Tag: volta dos nove
A homenaxe ás viuvas pecha os actos de Nigrán en memoria da «Volta dos 9»
O Concello de Nigrán pecha este venres 1 de novembro ás 13:00 horas no 'Xardín da memoria' ao carón do Pavillón de Panxón os actos en recordo do tráxico suceso coñecido como a 'Volta dos 9' cunha homenaxe ás viúvas destes executados o 15 de outubro de 1936 na curva da Bombardeira (Baredo) e de Dolores Samuelle, quen pagou coa súa vida agochar aos 'Ineses'.