERREG V-POCTEP, Programa de Cooperación Transfronteiriza España- Portugal.

Suscribirse a este canal RSS