17.5 C
Pontevedra
Venres, 4 de Outubro de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránXornada de recollida de residuos na praia a cargo do festival Vive...

    Xornada de recollida de residuos na praia a cargo do festival Vive Nigrán

    O festival Vive Nigrán, a través da súa iniciativa ‘Vive sostible’ convoca unha xornada de recollida de residuos en Praia América, coa colaboración do Concello de Nigrán, o vindeiro domingo 4 de xuño.

    A xornada de recollida arrincará ás 11:30 horas e todas as persoas interesadas en participar nesta actividade poden inscribirse enviando un correo electrónico a oficinaturismo@nigran.org . O prazo para as inscricións está aberto e finalizará o vindeiro venres 2 de xuño ás 14:00 horas. O punto de encontro para os participantes será a escultura de BALMI (cedida por Vive Nigrán), xunto ao recinto do festival (Monte Lourido).

    A sétima edición do festival Vive Nigrán continuará impulsando accións vinculadas coa sustentabilidade e a protección da contorna dentro da súa iniciativa ‘Vive sostible’. Desde o seu inicio, a organización de Vive Nigrán, tivo presente a necesidade de actuar con respecto ante a riqueza ambiental da contorna na que se desenvolve o festival. Medidas como proporcionar vasos biodegradables, a instalación dun xerador fotovoltaico, garantir a seguridade na zona dunar e actividades para os máis pequenos con talleres de reciclaxe así o testemuñan en anos anteriores.

    Seguindo os obxectivos incluídos na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, Concello e organización quixeron incrementar o seu compromiso programando actividades que poidan servir para concienciar á sociedade, por unha banda sobre a necesidade de reciclar, a importancia da conservación do mar e as súas especies e por outra banda para converter as nosas praias en espazos libres de plásticos. O festival sumouse ao Pacto Cultura Sustentable para reforzar o seu compromiso por ofrecer un evento máis respectuoso co medio ambiente.

    O festival Vive Nigrán celebrará a súa sétima edición os días 30 de xuño e 1 de xullo, cos Inimigos, Ojete Calor, Nada Surf, Morgan, Javiera Mena, Samantha Hudson, The Rapants ou Morreo no cartel. Fiel ao seu espírito, Vive Nigrán situarase de novo a escasos metros de Praia América, un escenario incomparable a pé de praia no campo de fútbol de Monte Lourido.

    O festival conta co apoio do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, a través da súa marca ‘Rías Baixas Fest’ e da Xunta de Galicia, a través de ‘FEST Galicia’, e en 2023 volve ter unha vez máis o apoio de Vibra Mahou e Gadis.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.