9.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: venres d_letras

    Amador Castro Moure fala en Ponteareas da súa novela ‘Shangai a Barcelona’ nunha nova edición de Venres D_letras

    O chantadino Amador Castro Moure visitará este venres Ponteareas para participar no ciclo literario 'Venres D_letras', organizado pola Concellería de Cultura, que se desenvolverá na Biblioteca Municipal a partir das 20:30 horas. Castro Moure falará da súa última novela, 'Shanghai a Barcelona', coa que o ano...

    Antonio García Teijeiro inaugura a nova tempada de «Venres D_letras» de Ponteareas

    O próximo venres, día 10 de xaneiro ás 20:30 horas o ciclo literario 'Venres D_letras', organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, retoma a súa actividade no Salón de Plenos da Casa do Concello. Para inaugurar esta nova temporada contará coa presenza do poeta e narrador Antonio García Teijeiro, un dos máximos representantes da Literatura Infantil e Xuvenil galega dos últimos anos, categoría na que recentemente foi recoñecido co Premio Nacional.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.