18.3 C
Pontevedra
Mércores, 16 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: trofeo repsol

    O Trofeo Repsol coroa aos novos reis da Primavera en Baiona

    A 43ª edición da Regata de Primavera do Monte Real Club de Yates baixou o pano este domingo en Baiona coa coroación dos seus novos campións e a entrega de premios ás tripulacións que resultaron vencedoras das dúas regatas disputadas esta fin de semana nas Rías Baixas.

    O Monte Real celebra as súas 43 primaveras co Trofeo Repsol

    A Regata de Primavera do Monte Real Club de Iates de Baiona cumpre este ano o seu cuadraxésimo terceira edición coa celebración, a próxima fin de semana, de dúas regatas costeiras na ría de Vigo. A histórica cita do club baionés, unha das máis importantes da vela pesada en Galicia e unha das máis lonxevas do panorama náutico español, volve a escena patrocinada un ano máis por Repsol, ratificando así o apoio que, desde hai anos, a empresa enerxética presta ao deporte da vela.

    En liza unha nova edición do ‘Trofeo Repsol’ do Monte Real

    O Monte Real Club de Iates de Baiona pon en liza a partir de mañá unha nova edición do Trofeo Repsol, que este ano será tamén Copa Luso Galaica de J80 e celebrarase durante tres xornadas na ría de Vigo, con varias regatas no interior da baía de Baiona...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.