Tag: videosaúdo
O ‘Videosaúdo con Papá Noel’ posto en marcha este Nadal para nenos e nenas de Redondela, acada máis de 2.700 visitas nas primeiras 48 horas
O 'Videosaúdo con Papá Noel', realizado integramente en Redondela, está a ser o éxito deste Nadal. En tan só 48 horas –dende a noite do martes ata a noite do xoves– a páxina www.nadalenredondela.com, rexistrou máis de 2.700 visitas de nenas e nenos aos que Papá Noel, dende a súa casa, transmitíalles a súa felicitación de Nadal e explicáballes todo o traballo que lle queda por facer ata levar os agasallos aos seus fogares.