20.4 C
Pontevedra
Luns, 29 de Maio de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaOs #RíasBaixasFest reinvéntanse para rexurdir en 2021 co apoio da Deputación, que...

    Os #RíasBaixasFest reinvéntanse para rexurdir en 2021 co apoio da Deputación, que redobra a súa aposta para garantir a súa continuidade

    Carmela Silva: “Nesta provincia a cultura, o patrimonio e a gastronomía é unha forma de estar no mundo e todos estes festivais o representan como moi poucas cousas”

    “O 2020 vai ser un ano de música e o 2021 un ano de máis música”. Deste xeito describiu hoxe a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a “reinvención” dos festivais das Rías Baixas en tempos da Covid. Silva referendou durante a presentación oficial da nova edición dos Rías Baixas Fest o “absoluto respaldo da institución á esta industria cultural, turística e estratéxica da provincia” e agradeceu aos promotores e promotoras destes eventos que fosen quen de abrir novos formatos e propostas para manter a súa continuidade neste ano, cara á recuperación total dos seus contidos e o seu “rexurdir” no vindeiro 2021.

    “Estou emocionada despois de que todos decidiran non renderse ante unha situación tan complexa derivada dunha pandemia, con todo o que isto significa para a industria musical en Galicia e na nosa provincia -sinalou a presidenta provincial no acto que se celebrou baixo o icónico magnolio dos xardíns do Pazo Provincial-. Sabiamos que eramos un pobo guerreiro, pero trala Covid non hai dúbida de que non hai nada que poida con nós, que poida cos nosos soños, coas nosas ideas e o noso desexo de non parar de crear. Vivimos nunha provincia onde a nosa cultura, o noso patrimonio e a nosa gastronomía é unha forma de estar no mundo que todos estes festivais representan como moi poucas cousas”.

    Deste xeito, este ano PortAmérica (Caldas), Revenidas (Vilaxoán, que este ano se chama Revenidas en Conserva), Atlantic Fest (Vilagarcía), SonRías Baixas (Bueu), Sinsal (Redondela) e Vive Nigrán apostarán por novas actividades, entre as que figuran iniciativas turísticas, promocións, concertos en liña ou de pequeno formato que, como destacou a presidenta, irán anunciando nos vindeiros días, cara a poder recuperar para o ano que vén a esencia dos festivais. “O público atoparase con festivais renovados, feitos con máis ilusión que nunca e que neste ano se teñen reinventado coas novas tecnoloxías -apuntou-, que nos permiten seguir facendo concertos e contactando coa cidadanía”. “Vai ser un ano particular, pero con moitísimas iniciativas, cada unha cun lema para identificar o que vai acontecer”.

    Consciente da súa importancia para a supervivencia do sector cultural trala crise da pandemia e tamén da repercusión económica que estes festivais teñen para a provincia, a Deputación decidiu este ano manter a consignación xa prevista para estes eventos e garantir a do 2021, cun investimento total de 450.000 euros (225.000 por cada anualidade). “Temos unha industria musical moi potente e estes festivais son unha referencia que amais xera actividade económico e moito emprego e non podiamos deixar de apoiala; non facemos outra cousa que o que temos que facer como administración”, indicou Carmela Silva, que resaltou tamén a forte ligazón de cada un destes eventos co territorio no que se celebra, “e coa súa paisaxe, a súa gastronomía, co seu comercio de proximidade, as nosas produtoras e produtores e produtoras e co turismo sostible”. “Son festivais -engadiu- que amais da música son igualdade, son aposta polo territorio, pola diversidade, unha aposta polo medio ambiente e respecto a todas as persoas, algo que os identifica”.

    Tanto a presidenta da Deputación como as e os responsables dos festivais amosaron tamén o seu agradecemento ao público, “moi fidelizado” e que en gran número segue a manter as súas entradas para o ano que vén. No transcurso do acto, ao que asistiron tamén representantes dos distintos concellos, proxectouse o vídeo da nova campaña turística da institución, “Ven”, “para que a xente siga a vir”, así como un audiovisual que recolleu imaxes da anterior edición dos festivais. Baixo o enorme magnolio dos xardíns do Pazo,  “que é o símbolo da terra e fortaleza da nosa terra e dun pobo que ten unhas raíces profundas”, Carmela Silva garantiu o éxito desta nova etapa e remarcou que “este proxecto dos Rías Baixas Fest é un proxecto de todos e todas -agregou- , unha suma de vontades pola que temos que apostar os concellos, as industrias e a administración provincial. Imos saír desta e imos saír moi fortes”.

    Pola súa banda, Susana Laya, responsable do Atlantic Fest, lembrou que “o sector cultural enfrontouse a diversas crises e amosou que é loitador. Esta crise é diferente porque non coñecemos o inimigo e está sendo especialmente dura connosco” pero, asegurou, “a nosa vocación é a música e especialmente a música en directo, por iso seguimos apostando de forma firme e nos adaptamos para adaptamos con accións culturais que garanten a seguridade de todas as persoas implicadas”. A reinvención dos #RíasBaixasFest pasa por “reducir os formatos en horas e capacidade e por protocolos adaptados á nova normalidade”. Laya sinalou a importancia da “continuidade de todos os festivais, non só dalgúns, porque formamos parte cun tecido que sustenta en gran parte a cultura e do que viven moitas familias”. Ademais, os festivais, asegurou, son “conscientes da nosa responsabilidade en cuestións sanitarias: estamos traballando para que en 2021 teñamos os mellores festivais posibles, que se xa eran bos agora coa ilusión que temos serán incribles”. Esta adaptación e supervivencia dos festivais é posible “grazas ao apoio da Deputación e dos concellos neste momento tan crítico: permitiunos desenvolver a nosa actividade este verán e manternos vivas e vivos para volver con máis forza”, asegurou Laya, que tamén resaltou que o apoio da Deputación é de longo percorrido, xa que “levamos anos traballando nunha marca, os #RíasBaixasFest, baixo a que compartimos o obxectivo de ser eventos de calidade que representan con fidelidade o territorio onde se desenvolven”.

    Pola súa banda, o representante de SonRías Baixas, Jordi Lauren, asegurou que “xa superamos moitos retos e xeramos moitas ilusións, pero os retos son diarios e iso fai que aínda non saibamos como nos enfrontaremos á nosa nova normalidade. Estando no mesmo barco, ímolo conseguir”. Lauren lembrou que “os festivais de música con ecosistemas complexos de manexar e de facer subsistir”, e a única maneira de logralo, sinalou, é “convivindo catro factores: territorio, administracións públicas, patrocinios privados e público”. Respecto a este último, Lauren asegurou que “sabemos que confían en nós, porque nos apoiaron desde o principio, e sen el non poderiamos aguantar”. En canto ás perspectivas de futuro, “agardamos que sexa unha paréntese o máis pequena posible, pero aínda que dure máis do desexado seremos quen de construír algo semellante e de superalo. Guerreiro, galego, territorio e emoción, son palabras que nos definen porque cando nos empeñamos en algo podémolo conseguir”.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS